1408 | PSVD 106/ 318 | Sabean quantos esta carta biren como eu Baasco Gomes, prior do moesterio de Sant Saluador de Uillar de Donas, con outorgamento de frey Pedro e de frey Rodrigo, freyres do dicto moesterio, seendo ayuntados enno cabido do dicto moesterio por canpa tanguda, segun auemos de uso e de custume, aueruamos e aforamos a uos Ares de Laya e a uosa moller Teresa de Coynado, moradores en Palaço de Rey, por en todos dias de bosa bida de uos anbos e a huna persoa, qual nomear o postrimeiro de uos en sua bida ou a tenpo de seu finamento, et mays alende beynt e noue annos, hunus apus outros, e non nomeando a dicta persoa que seya a qual que herdar con dereito uosos benes, conuen a saber, a metade daquela casa da Roga Sella que esta enna rua de Palaço de Rey contra Ligunde, con todas suas entradas e seydas e no alto e no baixo, con suas pertenenças, a tal pleito e condiçon que façades a dicta metade da dicta casa de pedra e de madeyra e de giestas e de colmo o mellor que bos poderedes e dedes en chada hun anno ao dicto moesterio e prior de foro trese morabetinos de dez dineros por morabetino da moneda corrente por dia de Sant Johan enno dicto moesterio en paz e en saluo e asi en cada hun anno; a fin das dictas tres persoas e dos dictos beynte e noue annos conpridos que a dicta casa que fique liure e quita e desenbargada ao dicto moesterio, cuya he, cuberta co quanto . . . e boo paramento en ela fore feyto et o dicto moesterio ha uosla de faser de paz a dereito polos bees do dicto moesterio; e quando e cada que y chegar o prior e freyres do dicto moesterio darlles pousada e cama e sal e fogo e agoa ser dino. | [+] |
1421 | LCS [314]/ 253 | Por ende ben podedes viinr e yr por todo o condado de meu señor o conde con vosas mercadorias se quiserdes e non ajades medo que vos ninhuu faça mal nen dano que eu por esta mina carta vos aseguro que ben sabedes vos que a entençon de meu señor o conde fui e he de os caminos andaren seguros e de vos defender a vos e a todos los outros que queran buscar sua vida e por ende non avedes que duldar de yrdes buscar vosas vidas por todo seu condado e ende vos (. . . ) e Deus vos de a sua graça. | [+] |
1457 | HCIM 75/ 649 | Iten mando que en la dita iglesia de santa maria do canpo meus conplidores fagan fazer una capela en lo mesmo altar da birgen maria do portal e alzen o alpendre que agora y esta y façan un sobrado onde canten os canonigos e clerigos da dita iglesia e façan fazer en o dito sobrado e poer unos organos que tangan cada y quando que cantaren as misas que por mina anima e de meus antecesores se ende diseren e que fazan pintar todo endarredor do dito altar de santa maria a estoria da pasion de nuestro senor ihesu christo e enbaixo de todo minas armas con dous angeles endearredor e nelas con o letreiro que dize o mater dei memento mei y encima do escudo das armas que diga ihu. - Iten mando que os canonigos e clerigos e prior da dita iglesia de santa maria do campo que me digan e fagan dezir despues de mi finamento para todo sienpre una misa rrezada dia en lo dito altar do portal en cada corta feira y en cada sabado sen as misas cantadas con los orgoos tangidos e que ban con agoa bendita e con rresponso o clerigo que dizer a dita misa asi as rezadas como as cantadas sobre mina sepultura e quien estas ditas misas en todos los outros bens ajan parte meus antecesores e todos aqueles e aquelas a que eu soo encargo e para estas dizer segun dito he, mando e atribuyo para todo sienpre a a dita capela que ansi mando fazer a o prior e canonigos e capelans que foren para todo sienpre en la dita iglesia a tercia parte do beneficio de san giao de almeoiras e frutos e rentas a dita tercia parte pertenesciente e mais toda a mina parte que eu lebo do beneficio de san pedro darmenton e mas todo o que a mi pertence do beneficio de santa maria de lemayo e mais o quarto do beneficio de verdillo e mas as septe noas do beneficio de san breixome doca o qual todo que a mi pertenesce dos ditos beneficios mando y atribuyo a os ditos prior e canonigos capelans que foren da dita iglesia que quede de unos en otros para todo sienpre con o dito cargo das ditas septe misas rezadas e duas cantadas en cada somana para todo senpre e na maneira que dita he, e mando que o prior e canonigos que foren a o tempo de meu fallescemento que ponan un ome da sua parte con meus cunplidores para que bejan si por meus bens mobles se poden cunplir minas mandas e mixons a dita obra e capela e orgoos que mando fazer e se por ventura no ouber ende bens mobles que abasten para todo elo mando e quiero que los ditos meus conplidores o cunplan e fagan todo por las rentas y frutos dos ditos beneficios sen embargo dos dito prior e canonigos e despois de asi feito e cumplido todo segund eu mando, mando que os ditos beneficios e rentas deles fiquen libremente a os dito prior e canonigos e capelans da dita iglesia con lo dito cargo para sienpre , o qual les mando con estas condiciones - que no posan bender ni aforar nen donar a persona alguna e se por la ventura non diseren las ditas misas segund eu mando dou poder conplido a meus herdeiros e a os descendentes de meus herdeiros que hos posan acusar e apremiar por todo rigor de dereito que cunplan e guarden o que eu mando e demais que si os ditos prior e canonigos o contrario fizieren que ba en cargo de suas animas y que nuestro senor llos lo demande mal e caramente - | [+] |