1284 |
DGS13-16 43/ 91 |
Damos auos Domingo Perez et a duas perssoas pus uos unas pus unas. o nosso casal de Nozedo con todas suas dereyturas et pertenças a monte et fonte et hu quer que uaã. o que teuo de NOS Pedro Gunçaluez uosso padre. que o tenades en todos uossos dias et o lauredes et o paredes bẽ. et nos diades ameatade do que Deus y der eno nosso celeyro de Nozedo en saluo. saluo do que chantardes et do que bratardes des aqui adeante. de que nos daredes uos Domingo Perez et asegunda perssoa a terça en saluo. et a terceyra perssoa dianos a o mõ do que Deus y der saluo que daredes uos et essas perssoas terça de pã. et darnos edes un canado de boo u[i]no coyto cada ano et IIIJ galinas. et x soldos dos leoneses ou a stimaçõ deles. et seerdes uassalos seruentes et obedientes do moesteyro ia dito. et quen contra esta carta quiser passar peyte LX mors. et a carta seia firme. feyta a carta. |
[+] |
1291 |
GHCD 63/ 275 |
Et mando a maria ramallosa II. moyos de pan ao nouo et o meu curame que trago et mando a johan miguelez II. moyos de vino pellas viñas de casar darcas et mando a preanes rreinchez II. moyos de pam ao nouo et mando aos fillos de pedro andrey o foro de Sequeyros et que o demanden por seu dereyto et o ayan et mando a o moesteyro de san cloyo çem mrs. et a o de san payo cen mrs. et ao de torueo cen mrs. et mando que dian a iglesia de santa tegra seis moyos de pam ao nouo por aquelo que ende tomey et mando que o abade de san payo que se conte con pereaanes et se achar que aqueles casares queu teno a pynor do moesteyro son quitos de XXV. moyos de pan que ayo dauer sobre elles que fiquen liures et quitos ao moesteyro. et quitolles os dineiros que ayo sobre elles et seu non soo entrega daqueles XXV. moyos de pan que tena pereanes estes casares ata que del pan seya entrego. et mando que o empraçamento que gomez aras fez con o moesteyro de san cloyo que non ualla. ca. non foy per meu mandado. nen per meu grado. et quito a dona aldora aquelo que me ella et seu marido j.o lourenço deuian et mando le dar a esta dona aldora vna. saya. et hun çurame de vna uallancina et mando trezentos mrs. da moeda da gerra pera cantar anaes. por mya alma. et mando que os den a Sobrado et mando y un moyo de trigo et outro de viño ao nouo por oferta. et mando para terço dous toucinos et dous moyos de pan et dous canados de vino pera logo. et mando a tereya martis et a mayor rrodriguez e a orraca uaasques et a marya gomez touqas negras de Sobrado as myas contas boas et mando que as myas sortellas et as myas toucas que as uendan pera pagar os anaes saluo. vna touca que me metan. et mando a orraca a mya saya. et a seeça o meu pellote et mando a m.n fernandez et a maria dominguez os talleiros das uynas et que façan delles terça a pereanes meu marydo et mando que aquel casar en que mora. mentre elles quesesen laurar et fazer o delle o foro que lo non tollan por outro. et mando a mayor que anda conmigo vna pelle. et mando a uina. que chaman de leira torta que compramos eu et gomez aras aos preegadores de Ribadaua por mya alma et de gomez aras et elles demandena et sea non poderen uencer dian ende a carta a pereanes et demandea. et quanto ende uencer diao a estes preegadores sobreditos. et mando a frey sauaschao XV. mrs. et XX. aos frades doureuse. et a ponte dourense X. mrs. et quitome a fillos de pero miguez et de marina gonçaluez do que tiina. en uillar et mando. o lyno que ey aas donas de Sobrado. et mando vna cuba de vino que eu teno en quiroga. estremada que dian por alma de gomez aras como uiren que mellor seera. et mando a iglesia de san pedro da torre. a compra que y fizemos eu et gomez aras. u chaman a ponte de dona loba quel fique por mya alma et de gomez aras. |
[+] |
1302 |
DAG L54/ 72 |
Et o pleito concluydo τ conteſtado dereytamente entre aσ parteσ ante mjn τ termjo peremptorio aſſignado pera dar ſentença, τ ſééndo no moſteiro de Monforte en lugar oneſto hu oſ outroσ pleitos se acoſtumean de julgar, τ termio pera deliurar ſobrello, avendo conſello con omeσ bóóσ pronunçiando, mando per ſentença que Miguel Gonçalvez dito τ qual quer prellado que ſeia jnſtituydo da dita igleſia de Proendos ou for curador en algũã parte della, que o curador τ eſta igleſia dita de Proendoσ toda τ parte della, pagen cadááno ao abbade do moſteiro de Santo Eſteuãõ de Riba de Sil dez moyoσ, a meatade de vino τ a meatade de pan pella tééga dereyta de Monfforte, τ o vino a quatorçe quartilloeſ cada canado, τ çento τ víj́nte morauedis, τ hun iantar en vida ou en dineiroσ, qual ante o abbade mayσ quiſſer, τ que o abbade do moſteiro o poſſa demandar τ pinorar a todáá igleſia de Proendoσ ou áá meatade ou a parte della ou a aquell que della ffor curador, ou qual deſtaσ quiſſer, τ que lle pague cadááno Miguel Gonçaluez deſ çiñco anõσ paſſados eſtaσ couſaσ ſobreditaσ aquello que uéér en uerdade que lle non pagou. |
[+] |
1303 |
GHCD 64/ 277 |
V dias andados de feuereyro ...nuçuda coussa seya a quantos esta carta viren como eu Johan lourenzo en hun comia moller maria perez Damos auos doña Tereyga aras abadesa do moesteyro pra por senpre quanto herdamento nos auemos en no couto de chouçan et nos que o teyñamos en toda nossa uida et eu doña tereyga aras abadesa sobredita con outorgamento da prior et das donas et do conuento Dou auos Johan lourenzo hua saja et a maria perez hun pellote et C. mrs. et III. quarteyros de castayñas et hun canado de uyño et outro canado as donas et quitouos II. quarteyros da renda que me ante dauades do casar et pago a carta ao Notario et dou a uos o casar de reqeygo con todas suas pertiisas queste suo sino de san uiçensso de uillauxe por tal preyto et por tal condiçon que uos ambos et dous gue o teyñades en toda uossa vida et queme dedes del cadaño III. moyos de seueyra et VI quarteyros de millo et dorgo et XX. soldos por dereytura da moeda que correr enna terra et seerdes uasallos do moesteyro seruentes et obedientes et do moesteyro anparenuos segundo os outros seus uasallos que fforen ben anparados et quitaruos da moedas et a morte do postrimeyro deuos do nouo que jouuer en no cassar leuar o moesteyro md donouo et fficar o casar et o herdamento liure et quito ao moesteyro senjun enbargamento et a parte que contra esto quizer pasar seya malldito et auoz do Rey peyte mill mrs. et a carta etc.... eu aras... nes tenente as ueces de Johan doz. |
[+] |
1318 |
MSCDR 289/ 449 |
A, B, C. -Sabean quantos este prazo viren conmo nos don frey Roy Garçia, abade do moesteiro de San Cloyo, et o conuento dese meesmo lugar, presente et outorgante, per nos et pola uos do dito moesteiro damos a foro a uos . . . . . . . dito Canado, et a duas uoces apus uoso pasamento, quaes uos nomeardes en tenpo de uoso pasamento feitas per ordee, huna apus outra et non mais, ese noso casal de Fornellos, que e en frigesia de sam Migel de Vilar de Rey, o qual morou Maria Carneira. |
[+] |
1334 |
SVP 43/ 95 |
Nos Martin Dominges et Pero Anes, juyzes arbitros sobreditos entre don Martin Peres, prior do mosteiro de san Viçenço de Poonbeyro, da huna parte, et Gonçaluo Anes, dito Pequeno et sua moller Marina Anes, da outra, per poder das ditas partes, mandamos que o dito prior tena et aia para o dito mosteiro a herdade que foy de Domingo Perez, et que a dita Marina Anes dea et page cada anno de renda en tenpo de sua vida polos lugares, herdamentos et casas et possissoes et aruores et outras cousas que ten a jur et a mãão, conuen a saber: os tres canados de vino a a bica do lagar a XVIIIo quartillos por canado, et os quatro moios de castanas secas e linpas de moyno a deçeda do caniço per medida dereita do dito mosteiro, pelo mordomo do dito mosteyro; et que en sua vida dela non seia tiuda de pagar dos ditos herdamentos outra cousa. |
[+] |
1355 |
MSMDFP 59/ 76 |
Item mando a Estevo d -Espasande dous canados de viño molle á bica do lagar por díçimo froayado e hũã tallega de pan. |
[+] |
1372 |
CDMO 1806/ 323 |
Et nos dedes del cada anno tres quarteyros de pam et dous canados de vyno, et se nos derdes vino molle a a biqua do lagar que diades dose quartiloes por cada canado, et non o tomando a a byqua do lagar que dedes dez quartiloes a cada canado et seia boo vyno sem maliça. |
[+] |
1382 |
MSMDFP 72/ 91 |
Sabean quantos esta carta viren commo nos, dona Costança Pereσ, abadesa do mosteyro de San Salvador de Ferreira, con outorgamento das donas e convento dese mesmo lugar presentes e outorgantes, sendo en noso cabiidõõ segundo que o avemos de husso et de costome de nosa orden, fazemos carta et damos a foro e a vervo a vos, Rodrigo Affonso, morador ao Rigueiro de Pantom, e a dúas pessuas depós vos hũã qual vos nomeardes e outra qual nomear o postromeiro de vos, e non seendo nomeada fique a quem herdar os vossos bẽẽs de dereito, conbén a saber, toda quanta herdade fuy de Tereyga Ferrnnandeσ, morador que fuy en Folles, asy casas commo viñas e álvoras e suarios que ela avia e lle pertẽẽçían de aver de dereito a monte e a fonte hu quer que vãã su o signo de San Martino de Pantón, per tal pleito que lavredes e paredes ben as ditas herdades e morades ennas casas per vos ou per outre, e nos diades de renda cada anno vos e as pesoas sobreditas tres canados de viiño coσido, e seia pagado ata día de Santo Martino de novembro, e daredes mays de renda por todas las outras cousas que Deus y der oyto pa(res) de dineiros ou dous capõẽs bõõs por lo dito de San Martino. |
[+] |
1391 |
MSMDFP 79/ 99 |
Sabeam quantos esta carta viren commo nos, dona Costança Pereσ, abadessa do mosteyro de Sam Salvador de Ferreira, con outorgamento do convento dese meesmo lugar, presente e outorgante, damos a Marrina da Veyga e a dúas pesoas apús voso finammento, hũã que vos nomeardes e outra que nomear aquela que vos nomeardes, e non seendo nomeada per ventura fique a quem herdar os vosos beens de dereito, fazemos carta e damos a foro o nosso casar d -Outer de Vellas, a monte e a fonte, per u quer que vaa sub sino de Sancta María de Ferreira, segundo que o soya ben en foro Affonso Cordeyro, per tal pleyto e condiçón que o lavredes e paredes bem como se non perga con mingoa de favor e de bon paramento; e nos diades cada ano de renda hũã teega de pam en agusto, per teega dereyta, e hun canado de vĩĩño e hun moravedí por dya de Sa Martino de novembro. |
[+] |
1397 |
CDMO 2010/ 463 |
E nos dedes deles de cada hun anno em paz et em salvo en o mes d ' agosto hun moyo de çenteo por teega dereita da Prova do Brooloon e dous canados de vino a a bica do lagar. |
[+] |
1405 |
MERS 105/ 337 |
Item mando enterrar as minas carnes eno çemiterio de Santo Estevoo dAno, et mando y conmigo hun quarteiro de pan e hun canado de vino e hun porco e hua cabra. |
[+] |
1405 |
MERS 105/ 337 |
Item mando a San Migeel de Roosende hun canado de vino e hun leiro de vina que jaz na Costa de Roosende cabo do outro meu, o qual de min ten aforado Françisco de Naçe. |
[+] |
1412 |
MSMDFP 117/ 140 |
Sabean quantos esta carta viren commo nos, donna Costança Peres, abadesa do mosteiro de San Salvador de Ferreira, con outorgamento da priora e donas do convento desse meesmo lugar presentes e outorgantes, seendo en noso cabidoo con campaa tangida, segundo que avemos de husu e costome, a vos, Fernán Martín, fillo de Martino de Sambadim, e a dúas pesoas apús voso finamento, hua que vos nomeardes e a outra que nomear aquela que vos nomeardes, e non seendo nomeada per ventura fique á que erdar os vosos bees de dereito, que sedan pesoas vosas semelavele(s), fazemos carta e damos a foro hun leyro que ias en Montageyme, a par de dous leyros de Alonso Peres de San Gillaao, clérigo, e outro leyro que jaσ na cortinha de San Vitoyro a par da conchousa que vay pera Villamelle, e foy de Joan Alonso, clérigo que foy de San Fiis, suub sino de San Martino de Sioos, per tal pleito e condiçón que os lavredes e paredes ben commo se non pergan con mingoa de favor e de bo paramento e ponades o dito leyro de vinha, que iaz en Montageyme, en este çinque annos primeiros seguentes andados, e que diades de renda en cada hun anno hun canado de viño cuzido por día de San Martino de novembro, e as pesoas sobreditas que den quarta de vinho que Deus der nos ditos leyros á bica do lagar per noso moordomo. |
[+] |
1413 |
MSMDFP 122/ 146 |
Item mando ao dito mosteiro hun canado de viño e hun corteiro de grãã. |
[+] |
1415 |
MSMDFP 125/ 151 |
Seoane de Tolldaos, per plleito e condiçón que lavredes e paredes ben os ditos leyros commo se non pergan con mingua de favor e de boo paramento et poñades de vinha os ditos leyros se non o do Faval et o da Pedra que sy poseren outros a par delles que vos que os ponades, et diades en cada hun anno ó ditos mosteiro dous canados de viño por día de San Martino de novembro; et posto he que non pagades estes ditos dous canados en estes IIII annos primeiros segentes, et en estes ditos quatro annos que dedes cada anno tres quartillos de vinho vos o dito Johán Afonso e vossa dita moller, e a pessoa que nomear o pustromeiro de vos que dé quarta do que Deus y der per mordomo do dito mosteiro; e a finamento da postromeira pesoa fique este dito foro livre e quito ó dito mosteiro con todo bõõ paramento que en el for feito, novo alça -do segundo huso da terra. |
[+] |
1417 |
MSMDFP 133/ 162 |
Sabean quantos esta carta viren commo nos, dona Costança Pereσ, abadesa do mosteiro de San Salvador de Ferreira, con outorgamento das donas e convento dende, que estamos juntadas en noso cabidõõ segundo que avemos de costume, faσemos carta e damos a foro a vos, Gonçalvo Ferrnandeσ de Cas da Falaça, e a vosa próxema pera senpre jamays en tal maneira que suçeda dũã persõã en outra sẽẽndo nomeadas hũãs per outras, pero non seendo elas ou cada hũã delas así nomeadas a quen herdar os seus bẽẽs de dereito, he a saber a meatade de todas las herdades que foron e ficaron d -Estebo Pereσ, clérigo que foy de Março, voso tío, enno dito lugar de Março en seus tenninos, sub signo de Santiago de Vilar d -Oortelle, casas e leyras e árvores con súas entradas e seydas et pertenenças e dereituras e pascos e devisos, a monte e a fonte per hu quer que vãã, a tal condiçon que lavredes et paredes todo ben commo se non perga con mingoa de favor e de bon paramento, e nos diades de renda cada anno por todas las cousas que hy Deus der hun canado de viño molle aa bica do lagar se por el enviáredes por vendimia, se non que nos diades dous canados de viño coσido por San Martino de nobenbro; e da parte do dito mosteiro que vos defendan a dereito con o dito foro. |
[+] |
1418 |
MSMDFP 138/ 169 |
Sabean quantos esta carta viren commo nos, donna Costança Pereσ, abadesa do mosteiro de San Salvador de Ferreira, con outorgamento das donas e convento do dito mosteiro, seendo juntadas en noso cabildo per tangemento de campaa segundo avemos de huso e de costome, façemos carta e damos a foro a vos, Fernán Martineσ, filo de Martino de Sanbadín, e a tres pesoas apús vos, huna qual vos nomeardes e outra qual nomear a que vos nomeardes e outra qual nomear a segunda pesoa, e non sendo nomeadas fique a quen herdar vosos bees de dereito, convén a saber o lugar de Casar d -Ermesenda, que jaz en San Martino de Seoos, con súas viñas e herdades, segundo que o tiña Pero Fernándeσ aforado, con súas entradas per u quer que vaa sob signo de San Martino de Seoos, a tal pleito e condiçón que poñades de viña a leyra que iaz a sob os baçelos de Monte Ageyme, e que lavredes e paredes ben commo se non perga con mingoa de favor e de boo paramento, e que diades cada anno de renda por todas las cousas que Deus y der en vosa vida dous canados de viño e dous moravedís por San Martino, e a segunda pesoa que día os ditos dous canados de viño e dous moravedís e unha teega de pan por San Martino de novembro, e as outras dúas pesoas que dían quarta de pan e de viño e os ditos dous moravedís. |
[+] |
1421 |
DAG L47/ 60 |
As quaeσ boσ aforo con suaσ entradaσ τ saydaσ segundo que aσ han τ lle perteeſçen su o ſigno de San Martjno da Gandara, τ aσ quaeσ boσ aforo por lo tenpo τ perſoaσ, que aσ eu tenõ en foro da iglesia de Lugo que he en mjn τ en outra peſoa, a atal pleito τ condiçon, que aσ labredeσ τ paredeσ ben comõ se non percan con mingoa de lauor τ de bon paramento. τ daredeσ cada anõ de renda daσ ditaσ bjnãσ ao bispo de Lugo ou ao que por el o ouuer de recabdar, douſ canadoσ de bjnõ mole aa bica do lagar por la medida de Monforte, τ áá morte daσ ditaσ perſoaσ, que fiquen aσ ditaσ bjnãσ libreσ τ quitaσ τ desenbargadaσ áá iglesia de Lugo, con todoσ loσ boõσ paramentoσ que en elaσ foren feytoσ nouo alçado. |
[+] |
1422 |
MSMDFP 145/ 177 |
Saban quantos esta carta de aforamento byren como nos, dona Costança Pereσ, abadesa do mosteiro de San Salvador de Fereyra, con outorgamento da priora et donas et conbento de ese mesmo lugar, fazemos carta et damos a foro a vos, Roy Nunnes, morador ena Ploba de Brolõõ, et a dúas persõãs, hũã qual bos nomeardes et autra qual nomear aqela que bos nomeardes, et non sendo nomeadas que fique a quen erdar os bosos bens de dereito, combén a saber o noso leyro de Subryba, que pertence ó noso lugar de Castro Sante, que he su syno de Santa Maryna, per tal pleyto et condyçón que o ponades de byna en es -tes tres anos primeyros et que o labredes et paredes ben como se non perga per myngua de labor et de bon paramento, et que nos dyades de renda et censo hun canado de byno mole á byca do lagar cada hun anno per midyda dereita ou hun canado de byno cozydo por día de San Martino de nobrembo. |
[+] |
1423 |
MSMDFP 147/ 180 |
Et o dito tereõ tebo Gonçalvo Ferrnandeσ en foro et demyteo ao dito mosteiro con condycón que o aforasen ao dito Gonçalvo Martys, per tal preito et condycón que ponades logo o dito terẽo de byna o primeyro anno, et ennos primeyros tres annos que non dyades byno neún, et bos o dito Gonçalvo Martys que dyades do dito terẽẽo en bosa byda hun canado de byno por San Martino de nobrembo, et as outras dúas persõãs que dyan qarta do byno que Deus y der á byca do lagar. |
[+] |
1423 |
VFD 71/ 117 |
Et outrosy lles a de dar o dito Vasco Fernandes por la dita sua partiçón seys canados de viño ena dita filigresía de Melees, por medida dereita cada ano, en pas e en saluo. |
[+] |
1425 |
MSMDFP 152/ 186 |
Saban quantos esta carta de aforamento byren como nos, dona Costança Pereσ, abadesa do mosteiro de San Salvador de Fereyra, con outorgamento da priora et donas et conbento, todas presentes, fazemos carta et damos a foro a bos, Roy Basçes, et a bosa muler, Leonor Gonsaleσ, et a dúas persõãs, hũã qual nomear o pustromeyro de bos ó fynamento et autra que nomear aquela que bos nomeardes, et non sendo nomeadas per bentura que fyque a quen erdar os bosos bẽns de dereito, conbén a saber a nosa byna que jaσ ao Pousadoiro a par de outra de Alonso Rabel, que he su syno de Sant André de Rybeyra de Myno, per tal pleyto et condyçón que o labredes et paredes ben como se non perga per mingua de labor et bon paramento; et daredes de cada hun anno da dita byna de renda tres canados de bon byno por dya de San Martino de nobenbre, et daredes hun par de capõs que sejan sen malyça, et daredes majas cada persõã quatro moravedís por loytosa. |
[+] |
1427 |
MSMDFP 153/ 187 |
Item mando ao perlado de San Martino de Pantón hũã teega de triigo et outra de pan I et hun canado de vino. |
[+] |
1427 |
MSMDFP 153/ 187 |
Item mando ao perlado de San Johán de Toldããos medea teega de pan et medeo canado de vino. |
[+] |
1427 |
MSMDFP 153/ 187 |
Item ao perlado de Santa María de Ferreira medea teega de pan et medeo canado de vino. |
[+] |
1427 |
MSMDFP 153/ 187 |
Item mando á abadesa de Ferreira et aos capelããs dous canados de vino. |
[+] |
1427 |
MSMDFP 153/ 187 |
Item mando ao capelán da capela de Santa María de Ferreira medeo canado de vino. |
[+] |
1428 |
MSMDFP 156/ 192 |
E mando sepultar o meu corpo onde me aconteçer o ponto da morte no çemiterio da iglesia de San Johán de Toldããos; e mando aos perlados da dita iglesia o meu leiro do Mato do Ferreiro, que jaσ a par de outro da dita iglesia, e mándolle hun canado de vino e hũã teega de pan por diσemo froytado. |
[+] |
1428 |
MSMDFP 156/ 193 |
Item mando a Gonçalvo Martineσ, clérigo, hun canado de vino. |
[+] |
1428 |
MSMDFP 156/ 193 |
Item aos de San Láσaro dous cortillõõs de vino; aos frayres de Santa Maria Madalena hun canado de vino; a Elvira Gonsaleσ dous cortillõõs de vino; a San Domingo e a San Françisco e a Santa Cruσ senos cortillõõs de vino. |
[+] |
1433 |
MSMDFP 163/ 201 |
Sabean quantos esta carta de foro viren commo nos, Lionor Vasqueσ, priora do mosteiro de San Salvador de Ferreyra, con todas las monjas e conbento do dito mosteiro, seendo todas ajuntadas per campãã tangida segundo que abemos de uso e custume ...as abadesa do dito mosteiro e de súa liçença e autoridade que nos dou pera todo ho en esta carta contiudo, fazemos carta e damos a foro a vos, Fernando Vasqueσ de Deade, clérigo, e a Vasco Fernandeσ, voso criado, e a dúas persoas que nomear o pustromeiro de vos, hũã qual el nomear e outra qual nomear aquela que por el for nomeada, e non seendo nomeadas que sejam dúas pesoas pus o pustromeiro de vos anbos quaes erdaren seus bẽẽs con dereito, combén a saver que vos aforamos commo dito he toda a nossa cortiña da Freyna, de fondo a çima e de hũã parte á outra, de parede a parede, composta e por poer, a qual vos aforamos a tal pleito e condiçón que a poñades toda de vina e a labredes e paredes ben en tal maneira commo se non perca con mingoa de favor e de bõõ paramento, e en estes primeiros quatro annos que vos diades cada anno dous canados de viño e dende enbante que vos Fernando Vasqueσ e Vasco Fernándeσ e a outra persoa que dides cada anno seys canados e a quarta pesoa que día cada anno oyto canados, todo por día de San Martino de novenbro, e todo sen agoa e sem maliça; e que non possades bender nen supinorar este foro sen nossa liçença a menos de nos requerirdes, e se o non quisermos que o diades a persõã voso ygoal e non de mayor estado que cumpra e pague as condiçõõs desta carta; e a pasamento da pustromeira persõã que vos leyxedes este foro livre e quito con todo bõõ paramento que en el for feyto, novo alçado. |
[+] |
1434 |
SVP 132/ 205 |
Conuen a saber que vos aforamos o nosso lugar de Santa Marina, en que vos ora morades, con suas casas e herdades e vinas e cortiñas e aruores e con a herdade que vos aforou Vaasco do Pumar, o qual todo esto jaz en na freyguesia da nossa igleia de Santa Marina, e todo con suas entradas e seydas a montes e a fontes per uquer que vãã su signo da dita freyguesia, segundo que vos tragedes agora a jur e a mãão, e con tal condiçon que moredes en o dito lugar e tenades as casas cuuertas e ben reparadas e que lauredes as ditas herdades e viñas e entrechantedes de vaçelos onde cunplir, en tal maneira que todo seja ben labrado e ben reparado conmo se non percan os nouos per mingoa de lauor e de bõõ paramento; e que nos diades vos e a dita uossa moller en uossa vida danbos dez teegas de çenteo linpo de põõ e de palla e midido per teega dereita de Monforte cada hun anno en paz e e en saluo en o mes d ' agosto; e por las ditas viñas daredes dous canados de viño cada anno a a bica do lagar, a doze quartillos o canado, per quartillo de Monforte; e daredes por dereitura por las outras cousas que Deus hy der hun bõõ touciño sen maliça danbas las parrtes cada anno en dia de sant Andre. |
[+] |
1446 |
MSMDFP 176/ 219 |
Saban quantos esta carta de foro vieren commo la priora e donas e convento do mosteiro de San Salvador de Ferreira, con otorgamento de dona Costança Pereσ, abadesa do dito mosteiro, todas presentes e otorgantes segundo que ho avemos de huso e costume, juntadas en noso cabido con canpana tangida, façemos carta e damos a foro a vos, Gómeσ de Trigaes, e a vosa muller, Leonor Ferrnandeσ, e a outras dúas persõãs que sejan fillos ou fillas que ajades de consuno, e per ventura non aviendo fillos nen fillas a quien nomiar o postrimero de vos a seu finamento, conbién a saber que vos aforamos o noso terreo de Avesaduras, que foy de Afonso Yanes das Nogeras, que agora es do dito convento, a tal pleyto e condiçón que lavredes e paredes ben perque se non pergan los novos per mengua de favor e de bon paramento, e que nos diades cada hun anno vos e as ditas persoas ao dito convento dous canados de vino por día de San Martino de noviembro, que seja vino syn agua e syn maliçia. |
[+] |
1453 |
MSMDFP 186/ 231 |
Item mando ao altar grande por manda e dísimo froyado dous canados de viño e dúas tẽẽgas de pan pera o nobo. |
[+] |
1453 |
MSMDFP 186/ 232 |
Item mando ããs donas a cada hũã seu canado de viño e sua tẽẽga de pan pera o nobo. |
[+] |
1456 |
MSMDFP 188/ 234 |
Sabea(n) quantos esta carta de foro vieren como nos, dona María Lopeσ abadesa do mosteyro de San Salvador de Ferreyra, seyendo en noso cabido con Leonor Vasqueσ, priora, e monjas e conbento do dito mosteyro, juntas por campãã tangida, según que avemos de uso e de costume, conosçemos e outorgamos que aforamos a vos, Gonçalvo da Cããl, morador en San Jullaõ de Serodio, e a vosa muller, Elvira Rodrigues, et a outras dúas persoãs, fillos ou fillas que anbos ajades de consũũ, e non os avendo a dúas persoas quaes nomear o postromeyro de vos, e non sendo nomeadas quen herdar os bẽẽs de dereito do postromeyro de vos, huã pus outra suçesive, combén a saber que vos aforamos commo dito he a nosa viña de Maside e hun terreõ a Cããl con huã figeira e con huna maçayra, que mandou Mayor da Torre ao dito mosteyro, a tal pleito e condiçón que labredes todo ben en maneira que non des - falesca por mingoa de labor e de bõõ paramento, e diades de foro e renta cada annos a nos e ao dito noso mosteyro vos o dito Gonçalo da Cããl en vosa vida dous canados de vino syn agoa e mao sabor por día de San Martino do mes de nobembre, et a(s) outras persoas depús de vos que dían os ditos dous canados de viño e mais hun moravedí de moeda vella por lo dito día de San Martino. |
[+] |
1459 |
MSMDFP 190/ 237 |
Sabean quantos esta carta de foro viren commo nos, dona María Lopeσ, abbadesa do mosteyro de San Salvador de Fereyra, con outorgamento da priora e combento do dito mosteiro, estando en noso cabidoo segundo que avemos de uso e de costume, faσemos carta e damos a foro a vos, Johán Careyera da Vila do Souto, e a tres personas depoys de bos, hũã qual vos nomeardes e outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, e ésta que nomee a terçeyra persona, e non seendo nomeadas que sej(an) tres personas depoys de vos hũã pus outra suçebillemente quaes herdaren vosos beẽs de dereito, conbén a saber que vos aforamos a vyna de Monte Geyme, que jaσ en braço con outra vina de Juán Lamella, a qual dita vyna vos aforamos con todas súas entradas e saydas, segundo que está marcada e devisada, sub o signo de Samartino de Sioos e segundo que a vos tragedes a jur e a mããõ, a tal pleito e condiçón que a lavredes e paredes ben en tal maneyra que se non perca con mingua de favor e de bõõ paramento, et diades vos o dito Juán Carreyra e as ditas personas de renda e çenso por todas las cousas que Deus der enna dita vyna cada hun anno dous canados de vino puro sen agoa e sen maliçia por cada día de San Martino de novembro, e dous moravedís da moeda que chããmente correr enna terra por dereytura por lo dito día de San Martino de novembro. |
[+] |
1468 |
MSMDFP 193/ 241 |
Sabam quantos esta carta de foro viren commo nos, donna María Lopeσ, abadessa do moesteiro de San Salvador de Ferreira, con outorgamento da priora, monjas et conbento do dito noso moesteiro, seendo juntas en noso cabido per son de canpana segundo custume de nosa orde, fazemos carta et damos a foro a vos, Alonso de Vilafiins, et a vosa muller, Moor Afonso, et a outras dúas personas pus o pustromeiro de vos que sejan vosos fillos se os y ouber, et non os abendo a dúas persoas pus o pustromeiro de vos quaes el nomear, et non seendo nomeadas quaes erdaren seus bees de dereito, conbén a saber que vos aforamos como dito he a nosa vina que chaman do Campo, que jaσ cabo a aldea de Masíde, et outros terreos que mandou Eynés Gonçáleσ ao dito moesteiro, hun que jaσ na cortina cabo a nosa adega, et outro terreo do Afeme et outro aas Evorairas, que os tragera a jur todo con súas entradas et seydas per uquer que ajam sub o signo de Sam Vinçenço de Deade, a tal pleito et condiçón que lavredes et paredes ben todo commo se non perca con mingoa de favor et de boo paramento, et diades de renda hun canado de boo vino sen agoa et sen mao sabor et tres moravedís vellos cada día de San Martino de nobembro vos et a dita vosa muller et persoas. |
[+] |
1469 |
PSVD 176/ 430 |
Sabean quantos esta carta de aforamento biren como nos, Aluaro Gonçalues, prior do moesteyro de San Saluador de Bilar de Donas, con consentimento et outorgamento de frey Afonso Lopes et frey Ares, nosos freyres, que con nos son presentes, seendo juntados en noso cabido por canpana tangida segund que abemos de uso et de custume, que fasemos por nos et en nome do dicto noso moesteyro et de nosos subçesores, aforamos et damos en aforamento a bos Roy do Fontaano et a bosa moller Ynes Gonçalues, moradores que agora sodes enna fregresia de San Miguel de Melias, por dias de bosas bidas d ' anbos et mays a alende do postromeyro de bos outras tres bozes, as quaes se han de nomear en esta manera: que o postromeiro de bos ha de nomear a primeira boz en sua bida ou ao tenpo de seu finamento et a dicta primeira boz ha de nomear a segunda boz et a segunda boz deue nomear a terçeyra boz, et non seendo asy nomeadas que seian bozes et personas deste dicto foro aqueles ou aquelas que de dereito herdaren bosos benes, conben a saber, que bos aforamos o noso lugar do Monte, que he do dicto noso moesteyro, que iaz et he sito enna fregresia de Sancto Osebeo, que he en terra et jurediçon da Peroja; o qual bos aforamos con todas suas herdades plantadas de binnas et outras qualesquer herdades que seian pertenesçentes ao dicto lugar, con suas casas et adegas et arbores et con todas suas rentas et pertenenças et entradas et saydas segun que o dicto noso lugar bay a montes et a fontes su signo da dicta fregresia de Sancto Osebeo segun et enna manera que perteneçe et perteneçer deue ao dicto noso moesteiro et a nos por rason del; o qual bos aforamos con tal pleyto et condiçon que biuades et moredes bos et as dictas bosas boses depus bos dentro enno dicto noso lugar et non en outro; et tenades as dictas binnas et herdades et casas et adegas ben reparadas et cubertas as dictas casas et adegas como se non pergan por mingoa de bono reparamento; et dentro en este dicto anno de saseenta et nobe annos abedes de leuantar et cobrir et reparar as casas et adegas do dicto lugar; et doie en tres annos primeyros seguentes que dedes as binnas que iasen des lo muro adentro segun que estan acortinadas plantadas de binnas, et as que estan plantadas que as tenades ben reparadas et a saluo quede a herdade que esta por nabal que a non plantedes de binna se non queserdes, et eso menesmo a saluo quede que se nos, o dicto prior, quisermos plantar septe ou oyto cabaduras de binnas dentro enna dicta cortinna que bos, o dicto Rodrigo do Fontaano et bosa moller, dedes lugar a elo et que aiamos o binno do que asy plantemos sen enbargo ninhun; por lo qual dicto noso lugar et binnas et herdades et rentas et dereyturas a el pertenesçentes segun dicto he abedes de dar et pagar de renta et foro en cada hun anno bos et as dictas bosas boses depus bos a nos, o dicto prior et a nosos subçesores que despoys de nos bieren seys moyos de binno, linpo et curado, desde San Martino de nouenbro fasta Pascoa Frolida, que son quatro canados por moyo, por medida dereita da dicta fregresia, saluo en estes dous annos primeyros seguentes abedes de dar quatro moyos cada anno, et dende endeante abedes de pagar os dictos seys moyos de bino de cada un anno durante o tenpo deste aforamento; et quando nos, o dicto prior, ou nosos subçesores ou nosos omes ou freyres formos ao dicto noso lugar abedesnos de dar pousada et cama et fogo et agoa et sal; et seerdes bos et as dictas bosas boses seruentes et obedientes a nos et a nosos subçesores; et non abedes de bender nen enallear nen sopenorar nen canbear este dicto aforamento deste dicto noso lugar con persona ninhuna sen primeyro seermos nos ou nosos subçesores sobrelo requeridos, et se o quisermos tanto por tanto que outro alguno por elo de que o aiamos, se non que entonçes o posades dar a persona semital de bos que pague o foro et renta que abedes de pagar et cunpla as condiçonos sobredictas. |
[+] |
1469 |
SVP 234/ 302 |
Conben a saber que vos aforo, conmo dito he, o meu lugar de Çibrisqueyros, con todas suas casas et erdades, et viñas et castañas, con todas suas entradas et seydas a montes et a fontes per ondequer que as elo todo aja et de dereito deua de auer, su os signos do dito moesteiro et de san Juan de Moura, a afora fiquen os castineyros et viña et casa do lugar d ' Outeiro; per tal pleito et condiçon que o labredes et paredes ben en tal maneira conmo se non pergan os nobos del per mingoa de labor et de bõõ paramento; et diades ao senorio todo o que eu do dito lugar sõõ obrigado de pagar, et que eu nen a dita mina muller non sejamos del desaforados en todas nosas vidas, et despois que uos fique livre et quite e desenbargado; et daredes apos nosas mortes, de min et da dita mina muller en cada un anno aos ditos Pero Boo et Juan Peres, vosos yrmaos, a cada vn dous canados de viño et duas tẽẽgas de castañas; et eu e quen vier en mina voz que vos defendamos a dereito con este dito foro su obrigaçon de meus bẽès que eu para elo obrigo. |
[+] |
1473 |
LTP [5]/ 59 |
Item afforam a Lionor Goncalves as herdades de Ribella em sua vida seys puçaas de vino et as vozes quinto, et todo posto en Sam Lourenço por suas custas, tres cantaras por canado. |
[+] |
1473 |
LTP [5]/ 94 |
Item aforam a Alvaro Taboada et a sua moller Costança Meendez et a duas vozes o lugar do Fontaao et a adega que esta aa iglesia de Parafita, que foy de Gomes Eanes, clerigo, et mays o bacello da granja de Sobreçedo, an de dar por lo lugar et baçello dous carteyros dereytos de terra de Chantada et dous canados de vino de çinquo açunbres a cantara, et seys maravedis de dereytura, et mays tres açunbres de boo vino. |
[+] |
1473 |
LTP [5]/ 96 |
Item aforam a Alvaro Taboada et a vozes o baçello de Sobreçedo segundo o tragia Costança Ares, a de dar del dous canados de vino de çinquo acunbres a cantara, et a adega de Parafita que foy de Gomes Yanes, clerigo, et a de dar della tres açunbres de vino, et mays o lugar do Fontaao, a de dar del dous carteyros dereytos et seys maravedis de dereytura. |
[+] |
1473 |
LTP [5]/ 123 |
Item ençima en o Seyxo paga Vasco de Sello o quarto do que laura. - Item Ferran Gomes doutro tarreo que y lavra da quarto. - Item do baçello de Joan do Pumar que lavra Ferran Leal da quarto. - Item do baçello de Pedro Garçia dous canados de vino. - Item da vina que tem a Afonso do Barreal dam o quarto. - Item da vina de Roy Lopez creo que quinto. - Item en a granja das vinas d ' Eynes Ferrandes de Belesar quarto. - Item das vinas de Joan Gomes dam quarto. |
[+] |
1473 |
LTP [5]/ 123 |
Item do baçello que lavra a moller que foy da Afonso d ' Outeyro quarto. - Item do baçello que foy de Joan Louçaao quarto. - Item das vinas de Gomes Yanes do Curral quarto. - Item en o canal das vinas que foron de Gomes Yanes de Sabadelle quarto. - Item das vinas que forom de Gomes Lagoa quarto. - Item das vinas que tem o sobre dito Joan Gomes en o canal quarto. - Item das vinas que tevo Rodrigo Ares d ' Argiiz sesto. - Item da vina do Candoo que tem Ferran Gomes, clerigo, da quinto. - Item da vina da Veyga que tevo Roy Moyre un carteyro. - Item do baçelo que tem Alvaro Taboada en a granja, dous canados. |
[+] |
1481 |
MSMDFP 200/ 252 |
Et nos a dita abadesa, priora, monjas, donnas e combento asy reçebemos a dita leyra que vos o dito Alvaro nos enpraçades, et aforámosvos o dito lugar e leyra e a vosas personas segundo dito he con todas súas entradas e seydas por donde quer que as ajan sub o dito syno, a tal plleito e condiçión que labredes e paredes todo ben como se non percan os nobos do dito lugar e leyra por mingoa de labor e de bõõ paramento, e nos pagaredes de foro por todo elo en vosa vida hun moyo de vino puro e sen augoa e sen mãão sabor por día de San Martino de novembro en cada un anno, e oyto tẽẽgas de pan lynpo de põõ e de palla, medico por tẽẽga dereita de Monforte, pago enno mes d -agosto, e seys moravedís de renda por lo dito día de San Martino, e dúas duzeas e media d -anguías; et as personas que pus vos vieren pagarán cada un anno çinquo canados de vino bõõ, puro e sen augoa e sen mãão sabor, e o dito pan e moravedís e anguías segundo dito he, e binredes honrar a nosa festa do Córpore Christi en cada un anno con do que ouberdes. |
[+] |
1483 |
MSMDFP 202/ 254 |
Sepan quantos esta carta de foro viren como nos, donna María Lopeσ, abadesa do mosteiro de San Salvador de Ferreira, et la priora, monjas et conbento do dito mosteyro que presentes estamos, juntas (en) noso cabildo, chamadas por son de canpaa tangida, segundo que o avemos de uso et de costume, veendo et entendendo que todo o a juso contiudo he feyto et rydunda en prol et proveyto noso et do dito noso mosteiro, por ende aforamos et damos en foro a vos, Afonso de Goyán, et a vosa muller, Costança Rodrigueσ, et a outras tres personas que sejan vosos fillos ou fillas, et non os avendo que sejan tres personas subçesivemente una en pus de outra, a primeyra a qual nomeardes en vosa vida ou ao tenpo de voso finamento, et a tal primeyra persona nomee a segunda et a segunda que nomee a terçeyra, et non seendo asy nomeadas que sejan quen vosos bees ou de cada persona herdar de dereito, conbén a saber que vos aforamos et damos en foro o tarreo da Estrada, que jaσ en braço con ha viña de Alonso Conde, clérigo, et outro tarreo que jaσ ao penedo que topa eno camiño en medeo de outros de Vaasco Afonso, et outro tarreyσino que jaσ ao agrõõ que parte con outro de Juán de Vilagilde et topa enno Outeiro de Sestalto con súa devesa, con todas suas entradas et saydas segundo que jaσen sub o signo de Santa María de Ferreira, a tal pleyto et condiçión que os labredes et paredes ben et tenades en bõõ labor et paramento et asy os leyxar aa fin do tenpo, et dedes et paguedes de foro, renda et pensión en cada un anno un canado de bõõ viño puro sin agoa et mãão sabor por cada día de San Martiño de nobenbro, et veñades honrrar las festas de Corpus Christi con do que toberdes cada un anno, et non avedes de vender nin sopinorar, ajenar, nen traspasar este dito foro en outra persona alguna sin noso consentimiento ou de nosas subçesoras, requeríndonos primeyramentte se o queremos tanto por tanto, et nos nin nosas subçesoras non ho querendo que entón o posades dar a tal persona semellable de vos que cunpla et pague este dito foro et as cousas en el contiudas, et bendo et conprindo esto dito he que nos nin nosas subçesoras vos lo non posamos tomar, quitar nin reçeber por mays pensión nen menos nin por al tanto que outro por el dían nin prometan, nen podades diσer e alegar que oubo et ha en el engano nen por outra raσón nen exçepçón alguna, antes que vos lo fagamos sãão et de paσ por los bẽẽs do dito mosteiro que pera elo obligamos. |
[+] |
1492 |
SVP 281/ 347 |
Sepan quantos esta carta de foro viren comno eu Aluaro Ferrero, morador e a costa d ' Eyree, con houtorgamento de myña muller Costança Ferrera, que esta presente e houtorgante, juntos aforamos a vos Viçenço Marquero, morador en Pombeiro, por lo tenpo e personas en que o nos temos gaançado do moesteiro de Ponbeiro, conben a saber que vos aforamos, como dito he, ho lugar de Paçeo, con suas casas e byñas e soutos e cortyñas e albores e devisos e todas las cousas que se conteen na nosa carta, con suas entradas e saydas a montes e a fortes, per ondequer que ban sus syno de san Viçenço de Ponbero, a tal pleito...etc. en manera que conplades todas las condiçions que se conten na nosa carta e que paguedes todo o foro ao moesteiro de Ponbero en manera que non se perca ho noso foro por vos, e todo pago ao dito mosteiro, salendo de todo pago ao mosteiro que nos rendades cada hun anno, vos e vosas personas, a nos e a nosas dous canados de voon byño puro sen agua, quito de mao savor, porsan Martino de nobenbro, e duas tegas de castanas secas e linpas, escolleytas, por tega dereita, a cheas, pagas por Natal, e vyernos edes ver cada anno con huna boa asadura con seu pan e con seu vyño, e non venderedes...etc. E qualquer de nos as ditas partes que contra esto que dito he pasar e o non conplir e goardar que perca de pena quinentos marauedis. medeos a vos del Rey e medeos a parte que o conplir e gardar...etc. |
[+] |
1493 |
MSMDFP 210/ 268 |
E daredes cada hun anno vos e vosas personas a nos e ao dito noso mosteiro de renta por las ditas herdades tres almudes de pan et medeo canado de võõ vyno puro sen agua e mãõ sabor, por de San Martino de novenbro, et o pan no agosto, e vinredes cada anno onrar a nosa festa do Corpos Christi con do que toberdes. |
[+] |
1495 |
MSMDFP 213/ 272 |
Chamoyn questá sobre outra que traje Diego do Mato do Porto [...] vos aforamos con sóas entradas e saydas por onde quer que bãã sub syño de San Martino de Siós, a tal pleito e condiçión que ha labredes e reparedes ven commo se non perca con mingoa de favor e de vóó paramento, e que nos rendades en cada hun anno de renta vos e vosa muller e personas a nos e ao dito noso mosteiro e abadesas del medeo canado de võó viño puro sen agoa, quito de mãó sabor, pago cada anno por San Martino de nobenbro. |
[+] |
1495 |
MSMDFP 213/ 272 |
E o dito Pero Buján que presente estou asy reçibo este dito foro de vos a dita señora abadesa e monjas e convento e priora con todas las condiçiõs sobreditas, e obrigo meus vẽẽs e da dita miña muller e personas de labrar e reparar e pagar o dito medeo canado de viño commo dito he. |
[+] |
1502 |
MSMDFP 216/ 276 |
Item mays a leyra da Laguãã toda como bay de fondo a çima, así a que está posta de vina como a por poeer; e mays dous castineiros en Ranada, e se son seydos que prantedes outros; e outro tereo a Devesa e parte con outra erdade de Santa María de Bamorto; e outra leira yaσ ao porto de Quarouba e parte con a costa de Froán e de outra parte con outra erdade da igleja de Tor, la qual mandó Pero do Canpo, e con todos seus plados e pascos e devisos e entradas e saydas a montes e a fontes por onde quer que as obteña e lle perteça de dereyto su sino de San Joán de Tor e su outros quaesquer syños, a tal pleito e condiçión o labredes e paredes ben como se non perca con mingua de labor e de boõ paramento, e que corajades e lebantedes as casas do dito lugar e o moredes por vos ou por outro e así ho ter en boo labor e boo paramento; e que a postromeyra persona a seu faleçemento leyxe o dito lugar ben labrado e reparado e en boõ paramento libre e quite e desenbargado ao dito noso mosteiro e abadesas del, e daredes e pagaredes vos e as ditas personas a nos e ás abades que foran do dito mosteiro de renta e pensión en quada un ano çinco tegas de pan, linpo de poo e de palla, mydido por tega derreyta de Monforte, e mays un canado de vinho e un par de galinas e quatro moravedís velos, o pan por agosto e as outras cousas por San Martino de nobembro, todo posto en paσ e en salvo no dito noso mosteyro; e seredes vasalos serventes e obidientes nosos e do dito noso mosteiro; e á morte de quada persona pagaredes por loytosa un bõ carneiro ou dous reás por el, o qual nos trajerá aquel que se vier mostrar por persona deste dito fuero; e viredes quada ano onrar a nosa festa do Corpus Christi con boo persente ou deσ moravedís velos. |
[+] |
1502 |
SVP 285/ 351 |
Conben a saber que vos aforo a mina parte e quinon do lugar do Souto, con suas pertẽẽsças e con huna tẽẽga de castañas que se deue e ha de pagar do souto das Bouças, e con vinte marauedis que se han de pagar de cada hun anno de renta do moyno, e con hun canado de viño de Peegouço, o qual todo vos aforo con mays a mina parte e quinon do souto de Soutelo, o qual todo jaz su synos de san Viçenço de Põõnbeyro e de san Juan de Moura, o qual vos aforo con tal pleito e condiçon que se o dito Juan de San Pedro, meu marido, falesçer primeyro que eu e ouber mester para min huna casa en no dito lugar de Souto, en que eu biba, que vos o dito Roy Lourenço e vosos herdeiros ma diades e leixedes en todo tenpo de miña vida; e mays me diades e paguedes de renda en cada hun anno a min e ao dito Juan de San Pedro, meu marido, en todos dias de vosas vidas danbos quatro tẽẽgas de castañas secas e linpas e escolleytas e medidas por tẽẽga dereyta de Põõnbeyro, a cheas, e des canados de bõõ viño puro e sen agoa, cozido, por san Martino do mes de nouenbro; e a morte de vos anbos que vos quede a vos e a vosos herdeiros que sejan vosos fillos ou fillas libre e quite e desenbargado; e que digades vos e os ditos vosos fillos ou fillas, se y quedaren, cada hun anno huna misa en no dito mosteiro de Põõnbeiro por dia de san Viçenço, e non quedando de vos fillos ou fillas que quede da dita tronquedad donde desçendan ao parente mays chegado, con o dito chargo da dita misa; e do al que o ajan de disemo a Deus pagando aos señorios seus foros e dereitos e conprindo as condiçõõs das cartas dos foros. |
[+] |
1503 |
VFD 114/ 211 |
Sabeam todos quantos esta carta de foro e acollemento virem como eu Lopo da Touça con liçença e abtoridat de Gil Fernandes e de Lopo Ferrnandes, que presentes están e me dan liçença pera o adeante contiudo, faço acollemento e dou en foro a bos Ares da Touça e a bosa muller Aldonça da Touça, conbem a saber: bos aforo e faço aqollemento ena metade das herdades da Touça, que eu teño aforado de Gil Fernándes de Toves e de seus yrmaos, por lo tenpo e vozes que o eu teño aforado, a tal condiçóm que o labredes e reparedes ven as ditas erdades, como se non perçan con míngoa de labor e de bo paramento e pagaredes a metade da renda que eu so obligado por lo foro que del teño, o qual abedes de pagar hun canado de viño cada ano por lo dito foro. |
[+] |
1513 |
MSMDFP 218/ 279 |
A qual dita vyna e leyras e souto vos aforamos con todas súas entradas e saydas, a montes e a fontes segundo que as eles ten de dereito, lle su os signos de Santiago de Castillón, e aforámosvoslo con tal pleyto e condiçión que labreys e repareys e tenays todo çerrado reparado de manera que se non perca con mengoa de boo paramento, e nos diays cada un anno de renta e pensión dos canados de vyno e una tega e media de pan e tres maravedís vellos, todo pago por San Martino de nobenbro e por tega dereita de Monforte; e mays que nos vengays cada un anno onrrar la festa de Corpus Christi con veynte paras de brancas; e cada persona que sea presente enno dito monasterio dentro de treynta días por voz e persona. |
[+] |
1515 |
MSMDFP 220/ 282 |
Aforo a vos os ditos terreos con todas súas entradas e saydas a montes e a fontes, a condiçión que labredes e reparedes bien los dichos terreos que non se desfalescan por mengoa de laboras e de boos paramientos, e que dedes e paguades vos e vuestras vozes en cada un anno a mi e a los capelanes que fueren después de mi de la dicha capilla dos canados de buen vino puro e syn agua e syn mal sabor, por medida derecha de Monforte, por cada día de San Martino do mes de novenbre; e obligo los meus bienes e los bienes de la dicha capella pera que vos e vuestras vozes sejades defesos e anparados e vos seja feyto sano e de paz a derecho esto que vos asy aforo. |
[+] |