1427 |
OMOM 190/ 308 |
Et auemos uos a dar para la dita vinna duzentos linoos et çen pees de vinna et dose par et hun de brancas para hun çento de forquetas para reparamento dela; et fasermos uos la de pas a todo tenpo. |
[+] |
1429 |
OMOM 204/ 323 |
Seendo en cabidoo o ministro et frayres do moesteiro de San Martinno de Villa Lourente, en presença de min, notario et testemoyas sub scriptas, o ministro et frayres do dito moesteiro deron a foro a frey Afonso Lopes et frey Afonso Martines, frayres do dito moesteiro, por suas vidas danbos et do postremeiro delles, a sua vinna de Pelourin con seu comaro commo esta chantada et por chantar et commo tragia Ares Ferrandes, o clerigo, a tal condiçon que o dito frey Afonso Lopes et seu conpaneiro que labren ben a dita vinna de todas lauorias a que esta posta, et açaren et ponan a outra que esta por chantar de vinna en forquetas et linoos et baçees et pees de madeyra neçesaria de aqui ata tres annos primeiros siguentes, labrando dende en deante ben a dita vinna toda et çarandoa segundo dito he a uista de dous labradores, et que dian de foro dela ao dito moesteiro cada anno o quinto do vinno medido por lo çesto et carrejado en no lagar do dito moesteiro por dias de suas uidas et do postremeiro delles, et finando hun delles, que fique o dito foro en no outro et o cunpla segundo dito he et non no fazendo asy, que pergan o dito foro con seu bon paramento et halles a dar o dito conuento trezentos linoos en na dita vinna carrejados para reparar a dita vinna et aiuda dela en este primeiro anno et que lles lla non posan tirar en no dito termino et fazerlles lla de paz. |
[+] |
1431 |
CDMACM 148/ 257 |
Et outrosy vos aforamos mays a vos o dito Fernan Peres et a vosa muller et a hun voso fillo et a hun neto ho noso bacelar que feso donna Mayor Gonçalues abbadesa donna Mayor Gonçalues que esta ao lagar de Galegos et avedes de prouar et prantar et poer o dito baselar en forqueta et en lata et manteerla et dar por foro et por quinon o terço et disimo. |
[+] |
1435 |
VFD 100/ 113 |
Despois desto, ena dita çibdade d ' Ourense, eno Parayso da iglesia catredal de San Martiño, viinte e oyto dias de agosto, presentes y en conçello por pregón deytado, Afonso Anrriques, Pero Fernandes, juises da dita çidade, et Loys Gonçalues, Gomes de Chantada, Estebo Fernandes, rejedores, Afonso Fernandes, notario et procurador do dito conçello, et Afonso Yans da Lagea, Afonso de Meende, notario, Ares de Doade, Gomes Fernandes, barbeiro, Johán Cereyjo, Rodrigo Fernandes, Pero de Temes, alfayates, parte dos visiños da dita çidade, todos eno dito conçello, logo todos ordenaron e diseron que considerando o grande mal et dapno e pérdida que vyña aos vesiños e moradores da dita çibdade por rasón das vestas que se deytauan de noyte enas viñas, que lles destroyan suas nouydades, eno qual avyan posto çertas penas e ordenanças e os que tiñan as ditas bestas non se querían castigar, senón deytarlas enas ditas viñas, eno qual fasían moy grandes dapnos, et elles nos avían outras mantenças senón das ditas nouydades e moytas personas se leuantauan de noyte con as ditas bestas e as deytauan enas ditas viñas, e outrosy os que tiñan os porquos non os querían guardar et nen poer en elles remedio, en tal maneira que o spuxauan fora da dita çibdade e se yan ás viñas alleas, eno qual fasían grandes dapnos, et outrosy consyderando o grande probeyto da rodriga et forqueta que puyñan enas viñas, que en sendo enas viñas que viña grande probeyto, asy por faser probeyto enas çepas que as tiñan dereytas e as çepas se fasían mellor feytas et mays altas que non teendo a dita rodriga, et eso mesmo o viño seería érguedo, et outrosy era menos descabo et gasto as gentes por non andar de cada ano poendo rodriga nen tirándoa. por ende, ordenaron et mandaron que qual quer persona que de noyte achase a besta ena sua viña ata ora de pryma, que a matase sen pena algua et achándoa de dia, que a leuase á corte et que lle pagase o dapno que lle fesera e a pena ao couteyro. |
[+] |
1455 |
VFD 297/ 317 |
En este dito día, en Ourense, ena praça do Canpo, estando y presentes Loys Gonçalues, Afonso Ans, Johán Cortido, rejedores, Gonçaluo Peres de Reqeixo, juis da dita çidade, et outrosy estando y presente Nuno d ' Ousende, procurador do conçello da dita çidade, e parte dos vesiños da dita çidade, en presença de min o notario et testigos de juso escriptos, logo o dito Nuno d ' Ousende diso que por rasón que eran outorgados e prometidos e confirmados çertos capítollos ontre Gonçaluo da Beiga, procurador do bispo d ' Ourense, et o dito conçello, juises et rejedores, sobre rasón de çertos debates que agora ouueran postromeiros, por rasón do caramancho que o dito Gonçaluo da Beiga quería faser contra a praça da Barreira, et diso que o dito prouisor avía quebrantado os ditos capítollos, asy por non satisfaser et contentar, as que biraran e apedrearan as casas, como por que tomaran a çertos vesiños desta çidade a leña de Rabo de Galo e lles la feseran leuar ao castello Ramiro, et o dito prouisor ficara de lles pagar a dita leña et a non pagara, et agora, en adendo mal et pior, o dia donte tomara a Gonçaluo de Moreda hua cárrega de forqueta, que andaua collendo eno monte de Ouçande, que non hera señorío do dito señor obispo, a qual lle fora tomada et leuada ao castello Ramyro et diséndolle outras moytas maas palabras, por ende que protestaua de seer caydos et encorridos enas penas eno dito capítollo contiundas etc, et de os demandar etc, et que o daría por escripto mays conpridamente etc. |
[+] |