1432 |
VFD 227/ 252 |
Et despois desto, lues, XXV dias do dito mes, estando juntados en maneira de conçello Garçía Dias d ' Espinosa et Goterre Afonso e Estebo Fernandes e Gonçaluo de Bouteiro e Aluaro Afonso da Fonteyña, rejedores, e Gomes de Chantada e Afonso Ans, juis, e Garçía Vaasques, procurador do dito conçello, e Fernando Ans, arçediano de Castella e vicario jeeral e prouisor lugar tenente de don Diego, obispo do dito obispado d ' Ourense, et Meen de Seabra et Gomes Eeans, notario, e Afonso do Cabo e parte de outro vesiños e moradores ena dita çidade, logo os ditos rejedores tomaron testemuyo contra o dito vigario que por rasón que em esta çidade estauan e eran feytos çertos agráueos dos rousíos e praças que avyan tomado ao dito conçello e ao cabídoo da dita çidade, enas quaes avían feito e fasían en grande dapno e perjuiso da dita çidade casas e poyáas et tendas e balcóos, os quaes se non deuían faser, os quaes logo nomearon as tendas que Aldonça Afonso feso contra a Praça do Pescado e a tenda que Juan Paas fas ena dita Praça do Pescado, junto con a iglesia de Santa María Madanella, e a parede que Garçía Dias feso, á par das casas onde él mora, e os brancos de Martín de Trella, que están acostados á torre do Curral et os esteos que están á par da iglesia de Santa María Madanella, os quaes son das casas que foron do tesoyreyro e a casa de Afonso do Cabo, que está ena rúa dos Arçedianos, mays todos los outros agráueos que son feytos en dapno et perjuiso do dito conçello e do dito cabídoo e vesiños e moradores da dita çidade, por ende que pedían, frontauan ao dito prouisor e vigario que non consentese faser os ditos agráueos et que os mandase logo desfaser, en tal maneira que fosen logo desfeytos, e elles que estauan prestes de dar todo fauor et ajuda en elo pera que se os ditos agráueos e casas desfesesen, et fasendo asy que farían ben e dereito e aquelo que era tiundo e obrigado, por quanto era prouisor e estaua en lugar do dito señor obispo et deuía desatar os taes agráueos, como señor superano, senón que protestaua e protestaron en todo tenpo que as ditas casas fosen desfeytas, et que fosen feitas por força e contra dereito, e como aqueles que fasen eno aleo contra vontade de seus dopnos, e de se querellaren dél a noso señor El Rey e a noso señor obispo e onde quer que seu dereito fose etc. |
[+] |
1447 |
VFD 133/ 139 |
Et logo os ditos juises diseron que por quanto alguas personas, asy da dita çidade como de fora, façian moyto mal et dapno de noyte enas viñas cas ditas bestas e eso meesmo os que tiñan e tragían porcos non os quería gardar das viñas nen das ortas, et outrosy o dito pedimento do dito Diego Lopes seer justo e eso meesmo a fe que eu o dito notario daua da dita ordenança et sentença que sobre elo avía pasado, por ende, diseron que defendían et mandauan que persona nehua non fose ousado de deytar bestas nen porcos enas viñas e ortas alleas de lo primeiro dia de abril endeante fasta que as nouidades das viñas fosen colleitas e as ortas desfeytas, et deitándoas en elas, que mandauan que qual quer persona que achase as bestas de noyte enas viñas alleas que matase as taes bestas, sen pena algua, et se as achar as ditas bestas de dia, que as non mate et que as traga á corte et que page o mal e dano que lle feseran, á vista de dous omes boos... |
[+] |
1457 |
LNAP 9/ 101 |
E visto porlos ditos juís e omes bõos que era en perjuýsio da rrepúbrica e das ditas casas do dito Johán Paris, logo o dito juís, en persona das ditas partes e a seu cõsentimjẽto, diso que mãdaua e mãdou ao dito Pero Peliteyro que quitase o dito vjnal desde oy fasta dj́a de Sã Johán de junjo primeyro que vẽe, so pena de seysçentos morauidís para la cáma[ra] do señor arçobispo e de sesẽta para o señor, e que nõ posesẽ en aquel logar vjdes nẽ outro enpacho, e así desfeyto, el nẽ o dito Johán Paris nẽ outra persona algũa nõ tornase allý a faser vjnal nẽ edificasẽ outra cousa algũa, so a dita pena. |
[+] |