1411 |
MSCDR 443/ 563 |
Sabean . . . eu Garçia Gomes, morador en Agisar, da frigisia de Santiago de Partouea, e eu Garçia Yanes, alfaiate, morador en na villa de Cacauellos presente e outorgante Marina Peres, miña moller, nos todos tres en senbra juntamente, por nos e por todas nossas uoses damos e outorgamos a foro a uos Roy Garçia, fillo do dito Garçia Yanes morador en Cabanellas, e a uosa moller Marina Peres, en vosas vidas e a huun fillo ou filla danbos, e non avendo fillo ou filla, que seia uos o que de dereito erdar os bẽẽs do pustrumeiro de uos, conuen a saber, que uos aforamos todallas erdades de monte brauo por laurar que nos agora temos en toda a vila e termino de Cabanellas e en toda a frigisia de santa Eulalia de Vanga, per ondequer que vaa; e mays vos aforo eu o dito Garçia Yanes et Marina Peres huna leira d ' erdade con seu baçellar, que eu teno en lugar que chaman Fontefisga, e outra leira que jas a fonteina de Touro, segundo que as temos en nos ditos lugares. |
[+] |