1460 |
SHIG Lugo, 1/ 7 |
Anno do nascimento do noso Sennor Ihesu Christo de mill e quatroçentos e sesenta annos, viinte e oyto dias do mes de Mayo, enna çibdade de (Ourense?) dentro ennos paaços do honrado dom Alfonso Lopez deBalladolid, dean ena iglesia d ' Ourense, estando ante o dito sennor dean don frey Fernando Vaasques, abade do mosteiro de Chantada, diocesis de Lugo, en presençia de min el notario e testigos de juso escriptos, logo o dito don frey Fernando Vaasques abade diso que por quanto era enna dita iglesia de Lugo donde el era e tynna a dita abadia e era subjecto de yr ao santa signado em cada unn anno, o qual diso que era en este mes de Junio que agora viira da era sobre dita. |
[+] |
1479 |
MSMDFP 199/ 249 |
Sabean quantos esta carta de aforamento viren commo nos, donna María Lopeσ, abadesa do moesteyro de San Salvador de Ferreira, en un con a priora e donas e convento do ditto moesteyro, que estamos presentes, juntas en noso cabidoo por son de canpaa tangida segundo que ho avemos de huso e de costume para fazer e outorgar semellantes autos en pro e honrra do dito noso moesteyro, damos e outorgamos, aforamos a vos, Ruy Ferreiro, morador ena Régoa, arravaldo da vila de Monforte, que estades presente, e a vosa muller, Costança Rodrígueσ, que he ausente, en vida de vos anbos a dous e a outras dúas personas apús falesçimiento do pustromeiro que quede de vos finar, tanto que sejan fillos ou fillas de anbos a dous avéndoos hi, e no avendo fillos ou fillas que seja boσ e persona primeira aquel ou aquela que o postromeiro de vos nomiar en súa vida ho tempo de seu falescimento, e aquela que nomee á outra voσ, e asy vãã despoys de vosos días nomiadas as ditas vosas dúas bozes ua pus outra por orde a suçesive, e non sendo nomiadas commo dito he que seja voσ e persona aquel ou aquela que de dereito herdar os bẽẽs do postrimeiro de vos, convén a saber que vos aforamos a nosa leyra d -aramio, que está cabo San Lázaro da dita vila, a cal dita leyra mandou Margarida Lópeσ, muller que foy de Juán de Ferreira, que Deus aja, ao dito mosteyro, e demarca de un cabo con leyra de Juán Rodrigueσ de Catude e de outro cabo demarca con outra leyra de Afonso de Saafiys. |
[+] |