1278 |
VFD 24/ 36 |
Primeiramente mando meu corpo e mía alma ao moesteyro de Santa María de Montederramo e dou y e mando a este moesteyro sobredito o meu casar derdade que eu ayo eno Burgo de Caldellas u chaman As Lageas, con todas suas perteenças o qual casar mandou meu padre dom Migeel que ficase á mia morte pola sua alma e pola mia a este deuandito moesteyro, e que o él y non mandese mándeo eu y pera pitança da festa de Santa María de setenbro, e que o ayam por senpre, e mando que dían por mi alma aa ponte d ' Ourense XXX soldos, e mando aa obra de San Martiño d ' Ourense XXX soldos e mando y conmigo meu leyto con una cóçedra e con dou chumaços e dous façeyroós e una colcha e un cobertor de çacotes e leyxo meu quiñón de tódalas outras cousas que y ouuer a frey Viuián, prior de Montederramo, e a frey Vaasco, monge desse moesteyro, e a Pedro Pérez, prelado da igreia de Seoane o uello, e fáçoos meus herees en todas aquelas cousas que miñas foren, que façam ende prol de mia alma, e rogo a Lopo Afonso por Deus que os anpare con todo o meu, que lles non faça nengua força nen torto sobrél. |
[+] |