logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no Corpus Xelmírez poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Se desexa consultar a referencia e o contexto dun exemplo, calque no símbolo [+] na cela da dereita. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no Corpus Xelmírez, pode calcar aquí.
Está a procurar contextos do uso de cruño nos textos notariais do Corpus Xelmírez.

Número de contextos atopados: 14

1427 SVP 113/ 185 E he posto que qualquer de nos as ditas partes que contra esto pasar que perca por nome de pena a outra parte que o conprir quiser quinentos rayããs de prata do cruño e peso do regno de Castela e a voz del Rey outros tantos...etc. [+]
1435 VFD 98/ 110 Ano do naçemento do noso señor Ihu Xpo de mill e quatroçentos et triinta e çinqo anos, dia domingo, viinte et sete dias do mes de fevereiro, na çidade d ' Ourense, eno Parayso da iglesia catedraI do señor San Martiño, en presença de min o dito Alvaro Afonso, notario, et testimoyas de juso escriptas, estando y presentes en conçello, segundo que an de uso et de costume, Afonso Anrriques, Pero Fernandes, juises da dita çidade, e Loys Gonçalues, Aluaro da Fonteyña, Gomes de Chantada, Estebo Fernandes, rejedores da dita çidade, Juan Paas, notario, procurador da dita çidade, sustetuyto de Afonso Ares, procurador jeeral do dito conçello, et Juan Peres de Rio Seco et Afonso asques, Nuno Gonçalues, Meen Suares, Afonso Ans da Lagea, Alvaro Fernandes, Juan de San Lourenço, parte dos vesiños da dita çidade, estando todos juntos eno dito conçello por seu pregoeiro chamados, segundo que o an de uso et de costume, logo tidos diseron que, por rasón que á noso señor El Rey viña grande deserviço et a elles grande pérdida e dapno, por rasón que alguas personas engeytavan a moeda do dito señor Rey, que era feita nas suas casas de moeda et eno seu bullón et por lo cruño, et por ende que era ben que se ordenase et dese sobre elo pregón por la dita çidade, et antes que se dese o dito pregón por la dita çidade, que fosen os juises et rejedores et procurador ao señor don Diego, obispo d ' Ourense, se consentía que se dese pregón e se o mandava dar, que persona nenhua non fose ousada de engeytar a moeda de noso señor El Rey, que fose feita enas suas casas de moeda et eno seu bullón et por lo seu cruño, so pena que, por la primeira vez que a engeptase, que pagase de pena LX mrs, e perdese a merqadoría, et por la segunda vez, que caesen en aquellas penas en que caen aqueles que engeptan moeda de seu Rey, feita eno seu cruño e por lo seu bullón. [+]
1435 VFD 98/ 111 Et despois desto, ena dita çidade d ' Ourense, en este dito día, enos paaços do dito señor don Diego, obispo d ' Ourense, estando y presente o dito señor obispo, outrosy, estando y presentes os ditos Loys Gonçales e Alvaro Afonso da Fonteyña et Gomes de Chantada et Estebo Fernandes, rejedores, et Afonso Anrriques e Pero Fernandes, juises da dita çidade, et o dito Johán Paas, procurador sustetuyto do dito conçello, logo os ditos juises et regedores e procurador feseron relaçón ao dito señor obispo, sobre rasón da ordenança que ordenaron eno dito conçello, sobre rasón da dita moeda do dito señor Rey, que era feita enas suas casas da moeda et eno seu bullón et por lo seu cruño, que alguas personas engeptavan et a non querían tomar, do qual viña delo grande deserviço do dito señor Rey et ao dito señor obispo et a elles e aos vesiños da dita çidade et de fora parte grande pérdida et dapno. [+]
1435 VFD 98/ 111 Por ende que soplicavan á sua merced se consentía e mandava que se dese pregón por la dita sua çidade, segundo que eles ja avyan ordenado, en que persona nehua non engeptase a dita moeda do dito señor Rey que fose feita enas suas casas de moeda et eno seu bullón et por lo seu cruño, et su as penas de suso ordenados. [+]
1435 VFD 98/ 111 "Oyde que manda diser noso señor don Diego, obispo d ' Ourense, et o conçello, juises et rejedores et procurador et omees boos da dita çidade d ' Ourense, entendendo que he serviço de noso señor El Rey et de seu Reyno et de seu pooboo et dos vesiños e moradores da dita çidade et de fora parte, que por quanto alguas personas engentan a moeda de noso Señor El Rey, feita enas suas casas de moeda, eno seu bullón, et por lo seu cruño, do qual entendendo que por elo que ven grande deserviço ao dito señor Rey e a o dito seu Reyno e pooboo, por ende que o dito señor obispo e juises et rejedores et procurador et omees boos da dita çidade que mandan que persona ninhua que seja de qual quer ley et estado e condiçón non seja ousado de engentar a moeda de noso señor El Rey, que for feita enas suas casas de moeda, eno seu bullón, et por lo seu cruño, et a qual quer persona que a engeptar et a non tomar a qual quer mercadoría que seja, que por la primeira vez que page de pena LX mrs vellos et por la segunda vez que aja pena e lle seja dada como contra aquél que engepta moeda de noso señor El Rey, feita enas suas casas de moeda et eno seu bullón e por lo seu cruño, et qual quer persona que a non conosçer, que pregunte aos juises et rejedores et procurador da dita çidade, a qual quer deles et ao ome boo que for elegido pera a conosçer en cada rúa da dita çidade. [+]
1436 FDUSC 305/ 381 Et esto prometemos et outorgamos ontre nos partes sobreditas de têêr et conprir et gardar et de non yr nen pasar contra ello nos, nen nosas vozes en juizo nen fora del, nen en outra maneira alguna, so pena de çent floriis d ' ouro da moeda et cruño del rey d ' Aragon que peyte et page por pena et en nome de pena et interesse qualquer de nos partes que o non teuer et conprir, segundo que sobredito he, et for contra elo en parte ou en todo, el ou suas vozes, a outra parte obediente que o teuer et conprir et agardar; para o qual nos ou cada huun de nos obligamos a elo a nos et a nossos bêêns, et espeçialmente cada huun de nos a sua parte das sobreditas herdades de Villar de Canbeyro. [+]
1438 FDUSC 315/ 400 Et se eu ou a dita mina moller ou nosas uozes contra esto vieremos ou contra parte delo per nos nen per outro en juiso nen fora del, e delo diseremos o contrario, que nos non valla nen sejamos sobre elo oydos en juiso nen fora del nen en outra maneira alguna; et estas cousas sobreditas et cada huna delas prometo et outorgo de o têêr senpre et gardar et de non yr contra elo so pena de duzentos froliins d ' ouro da moeda et cruño do regno de Aragon, que vos de et pague por pena et postura conuençional, se contra elo for ou pasar en parte ou en todo, ou a dita mina moller, para o qual vos obligo a min et a meus bêês moueles et reizes, auidos et por auer, ondequer que os ajamos mellor parados; et renunçio a toda eixeçon que nunca ende diga o contrario, e renunçio a ley de engaño et do erro et masconto et a todas las outras leys et dereitos que en mina ajuda posan seer contra esto que dito he. [+]
1438 SVP 143/ 218 En nas quaes ditas casas con sua herdade, en que estam sytuadas et postas, vos logo entregamos et poẽmos et apoderamos firmemente per esta presente carta en na teença et posison et propriadade et vos et direito et auçon et synorio delas, et tiramos et quitamos et partimos a nos delo o dito prior de san Martino et ao dito noso mosteiro et põẽmos et apoderamos et entregamos en elas a vos o dito don Gomes, prior de Poonbeiro et ao dito uoso mosteiro, para que des aqui endeante as posasdes auer et vsar et persuyr con todas suas entradas et seydas, para que o dito voso mosteiro et vos por nome delas posades aforar et dar et faser delas todas aquelas cousas et quada huna delas que quiserdes et por ben teuerdes, asy como de bẽẽs et herdade propietaria, de dizemo a Deus, do dito voso mosteiro de Poonbeiro. E qualquer de nos que contra elo quiser pasar non posa nen lle valla nen seja sobre elo oydo em juyso nen fora del et perca et page por nome de pena a outra parte que o conplir quiser quinentos froliis de ouro do cruño et peso do regno de Aragon, et a vos del Rey outros tantos...etc. [+]
1442 VFD 125/ 131 Ano de XLII, a XV dias de mayo, em Ourense, ena praça do Canpo, presentes ende Afonso Anrriques, meestre Fernando, juises, Loys Gonçalues, Aluaro Afonso da Fonteyña, Gomes Peres de Chantada, regedores, Aluaro Afonso, procurador do dito conçello, en presença de min o notario e testemuyas de juso escriptas, logo os ditos juises e regedores e procurador diseron que por quanto lles era dito que noso señor El Rey mandara tomar as brancas nouas a dous diñeiros cada branca, et que tomasen as brancas vellas segundo que se tomauan eno tenpo antigoo, por ende que ordenauan et mandauan que se tomasen as brancas vellas e que valuesen a tres diñeiros cada branca et as brancas nouas que se tomasen a dous diñeiros cada branca, et que persona nehua non fose ousado de as engeytar, as quaes fose achado que foran feitas eno cruño e ena casa da moeda do noso señor El Rey, so pena que qual quer persona que engeitar que perça a moeda en que a engeitar et page de pena por cada vez que a engeytar III mrs etc. [+]
1443 VFD 410/ 425 Et o dito Sueyro Martís obligouse eso mesmo, segundo dito he, de acabar a dita obra, pera o qual renunçiaron a todas leys e dereitos e outorgaron contrapto forte e firme, pena M floriís douro e de peso do cruño d ' Aragón. [+]
1447 FDUSC 326/ 425 E esto sobredito prometemos e outorgamos nos partes sobreditas por nos e por nosas vozes e erdeyros de o teer, cunplir e agardar e non viinr contra elo en alguun tenpo que seja por nos nen por outro en juiso nen fora del, nen en outra maneyra alguna, so pena de çen froliins d ' ouro da moeda e cruño do reyno d ' Aragon, que peyte e pague por pena e postura conuençional firmne e sosegada que sobre nos poremos qualquer de nos partes, ou suas vozes, que non teuer e cunplir a a outra parte agardante ou a suas vozes, para a qual pena pagar obligamos a nos mêêsmos e a nosos bêês; e a pena pagada ou non pagada todavia este contrauto de aforamento e todo o contiudo en el fique firme e valla para todo senpre. [+]
1447 FDUSC 327/ 427 E esto prometemos e outorgamos ontre nos partes sobreditas de o têêr e cunplir e de non yr contra elo por nos nen por outro en juizo nen fora del nen en outra maneira alguna, so pena de çen froliins d ' ouro da moeda e cruño do reyno d ' Aragon, que peyte e pague por pena e avîînça conuençional e assosegada qualquer de nos partes ou suas vozes que non teuer e cunplir a a outra parte que o teueren e conpriren e garadaren, para o qual obligamos a nos e a nosos bêês ondequer que os ajamos mellor parados. [+]
1447 SVP 166/ 241 E se contra elo for ou pasar que me non valla, e que peyte a vos e ao alto voso moesteiro ou a outro qualquer prior que depoys de vos for en no dito voso moesteiro por nome de pena, pustura e interesse dozentos floriis d ' ouro do cruño e peso d ' Aragon, e a vos del Rey outros tantos; e a dita pena pagada ou non, que esta dita venda seja firme e valla para senpre segundo que por min he feita e outorgada; e quantas vezes contra elo tentar de yr ou pasar que tantas vezes vos pague a dita pena e vos e o dito moesteiro verdadeiro persuydor da dita pesqueyra, quanto mays que renunçio a toda ley d ' engano e de dolo malo, con las outras leys, foros e dereitos e ordenamentos feitos e por fazer, vsados e por usar, canonicos e çebiis, e a todo foro, ferias, vso, custume, traslado desta carta, demandaen escripto, prazo e consello de avogado e a todas las outras boas razõẽs, excepçõẽs, dereitos e defensoes que en contrario do que sobredito he contra elo poderia dizer, razoar e alegar, e quero e outorgo que me non valla, nen seja sobre elo oydo nen resçebido, nen outro por min asy en juizio como fora del, posto que dereito seja. [+]
1457 SVP 181/ 256 Por quanto a mi fue fecho fuero por don Fernando, prior que fue del monesterio de san Viçenço de Ponbeyro, e por los monjes e conuento del dicho monesterio da granja de santa Marina de Rosende e de san Bitoyro, que es en la dicha granja, e de san Pedro, sito en no dito couto de Ponbeyro, e de san Çibrao con as searas de san Viçenço de Castillon, conosco e outorgo que renunçio e quito e parto de min e de toda mina voz e herdeyros para senpre os ditos lugares e foro e foros e cartas e titolos que deles me sejan e ajan seydo feito, asy por lo dito don Fernando, prior, e conbento do dito moesteyro conmo por outra persona alguna; e asimesmo renunço e demito de min e de mina voz e herdeyros quaesquer lugares e foros e herdades que do dito mosteyro de Ponbeyro teña e me sejan feitos e outorgados por lo dito don Fernando, prior, e conbento del e de toda voz e auçon de dereito que a elo todo e a qualquer parte delo eu aja e teña e me pertesça aver, a qual dita renunçiaçon e demitiçon fago ao dito mosteyro de Ponbeyro e a don Vasco, prior que agora he del, e ao conbento del, para que syn enbargo ningun de min, nin de mina voz e herdeyros, posa todo entrar e tomar para descargo de mina conçiençia, sendo çerto que eu ouue foro e titolo dos ditos lugares e herdades en grande perjudiçio do dito mosteyro; e quero e prometo de yo nin outro por min yr nin pasar contra esta demitiçon en ningun tenpo que seja, e se o fezer que me non valla nin me seja oydo nin resçebido en juyzo nen fora del; e demas que por ese mesmo fecho perca e peyte de pena ao dito mosteyro e prior que del for mill froliis de buen oro e justo peso del cruño de Aragon, a qual pena page ou non todavia non pose yr nin pasar contra o susodito. [+]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL