1433 |
VFD 84/ 97 |
Iten, ordenaron mays sobre rason das ollas que tragan os oleiros a vender a çidade a qual ordenança feseron en esta maneira: que qual quer ome de fora, oleyro, que trouxese ollas a vender a esta çidade, que as vendese por sy meesmo, ata seyda de mynsa grande, e que esteue con elas as vender por sy meesmo ata que o relogo dese des oras, e que regateyra nenhua que llas nos mercase ata las dez oras, su a pena que está ordenada por lo conçello, et pasente as ditas dez oras, que os olleyros e omees de fora que posan vender as ditas ollas á engrós a quaes quer pesonas que llas quiseren mercar, et as regateyras da dita çidade que llas posan mercar des las des oras endiante sen pena algua. |
[+] |
1435 |
VFD 103/ 116 |
...o dito señor obispo e o dito cabídoo e conçello, rejedores et procurador, omees boos, que a dita feyra que se fesese et se começase a faser terçeiro dia ante de dia de San Martiño, et despois de dia de San Martiño, que durase fasta dose dias primeiros sigentes, que serían asy quinse dias, en que a dita feyra foyse feita e trayda e durase e non mays dos ditos quinse dias; facer dia ante de dia de San Martiño et despois de dia de San Martiño os ditos dose dias; et que os ditos merqadores que veesen á dita feira, que vendesen rayalmente eno dito término quaes quer merqadorías et panos, varas et á engrós, et pasado o dito término dos ditos dose dias despois de dia de San Martiño que dende endeante que non podesen mays vender ao myudo nen por varas, saluo se quisesen vender panos que os vendesen as peças enteiras e médeas peças e non varas nen retales, so pena de perderen os panos que vendesen ás varas, nen eso meesmo os outros merqadores das outra smerqadorías que non vendesen as ditas merqadorías á miudo, salvo á engrós et ás dusias, su a dita pena. |
[+] |
1438 |
VFD 167/ 173 |
Que o dito Rodrigo Alamán encube e poña viño ena dita çidade ata viinte moyos de lagar e non mais, et, se mays encubar dos ditos viinte moyos de lagar, que page dez morauedís de cada moyo, alende da dita aviinça que ha de dar ao dito conçello, et que venda suas mercadorías de panos et de bufillas et outras quaes quer mercadorías que sejan ena dita çidade, en sua tenda ou casa, se a teuer, a portas abertas, ao miudo e ao engrós en esta maneira e por estes tenpos que se sigen: de dia de Santa Oufémea ata huum mes sigente, et de lo primeiro dia de San Martiño ata primeiro dia de qendas janeiras et dos domingos de Lázaro ata huun mes primeiro sigente, ou eno veraao que tome hum mes dante de dita de San Johán ou despois, qual él quiser, con tanto que tome hum mes e non mais, et que en estes ditos tenpos posa poer suas tendas con quaes quer mercadorías, á portas abertas, a vender a engrós e ao miudo, et que ena feira de San Martiño, en quanto durar a dita feira, que posa poer duas ou tres tendas con as ditas mercadorías, se quiser, et enos outros tenpos que non teña mays que hua tenda aberta et venda por los ditos tenpos, segundo dito he, et enos outros dias et tenpo e meses de mais dos ditos meses e dias nomeados que non posa vender suas mercadorías, saluo se as quiser vender ao engrós, que venda, e non en outra maneira. |
[+] |