1423 |
VFD 73b/ 120 |
Et visto en como o dito Johán Ferrandes se veu poer ena cadea de noso señor El Rey et deste conçello et en noso poder como juises desta dita iglesia, et diso que se quería purgar por dereito da ynfamia da dita morte et que era ynoçente dela, por quanto diso que él non matara ao dito Gonçaluo Ferrandes, et que se o dito Gonçaluo Ferrandes fora morto, que o fora por sua culpa, como aquel que o cometera de feito e de dereito, primeiramente chamándolle vilaao, fodidincul, curnudo, priuado, perro treedor, dizéndolle outros deostos et injurias atroçes et queréndoo matar dentro en sua casa do dito Johán Ferrandes, deytándolles golpes primeiramente con hua espada nua et cortándolle a roupa que tiña vestida et cuberta con a dita sua espada, defendéndose él dél et dizéndolle que se fose en boa ora, por lo qual diso o dito Johán Ferrandes que non era culpante ena morte do dito Gonçaluo Ferrandes, et que se ferida algua dera ao dito Gonçaluo Ferrandes, que fora en defendemento de seu corpo e de sua vida, por lo qual nos pedíu que o absolvésemos da dita querela et acusaçón e denunciaçón e ynfamia, dándoo por absolto e liure et quite e absolto da dita morte do dito Gonçaluo Ferrandes. |
[+] |
1423 |
VFD 73b/ 121 |
Et visto en como eno término dos ditos pregoós non veeo ante nos outra persona algua que quisese querelar nen denunçiar sobre la rasón da dita morte do dito Gonçaluo Ferrandes, saluo a dita Tereyja Sanches, sua moller; et visto hua sentença ynterlocutoria por nos dada, en que reçebemos aa proua aa dita Tereyja Sanches da dita sua querela et acusaçón et ao dito Johán Ferrandes de suas exçepçoes et defensoes et de todo aquelo que prouado lles aproueytase sobre la dita rasón oo huun contra outro et o outro contra o outro; et visto as prouanças que sobre elo ante nos foron feitas por anbas las ditas partes, as quaes prouanças foron publicadas, mandando dar traslado delas a anbas las ditas partes; et visto as contraditas que sobre elo alegaron et razoaron fasta que que concludiron e pediron sentença; et nos ouuemos o dito proçeso de pleito por concluso et çerrado et asignamos término pera dar en elo sentença pera día çerto et dende endeante pera de cada día, segundo estilo de dereito, segundo que esto et outras cousas mays largamente son contiudas eno proçeso do dito pleito, avido sobre todo noso acordo et consello con omes boos leterados, sabedores de foro et de dereito, et con os meesmos seendo en lugar de julgar, as ditas partes presentes e sentença demandantes, achamos que o dito Johán Ferrandes prouou ben et conpridamente sua entençón, conuéen a saber: o dito Gonçaluo Ferrandes auerlo cometido de feito e de dereito e averlle dito primeiramente os sobre ditos deostos e injurias atroçes et cometéndoo primeiramente et deytándolle golpes por lo ferir ou matar se podera, por lo cual o dito Johán Ferrandes ouuo justa rasón et dereito et deu en defendemento do seu corpo e de sua vida. |
[+] |