1454 |
MERS 201/ 394 |
Sabean quantos esta carta de aforamento viren como nos, don Gómez por la graçia de Deus e da santa iglesia de Roma, abbade do moesteiro de Santo Estevoo de Ryba de Sil, con ho prior, monjes e convento do dito noso moesteiro, estando todos presentes e outorgantes en noso cabídoo por son de canpaa tangyda segundo que o avemos de uso e de costume de nos ajuntar, damos e outorgamos a foro a vos, Juan de Nóvoa, fillo de Fernando Anrrýquez e de Leonor de Nóvoa, que Deus aja, que estades presente, por todo tempo de vosa vida e a tres vozes hua pus outra, que vos en toda vida ou ao tempo de voso fynamento que nomeedes a primeyra voz e a primeira nomee a segunda e a segunda que nomee a terçeyra, y asý vaan todas de grado en grado, e non seendo nomeadas que sejan vozes aqueles ou aquelas que herdaren os outros vosos bees mays de dereito, he a saber esto que vos aforamos: o noso couto de Sobradelo que he en Lymia, segundo que está marcado e lymytado, convén a saber, por lo marco que está cabo das pedras que chaman Antas, e dende vay suso a pedra que está cabo do Outeiro das Teyxogueyras e está ho signal que feseron en çima da pedra, e dende vay suso aos marcos que he cabo do camino que soya viir ante a Devesa de Sobradelo, e ende a pedra da Cruz que está cabo do Outeiro da Payxón contra Bobadela, e fere ao porto das Aguas, e dende ao marco que está ao Porto do Candeedo, e dende ao Murgullón de Lagariça, e por la Pena Cabada, e dende a Pena Sobreposta por la anta que está cabo de Lagiosa, e dende por lo camino que vay de Guamir para Sobradelo, e dende ao marco que está cabo do Outeiro de Val Marçelo dar ao do camino sobre dito contra Cortellas, con todas suas herdades, términos e devisos, casas e casares, montes e lyndeyros, segundo que ao dito mosteiro pesteesçe e perteesçer deve de dereito como quer e en qualquer maneira, convén he a saber, que os casares son estes que se siguen: dous nosos casares de San Romaao de Lymya, e con os nosos moynos de Veredo, e con o noso casar das Figueyras e con ho noso casar do Carballo e con o noso casar de Guamyll e con ho noso casar de Lagiosa, e con todos los outros casares, lugares e herdades, soutos, árbores e cortynas e con todas suas entradas e seydas, jures e perteesças, segundo que lles de dereito perteesçen. |
[+] |