| 1347 | MPR 82/ 191 | Et se quiserdes vender ou enpenorar os ditos herdamentos ou parte delles, vendede ou enpenorade ao dito moesteiro ante ca a outre, et seo o dito moesteiro non quiser entón vendede ou enpenorade por mandado do dito moesteiro aa tal pesoa que non seia de mayor degrao ca vos e cunpra e agarde quanto sobre dito he. | [+] |
| 1347 | MPR 84/ 193 | Et he posto que se quiserdes vender ou enpenorar que vendades ou enpenoredes ao moesteiro ante que a outre, et se o moesteiro non quiser, que enton que a vendades ou enpenoredes, por mandado do dito moesteiro, aa tal pessoa que non seia de mayor degrao ca vos, onde o moesteiro aia os seus dereitos assí como os deve a aver de vos. | [+] |
| 1354 | MPR 92/ 198 | In Dei nomine, amen. Sabean quantos esta carta virem como nos don Johan Anes, prior do moesteiro de San Pedro de Rocas, e oo convento dese mesmo lugar, damos a foro a vos Johan Pérez dito Carneyro, e a vosa moller Tereyia Anes, e a dous vossos fillos ou fillas que ouverdes anvos de consuu, e se non ouverdes fillos, a duas vozes, hua apús outra, que non seian de moor degraao de linajen ca vos, en toda vossa vida tanto, convén a saber, os nosos casares que avemos en Ordeeles, hu chaman Cachaluito, os quales foron de Johan Manela e o de Cabo, que os lavredes e moredes e paredes ben, en guisa que non desfalescan por mingua de boo parannento, et darnos edes deles cada anno terça parte de pan e de vino e quarta; donde senpre deron, et polas outras cousas darnos edes cada anno pola festa de San Martino quareenta e çinquo soldos desta moeda branca que oora corre ou a contía deles, e serredes vasalos leaes obidientes e mandados do dito moesteiro, e pagaredes loitosa como he costume de terra. | [+] |
| 1356 | MPR 97/ 202 | E se quiserdes vender ou deitar ou supinorar, vendede ou deitade ou supinorade oo moesteiro, e se o dito moesteiro non quiser, entón vendede ou deitade ou supinorade aa tal pesoa de que o moesteiro posa aver o seu dereito, pero non sega pesoa de moor degrao ca vos, nen pesoa reli[gi]osa. | [+] |
| 1484 | VFD 357/ 366 | Em martes XX IIII de feureiro, eno Canpo, ante Roy de Puga, juis, Gonçaluo de Puga dou querela ao dito juis, desindo que este domingo pasado, ás oyto ou aas nove andadas da noyte, --- de Monterroso e outro con él, criado de Aluaro Dias, foran achados con suas vallestas armadas, cabo da escaleira da iglesia, enos degraaos, non sabía por que cabsa, e por que él presumía que estaban aly a fin de faser algún mal ou dano a él ou aos seus, que pedía serlle feito conprimento de justiça etc. | [+] |
| 1484 | VFD 357/ 366 | Esta ora o dito Gonçaluo de Puga lle presentou por testigo a Gonçaluo, corrieiro, que jurou en forma, e diso que este domingo pasado ontre las oyto e as nove achara a Monterroso con hua vallesta armada, e a outro con hua media lança, enos degraaos de iglesia, ante a porta de Gonçaluo de Monterroso, e que falara con él, e al non sabía. | [+] |