1287 |
CDMO 1198/ 1141 |
Era de mill et CCC et XXV annos, in die de kalendas decembris. Sabam quantos esta carta virem, conmo eu Pay Esteveez et mia moler Marina Eanes et nosso fillo Estevoo Paez, reçebemos de vos don Arias abbade d -Osseyra et do convento desse meesmo lugar o uosso casar da Lagea con todas suas perteenças, que jaz sub signo de san Mamede de Livraes, a a tal pleyto que o lavremos et o paremos bem que non minguen os froytos del per mingua de lavor, et façer vinna et meter arvores u for mester, a mandamento dos frades do Mato, et seer fiees serviçaes et vassallos do moesteiro d -Osseyra, et darmos meo de pan na heyra et meo de vinno a o lagar por maiordomo do moesteiro et proveermolle mentre coller o pan et o vinno; et meo de todo outro froyto que Deus y der, assy conmo usam os outros serviçaes que y moran, et VI soldos de leoneses de foros et os outros serviços que devemos a façer a os frades, assy conmo e custume, et un dia de seara cada domaa a a grangia do Mato. |
[+] |
1295 |
CDMO 1245/ 1182 |
Fernandez de [. . . ], Pedro Esteveez de Fornelos, Johan Eanes da Pena. |
[+] |
1298 |
CDMO 1270/ 1206 |
Sabeam quantos esta carta virem commo eu Maria Esteveez et Pedro Estevez et Martin Esteveez et Johan Esteveez et Affonso Esteveez et Tereyia Esteveez, fazemos carta de vendeçon para por senpre veledeyra a vos Johan Perez, clerigo de Santiago de Toens et a quen veer en vossa voz, de quanto herdamento nos avemos en Pinnol de parte de nosso avoo Martin Paez dito Guerra, de Canba, su sino de San Johanne de Barran et en Vilarinno d -Amor su sino de san Mamede de Candaa, por preço nomeado CCCos et La X soldos alfonsis; dos quaes dineiros nos outorgamos por ben pagados et obligamos nos a defender a vos Johan Perez sobredito con estes herdamentos a todo tenpo por nos et por nossas boas. |
[+] |
1305 |
GHCD 110b/ 500 |
Saban todos como eu Maria Eans Gibarra confirmo o testamento que fige por Fernan Fernandez notario, exente ende que rrevogo ffrey Pedro Arias que ffigen meu compridor en elle que o non sseja, et pono por meu conpridor de meu testamento Martin Martinez maestre dos ffrades de Mellon que o sseja con Paay Esteveez et que conpran ambos meu testamento por mandado do Abbade de Mellon et ssen sseu daño. |
[+] |
1310 |
MSMDFP 36/ 51 |
Areas Peres de Villanova e Martín Estevees, capellán de Deade, e Johán Domingues de Villa Melle e Johán Peres do Mato de San Martino. |
[+] |
1325 |
CDMO 1449/ 65 |
Fernando Esteveez morador en San [. . . ], Domingo Ramos de Pielas, Estevo Domingez de Coyras criado de [. . . ]. |
[+] |
1332 |
MB 12ba/ 407 |
Christus. Sabean quantos esta carta viren como eu frey Bartolameu, prior provincial dos Frayres Predicadores de Espanha, do licença et outorgo poder a pro de Iohana Estevees priora et convento de Santa Maria de Belvis para concanbear con o abade et convento do monasterio de Samoes todalas vinhas et herdamentos que a dita Johana Esteves priora et sua filla Tereyxa Afonso haan en Vilafranca et eno chao de Berez, et a qual concanbea et aviçon que elas fezeran con os ditos abade et convento eu otorgo et aio por firme et valedeyro para senpre iamays. |
[+] |
1333 |
MB 12b/ 405 |
Este he preito et prazo de concanbeo et permutaçon que deve avaler para senpre ontre min Johan da Crunna escrivan na Audiençia do senhor o Arçebispo de Santiago, procurador de domna Iohana Estevees priora et do convento do monasterio de santa Maria de Belvis da orden dos Predigadores da çidade de Santiago en nome das ditas priora et convento et do dito seu monasterio da huna parte, et nos don Johan Perez abad et o priol claustral et o convento do monasterio de Sant Jullao de Samanos da orden de Sant Bieyto que he no obispado de Lugo da otra. |
[+] |
1333 |
MB 12bb/ 407 |
Sabban quantos esta carta viren que nos Iohana Estevees et convento do monasterio de Santa Maria de Belvis da orden dos Predicadores da çidade de Santiago, de mandado et liçença de frey Johan Rodriges de Valcarçel, conventual do monasterio de San Domingo da dita orden dos Predicadores da dita çidade de Santiago nosso prior que presente he, a qual licença da a nos en presença deste notario et testemoyas, fazemos et establescemos nossos procuradores certos, liidimos et avondamos frey Afonso Rodriges de Valcarçe, frey Perians Chamoso, prior de Lugo, da orden dos Predicadores et Iohan da Crunna escrivan enna Audiença do senhor Arçobispo de Santiago, cada huun deles por lo todo, asi que non haia huun melhor condiçon do outro para daren en concanbeo et en permudaçon por nos et en nosso nome et do dito nosso monasterio et de nossos susçessores ao abade et convento do monasterio de San Jullano de Samoes en nome dese dito monasterio et para el todos quantos herdamentos, casas, casaes, vinhas, lagares, bodegas, cubas, pessoas, ortas et saydas et outras quaesquer posisones et benes que nos et o dito noso monasterio avemos en Vilafranca de Valcarçe et en los chaos de Berez et en seus terminhos, et para reçeberen en nosso nome en canbeo dos ditos abade et convento ou de seu procurador por estes herdamentos sobreditos a hirmida de San Julhao do Mar açerca da villa de Betanços, a qual eglesia et hirmida son do dito monasterio con las seydas, vinhas et outras dereyturas et perteenças et jur de padroadigo et de presentar a elas et outros herdamentos et casas que nos eles han de dar en terra de Nendos et de Salnes et en outros lugares, et para fazer destes concanbeos contrauto ou contrautos, estrumento ou estrumentos feytos por notario ou por notarios et poer ontre nos et eles posturas et condiçones et penas et obrigar os benes do dito noso monasterio para fazerlles de paz os herdamentos et cousas que lle eles ou cada huun deles deren en noso nome, et fazer renunciaçiones quaes lle foran demandadas para teer et aguardar eses concanbeos et as outras condiçones que se nos estrumentos ende feitos se conteneren, et para jurar en nossas almas todo juramento que les sobre esto for demandado, et prometer en nosso nome et do dito nosso monasterio que nunca vengamos contra esse concanbeo et permudaçon nen contra as cousas que entre si poseren et para tirar de nos et de nosso monasterio o jur et a posseson et a propriedade et poerla en eles et no dito seu monasterio et fazer sobre esto todas las outras cosas et cada huna delas que nos fariamos et fazer poderiamos se por nos meesmas fossemos presentes aynda que seia a eso que demande ( ) mandado. |
[+] |
1336 |
MB 12/ 404 |
Por ende viendo don Johan Perez quondam abat et el prior et convento de Samanos de nostro obispado que avian bienes et eglesias et herdades en el arçobispado de Santiago que les non son muyto aproveytosas et que les cunprian mays algunos bienes que avian domna Iohanna Estevees priora et el convento del monasterio de Belvis de la orden de los Predicadores del arçobispado de Santiago en Vilafranca et en los chaos de Berez, avenieronse con el dicho prior et convento de canbeo et permutaçion ontre si de los dichos bienes, et fezeronlo segunt parece por huun estromento |
[+] |
1337 |
MB 13/ 409 |
Sabean todos que eu Martin Diaz notario da villa de Noya, presente et outorgante moller mina Sancha Eanes que faço por min et por toda mina voz dou et dono et firmemente outorgo para senpre en doaçon assy domo doaçon mays firme et mays valledeyra pode seer ontre vivos a dona Iohana Esteveez priora do moesteyro de Belvis que he na provinçia de Santiago et ao convento do dito moesteyro, conven de saber o meu casal que eu ey enna villa de Laranga segundo que o por min tiina et husava Johan Saborido et sua moller Maria Calcadinna que y severon por meus serviçaes et segundo que agora por min tem et hussa com outra mays herdade Afonsyno de Noal et sua moller Dominga Eanes, por u quer que vaa voz do dito cassal ennas friigresias de Santa Maria de Nevas et de Sam Vizenço de Noal com todas suas herdades et chantados, cassas et casaes et en todollos sopenoramentos do dito cassal. |
[+] |
1337 |
MB 14/ 410 |
Sabean todos que eu Migeel Martinez clerigo de Santa Maria de Ouvre en nome de meu padre Martin Diaz notario de Noya et de sua moller Sancha Eanes cuio procurador soo por huna procuraçon feyta por llo dito Martin Diaz et sinada de seu nome et sinal da qual o tenor aque adeante se conteiia, et por ello arrendo de vos domna Iohanna Esteveez priora et do convento do dito moesteiro que arrendades a min por mandado et licençia et outorgamento de frey Martino Dantes vosso prior que presente he et outorga o dito arrendamento, aquel voso casal et herdade da villa de Laranga que he nas frigresias de San Vicenço de Noal et de Santa Maria de Novar o qual casal os ditos Martin Diaz et sua moller deron en doaçon a vos priora et convento et ao dito vosso moesteiro para ajuda do proveemento de sua filla Thareiga Martinez frayra que he do dito moesteiro, et arrendo o dito casal con casas, casaes, chantados et suas dereyturas hu quer que for a montes et a fontes deste Sam Iohanne de juyo primeiro que ven ata viinte annos conpridos por dez onzas de pan terça millo et duas partes de ceveyra cada anno que vos deven pagar os ditos Martin Dias et sua moller en cada huna festa de San Martino de novenbro en paz et en salvo enna villa de Noya et por lla midida dereyta desta villa por sy et por seus benes que vos por esto obligo et en jur et en mao meto, et demays o dito Martin Diaz et sua moller deven de mandar sacar et ben parar os herdamentos et casas do dito casal o mellor que ellos poderen por sua custa et aa fin dos ditos viinte annos o dito casal et herdamentos del deven ficar livres et quitos et desenbargados ao dito moesteiro dos ditos Martin Diaz et sua moller con todo o profeyto et boo paramento que ellos y fezesen no dito tenpo. |
[+] |
1337 |
MB 15/ 411 |
Conosuda cousa seia commo (eu Fernan) Afonso morador ( ) frigresia de Sam Migell (de Valladares) fillo que fuy d ' Afonso Eanes de Girdal que faço por min et por toda mina voz vendo para senpre et firmemente outorgo a vos frey Pedro de Caldas frayre (da ordin) dos Preegadores et prior et procurador de domna Iohana Estevees priora do convento das donas do moesteiro de Santa Maria de Belvis et do convento de ese moesteiro que he açerca da çidade de Santiago que conprades en nome et en voz da dita priora et convento do dito moesteiro, conven a saber que vos vendo a terça parte de quantas herdades et chantados, casas, casares eu ey et me perteesçen por parte do dito meu padre et por parte de mina madre et por conpras et por gaanças et por outra raçon qualquer et toda a dita villa de Giirdal et en seus termos con todas suas dreyturas por u quer que for a montes et fontes vos da dita villa en toda a dita frigresia de Sam Migel de Valladares, os quaes termos da dita villa son duna parte dello rego de Puoreyra ata a dita villa de Girdal et do outro cabo della dita villa de Girdal ata o couto d ' Asenço et da outra parte della dita villa do Girdal ata o adro do Alvarino vendo a vos por oytenta libras pequenas desta moneda do rey don Afonso as quaes ditas de vos reçebi en presença deste notario et testemoyas, et renunço a toda eyçepçon que nunca ende posa dezer o contrario. |
[+] |
1339 |
CDMO 1600/ 171 |
C. - Sabeam quantos esta carta virem commo nos frey Affonsso abbade d ' Osseyra et o convento desse lugar damos a vos Domingo Esteveez et a vossa moller Moor Martines et a hun fillo ou filla d ' anbos qual nomear o postremeyro de vos a sua morte a teer de nos et por nosso moesteiro en vossa vida o nosso casar da Grova en o qual morou voso padre [. . . ], a montes et a fontes, con todas suas perteenças. |
[+] |
1339 |
CDMO 1600/ 171 |
Et nos [Domingo Esteveez et] Moor Martinez sobreditos por nos et por hun noso fillo commo dito he outorgamos esta carta et as condiçoes sobreditas so a dita pea. |
[+] |
1345 |
MB 20/ 416 |
Sabean todos que eu Pay Fagundez notario de Santiago dou et oferesco ao moesteyro de Santa Maria de Belvis da ordin dos Pregadores da çidade de Santiago mina filla Costança Pays et dou et outorgo et oferesco a vos domna Johana Estevees priora et ao convento do dito moesteiro en nome desse moesteiro et para el con la dita mina filla por iuro d ' erdade para senpre dous meus casares de herdade que son na villa de Tarrio, dos quaes en huun mora Martin Vidal meu home et enno outro mora Domingo Perez et Mayor Martinez os quaes casares et herdamentos son en frigresia de Santa Maria de Restande con suas casas, herdades, chantados et perteenças et dereyturas a montes et a fontes et con gaados et probaaças que en ellos estan. |
[+] |
1345 |
MB 20/ 416 |
Et nos Johana Estevees priora et o convento do dito moesteiro seendo ajuntadas por canpaa tannida aa grade do dito moesteiro segundo que he de custume por outorgamento et licençia de frey Pedro de Caldas nosso prior que presente he et outorga, prometemos et outorgamos a vos Pay Fagundez sobredito de reçeber a dita Costança Pays por nossa frayra ensarrada a vida et a morte et que a reçebamos a fazer profesom enno dito enno dito (sic) moesteiro quando ella demandar, et della proveer en comer et en bever et vistir commo a cada huna das outras frayras do dito moesteiro. |
[+] |
1345 |
MB 22/ 418 |
Conosçuda cousa seia a todos que eu frey (Pedro de Caldas, frayre) da orden dos Preegadores et prior et procurador de domna Iohana Esteveez priora do moesteiro de Santa Maria (de Belvis et do convento) dese moesteiro que he açerca da çidade de Santiago, en nome da dita priora et do dito convento do dito moesteiro (do) et outorgo a vos Paay Marino, cavaleiro, a teer en aprestamo toda vosa vida a midade das dreyturas de San Migell de Valladares en salvo tan solamente as dreyturas dos homes et serviçaes que a dita (priora et convento do dito moesteiro) nos vos dou ( ) foreiros de ( ) que o dito moesteiro ha et lle perteesçen eno dito couto ( ) sobreditos del que son tiudos a pagarllos as quaes dereyturas que vos dou a teer en nome do dito moesteiro ( ) en tantas vozes fiadoras, gaansas et ( ) segundo que os ha de sua () por sy et por seus homes a sua vida et ata tenpo de sua morte, a quall midade de todallas dereyturas sobreditas do dito couto perteesçe et son do dito moesteiro por razon de manda que les fez et mandou dar domna Eldonça (Gomez ...) outra midade das rendas dese couto, as quaes dreyturas dou a vos como dito he por tal condiçon que vos Paay Marino anparedes et defendades os homes et serviçaes que o dito moesteiro ha et ten et tever enno dito couto de todo serviço de vos et de vosos homes de cada huun dellos et doutro qualquer que os queyra força ou lles fazer alguna desaguisado ou pasou a ellos ou a seus benes contra fiador para dreyto. |
[+] |
1346 |
MB 24/ 420 |
Sabbean todos que eu Elvyra Lopez frayra do moesteiro de Santa Maria de Belvis teente lugar de domna Johana Esteveez priora do dito moesteiro de Santa Maria de Belvis por razon que a dita priora ( ) et convento do dito moesteiro seendo juntadas enno lugar acustumado por tangemento de canpaa segundo que he de custume, presente et outorgante frey Pedro de Caldas nosso prior, reçebimos por nossa frayra en serrada a vos Thareiga Perez d ' Alariz moller que fustes de Nuno Fernandez çidadano que foy de Santiago, et outorgamos que ao anno conprido que vos reçebamos a professon da nossa orden, et vos damos raçon assy commo a cada huna de nos outras frayras. |
[+] |
1347 |
MB 27/ 423 |
Sabean todos que eu domna Sancha Afonso frayra do moesteiro de Santa Maria de Belvis da çidade de Santiago, de liçençia et outorgamento que me para esto dou domna Iohana Estevees priora et o convento do dito moesteiro por min et por minas suçessoras vendo et firmemento outorgo para senpre a vos Maria Domingez frayra do dito moesteiro et a vossas suçessoras a meatade daquellos dous casares que son enna villa de Salzeda en frigresia de San Vreyximo de Ferreyros ennos quaes en huun dellos mora Pedro Borona et enno outro Pedro Domingez dito Feo, et os quaes eu conprey de Afonso Yans de Poquemeay? |
[+] |
1347 |
MB 29/ 425 |
Sabban todos que dia quarta feira viinte et nove dias d ' agosto, era de mill et tresentos et oytenta et cinquo, estando en Betanços aa porta das casas que foron de Lourenço Eans notario de Betanços en presença de min Afonso Peres notario del Rey enna dita vila e das testemoyas adeante scriptas, Mayor Eans, filla de Iohan Vidal da Porta que fuy et moller que fuy do dito Lourenço Eans, meteu en iur et en mao a Sancha Rodriges de San Cibrao et Mayor Eans, frayras do moesteyro de Santa Maria de Belvis da çidade de Santiago por nome do dito moesteiro et de domna Iohana Estevees priora et do convento do dito moesteiro aquela casa que a dita Mayor Eans ten enno dito lugar, fyligresia de Santiago desta vila, enna qual ora mora Domingo Debra, commo de parte por devisoras çertas que son conteudas en huna carta de doaço por que a dita Mayor Eans dou a dita ao dito moesteiro et priora et convento, et entergoulles logo o iur et possessom et propiadade dela con todas suas perteenças e dreituras, et logo as ditas Sancha Rodriges et Mayor Eans por nome do dito moesteiro et priora et convento reçeberon a dita casa et o iur et possissom et propiadade dela por pedra et por terra et por porta et por tella et poseron ende fora o dito Domingo Debra e sua moller que en ella moravan, et a dita Mayor Eans, moller que fuy do dito Lourenço Eans. |
[+] |
1354 |
MB 33/ 429 |
Sabean todos que nos Iohana Estevees priora et o convento do moesteiro de Santa Maria de Belvis seendo juntadas en cabildo aa grade da iglesia do dito moesteiro por tangemento de canpaa segundo que he de custume damos et otorgamos a vos Urraca Vaasquez nosa frayra que tenades de nos des oie este dia endeante por tenpo de vosa vida aquella nosa casa da rua dos Pereiros en que soya morar Dominga Montesina et enna que ora mora Iohan Migeles o caldeyreyro, a qual casa a nos dou en doaçon Fernan Pelaes ( ) çidadano que foy de Santiago por Afonso Mouro notario de Santiago. |
[+] |
1354 |
MB 35b/ 431 |
Sabbean todos que sobre contenda et demanda que ( ) nos Iohanna Estevees priora et convento do moesteiro de Santa Maria de Belvis seendo juntadas aa grade da igllesia do dito moesteiro por tangemento de canpaa segundo he de custume da huna parte, et eu Afonso Pelaes fillo de Pay Fagundes notario que fuy de Santiago da outra parte, para reçebila quarta parte de toda aquela casa que esta na rua do Canpo na qual casa ora mora Domingo Afonso Ceivino tendeyro, et da qual casa a meadade della he do Cabidoo de Santiago et a outra quarta da dita casa he de min Afonso Pelaes por lo dito soor que contemdemos nos partes sobreditos de nosas livres voontades vinimos aa tal aviinça et ( ) conposiçon et est assy et en tal maneira que eu Afonso Pelaes sobredito por min et por toda mina voz quitome et parto para senpre a vos priora et convento sobreditos en nome do dito moesteiro et para el de toda vos, biista, demanda, auçon et dreyto que eu ey et poderia aver et me perteesçe na dita quarta da dita casa con seus portaes, seydas et con suas dreyturas et daqui endeante façades della vosa voontade para senpre sem meu enbargo et de mina vos. |
[+] |
1356 |
MSMDFP 61/ 80 |
Affonso Martínez, criado de Martin Estevẽẽz, Martino, fillo de Françisco Esteveez, Affonso Pérez, ome de Diego López. |
[+] |
1358 |
MB 34/ 430 |
Sabbean todos que seendo donna Iohana Estevees priora et convento do moesteiro de Santa Maria de Belvis jumtadas en seu cabidoo aa grade da igllesia do dito moesteiro por tangemento de canpaa segundo que he de custume et en presença de min Pedro Afonso notario pubrico da çidade de Santiago jurado, et das testemoyas aqui adeante scriptas, as ditas priora et convento do dito moesteyro mostraron a min notario un estromento de clausolas de manda de Sancha Savaschas moller de Domingo Fernandez mercador, morador na rua da Algara, que foy feyto et synado de nome et synal de Afonso Mouro notario de Santiago, enno qual estromento se continia ontre las outras cousas que a dita Sancha Savaschas mandara em seu testamento ao dito moesteiro tres casares et medeo de herdade que ella avya con Martin Fernandez de Preguntoyro que som ennas villas de Paradela de jusso et de susso et de Querigo et de Choronte enna frigresia de Santa Cristina de Nomenço con suas casas en que a dita Sancha Savaschas moraba, con tal condiçon que a dita priora et convento que fizesen dizer cada dia huna misa con suas vesperas pola sua alma et do dito seu marido et daquellos a que ella era tiuda, et para esto que a dita priora et convento feçesen obligaçon a seus heredes et conpridores para o conprir, et nonno querendo conprir que esses casares et casas que se tornasen ao moesteiro de Santa Clara con a dita condiçon. |
[+] |
1358 |
MB 36/ 432 |
Sabean todos que nos Iohana Estevees priora do moesteiro de Santa Maria de Belvís que he açerca da çidade de Santiago et o convento do dito moesteiro seendo juntadas en cabidoo por tangemento de canpaa segundo que he de custume por nosos suçesores damos en concanbeo et por juro de herdade para senpre a vos Martin Fernandez tendeyro, morador na rua do Canpo que he na dita çidade de Santiago por vos et por vossa moller Maria Fernandez et a toda vossa voz et sua a nossa quarta parte enteyramente de todas aquellas casas que estan na dita rua do Canpo ennas quaes cassas agora moran Gonçalvo de Ven et Iohan Afonso Gil tendeyros, et das quaes casas a outra quarta he nossa et a meadade do Cabido de Santiago, et as quaes casas se veen por tavoado da huna parte con as cassas en que agora moran Iohan Afonso Gil tendeyro et sua moller Maria Perez. |
[+] |
1361 |
CDMO 1768/ 293 |
Sabeam quantos esta carta virem que eu Estevan Eanes de Gostey morador en o dito lugar de Gostey presentes et outorgantes meus fillos Johan Estevees clerigo reytor da iglesia de Vilarnaz et Gonçalvo Estevees por min et por toda a minna voz, vendo et logo por esta pressente carta entrego a vos frey Fernando freyre do moesteyro de Santa Maria d ' Oseira et teente a grania de San Lourenço de Ribela que he [. . . ] a toda vosa voz para senpre o meu casar d ' Outeyro que eu ey, que iaz en a freygrysia de Vilarnaz, o qual casar eu conprey de Domingo Alvelo piçoteyro que foy d ' Ourense et de sua moller Maria Eanes, sacado ende huun leyro d ' erdade de dezimo a Deus que iaz en o dito lugar a par de huna leyra d ' erdade da dita iglesia et iaz hu chaman Cas Halmylle. |
[+] |
1363 |
MB 40b/ 438 |
Sabean todos que eu dona Iohana Esteveez priora do moesteiro de Santa Maria de Belvis non decebuda por engaño mays de miña propia e libre voontade, considerando seude da miña alma e de licencia e outorgamento que me para estto da don frey Fernando prior provincial dos Frayres Preegadores en a provincia d ' España que estta presente e por facer ben e esmolla a o ditto moestteiro de Santa Maria de Belvis, dou e outorgo por pura e libre doazon para senpres asi como doazon mais firme e valedeira pode ser e de dereito valla ontre vivos a o dito moestteiro e convento del et aia para senpre todo dereito, voz e auzon e demanda, propiadade e posison que eu hey e me perteesce e perteescer debe na Hirmida de San Giao de Mar que e acerca da villa de Betanzos con todas sus hirdades, casas e chattados, viñas e perteenzas e nas dereituras que la perteescen e perteescer deben e a min por troques dela e con todas suas novidades froytos e rendas e dereituras que me por la dita Hirmida pertteescen et perttescer deben a as tal pleyto e condizon que a priora e supriora e o convento do ditto moestteyro que por llos tempos foren den e paguen a min ou a certo mandado en cada huun año settecenttoos maravedies destta moneda usante que aora corre doitto en esta cada maravedi en cada un año por estos ditos beens, et estos maravedis que mos den e paguen en cada un año en salvo, ben e compridamente a miña voonttade por llos ditos beens que lles dou. |
[+] |
1365 |
BMSEH B6/ 361 |
Era de mill e quatroçentos e tres annos oyto dias do mes de mayo sabeam quantos esta carta virem como eu Rodrigo Estevees vesinno et morador que soo da villa de Bayona de Mynnor por mi e por toda mynna vos vendo et pra todo sempre iamays por ius derdade em maanno et en poder meto avos Fernan Eans clerigo rreitor da igllia de sam Martin de Borreiros et cada vosa vos convem asaber huan cassa que eu ey en esta villa de Bayona na rua que chaman de Gonçalo Eanes da veynna a qual dita casa parte de hun cabo per parede con casa enn que ora mora Aldonça Eanes do souto e da outro cabo parte con casa de que he huna meatade de fillos de Iohan Peres do penedo e a outra metade de vos dito Fernan Eanes como son conbo et con seu eixido que vay sair no muro da congostra da lagarteira que vay pra igllia et ven sair a dita rua que chaman de Gonçalo Eanes da veynan aqual rua vay pra carpynçaria aqual dita casa e eido vos mando con todas suas entradas et saidas e perteenças et dereituras que lle perteesen et perteeser deven de dereito por preço çerto de moravedis que amin et a vos aproveite conven a saber por oyto çentos moravedis de brancas de des dineiros o moravedi os quaes ditos moravedis conosco e outorgo que me foron dados et pagados et a meu ius en poder passados sem mingoa et condiçon nehun et renunçio que nunca ende possa diser o contrario por min nen por outro posmin en iuso nen fora del iuso et sseo disses que me non valla nen sea resebido et a ley que dis que possa poer esta eixecuçion desante doce annos et a todos los outros dereitos e foros et husos e costumes et rasoes et eixeçioes et deffensores que o contrario desto podesem seer oque me posse chamar que non vallam nenn aproveitem Et se esta dita casa mais val queo iusto preso eu volo dou em pura doaçon assy como doaçon mellor pode seer dada entre omes pos bem et aiuda que devos recebi et entendo arreseber Et toda vos et ius et auçon ssenorio et propiedade queen na dita casa avia et aver poderia sem quealquer rason et pos qualquer ques mamoria dem et dasminnas maos otiro et collo et a vos dito Fernan Eanes et vossas noso otraspaso et ponno deste dito dia endeante por todo sempre por esta presente et con a qual dita venta et doaçon que vos da dita casa feço me obligo avos empar et deffender adereito de quem quer que vos ssobrela embargo queser faser ssobligaçon de todos meus beens que pra elo obligo Et quero et outorgo que se algua pessoa assy damina parte como da estranna contra esta venda et doaçon qysses aqui perla desffaser en todo ou em parte delo que non possa et sea ayra de deus et amynna maldiçon et ao ssenor da terra pos pena peite mill moravedis de moeda ssobre dita et contra avos demandas ante vos parte do brado et sua demanda non valla et esta carta ficeson et firme et valla pelo todo sempre iamays feita a carta en Bayona de minnor o dia et mes et Era sobre ditos testes que a esto foron presentes Iohan de Parada et Diego Mitys et Iohan de Castrelos et Domingo Fernandes alfayates et Alvaro Mitys mercador visynnos desta villa de Bayona. |
[+] |
1373 |
MB 49ba/ 451 |
Ts Garcia Xufreu, Pedro Mas de Gistilanes, Pedro Estevees de Pineiro et outros. |
[+] |
1382 |
MB 52/ 459 |
Ts que viron jurar as sobreditas ts et depoer seus ditos, Afonso Eanes d ' Argunte, Iohan Esteveez çapateiro, M. |
[+] |
1383 |
CDMO 1892/ 388 |
Et darnos edes vos o dito Affonso Esteveez em cada hun anno por Sam Martino hun moravedi et as vozes que veeren depus vos daran oyto moravedis de dineiros brancos Et faredes da dita casa et çeleiro et cortina todos os boos husos et custumes que fasen das outras casas et cortinas da vila de Çea a o nosso moesteyro. |
[+] |
1383 |
CDMO 1892/ 388 |
Et eu o dito Afonso Estevees por min et por las sobreditas vozes outorgo esta carta et as condiçoes dela em todo su a pena sobredita, et non as agardando que o mosteyro possa tomar suas casas et cortina con quantas boas paranças nos em elas fesermos et demandar a nos as maas que y forem feytas. |
[+] |
1383 |
CDMO 1893/ 389 |
C. - Sabbeam quantos esta carta virem commo nos dom frey Affonso abbade d ' Oseira et o convento desse lugar damos a vos Johan de Barran ferreiro et a vossa moller Tereyia Peres et a huna voz qual nomear o postrimeiro de vos a sua morte, a teer de nos et por nosso moesteiro em vossa vida de todos tres hun soar en a vila de Çea que iat a su a casa de Affonso Estevees clerigo d ' Arvor. |
[+] |
1388 |
CDMO 1923/ 407 |
C. - Sabbeam quantos esta carta virem commo nos don frey Afonso abbade do moesteiro de Santa Maria d ' Oseira et o convento dese lugar damos a vos Fernan Suares et a a vosa moller Tereyia Estevees e a dous vosos fillos ou fillas quaes nomear o pustrimeiro de vos a sua morte que seiam vosa symildue et taes de que o moesteiro posa aver os seus froitos en pas et en salvo, a teer de nos et por noso moesteiro en vosa vida de todos quatro tan solamente por lo huso dos froytos o noso casar Vello de sub o Paaço de Recaman. |
[+] |
1388 |
CDMO 1923/ 407 |
Et nos os ditos Fernan Suares et Tereyia Estevees por nos et polos ditos fillos ou fillas commo sobredito he outorgamos esta carta et as condiçoes dela en todo sub a pena sobredita, et non nas agardando que o moesteiro posa tomar seu casar con quantas boas paranças nos en el fesermos et demandar a nos as maas paranças que en el forem feytas. |
[+] |
1396 |
MSMDFP 80/ 101 |
Et aforamos mays a vos, Johán de Vilagilde, e vosa moller et pesoa, segundo dito he, hua nosa leyra que jaz no monte de Vilagilde, et jaz sub camino dos Cariis que vay pera casa dos Vardaos, a par doutra de Afonso Estevees, clérigo, per tal pleyto e condiçón que a lavredes et paredes ben et diades terça da grãã que Deus y der ó dito mosteyro. |
[+] |
1399 |
CDMO 2027/ 475 |
C. -Sabean quantos esta carta viren commo nos dom frey Affonso abbade d ' Oseira et o convento dese lugar darnos a vos Maria Nova filla de Affonso Estevees dito Novo de Paaços de Arenteyro et de Tareisa Afonso et a a tres vozes apus vosa morte asi que vos nomeedes a primeira voz et aquela nomee a terseira et a terseyra nomee a quarta voz et sejan semeldue de vos et taaes de que o noso moesteiro posa aver os seus dereitos en pat et em salvo, a teer de nos et por noso moesteiro en vosa vida de todos quatro tan solamente por lo huso dos froytos a meatade do noso souto et monte do Arnado o qual souto et monte de nos et de noso moesteiro tevo a jur et a mao Afonso Nova voso padre. |
[+] |
1408 |
BMSEH B21b/ 378 |
Anno do nascemento do noso sennor Ihesucristo de mill et quatrocentos et oyto annos qatorse dias do mes de mayo Sabean quanbtos esta carta de aforamento virem como nos Martin Trigo, Iohan desanto Domingo et Gomes Lourenso et Afonso Eanes Iohan Lunas, Gomes Diegues, Pero Testam, Alvar Rodrigues clergos rasoeiros da igleias de santa Maria de Bayona por nos et em nome dos outros clergos rasoeiros da dita igleia demos et outorgamos a foro a vos Beynto Esteves e a vossa moller Orraca Eanes moradores et vesinnos de Bayona et a vosso fillo et neto que seia de vos ambos a dous et non avendo fillo nen neto que seian duas pessoas depois de vos hua depos outra aquens de dereito herdaren vosos beens convem a saber aquel formal de cassa que esta em esta dita villa de Bayona enna rua ho vendee o vinno a qual parte con outro noso formal de casa que de nos ten aforado Fernan Peres e sua moller Moor Esteves Et da outra parte con pardineiro de Gomes Peres de Riba de Minno que foy de Iohan Afonso de Medinna o qual vos aforamos con seu exido segundo sempre loaia e ouvere deser Et o qual vos aforamos como dito he deste dia de sam lohna Bautista prosimo que ven endeante con todas suas entradas e saydas et perteensas ditas que lle perteesen et perteeser deven de dereito per tal pleito et condison que a cubrades a cassa de tella et de madeyra et do alque ouver mester deste dia se sam miguell de setembro primeiro que vem ata dous annos complidos primeyros siguientes Et a mantenades per tal grasa que non despresca per mingoa de favor Et de boo paramento et que dedes a nos a a os outros clergos rasoiros que pelos tempos forem en na dita igleia en cada hun anno por lo dito dia de sam Iohna Bautysta quatro maravedis de moeda vella et hua gallina em vosa vida et as pessoas que depos de vos virem que den cinqo maravedis et dita gallina Et que començedes de pagar odito foro deste sam Iohan que vem ahum anno Et deli emdeante en cada hun anno polo dito dia con aqual casa vos prometemos e outrogamos de emparar e defender a dereito enno dito tempo pellos beens que pra ello obrigamos da dita igleia et a voso seymento das ditas pessoas que a dita casa e eyxido con toda sua benfeitoria que em ela feseredes fique livree e quite et desenbargada devos e devosas voses a nos et a dita igleia et clergos rasoeiros della por todo sempre Et eu o dito Beento Estevees que desto presente soo fasente por min et por la dita Orraca Eanes minna moller que non esta presente por la qual obligo meus beens que ela sea esto por firme et estavel no dito tenpo et pessoas asy resebo de vos odito foro pela manna et condiçoes sobre ditas et obligo meus bens e da dita minna moller a vos dar et pagar odito foro em cada hun anno et a dita igleia et clergos rasoeiros dela segundo quese qui conten Et qualquer das partes que contra esto for et onon tuver e conprir et aguardar que peyte por pena aoutra parte que o tuver et conprir et aguardar quenentos maravedis da dita moeda et a pena pagada ou non que esta carta et oque se en ela contem fique firme e estavel et valla no dito tenpo en sua tenor Feita a carta en Bayona odia e mes et era sobre dita testes que foron presentes Lorenso Fernandes abade de Bayona Diego Eanes clergo e natural da giesta et outros Et eu Gomes Eanes notario publico iurado por el rey em Bayona de minnor et em seu alfos a esto presente foy et escrivim et aqui meu nome et signal pugne que tal he. |
[+] |
1434 |
MNP 114/ 156 |
Sabean todos que eu Fernan Estevees de Tui et mĩa moller Tareija Fariña, besiños da villa de Pontevedra que somos presentes et que fasemos por nos et por todas nosas boses, aforamos et damos aforo a vos Gonçalo Esteves, morador ẽna fiigresia de San Johan de Tirana que he en terra de Morraço et que sodes presente, et a vosa moller Maria Martines et a vosas voses, a metade entregamente de todo o noso lugar, casas, casares et plantados et viñas que disen de Paredes, que esta ẽno lugar que disen Avelendo que he ẽna dita fiigresia de San Juan de Tirana, con todas suas perteesças et dereituras que Ile perteesçen et perteesçer deven de dereito et segundo et por la via que vos por nos tevestes et usastes et pesuystes ata oje este dito dia, et aforamos vos asi a dita metade do dito lugar por tempo doje este dia ata dez et nove anos compridos primeiros seguintes, ẽnos quaes ditos dez et nove anos et en cada un deles vos devedes de morar ẽnas casas da dita metade do dito lugar et teerlas cubertas et levantadas et asi as leixar ao fin do dito tenpo con quanto perfeitio et boo paramento en elas foi feito, et outrosi levedes de faser et leveantar de novo hũa casa no dito lugar por vosa custa semitavell et atamaña como a casa en que teemos o lagar no dito lugar, et et madeirarla para se cubrir cíe tella et devedes la dar coberta de colmo, et nos devemos vos de dar para ajuda de a faser et levantar çento et çincoenta mrs. de moeda vella contando a branqua en tres dineiros, et outrosi devedes de lavrar todas las herdades da dita meatade do dito lugar et teerlas çertas et manifestas et quaes et quantas son, et eso mesmo lavrar et procurar todas as viñas da dita meatade do dito lugar de poda, cava, arrenda, rodriga et esquerquarlas et murarlas et valarlas et requerirlas de todos los outros lavores que ouveren mester en maneira que se non pergan por mingoa de lavor et chousura, et devedes de dar a nos et a nosas boses, en cada un ano por lo dito tenpo dos ditos des et nove anos, por foro, renda, conosçemento da dita meatade do dito lugar, casas, casares plantados et viñas, o quarto de todo o pan que lavrardes ẽnas herdades do dito lugar et o terço do viño que Deus der nas ditas viñas da dita meatade do dito lugar, o pan aa eira et o biño mosto aa dorna, o desimo a deus pago de consũu, et vendimar et coller o dito pan et viño por nos ou por noso mandado, et proveer de comer et de beber a nos ou ao que por nos estever a coller o dito pan et viño, et outrosi nos devedes de dar mais por foros por cada dia de natal da naçença de Deus seys mrs. de moeda vela contando a branqua en tres dinieros en pan blanco cosido et mais hũa marraa çevada et dous açunbres de viño branco, et asi en cada un ano por lo dito tenpo dos ditos dez et nove anos; et nos, por esto que dito he et nosas boses, non vos devemos de toller nen tirar este dito aforamento a vos nen a vosas vozes por mas nen por menos nen por al tanto que nos outro de nen por outra rason algũa, ante prometemos et outorgamos de vos defender et anparar con elo de todo enbargo ẽno dito tenpo por nos et por nosos bẽes que vos a elo obligamos, et so pena de mili mrs. da dita moeda que outorgamos de vos dar et pagar por pena nos ou nosas vozes seo asi non tovermos, conpriremos et contra elo vieremos. |
[+] |
1473 |
LTP [4]/ 31 |
Primeyramente em Pol hum casar VI libras. - Item em Belesar hum casar que tevo Domingo do Rio Vo libras minus IIII soldos. - Item em esse lugar outro casar que tevo Pero Madram III libras et medea et mays dous soldos. - Item en o Barbeyto dous casares, em cada hum III libras. - Item en a Buçaqueyra dous casares cada hum tres libras. - Item em esse lugar outro casar que tevo Dominga Peres II libras et oyto soldos. - Item em esse lugar outro foro que tevo Maria Esteveez XII soldos. - Item em Ramoa hum casar que tevo Lourenço III libras. - Item em esse lugar Im foro que tevo Pedro Eanes XII soldos. - Item en Casa Nova Im casar Pero Eanes III libras. - Item em esse lugar hum casar que tevo este Pedro Eanes seys soldos. - Item em esse lugar outro casar que tevo Marina Pelaes IIII libras e quatro soldos. - Item em esse lugar outro casar que tevo Johan Barriga III libras. - Item em esse lugar outro casar que tevo Domingo Donno III libras. - Item em esse lugar outro casar que tevo Migell Eanes III libras. - Item em Ameedelo Im casar seys libras. - Item da viña do Lodeyro XII soldos. - Item em Ribela tres cortinas que teverom de Pero Pelaes. - Item d ' una casa que foy de Marina de Lagoa en Outeyro Ia libra. - Item em esse lugar outro casar que tevo Maria Fernandes. - Item en a Avelleeda IIII libras. - Item d ' una casa et duas cortinas que tevo Pero Gordo III libras. - Item de dous casares de Paradela de cada hum II libras. - Item de Ioham do Sovarigo do Soveral V libras. - Item do casar da Lavandeyra LXX et II soldos. - Item de Sancta Ougea XXX libras. |
[+] |
1473 |
LTP [4]/ 32 |
Item primeyramente de Casar de Mato. - Item do casar que chamam Casar de Mato III libras. - Item do casar da Porta III libras. - Item do casar do Outeyro III libras. - Item do casar da Fonte III libras. - Item do casar de Cabo de Vila III libras. - Item do casar de Surriba III libras. - Item dos casares, de cada hum casar XXVII libras. - Item do casar que tem Joham Estevees en Calvelos Ia libra et quatro soldos. - Item do casar que tem Pero Ares huna libra et IIII soldos. - Item do casar que tem Joham Eanes en o Regueyro Ia libra et IIII soldos. - Item do casar de Joham Estevees Ia libra et IIII soldos. - Item em Ramira quatro casares, em cada hum Ia libra et IIII soldos, et hum hermo. - Item o casar de Fondo huna libra et IIII soldos et V libras porco. - Item do casar do Figeyredo Ia libra et quatro libras de porco. - Item casar que tem Domingo çapateyro Ia libra et IIII soldos. - Item do casar de Moor Maseyra Ia libra por foros et porco. - Item en o casar que tem Joham de Paz nas Quartelas por foros et por porco VI libras. - Item do casar que tem frey Garçia VI libras et V libras de porco. - Item do casar em que mora Joham de Paz VI libras por foros et por porco IIII soldos. - Item en o casar de Maria Peres V libras IIII, soldos por foros et por porco. - Item do casar que tem Joham Eanes en Souto do Rio Ia libra et V libras por porco. - Item do casar do moyno Ia libra et VI soldos. - Item do casar que tem Pedro Domingez V libras et IIII soldos por foros et porco. - Item do casar da Tereysa L., VI libras por foros et por porco. - Item do casar das Videyras Ia libra et IIII soldos. - Item de Meedelo Ia libra et IIII soldos. - Item de Vila Verde Ia libra et IIII soldos. - Item de dous casares de Monte Asnal huna libra de cada huna et IIII soldos. |
[+] |
1473 |
LTP [4]/ 33 |
Item primeyramente en o casar de Roy Perez III libras. - Item en o de Joham Eanes III libras. - Item en o que tem Domingo Estevees Ia libra et mea et VI libras. - Item en o que tem Joham da Poboança XXXVI soldos. - Item das filas d ' Esteveyna Perez IIII libras. - Item da herdade d ' Ares Challez Ia libra. - Item da herdade de Maria Eanes XI libras. - Item da herdade de Maria Gostey XVII par. - Item da herdade que (e) d ' Estevo Perez da Teyxeyra X par. - Item da herdade de Fernando Domingez et de Sancha Domingez VI par. - Item da herdade que tem Ioham Eanes et Pedro Martines de Naves VI por cada hum. - Item de herdade que tem Maria Anes do Outeyro con sua germandade seys par. - Item dos foros de Joham Ia libra. - Item en o casar de Vila Nova IIII libras et medea. - Item en o casar da Devesa III libras. - Item do casar da Teyxeyra III libras. - Item do casar de Çerval Ia libra et IIII soldos. - Item d ' Abrucinos hum casar III libras. - Item das Figeyras hum casar Ia libra et medea et mays VI soldos. |
[+] |
1473 |
LTP [4]/ 40 |
Item primeyramente en o casar da Penela IIas libras et VIII soldos. - Item em Fervença IIas libras. - Item em Levor II casares, cada hum IIII libras et medea. - Item em Suiglesia Pero Martiz IIII libras et medea. - Item en o que tem Migell Paez V libras minus hum soldo. - Item en o que tem Pero Paez IIII libras minus II soldos. - Item en o que tem Pero Peres IIII libras minus II soldos. - Item en o que tevo Joham Carrelo XLVIIII soldos. - Item en o casar que foy de Pero Estevees III libras. - Item en o da Pereyra IIII libras. - Item em Besendaos o casar que tem Martim Gordom V libras et VIII soldos. - Item em esse lugar outro casar da herdade que foy de Martim Anes Tagarro tres libras et VIIII soldos. - Item en o casar de Vilar III libras. - Item em Barrio VI casares et paga cada hum XLVIII soldos. - Item em Aboldrom hum casar que foy d ' Afonso Peres de Sober. - Item do casar d ' Outeyro IIas libras et IIII soldos. - Item o casar de Vilar que foy de Pero Sobrino duas libras et medea. |
[+] |