1445 |
BMSEH B37/ 394 |
Juan Gonzalez, Juan de Ferras, Fernan Afonso, Afonso Rodrigues Alvaro Gonzallez, Juan de Leyras, Pero Trastam, Juan Rodrigues, Gomes de Tebra Afonso Lorenzo, Juan Castelaao clergos rasoeiros da igleia de Santa Maria da villa de Bayona de Minnor; seendo todos iuntos enno coro da dita igleia per son de campanaa tangida segun que os avemos de noso costume, por nos e en nome dos outros clergos rasoeiros da dita igleia que presentes non estam por os quaes obligamos os beens das novesarias da dita igleia que elles seam por firme e estavell atodo tempo esto que se adeante segue. demos e outorgamos aforo a vos Gomes Vasques sapateyro que presente estades visino et morador enna dita villa de Bayona, en vosa vida e a duas persoas de pois de vos hua de pos outra quaes vos nomeades a voso seymento et non as nomeando que seiam huan de pos outra quaes de dereito herdarem vosos beens conven a saber hum quarto de huaa casa chaan que nos avemos em esta dita villa acerqa da carnisaria enna qual vos agora morades. da qual dita casa a metade he de Afonso Desea iurado desta dita villa et parte per cumeo de longo a longo Et parte de outra parte per parede con casa que foy de Constansa Fonso moller que foy de Diego de Bemia finados a quen deus perdom. aqual tem agora Alvaro Afonso carniseiro que sal con as portas a rua publica que vay do acougue pra dita carnisaria. o qual dito quarto da dita casa que vos asi aforamos nos deu em pura doason Juan Lorenso dito iarretes asua seymento con todas suas entradas et saydas et perteensas et dereitos suos quelle perteesem et perteeser deven de dereito et nos con esta condison vos llo aforamos Et que renda a el dito Juan Lorenso em sua vida Et vos que reparedes avosa custa o quarto da dita casa de pedra et tella et madeira et de todo o adubeiro que lle mester feser per guisa et maña que non desfalesa per mingoa de favor et de boon reparamento et que dedes vos dito Gomes Vasques ao seymento do dito Juan Lorenso a nos os ditos rasoeiros et aos que depois de nos vieren en cada hun anno por dia de san Juan do mes de iunyo doze moravedis de moeda vella branqa vella em tres dineiros de dez dineiros o moravedi ou enna moeda que correr et hua galiña ou tres moravedis da dita moeda por ela por foros por llo dito dia. |
[+] |