1280 |
HGPg 97/ 186 |
Cunuſcuda couſa ſeia a todos que nos ffrey Iohane, abbade do moeſteyro de Oya, enſenbra cono prior Martĩ Perez τ cono cõuento deſſe míj́ſmo lugar a uos Pedro Eanes de Bayona, genrro de Johan da Veyga de Tuy, τ a uoſſa moller Marina Anes damos τ outorgamos por renda deſte dia atá dez anos primeyros uíj́deyros a noſſa caſa que auemoſ ena vila de Bayona en que morou Martĩ Perez, dito Gago, cono ſeu ſobrado τ cona outra caſa como uem áá ria dá Áréa τ cõ ſua chouſa como leua en boca eſſa caſa τ cona vina que eſtá en eſſa chouſa aſſi como ora ſtá diuiſada τ murada á átal preyto que uos ou cada úún de uos dedeſ a noſ cada ano dez libras de dineyros blãcos deſta moneda noua blãca a rrazõ de quaréénta dineyros por liura ou a quantia deles τ aoſ .X. anos cõpridos que fiquen a nos a dita caſa τ a chouſa cona vina que en ela ſtá liure τ quita ſem enbargo nj úún aſſj como for mellorada τ feytiada τ eno dito termino en que a auedeſ de téér que a nõ poſſadeſ uender nẽ enallear nẽ enpeñorar; oſ quaeſ dez anos deſuſu ditos que am de uíír ſe deuẽ a contar deſte dia ena era deſta carta ata oſ .X. anos deſuſo ditos. |
[+] |
1311 |
PRMF 266/ 462 |
Damosuo -llos per tal condiçon que uos que os lauredes et os pobredes et os paredes ben, conmo se non percan per mingua de lauor, et que dedes deles cadano terça de pan et de viño et de liño et de leguma do feytio; et do que arromperdes, dardes conmo foy osado ata aqui destes casares; todo per noso mordomo; prouello comunallmente mentre colerdes esas nouidades deses casares, et leuardes a nosa parte que nos eynde aqueçer a o moesteyro de Ramiraas, et dardes a taes dereyturas destes casares a o moesteyro, caes foron aousadas ata aqui destes casaes, saluo que non dedes estreuas nen eyradegaas deles. |
[+] |
1317 |
HGPg 125/ 226 |
Et fijndos os ditos dez τ noue annos, as ditas caſas τ moradas deuẽ a ficar liures τ quitas ao moeſteyro d Armẽteyra cõ quanto feytio en ellas for feyto, ſſaluo de camaras, ſe as uos, Domĩgo Grandeyro, fezerdes, que lleuedes o fe(i)tio dellas ou uollas conpren o dito moeſteyro a uoſſa uoontade. |
[+] |
1424 |
SMCP 14/ 78 |
Conven a saber que vos aforo toda aquella casa que esta en a rua dos toneiros a qual dita casa foy de Costanza da Rua e a qual dita casa vay de longo con a outra casa de Pero Calvyno e da outra parte a casa que mora Iohan Troque e say a rua parte con seus portales e topa con seu [ouotm] e aforovos a dita casa con seu tarreo e pedra e tella e madeyra e pousos e agoas cristelinas tan ben en alto como embaixo aforovos a dita casa segundo que dito he por tal maneira e condiçon que vos e vosa moller e vosa vos que agardedes e reparedes a dita casa e a levantedes o que jas en o tarreo como se a dita casa non perga por mingoa de restoyramento salvo caendo por pee ou ardendo o que Deus non teyra e que avedes de dar e pagar vos e vosa moller e vos a min e a mina vos en cada huun ano por foro e renda e conosçemento sen desconto alguun dies e seys mrs. dedes des mrs. por mr. e dos quaes ditos dies e seys mrs. an de aver os lazerados da ermyda de Santa Maria do Camino oyto mrs. cada huun ano para sempre et ena dita casa e a dita vos forada que a dita casa me fiquen livres e quite e desembargada de vos e de toda vosa vos e de outro alguun con todo o boo feytio que en ella estever feito e avendo vos ou vosa moller e vos de vender ou sopenora ou enalear este dito foro ou feytio que en ello estever feito a min e a mina vos a devedes faser tanto por tanto quanto vos outro por el dar e non no querendo eu nen mina vos que o fasades a persona semetavel de vos que compra e page e guarde o que nos sodes tiudo de comprir e agardar por este publico estromento de aforamento e eu e mina vos devemos vos de ampar e defender en o dito tempo de todo lembargo con o dito foro por min e por todos meus bees que vos para ello obligo e qualquer de nos partes que contra elo veer outorgamos que peyte por pena aa outra parte que o comprir e agardar quinientos mrs. asy que a pena pagada ou non pagada este estromento de aforamento e as cousas en el contiudas sejam firmes e vallan en sua revor e eu o sobredito Pero de Lovelle que soon presente por min e por la dita mina moller absente e por la dita vos asy o reçebo e outorgo de vos o dito Afonso Yanes o dito foro da dita casa por las mandas e condiçoes sobreditas e para o asy todo teer e comprir e agardar obligo a ello min e todos meus bees e so a dita pena. |
[+] |
1434 |
MNP 106/ 145 |
et eso mesmo se ten et vay de longo Yanes Feichorrino et vay entestar en outra leyra de viña do moesteiro de San Domingo da par da dita villa, et sal et ha o seydo ẽna congostra que vay para outra nosa viña que disen dos pesegeyros, que foy de Duran do Moscojo, a qual congostra sal aa congostra et camiño publico que vay da dita villa de Pontevedra para a Ponte a Sanpayo, et aforamosvos por senpre como dito he, a dita leyra de viña con seu terreo en que esta et con seu muro et çerqua et entradas et seydas et perteesças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven asi de feito como de dereito, para que labredes a dita leyra de viña de poda, cava, rodriga, arrenda, et a esterquedes et valedes et requirades de todos los outros lavores que ouver mester en maneira que se non perga por mingoa de lavor et chosura, et do viño que Deus en ela der devedes de dar a nos et a nosas voses, vos e a dita vosa moller et vosas voses, por foro et çenso et conosçemento o terço do viño que Deus en ela der mosto aa dorna, o disymo a Deus pago de consũu, et vos averdes os outros dous terços por voso lavor et feytio, et devedes de bendimar et coller o viño da dita viña por nos ou por noso mandado et proveer de comer et de veber a nos ou ao que por nos ou por nosas vozes estever ao partir do dito viño. |
[+] |
1437 |
SMCP 16/ 82 |
Et de mais avendo vos et a dita vosa moller et vosas vozes de vender ou supenorar ou enallear ou trasmudar este dito aforamento en o feytio que ende feserdes a nos et a nosos suçesores o devedes faser tanto por tanto segundo que vos outro der quereendoo nos et non querendo que enton o posades fazer a personas symitavelles de vos que tenan e cumplan et paguen esto que vos sodes thiudos et obligados de tener e cumplir et pagar et por esto que dito he nos nen nosos suçesores non vos devemos de coller nen tirar este dito aforamento por mais nen por menos nen por al tanto que nos outro por elo de nen por desermos et alegaremos que ouvo et ha en elo engano mais de meadade do justo preço nen por outra rason alguna sobre lo qual renunciamos et partimos de nos et de nosos susçesores as leys et dereitos da meadade do justo preço et do dolo engano medo força indusimento et ingretidue et a todas las outras leys et dereitos asy canonicos como çevys que en contrario desto que dito he sejan et de que nos nos ou nosos suscesores poderiamos ajudar para contra esto que dito he viinir que queremos et outorgamos que nos non vallan nen sejamos sobre elo nen sobre parte delo oydos en juiso nen fora del ante por este publico enstromento vos damos todo noso livre e complido poder que des lo dito dia de San Miguel de setembre primeiro que ven en deante por vosa autoridade propia et sen outro ofiçial algun do dereito posades entrar et resçeber os ditos branquos da dita carneçaria et casa dela et a dita nosa parte da dita casa que vos asy aforamos. |
[+] |
1506 |
HGPg 136/ 244 |
Et fijndo o dito tenpo das ditas voſas vjdas de vos τ da dita voſa moller τ das ditas voſas quatro bozes, que a dita vjña τ bouças τ herdades en que eſtã queden libres τ quites τ deſenbargadas ao dito mooſteyro con quanto feytio, prol τ boo paramjento en todo elo eſteuer feyto; (e)t eu, o dito Bartolomeu Barreyro que ſoo preſente para mjn τ para a dita mjña moller τ para noſas bozes, aſy rreſçibo τ outorgo o dito aforamjento por lo preçio, maneyras τ condiçõons ſuſo ditas τ obrigo todos meus beens τ ſeus, mobles τ rreyzes, avjdos τ por aver de o todo aſy tẽenr, conprjr τ pagar ſegundo τ commo dito he ſub a dita pẽna que para elo obrigo. |
[+] |
1508 |
SMCP 30/ 115 |
Anno do nasçemento de noso Senor Ihesu Cristo de mill e quinentos et oyto annos vynte et dous dyas do mes de feverreiro por ante min notario publico e testigos de juiso escriptos Vasco Yans mercader vezino de Pontevedra procurador de Santa Maria do Camino desta villa dixo que retyficaba o foro que Juan Fernandes Agulla notario e procurador que foy de Santa Maria do Camino avya feyto da orta que esta gunto do espytal da dita hermida por quanto o dito Juan do Rego fiso en ela moyto feytio asy de paredes como de outro lavor que o retificaba et avya por fyrme por condyçon que ao dito Juan do Rega et sua moiler Ynes de Rega que eran presentes a tempo de suas mortes e de prostromeyra delas leysasen libre e quito a dita hermida a dita orta con todo seu feytio libre de seus herdeyros et mays leysase libre et quito o camino que soya de yr ao longo da vinna que labra Juan Lopes pleteds (?) do curral do espytal fasta o muro da dita vyna do dito Juan Lopes que fique libre et quito para serventia da malataria et que o desfaga en todo este mes de mayo puvos (?) qual con et seçera e testra (?) do dito camino para serviço de Deus e ten o dito Juan de Rego asy o outorgaron e reçelaron e testigos obligaron de o conplir et pagar cada anno vynte mrs. vellos pagos ao tomado do foro et leysen libre asy a tenpo de nosas mortes a dita orta et eu o dito Vasco Yans que son presente asy o reçebo e outorgo eno dito nome et vos confirmo o dito foro para tenpo de vosas vydas et de vos anparado con elo de todo enbargo por los bees da dita hermida que vos para elo obligo et so pena de dous mill mrs. que page cada una parte de nos que contra elo forr e outorgamos a qual delo este outorgamento ante este notario e testigos que foy feyto e outorgado en Pontevedra o anno, dyas e mes sobreditos. |
[+] |