1484 |
VFD 97/ 181 |
Sepan quantos esta cara de aforamento viren como nos Diego de Fonseca, por la miseraçión debina obispo de Ourense, oydor da Abdiençia del Rey e Reyna nuestros señores e de seu Consello, outorgamos e conosçemos que aforamos a vos Pero Rodrigues, clérigo rector de San Bréyxome de Seyxalvo, que sodes presente, e a voso criado Pantalionis, absente, como se fose presente, en vosas vidas danbos e de cada un de bos e por mays tenpo a alende do postromeyro de vos de çinco voses, asy que o postrimeiro de vos en vosa vida e soude ou ao tenpo de voso pasamento nomiedes a primeira vos e esta primeyra nomear a segunda e a segunda nomear á terceyra e asy baan nomeadas as ditas voses, hua en pus de outra, fasta seren conpridas e acabadas as ditas çinco voses, e non sendo nomeadas que entón seja vos quen de dereito ouver de herdar os outros vosos bees, con tanto que non seja dona nin escudeiro nin home poderoso, conbén a saber que vos aforamos en nome da nosa mesa obispal o souto de Pasadán que jas ena freyguesía de Sant Jurjo da Touça e de Sant André de Rante, con seus castiñeyros e árvores e con a herdade en que estan sytos e plantados, segundo parte de hua parte con souto e herdades del cabildo e fere no rigueiro que ven dos lameyros de Sta Locaya e ven topar ao porto dos Carros, abaixo da Pousa de Pasadán, que está no camiño que vay para Sant Cibrao, e en çima fere eno penedo que está ontre os camiños e fere enos enxertos que están abayxo da fonte de Rante, e como parte con a illarga da iglesia de Santo André de Rante, e vay topar ena casa de María Sande, e vay ferir eno Varrageiro, e parte co souto da iglesia de Rante, e vay topar eno Porto Alynariño, e bolve por lo camiño que vay demarcar eno Porto do Gurgullón, e bolve a Pena Guieyra, e descende ágoa vertente abayxo, segundo perteesçe á nosa mesa obispal o qual dito souto con sua herdade e límites en que está syto vos conprastes a Juan de Ramoyn, escudeiro e a sua yrmaa Aldonça Fernandes, muller de Aluaro de Donas, escudeiro, nos vos lo aforamos, segundo perteesçe á dita nosa mesa obispal con suas entradas e saydas, jures, dereitos e perteenças, por onde quer que as aja e de dereito deba aver, a condiçón que o reparedes e façades reparar e çepar, enxertar, por maneira que non desfallesca por míngoa de labores e reparos, e que vos e vosas voses, donde fasta aquí se pagaban del dose maravedís vellos de foro, que vos e vosas voses nos diedes e pagades dél de foro en cada un ano trinta maravedís vellos, contando branca en tres diñeiros, des diñeiros o marauidil, pagos por cada día de Sant Martiño do mes de nobenbro, e asy en cada un ano, e do al que o ajades libre e quite, pagando o désemo a Deus, eçepto que sy nos ou nosos suçesores quiséremos cortar algua madeyra eno dito souto pera reparo dos nosos paaços del Corral, que o posamos faser syn enbargo desto. |
[+] |