1520 |
VFD 123/ 223 |
Sepan quantos esta presente escriptura de contrato de casamento viren como eu Gonçaluo Roçán, veziño de Freixo, e como eu María Costeyra, veziña de Leborín, que somos presentes e outorgantes, outorgamos e conosçemos por esta carta que, por cuanto nos anbos teemos conçertado para oje este dia eu o dito Gonçaluo Roçán de casar a miña filla Marquesa Gonçales con Juan de Rañoá, fillo de vos a dita María Costeyra, por palabras de presente, segundo que manda Deus e nosa madre Santa Yglesia, por ende, eu o dito Gonçaluo Roçán otorgo e conosco que mando con a dita Marquesa Gonçales, miña filla, tódala fazenda moble e reyz, segundo que ja lla mandey en casamento con Juan Ares, seu primeyro marido, e segundo que ja a dita Marquesa Gonçales a trage a jur e a mao, e con esto le mando mays o meu tarreo de dezmo a Deus, que eu conprey a Juan d ' Arriba, questá onde chaman Carballo de Lobo, que será seys almudes en semente. |
[+] |
1520 |
VFD 123/ 224 |
E eu a dita María Costeyra outorgo e conosco que mando ao dito Juan de Rañoá, meu fillo, en dote de casamento y en pura dote e donaçión, por bees dotales de casamento, a terça parte de todos meus, asy mobles como reyzes, asy de foro como de dézemo a Deus, para que o dito Juan de Rañoá, meu fillo, aja a dita terça parte dos ditos meus bees despoys do meu pasamento, juntamente con a sua legítima parte que le couver en partilla con seus yrmaos e yrmaás. |
[+] |