| 1473 | GHCD 8/ 28 | E iten mando a joan perez buçeta clerigo desta fregesia de Lantaño ou a quen o for ao tempo do meu finamento çen maravedis vellos por onra da miña sepoltura e que veña sobre dela con seu responso e agua bieyta fasta comprir un ano enteyro como se acostuma e que me reçe seys salterios. | [+] |
| 1473 | GHCD 8/ 32 | Iten fazo e deijo por meus conpridores de esta miña manda e testamento o dito joan perez buçeta clerigo de esta fregesia de lantaño e vasco garçia barba de figueroa canonigo de ourense meu señor hirman e joan garçia de montenegro meu fillo maor para que todos ou qualquer deles ajan poder e a posan comprir e cunpran e façan conprir e pagar e gardar por a miña ovença e sin perda da sua dentro do ano en que eu for sepoltado ou despois o mis presto que posan sobre que lles encargo suas boas coçençias e lles mando por seu traballo çen maravedis vellos a cada un deles. | [+] |
| 1473 | GHCD 8/ 33 | Foi feita e outorgada esta dita carta de testamento en o paazo do outeiro de esta fregesia de san pedro de lantaño oyto dias do mes de janeiro do ano do nascemento de noso señor jesuchristo de MCCCCLXXIII anos testigos que a outorgaron de la de meu rogo son presentes joan perez buçeta clerigo de esta fregesia de lantaño e gonçalo nuñez buçeta do rial e gregorio gonçalez buçeta seu fillo escudeiro do mariscal sueiro gomez de soutomayor de lantaño e diego de lantaño e bertolo perez meus criados e outros. | [+] |