1456 |
VFD 305/ 325 |
Ena çidade d ' Ourense, viinte et dous dias do mes de juyo, Ano Domini Mo CCCCLVI anos, ena praça do Canpo, estando y presentes Vaasco Gomes, rejedor da dita çidade, et Gomes de Mugares, procurador do conçello da çibdade d ' Ourense, en presença de min o notario e testemuyas de juso scriptas, logo o dito Gomes de Mugares presentou ende hua argola da cadea do conçello da dita çidade, birtada, et diso que por rasón que o conçello da dita çidade prenderan a Loys Garçía, a pedimento de Johán Afonso de Tenoyra, mercador, vesiño da dita çidade, por rasón da querella que dél dera, por quanto por él lle estaua enbargado ena vila da Cruña suas mercadorías, que diso que valían ben CL dobras douro, por cinçoenta dobras, que o dito Loys Garçía deuía a Fernán Rodrigues d ' Obedoo et a sua moller Costança Rodrigues et fillos, por quanto o dito conçello lle requerira que dese fianças ao dito Johán Afonso pera lle faser desenbargar suas mercadorías, et o dito Loys Gonçalues as non quería dar, por lo qual o dito conçello o prendera ena cadea do dito conçello, en casa de meestre Fernando, procurador, e estando asy preso birtara a dita cadea et fugira dela ao castelo Ramyro, sen deliurar as ditas mercadorías ao dito Johán Afonso, segundo que logo mostraua a dita cadea e argolla birtada, por ende diso que protestaua et protestou que o dito Loys Gonçalues fose tiundo et obrigado a todo mal et dano que ao dito Johán Afonso sobre elo veese et recreçese por rasón das ditas suas mercadorías que asy lle estauan obrigadas ou a outro qual quer vesiño da dita çidade, et outrosy á enjuria ao dito Loys Gonçalues a todo tenpo, por rasón da dita cadea que asy birtara, et outrosy que protestaua que por quanto o dito Loys Garçía como birtara a dita cadea fogira á fortelleza do castello Ramiro, que era do bispo d ' Ourense, et Gonçaluo da Beiga, prouisor do dito señor obispo, o acollera en ela, que protestaua de auer et cobrar dos bees et rentas do dito señor obispo a pena das mill dobras, que estauan ontre o dito señor obispo et o dito conçello, et de lla demandar a todo tenpo, et que o pedía asy sinado. |
[+] |