1302 |
VFD 39b/ 55 |
E por que meu fillo Esteuoo Pérez me mandou desonrrar per çinco ueçes, seendo eu doente en Sande, sobre los meus diñeiros, que auían dauer a Esteuoo Uaca e a Pero de Canpo e a Esteuo de Çerracoes e a Ferrán Pérrez e a Esteuoo de Prado, e por que poso a maao eno coytelo pera uiir contra min, e porque uerteu a Johán Fernandes do Paaço, meu home, una cuba de viño ante min, e porque disse que él faría cousa á que non porría consello e me queymarían o que auía o me farían cousa que todo o mundo en falaría, e porque prendeu Martín Domínguez de Barbantes, meu ome, e leuóu dél mill e quatroçentos e çincuenta morauedís, e porque fillou a moller e o fillo a Lourenço Moniz de Prado, meu ome, e leuou deles mill e quatroçentos morauedís, e porque prendeu Johán Baralla, meu ome, e lle britou dous dentes na boca, e leuou dél quatroçentos e çincuenta mrs. e porque prendeu Pero Uello de Cartelle, que era mía emcomenda, e porque pousou en casa desses omes que morauan en eses casares e os prendeu e leuou deles seysçentos e çincuenta morauedís, e por que, seendo eu na mia casa de morada de Maaçedo, chegou él y e tragía consigo este que me desonrraron, e foy pousar nas mias casas e eno meu heredamento, non me pedindo pera eles trégoa, e porque os enpara e defende estes que me esta desonrra fezeron, e porque tomou a mia iglesia de Maçeendo, de que eu ey dauer cada ano çen morauedís e un jantar en ynverno e outro en uerao, e me exerdou dela sobre excumuyón do bispo e do dayán, e porque foy pousar en Seixadas, que he mía comenda, e forçou una mía uassala, mançeba en cabelo, chamando a min, e por una casa que me queimou en Reureda, e por quinze moyos de pan que me tomou en Reureda, e porque me tomou doze moyos de pan en Espinoso, e en Prado çinco moyos e un quarteyro, e porque me chamou en juyzo per ante o Infante don Filippe sobre lo meu, e por outro exerdamentos e desonrras moytas que me fez, exerdoo de tódolos meus bees móuil e reyz, tanbén do que lle deu mía madre como de quanto eu conprey e gañey, así o exerdo dos iglesarios como dos coutos, como dos enprazamentos, como das gaanças, como de tódalas outras cousas que eu ey. |
[+] |
1484 |
VFD 357/ 366 |
Esta ora o dito Gonçaluo de Puga lle presentou por testigo a Gonçaluo, corrieiro, que jurou en forma, e diso que este domingo pasado ontre las oyto e as nove achara a Monterroso con hua vallesta armada, e a outro con hua media lança, enos degraaos de iglesia, ante a porta de Gonçaluo de Monterroso, e que falara con él, e al non sabía. |
[+] |
1495 |
MSPT 58/ 305 |
A qual dita casa et posta d -outra et vinna vos aforamos para vos et para o dito Pedro Deus et para qualquer de vos, et para todas vosas vidas et voces et mays tres voces; et fallescendo a primeira vos, que nomeea segunda; et fallescéndose a segunda, et que nomee a terceira; asy, de huna en outra, fasta a postremeyra bos; et fallesçéndose alguna das ditas voces sen falar, que herde este dito foro aquel que, de dereito, herdar seus beens. |
[+] |