1269 |
MERS 51/ 288 |
Outrosy vos arrendo o souto que ora está na dita leyra et as meas das castannas do souto do casar de Çima de Villa que ora y están feytas, a qual é da cozinna, assy como as o dito Gonçalvo Pérez avía dar, e vos ou vossa voz devedes a dar cada anno ao dito Gonçalvo Pérez ou a sua voz hum moyo e sesteyro de castanas secas e limpeas e escolleytas por dia de Natal pela teega do hurro, e que as dedes no Poombar por vossa custa a salvo as meas, et se pela ventura fezerdes mays castanas nas ditas herdades ca agora y están que dedes terça das que fezerdes. outrossy ponno convosco que lle dedes hua boa porcalla cada anno ao dito Gonçalvo Pérez ou a sua voz por dia de Santo André segundo que deren os outros das praças da Ribeira de Santo Estevoo. |
[+] |
1320 |
GHCD 79/ 366 |
Et ffernan ffernandez ou aquel que por el teuer os arraffees deueo dizer et frontar ou mandar frontar a o Arcibispo. seendo el enno arcibispado. et non seendo y. ' a seu vigario. et o arcibispo ou seu uigario seendo o erro sabudo et demandado et prouado. desque for sabudo et fiido por sentença dos juyzes aqui para esto escolleytos. ' o arcibispo ou seu uigario deue correger ou fazer correger o erro a o quereloso daquel dia a dous meses. et nonno querendo correger en este termino. ' que o arcibispo caya enna pena dos duzentos marchos a aquel et a aquelles que Receberen o dampno. et corregalle o erro ou lo faça correger. |
[+] |
1321 |
SVP 36/ 87 |
Sabean quantos esta carta viren conmo eu Suer Perez, prior do moesteiro de san Viçenço de Poonbeyro, con outorgamento do conuento desse lugar e con outorgamento de Rodrigo Aluares de Baldomar, por sy e por toda sua parte, damos a uos Pero Dominges de Quinteella e a uosa moler Tareija Anes e aos fillos que oi dia auedes, da era desta carta, damos a uos o noso casar de santa Maria de Bẽẽcan, con todas suas pertenenças uquer que uaan; e damosuollo a a tal preyto que o lauredes e o paredes ben e que nos diades deste dito casar cada anno terçia de todo pan e de legumia e terçia de vinno a a bica do lagar, e seys cuarteyros de castannas pella midida que anda, secas e linpas e escolleytas. |
[+] |
1333 |
GHCD 73/ 312 |
Sabeam todos como eu Marina fernandes de todella muller que foy de fernan eans da cana faço et estabelesco et ordeno de meus bees que ey ja escolleytos et signados por meu quinto por plazer et outorgamento de todos meus fillos et fillas et por partiçon certa que con eles ey feita de todos los meus herdamentos et bees asi como por mia manda et mia postromeira voontade valedeira para sempre en esta maneira, conuen a saber, faço et ordeno aa loor de deus et de sua madre virgee santa maria huun alberge ou espital ou casa dalbergue ena villa de Santiago em aquelas mias casas en que agora eu moro que eu fige todas de nouo ena cortiña de dom giao como estan asentadas et departidas con sua cortina, conuen a saber, o paaço grande traueso primeiro per hu entran a esas casas que ten a porta da entrada escontra os tornos de sam miguel. |
[+] |
1349 |
MERS 75/ 309 |
Sabeam quantos esta carta viren como nos don Johan Peres pola merçee de Deus abbade do moesteiro de Santo Estevoo de Riba de Sil et o convento dese lugar, damos a tres amigos mays chegados de Johan Vidal de Reeguega et de Ta Péres sua muller quaes ouveren derdar os seus bees depoys de sua morte et que non seian mayores pessoas ca eles, et que seian estes emigos hun depus outro, a nossa cortina do Casar Myrón de Çima Doniga, a vagamento da carta por que a aforou Do Bidoedo et sua muller María Afonso, con todas suas perteenças a montes et a fontes u quer que vaan, da qual leyra os divisos son estes: logo en fondo coménçasse na agua do Sil et topa ençima na vila sobredita de Casar Myrón et eno outeiro do Escaayro et dun beiço parte con a erdade de don Martino et vay topar no souto do Terrón et descende a agua do Sil et do outro beiço parte polos casarellos da Loquia et pelo rigeyro de Casar Myrón et ende aas suas casas en que morou Martino Afonso et vay feryr outra vez na agua do Sil, dámuslles a dita cortyna por tal condiçón que a lavren e chanten et paren ben en tal maneira que non deffalesca con míngua de bos paramentos; et nos den ende cada ano hun quarteiro de castannas secas e limpas et escolleytas por tega dereita do Val de Cerreda que ora anda, et quarta de pan e de byno se o ý feçeren et seys soldos de brancos cada ano por dereitura en o dia de Santandré todo pelo hovençal que tever a nossa vistiaria ou por seu home, et que seian vassalos leaes serventes et obedientes ao dito moesteiro. |
[+] |
1350 |
FMST [11]/ 513 |
Sy traxier sardinas, de vn dinero de cada venida que venier el barquo. os onbres de fuera de la villa que traxieren pescado ó tramallo a a vila, deue de auer el mayordomo vn pece o vn dinero en escolleyta del mayordomo. Sy onbre de fuera de la villa traxier barcada de magas de sardinas salgadas a la villa, deue dar al mayordomo de cada barcada sendos soldos. |
[+] |
1350 |
FMST [20]/ 539 |
E esto he ena vosa escolleyta. quando fina algun voso juiz ou escudeyro que seja voso vasalo, avede a auer por loitosa a mellor besta que teuer; e se non ouuer besta darvos han CC mrs. |
[+] |
1418 |
SVP 89/ 148 |
Et do mays que ficar que me diades cada hun anno de renda en pas et en saluo a min a dita Aldonça Rodriges et a quen uier en mina voz seys teegas de castanas secas et linpas et escolleytas dos cascõõs et do podre, que sejan castañas sen maliça da huna parte et da outra, mididas per teega dereita de Poonbeiro, a deçeda do caniço; et o mays que o aiades para vos, dizimo a Deus, liure et quito de todo outro enbargo. |
[+] |
1422 |
MERS 134/ 336 |
Sabean quantos esta viren como eu Johan Gonçáles, monge do mosteiro de Santo Estevo de Riba de Sil, con liçença et autoridade de dom Lopo abbade do dito mosteiro, meu mayoral, que me él da e outorga para eu fazer este foro que se adeante segue, faço carta et dou a foro et en renda a vos Roy Calcado, morador ena aldea de Paradaseca, et a vosa moller Costança Péres en bosa vida danbos et despoys de vosa morte fique a duas pesoas hua pus outra que sejan vosos fillos ou fillas que anbos ajades de consuu, et non nos avendo fique a duas pesoas mays chegadas da parte da dita Costança Péres vosa moller que herdem os seus bees mays de dereito, convén a saber, que vos aforo todas las herdades e casas e soutos e árvores e cortinas e propiadades de dízimo a Deus que bos por min tragedes agora a jur e a maao ena dita aldea de Parada e en todos seus términos, todo bos aforo con suas entradas et seydas e con todas suas perteesças a montes e a fontes por u quer que vaan, sub signo de Santa Vaya de Vilar de Çerreda, a tal pleito e condiçón que moredes e lavredes e paredes todo bem en tal maneira que se non percan os novos con míngoa de lavor e de boo paramento, e que diades delo cada anno en paz e en salvo a min e a quen ficar en mina voz quatro fanegas de pan linpo de poo e de palla, e mays hun quarteiro de castanas secas e linpas e escolleytas todo por teega dereita do Val de Çerreda, e pagaredes mays cada anno o bosso quinón da nobessarya que han de dar ao dito mosteiro, e vos esto conprindo como sobredito he ajades o mays para bos dízimo a Deus eno tenpo e vozes que sobredito he, e para esto eu o dito Johan Gonçáles obrigo a min e a todos meus bees avidos e por aver a bos defender a dereito con o dito foro. |
[+] |
1423 |
MERS 136/ 367 |
Sabean quantos esta carta viren como eu Viringuela Garçía, moradeyra en Armarís, faço carta e dou a foro a vos María Martís mina ama moradeyra ena freyguesía de San Johan de Moura, por en toda bosa vida e despoys de vosa morte fique a hua pesoa que mays de dereito herdar os bosos bees, convén a saber, que vos aforo o meu lugar de Soutelo, que jaz ena dita freyguesía de Moura, así como parte con o outro souto que hy ten Rodrigo Ares da Presa, morador en Poonbeiro, segundo que o de min tevo Lourenço de Moura a jur e a maao con todos seus soutos e herdades e árvores e con todas suas entradas e seydas e dereitos a montes e a fontes por u quer que vaan sub signo de San Johan de Moura, a tal pleito e condiçón que o façades roçar e enxertar e çepar et chantar e parar ben en tal maneira que se non percan os novos por mingoa de lavor e de boo paramento, e que me diades cada anno en paz e en salvo en mina vida hua fanega de castanas secas e linpas e escolleytas medidas por teega dereita da dita freyguesia de Moura, e despoys de mina morte que diades a quen ficar en mina voz hun quarteiro de castanas secas e linpas e escolleytas por la dita teega como sobredito he. |
[+] |
1433 |
SVP 128/ 201 |
Conuen a saber que vos aforo hun terrẽõ de herdade que eu teno en San Pedro junto con a vosa cortiña, e mays os meus castineiros de San Pedro con sua herdade e con meu quinon da nogueyra que esta su a vosa adega; todo esto con suas entradas e seydas a montes e a fontes per uquer que vãã su signo do moesteiro de Poonbeiro, con tal condiçon que lauredes o dito terreo e que roçedes os ditos castineiros e chantedes e enxertedes e paredes todo de conmo se non perca per mingoa de lauor e de bõõ paramento, e que paguedes ao dito moesteiro os seus foros e dereitos que ende ha d ' auer en cada hun anno, conmo eu nen mina uoz non sejamos acusados en ningun tenpo per ninguna cousa, e que deades vos o dito Gonçaluo de San Pedro e a dita vosa moller e vossas vozes a min o dito Afonso de Moura e a quen ficar en miña voz huna tẽẽga de castañas secas e linpas e escolleytas e mididas per teega dereita de Poonbeiro, e mays un quartillo de bõõ viño cosido, en dia de Todos Santos. |
[+] |
1438 |
SVP 151/ 227 |
Conuen a saber que vos aforo o souto de Soutelo de çima, que me dou o meu padre e miña madre en casamento, o qual agora tiña por min Pero do Varreo a jur e a mãão, con suas herdades e aruores e soutos e con suas entradas e seydas a montes e a fontes per uquer que vãã sub signo de Seoane de Moura, e con tal condiçon que o roçedes e çepedes e enxertedes e paredes ben, e que paguedes ao moesteiro de Poonbeiro todos los seus foros e dereitos que el ha dauer cada anno per miña vos durante o foro, per que o eu teño do dito moesteiro, tres teegas de castañas secas e linpas escolleytas e medidas arrapadas per teega dereita de Poonbeiro cada anno en pas e en saluo en no sequeyro onde foren colleytas e secas; e as mays que hy ouuer, que as ajades sen outro carrego para vos, pagando o disimo a Deus. |
[+] |
1461 |
SVP 210/ 283 |
Conven a saber que vos aforo, conmo dito he, os meus castineiros que en teño en a Fraga por ondequer que eles estian, a tal pleito et condiçon que os roçedes et çepedes et entrechantedes et reparedes ben en tal maneira conmo se con pergan por mingoa de bõõ paramento, et darme edes deles en cada vn anno vos et vosas pesõãs a min et as miñas pesõãs tres çalamiis de castañas escolleytas por midida dereita do dito couto. |
[+] |
1490 |
SVP 276/ 342 |
Conben a saber que vos aforamos a viña do Outeiro e a viña da Seara e o souto de Soutelo con seu sequeiro, o qual todo foy de Costança Alonso, defunta, que Deus aja, segundo que ela tragia a jur e a maao e o vos agora tragedes; o qual todo vos aforamos con todas suas entradas e seydas, jures, dereitos e pertẽẽsças por ondequer que as aja e deva auer de dereito, con tal pleito e condiçon...etc., e çepedes e roçedes, chantedes e enxertedes o dito souto...etc; e pagaredes de foro cada vn anno vos e a dita vosa muller e voces a quarta de todo o viño e castañas que Deus der en as ditas viñas e souto; o viño a a vica do lagar ou da tinalla e as castañas secas e linpas e escolleytas e medidas por la teega dereita e cheas, todo por noso moordomo...etc.; e do al averedes todo sobredito libre e quite desenbargado de todo outro tributo, çenso e encargo algun, pagando o disemo a Deus; e non venderedes...etc. E qualquer de nos as ditas partes...etc. que pague...mill marauedis de moeda vella e a vos del Rey outros tantos...etc. |
[+] |
1492 |
SVP 281/ 347 |
Sepan quantos esta carta de foro viren comno eu Aluaro Ferrero, morador e a costa d ' Eyree, con houtorgamento de myña muller Costança Ferrera, que esta presente e houtorgante, juntos aforamos a vos Viçenço Marquero, morador en Pombeiro, por lo tenpo e personas en que o nos temos gaançado do moesteiro de Ponbeiro, conben a saber que vos aforamos, como dito he, ho lugar de Paçeo, con suas casas e byñas e soutos e cortyñas e albores e devisos e todas las cousas que se conteen na nosa carta, con suas entradas e saydas a montes e a fortes, per ondequer que ban sus syno de san Viçenço de Ponbero, a tal pleito...etc. en manera que conplades todas las condiçions que se conten na nosa carta e que paguedes todo o foro ao moesteiro de Ponbero en manera que non se perca ho noso foro por vos, e todo pago ao dito mosteiro, salendo de todo pago ao mosteiro que nos rendades cada hun anno, vos e vosas personas, a nos e a nosas dous canados de voon byño puro sen agua, quito de mao savor, porsan Martino de nobenbro, e duas tegas de castanas secas e linpas, escolleytas, por tega dereita, a cheas, pagas por Natal, e vyernos edes ver cada anno con huna boa asadura con seu pan e con seu vyño, e non venderedes...etc. E qualquer de nos as ditas partes que contra esto que dito he pasar e o non conplir e goardar que perca de pena quinentos marauedis. medeos a vos del Rey e medeos a parte que o conplir e gardar...etc. |
[+] |
1499 |
HGPg 89/ 177 |
Sabean quantos eſta carta de foro virẽ commo nos Gonçaluo Fernandeσ de Touves e Gommez Fernandes, anvos yrmãos, damos e otorgamos τ aforamos a vos, Aluaro de Joviriz τ a voſa moller Eynes Vasquez, o noso lugar de Joviriz enno tenpo e vozes que o nos teemos aforado do mosteyro de Santiago de Lousada, o qual dito lugar jaz ſu syno de San Mjgeel d Oleyros e vos nos aveys de dar del de cada hũ ano das vyñas que eſtan feytas no dito lugar τ das por fazer que nos diades de todas elas o quinto de todo o vyño que Deus der, pagando o dizymo a Deus; τ aforamos a vos Juan de Jubiriz la ameytade das erdades do Cançelo do qual nos aveys de dar la quinta τ avedes de põer de vyña neſtes primeyros quatro annos dez cavaduras de vyña e nos outros primeyros tres o mays que poderdes dos montes que achardes por fazer e mays vos o dito Aluaro de Juviriz nos avedes de dar seys tegas de caſtañas linpas e secas, escolleytas e cada hũ seys mrs. de dereyto, os seys porlo lugar de Jubiriz e os seys porla erdade do Cançelo e ſereys ſerventes τ ovidientes e nõ tomareys vendimja syn nos ou por noso mayordomo ao qual provereys de comer e de vever comunal mẽte segundo uso, coſtumme da terra e nos, os ditos Gonçaluo Fernandeσ e Gommez Fernandeσ, ovrigamos a nos e nosos vens e os vens do dito mosteyro segundo son a nos ovrigados para vos defender cõ elo a dereyto e nos, os ditos Aluaro de Juviriz e Juan de Juviriz, asy o reçevemos de vos e he poſta pẽna ontre nos as ditas partes; que calquer que contra eſto paſar que perca de pena a parte agoardante dous mjll mrs. e outros tantos a la juſtiçia que lo asecurar. |
[+] |
1502 |
SVP 285/ 351 |
Conben a saber que vos aforo a mina parte e quinon do lugar do Souto, con suas pertẽẽsças e con huna tẽẽga de castañas que se deue e ha de pagar do souto das Bouças, e con vinte marauedis que se han de pagar de cada hun anno de renta do moyno, e con hun canado de viño de Peegouço, o qual todo vos aforo con mays a mina parte e quinon do souto de Soutelo, o qual todo jaz su synos de san Viçenço de Põõnbeyro e de san Juan de Moura, o qual vos aforo con tal pleito e condiçon que se o dito Juan de San Pedro, meu marido, falesçer primeyro que eu e ouber mester para min huna casa en no dito lugar de Souto, en que eu biba, que vos o dito Roy Lourenço e vosos herdeiros ma diades e leixedes en todo tenpo de miña vida; e mays me diades e paguedes de renda en cada hun anno a min e ao dito Juan de San Pedro, meu marido, en todos dias de vosas vidas danbos quatro tẽẽgas de castañas secas e linpas e escolleytas e medidas por tẽẽga dereyta de Põõnbeyro, a cheas, e des canados de bõõ viño puro e sen agoa, cozido, por san Martino do mes de nouenbro; e a morte de vos anbos que vos quede a vos e a vosos herdeiros que sejan vosos fillos ou fillas libre e quite e desenbargado; e que digades vos e os ditos vosos fillos ou fillas, se y quedaren, cada hun anno huna misa en no dito mosteiro de Põõnbeiro por dia de san Viçenço, e non quedando de vos fillos ou fillas que quede da dita tronquedad donde desçendan ao parente mays chegado, con o dito chargo da dita misa; e do al que o ajan de disemo a Deus pagando aos señorios seus foros e dereitos e conprindo as condiçõõs das cartas dos foros. |
[+] |