1458 |
VFD 348/ 357 |
Ano Domini Mo CCCCLVIII anos, seys dias do mes de setenbro, en Ourense, Aluaro, fillo de Johán Afonso, et Fernán Gonçalues, morador en Seixaluo, se obrigaron que por rasón que o dito Aluaro, fillo do dito Johán Afonso, estaua preso en cadea, por rasón que ontre él et Sagromor et Diego de Nóboa et Pero Lopes boo cristiaao et ---, judío, et ----- ome de Diego Osorio,foran en tomar aos mercadores e tauerneiros d ' Arçúa et das Duas Casas viinte e hun roçín d ' albardas con senos aparellos et agora o dito Aluaro veera á sua parte quatro rociín, os quaes cargaua ao conçello, por ende o dito Fernán Gonçalues diso que se obrigaua por sy et por seus bees que o dito Aluaro, por rasón desta toma das ditas bestas et dos ditos quatro rocíins, que asy entregaua, por que fora preso, de non errar ao conçello, vesiños et moradores, nen lles faser mal nen dano, nen morte, nen prijón, nen represaria algua por rasón deso, so pena de pagar ao conçello todos los malles, pérdidas et danos et menoscabos que lles sobre elo recreçese, pera o qual o dito Fernán Gonçalues obrigou sy e seus bees et deu poder a qual quer justiça, et renunçiou a todas las leys e dereitos. |
[+] |