| 1311 | SMCP 19b/ 87 | Sabean todos que eu Domingo Peres do Ribeiro morador en Pontevedra en nome et vos dos malatos de Santa Maria do Camyno da dita vila cuio ovençal soon dou et outorgo a foro para sempre a vos Martyn Eans dito [pcgdo] tavarnario de Pontevedra et a vosa moller Maria Fernandes et a vosa voz et a sua toda aquela vyna e chousa que he dos ditos malatos et jaz en aquela chousa de par desa malataria a par das casa dos canpeiros et como vay a par das cortina desa malataria ferir en fondo no vallo de vyna de Rodrigo Afonso da huna parte et ho muro da congosera que vay para o rio dos Gafos da outra parte et ençima entesta no muro da par dos enxertos da dita malataria et en fondo entesta na vina que vos conprastes Cremenço Peres e en a herdade que conprastes de Mayor Triga et hunas felygresias de Santa Maria e de San Bertolameu de Pontevedra en tal maneira que vos que a chantedes de vina ha conprir et ha cavedes et choades et labredes cada ano de todo labor et a gardedes en gisa que se non perga esa vyna nen as novidades dela por myngoa de lavor nen de chousura nen de garda et que de todo o vynno et froytio que Deus y der que dedes ende por senpre cada ano a dita malataria a terça en salvo a dorna et coleredes ese vyno polo ovençal de dita malataria et vos non devedes vender nen enpenar a dita chousa se non a tal persona que a labre como sobredito he e que de dela cada ano a dita malataria o dito foro ben et conplidamente para que a dita malataria non perga ren de seu dereito que en esa chousa aja et a dita malataria devenos anparar con esta chousa de todo enbargo por seus beens et quen contra esto vier peyte a outra parte de pena quinentos mrs. de dineiros branquos et este estormento fique et este senpre en sua revor. | [+] |
| 1370 | MERS 87/ 319 | Sabbean quantos esta carta viren como nos dom Estevo Yanes, abbade do moesteiro de Santo Estebo de Riba de Sil, e o convento dese lugar, damos a foro a vos Johan Ledo e a vosa moller María Afonso, a nosa erdade de Nugueira, que tovo Domingo de Paz, a qual foy do casal de Pedro Domínguez, convén a saber, primeiramente tres casas derribadas e hua cortina tras ellas; item hua leira aa Corredoira; item outra leira em Fonteelo con seu monte; item outra en Fontelo; item outra en Val de Ribeiro; item outra em Rosadela; item outra ao souto da Ribaa; item outra ao Toural; item outra apar da casa da Nugueira; item duas leiras na Seara; item duas leiras aa Estrada hua con enxertos e outra sem elles; item outra no monte; item outra leira aa Estrada na cortina de Maçia con enxertos; item outras duas leiras ao Mamea; item outra en Cortinas; item outra ao Esfolladoyro con castineiros; item outra leira a Ayravedra con castineiros; item outra en Xafoy; item outra leira daquel cabo ao Rigueiro con os castineiros que iasen a su a leira de Pedro Salvadóres; item outra leira que esta u suya morar Marina Días con hua nugueira y con suas figueiras; item duas leiras eno Chao do Aroioo e parte con Pedro Salvadóres; item outra leira em Souto; item outra eno casal do Barreal u lle acaesçer o seu quinón; item ena villa quatro castineiros e meo que estám ena cortina; item çinquo enxertos aos Bouços; item no Souto das Vellas acerça como parte con Maçía e con Tomé; item em Barrela huus poucos enxertos salvo a sesma delles; item outros castineiros em Penacova que estám em Seelle; item em Seelle outros castineiros salvo a sesma deles que a daver a parte de Johan Fernándes. | [+] |
| 1434 | MNP 97/ 132 | Et aforo vos, como dito he, todo o dito casal, casas, casares et chantados et viñas suso ditas con todas suas entradas et seidas et perteensças et dereituras que lles perteesçen et perteesçer deven de dereito, con mais a mĩa parte do moỹno do dito lugar que hi feso Pero Ares, meu sogro, so tal pleito et condiçon que moredes nas casas do dito lugar et as tenades cubertas et restoiradas et, eso mesmo, que lavredes as herdades del et as tenades çertas et manifestas et quaes et quantas son, et outrosi que lavredes as ditas leiras de viña de poda et cava et rodriga et as çerquedes et valedes et requirades de todos los lavores que lles feseren mester de maneira que se non pergan por mingoa de lavor et chousura, et devedes dar vos et a dita bosa moller et a dita vos aalende o postromeiro de vos et o que ouver os ditos viinte et nove anos, a mĩ et aa dita mĩa moller et a nosas vozes, por renda, çenso et conosçemento do dito casal, casas et casares et herdades del, en salvo sen desconto algũo, dez e oyto çeramis de pan, medio millo et medio çeveira, medidos por la medida dereita de praça da villa de Pontebedra agora corrente, linpos de poo et de palla, pagos por cada dia de San Martiño do mes de novenbro, et mas por foros, por cada dia de Natal da naçença de Deus, hũu para de capõos et hũu açunbre de viño ullãao et tres mrs. de pan trigo cosido, et mais o terço do viño que Deus der nas ditas viñas, mosto aa dorna, o desimo ante a Deus pago de consũu, et vos averdes os outros dous terços por voso lavor et feitio; et devedes vendimar por noso mandado et proveer de comer a mĩ ou ao que por mĩ et por mĩas boses estever ao partir do dito biño; et demais eu et a dita mĩa moller et nosas vozes devemos de vendimar noso viño ẽno lagar do dito lugar et poer nas casas do dito lugar dous tonẽes de viño quando feser mester sen voso enbargo; et outrosi nos devedes dar o quarto das castañas do dito lugar ao pe do toro dos castiñeiros; et mais devesmos de partir de por medio toda a madeira do dito lugar aquela que se fesere mester para as ditas viñas, et en este foro non entran os enxertos novos que avemos eu et a dita mĩa moller con Afonso Yanes de Canicovas, que foron de Fernan Revolvellas. | [+] |
| 1457 | LNAP 127/ 164 | Jtem máis, os castineyros que enxertou Johán Durã desla fonte de Matacãas fasta os castineyros que tẽ Fernand Seco longareses. | [+] |
| 1457 | LNAP 128/ 165 | Jtem máis, os castineyros que enxertou Johán Durã desde la fonte de Matacãas fasta os castineyros que tẽ Fernand Seco longareses. | [+] |
| 1473 | LTP [4]/ 29 | Item em Enxerto III casares cada hum IIas libras VIIIo soldos. - Item em Fufim IIIes casares cada hum IIas libras VIII soldos. - Item em Quinteela dous casares cada hum IIas libras VIII soldos. - Item em Sever VIII casares cada hum II libras et dous soldos. - Item em Romay huna libra et mea. - Item na Corveyra II libras. - Item en os Bradaaes quatro casares cada hum paga II libras VIII soldos. - Item nos foros do camyno a casa de Joham Maçia IIas libras. - Item o foro de Garrido libra et mea. - Item o foro de Maria Amada II libras. - Item o foro de Pedro Escudeyro II libras. - Item em Beynte som V casares et paga cada hum duas libras et VIII soldos. - Item en Villar do Monte dous casares et paga o de Maria Martines II libras et mea, et o outro paaga X soldos. - Item dos casares de Quintiam II libras et oyto soldos cada hum. - Item e(m) Nodar IIII casares et paga cada hum II libras VIII soldos. - Item en Agoada III casares et paga cada hum II libras et VIIIo soldos. - Item em Marruvio III casares et paga cada hum libra et medea. - Item em Lama Salgeyro libra et medea. - Item em Lama Boa huna libra et mea. - Item em Morgade dous casares. | [+] |
| 1473 | LTP [5]/ 133 | Item primeyramente en Agoada, o lugar de Lopo d ' Agoada, dam del tres fanegas et o dizimo et un carneyro et seys maravedis de dereytura. - Item en este logar o lugar d ' Alende, dam quarto et dizimo et huna porcalla et carneyro. - Item en este lugar o lugar da Porta dam del o quarto ao moesteyro et o dizimo aa iglesia. - Item en Nodar o lugar de Joan de Nodar, dam del aa ordeem o quarto et o dizimo et porcalla et carneyro. - Item o que lavra Fernando de Nodar, dam del o quarto aa ordeem et a metade do dizimo et outra metade a iglesia et porcalla et carneyro. - Item en Beynte ha dous casares, dam delles seys fanegas de pam et dereytura. - Item en as Lamas dam del et de Brandiam tres fanegas et o dizimo ao mosteyro, et outros dereytos vejam o foro et duas gallinas cada un, et tres maravedis de dereytura, et oyto de loytosa, et as vozes cada tres carteyros, et trager pam et vino con suas bestas sem dineyro. - Item en Quinteela ha dous lugares, dam deles o quarto et o dizimo de un dos lugares, et doutro dam o dizimo aa iglesia et porcalla et [dous] carneyros. - Item en Sever ay quatro lugares et meetade do dizimo delles he do moesteyro, et a outra meetade he da iglesia, et destos lugares et da Corveyra et de Rasar et do Romao et de Fofim da Vasco Gomes d ' Ourense de renda por todo doze fanegas de pam, tem pouqua iustiçia que tem o foro falso. - Item en Villar do Monte esta hermo. - Item en Quintaa et o lugar do Marruvio et Quintaa estam hermos. - Item en Enxerto que som hermos. | [+] |
| 1484 | VFD 97/ 181 | Sepan quantos esta cara de aforamento viren como nos Diego de Fonseca, por la miseraçión debina obispo de Ourense, oydor da Abdiençia del Rey e Reyna nuestros señores e de seu Consello, outorgamos e conosçemos que aforamos a vos Pero Rodrigues, clérigo rector de San Bréyxome de Seyxalvo, que sodes presente, e a voso criado Pantalionis, absente, como se fose presente, en vosas vidas danbos e de cada un de bos e por mays tenpo a alende do postromeyro de vos de çinco voses, asy que o postrimeiro de vos en vosa vida e soude ou ao tenpo de voso pasamento nomiedes a primeira vos e esta primeyra nomear a segunda e a segunda nomear á terceyra e asy baan nomeadas as ditas voses, hua en pus de outra, fasta seren conpridas e acabadas as ditas çinco voses, e non sendo nomeadas que entón seja vos quen de dereito ouver de herdar os outros vosos bees, con tanto que non seja dona nin escudeiro nin home poderoso, conbén a saber que vos aforamos en nome da nosa mesa obispal o souto de Pasadán que jas ena freyguesía de Sant Jurjo da Touça e de Sant André de Rante, con seus castiñeyros e árvores e con a herdade en que estan sytos e plantados, segundo parte de hua parte con souto e herdades del cabildo e fere no rigueiro que ven dos lameyros de Sta Locaya e ven topar ao porto dos Carros, abaixo da Pousa de Pasadán, que está no camiño que vay para Sant Cibrao, e en çima fere eno penedo que está ontre os camiños e fere enos enxertos que están abayxo da fonte de Rante, e como parte con a illarga da iglesia de Santo André de Rante, e vay topar ena casa de María Sande, e vay ferir eno Varrageiro, e parte co souto da iglesia de Rante, e vay topar eno Porto Alynariño, e bolve por lo camiño que vay demarcar eno Porto do Gurgullón, e bolve a Pena Guieyra, e descende ágoa vertente abayxo, segundo perteesçe á nosa mesa obispal o qual dito souto con sua herdade e límites en que está syto vos conprastes a Juan de Ramoyn, escudeiro e a sua yrmaa Aldonça Fernandes, muller de Aluaro de Donas, escudeiro, nos vos lo aforamos, segundo perteesçe á dita nosa mesa obispal con suas entradas e saydas, jures, dereitos e perteenças, por onde quer que as aja e de dereito deba aver, a condiçón que o reparedes e façades reparar e çepar, enxertar, por maneira que non desfallesca por míngoa de labores e reparos, e que vos e vosas voses, donde fasta aquí se pagaban del dose maravedís vellos de foro, que vos e vosas voses nos diedes e pagades dél de foro en cada un ano trinta maravedís vellos, contando branca en tres diñeiros, des diñeiros o marauidil, pagos por cada día de Sant Martiño do mes de nobenbro, e asy en cada un ano, e do al que o ajades libre e quite, pagando o désemo a Deus, eçepto que sy nos ou nosos suçesores quiséremos cortar algua madeyra eno dito souto pera reparo dos nosos paaços del Corral, que o posamos faser syn enbargo desto. | [+] |