1420 |
LCS [275]/ 222 |
Viinte e tres dias do mes de abril, seendo o conçello, alcalles, regidores, jurados e homes bõos da çidade de Santiago juntados por crida de anafil enno sobrado da notaria de Ruy Martines, notario publico da dita çidade, presentes ente Juan Fernandes Abril e Vasco Peres Abril, alcalles e Alvaro Juliate, Fernan Gonçales do Preguntoiro, Sancho Sanches de Moscoso, Afonso Fernandes Abril, Juan Ares da Caña, Martin Galos, Gomes Rodriges, bachiller, e Martin Serpe, regidores, jurados e homes bõos da dita çidade e Nuño Vinagre e Juan Raposo, procuradores do dito conçello e en presencia de min Fernan Yanes, notario publico de noso señor el rey enna sua Corte e en todos los seus regnos e escusador por lo dito Ruy Martines, notario e dos testemoyas infrascriptos, enton o dito conçello alcalles, regidores, jurados e homes bõos, diseron que por quanto eles avyan de servyr a noso señor o arçobispo este anno con triinta mill maravedis, branqua en tres dineiros, e pagar os maravedis do jantar e marquos que o dito señor rey ha en cada huun anno enna dita çidade eso mesmo os maravedis dos marquos do dito señor arçobispo e os selarios dos ditos alcalles e procuradores [e notarios] e serventes do dito conçello e para outros custos neçesarios que avian de pagar e por quanto a o presente non avia maravedis algũos por donde pagasen as cousas sobreditas, salvo se os repartisen ennos vesiños da dita çidade, por ende que para conprir e pagar as cousas sobreditas que acordavan e acordaron que se recabdase enna dita çidade renda e terça de quoreenta mill maravedis da dita moeda vella a III dineiros e que mandavan e mandaron aos ditos procuradores que começasen logo a coller e recabdar a dita renda por los infintos da encanama nova que se agora fesera e que mandavan e mandaron a min, notario e escusador que dese a copia dos ditos infintos aos ditos procuradores para que eles recabdar e coller a dita renda e outroi que mandavan aos ditos alcalles que constrengesen e apremiasen a todas las personas vesiños da dita çidade que estavan encanavados e avian de pagar enna dita renda que pagasen a os ditos procuradores as contias de maravedis en que cada huun era repartido e lle toubese de pagar por los ditos infintos, por maneira que os ditos procuradores cobrasen os ditos maravedis mays en breve que ser el podese para os dar e pagar a aquel que os ouvese de aver en nome do dito señor arçobispo e para pagar as outras cousas susoditas que o dito conçello devia e avia de pagar este dito anno. |
[+] |
1420 |
LCS [289]/ 230 |
Dose dias do mes de agosto estando Juan Fernandes Abril, alcalle, e Fernan Gonçales do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril, Martin Galos, Martin Serpe regidores jurados e omes bõos da cidade de Santiago juntados en cosistorio ante as portas (da notaria) de Rui Martines, notario da dita çidade e en presença de min Fernan Yanes, notario, etc. e escusador etc. e dos testemoyas infrascriptos enton os sobreditos diseron que davan e deron poder cunplido aos ditos Martin Serpe e Afonso Fernandes, para que podesen veer os infintos e encanamas e copia deles porque se agora recabdava a renda enna dita çidade e soubesen quantos maravedis faleçian dos triinta mill maravedis da dita encanama e os maravedis que asi acharen que faleçesen para que en conprimento dos ditos triinta mill maravedis que os podesen repartir por las colações da dita çidade segundo a eles ben visto fose e tomase sobrelo acordo con as personas que eles quisesen e a copia que do tal repartimento por eles feito fose dado aas colaçoes (en que eles repartisen os taes moravedis) que mandavan e mandaron que os reçebesen os moradores das ditas colações e os repartisen entre sy e de seu repartidos para que os procuradores do dito conçello podesen recabdar os taes maravedis con os outros maravedis da dita encanama e o que por eles fose feito e repartido que o outorgavan e avian por firme e valedeiro. |
[+] |