| 1275 | MSCDR 163/ 370 | Eu Martín Perez, dito Foucino, presente et outorgante mina muler Steucyna Pelaz, por nos et por toda nossa uoz, a uos Martin Perez, prior de San Croe, en uoz et en nome uosso et de don Pedro Perez, abbade de San Croe, et do dito conuento desse miismo lugar, vendo a uos duas leyras d ' erdade cum todo seu proffecto, que eu ey ã ãs Bouzas de Susããs; et outra leyra u chaman o Cortinal, cum V aruores; et outra leyra cum tres aruores a Fonte de Barra; et una figueyra cum profeito. | [+] |
| 1306 | CDMO 1335/ 1264 | Conosçuda cousa seia a quantos esta carta viren commo eu Pedro Domingez de Ferreyros, por min et por toda mia voz, vendo a vos Tereisa Anes de Lamas, dita Foucina, et a toda vosa voz todo quanto herdamento et voz eu ey et devo d -aver de dereyto en a villa de Ferreyros et en seus termios; item et aynda vendo a vos mays quanto herdamento me a min ficou de parte de meu senrro Lourenço en a dita villa, a qual villa et herdamento iat su cadea de san Fiit do Baraoon; et esto que sobredito e, vendo a vos con todas suas perteenças et dereyturas; a monte et a fonte, con entradas et saydas et con todos seus perfeytos et por façer et chantadas et con cassas et con arvores et con figueyras et con todolas outras cousas que a esses herdamentos perteeçen et perteeçer deven de dereyto; po -los quaes herdamentos me deste CL moravedis de dineiros purtugaesses contados a XVI [par de dineiros] por tres moravedis; dos quaes moravedis eu soo ben pagado et son ia en meu iur et en meu poder, et fige deles toda mia libre voentade. | [+] |