1433 |
VFD 84/ 96 |
Et despois desto, domingo, o primeiro dia do mes de março, do dito ano, ena orta de Garçía Dias d ' Espinosa, estando y presente o dito Garçía Dias e Gonçaluo Fernandes e Alvaro Afonso da Fonteyña e Estebo Fernandes e Gomes de Chantada, rejedores, e Johán Peres e Gonçaluo Ans, juises da dita çidade, et Pascoal Rodrigues, procurador do conçello da dita çidade, estando y presentes, logo feseron ordenança sobre rasón do pan trigo en esta maneira: que as paandeiras desta dita çidade et de fora parte que dían pan trigo cozido, que seja boo e linpo e de peso, segundo que está ordenado por lo conçello antigamente, so pena de perder o pan por la primeira vegada, et por la segunda, que perca o pan e a pena que sé seys mrs de pena, e por la terçeira vegada, que perca pan e a pena et que non use da paandaría; et que as paandeiras de fora, que vendan o pan á engroso e á miudo a quaes quer pesonas que llo quiseren mercar, cada e qual quer ora que quiseren, sen pena algua, dándoo de peso, segundo dito he. |
[+] |