1437 |
LCP 50/ 83 |
Anno Mo CCCCo XXXVII, XVI dias do dito mes de abril, estando o Conçello e homes bõos da villa de Pontevedra ẽno sobrado da egresia de San Bertolameu, presentes y Pedro Ares, Afonso Vasques, tenente lugar de juis, Juan Garçia Rouco, Lourenço Yanes, alcaldes, Pedro Cruu, Garcia Goterres, jurados, Lopo Martiis, Pedro de Plaser, procuradores do dito Conçello, mandaron a Juan Bieites Ramos, absente, que dese a Garçia Goterres, para a yda que o enbiou o dito Conçello a Santiago ao arçediago de Trastamara e ao alcalde, con as cartas de creença do dito Conçello, que os ajudasen e favoresesen en rason dos çent tonees de vyno bo. que noso señor o arçebispo apropiou ao moordomadego çent maravedis vellos e que lle seerian reçebidos en conta e pago dos maravedis da renta das posturas [deste] que se finçera por dia de San Juan de juyo deste dito año. |
[+] |
1442 |
VFD 33/ 39 |
A qual dita carta de poder et capítolos asy presentados et liúdos eno dito conçello, logo o dito Aluaro Vaasques da parte do dito señor Pero Aluares e por virtude de hua carta de creença que y logo presentou, firmada do nome do dito señor Pero Aluares, diso aos ditos juises et regedores et procurador et omees boos do dito conçello que ben sabían en como elles por alguas causas et agráveos et danos et sen rasoes que lles eran feytos et fasían de cada día alguas personas poderosas et outros escudeiros et personas comarquanas delles, asy de dentro da dita çidade como de fora parte, elles sobre elo avyan escripto ao dito señor Pero Aluares et á señora dona Biatrís, sua moller, que quisesen tomar cárrego de os defenderdas ditas personas pera que lles non fesesen mal nen dano nen força nen roubo nen prijón contra rasón et contra justiçia, por ende que él acerca de todo elo era viindo a esta çidade de parte do dito señor Pero Aluares et por seu mandado pera outorgar en seu nome e da dita señora dona Biatrís todas aquelas cousas que entendese que comprise á seu serviço et á onrra da dita çidade et vesiños dela, contiundos et declarados enos dito capítollos, et que por ende que a él prasía da sua parte de outorgar aquelas cousas que entendese que fosen en onrra da dita çidade et en serviço de aqueles por quen viña. |
[+] |