1347 |
GHCD 65/ 281 |
Ite mando a o dito prior ffrey Johan nunes ducentos mars. para hunha capa po la miña alma e por tal que rrogue a Deus por min e ffaço compridores de este meu testamento que o compran por meus beens mouuiles e rayzes ssen seu daño e ssen ssua perda a o dito meu marido fernand aluares e o dito prior ffrey Johan nunes e mando que se pague todo esto que eu mando aqui en...... brancos a rraçon de quarenta pares por tres libras y de dous diñeiros o mar. ssaluo os mill mars. que mando a o meu marido que seyan doyro (doito?) en ssoldo do dia que eu ffinar ata hun ano e comprido e pagado este meu testamento en todo o remanente que fficar de meus beens assy mouiles como rayzes ffaço meus herdeyros a o dito meu marido Hernand aluarez na meadade e o dito prior e conuentode ssan Domingo de Ponte uedra na outra meadade por tal condiçon que eles aian para sempre en mente a miña alma E esto outorgo por miña manda pola miña postremeira uoontade que outorgo que he esta segundo sse aqui conten e reuogo por esta todas as outras mandas que fiz e sse apresentaren outorgo que non uallan ssaluo esta que ora faço e outorgo e dou por miña manda e por miña postremeira uoontade E sse alguen contra esta miña manda ueñer ou aenbargar en parte ou en todo outorgo que peite por pena a os ditos meus compridores e herdeyros des mill mars. de dita moeda E pena pagada ou non esta manda e o que en ela he conteudo este senpre en ssua reua (?) testimoyas Ffrey garçia ffrayre da dita orden de ssan Domingo natural de Ioo e pedro esteues fillo de esteuo peres de mato boos e ignacio peres hescudeyro do dito Hernand aluares e esteuo soares da cortozela e johan anes y aras peres fariña e giral prego. |
[+] |