1333 |
GHCD 73/ 310 |
O qual alualla presentado et liudo o dito frey afonso pedio et rrequerio ao dito thesoureyro vigario que Recebese o dito alualla et comisom do dito senor arcibispo et comprise segundo quelle porlo dito senor arcibispo era mandado et encomendado et eno comprindo asi que fezese logo pregunta a dom gonçaluo sanchez de bendaña arcidiago de cornado ena iglesia de Santiago que presente era por quanto era o mayor da linagee da dita Marina fernandes de todella et subcedera ena herança della, se agora se celebraua misa ou misas alguas ena capella que a dita Marina fernandes fezera et ordenara ena cortiña que chaman de dom giao desta cidade de Santiago ena qual agora morauan et estauan tareiga aras e mayor peres freyras et outras freyras da terça ordee da Regla de san francisco que presentes eran para que esa verdade asi sabida, o dito thesoureyro et vigario podese veer o testamento et a donança que a dita Marina fernandes fezo da dita capella et das casa et bees que ela ordenar et juntar et podese em elo mandar et ordenar aquelo que uise que era seruiço de deus et prol da alma da dita Marina fernandes. |
[+] |
1334 |
CDMO 1564/ 144 |
Sabeam todos que eu Nuno Eanes, morador en o val de Marin?, fillo de Johan Eanes dito Louçao? et de sua moller Marina Eanes que foron de Çonnamill da fiigresia de Santiago de Catasoos, por min et por toda mina voz dou et outorgo para senpre en doaçon a vos minna irmaa Tareyia Eanes morador em [. . . ] et a toda vossa voz quanta erdade, chantado, casas et voz et dereitura eu ei tamben em igliario commo em leigario em toda a figresia de Santiago de Catasoos et em toda terra de Deça huquer que a eu y aia et me perteesca por parte et herança dos ditos meu padre et minna madre, a qual doaçon dou a vos por senpre commo dito he en a maneira que vola eu mellor et mays conpridamente pose ser et outorgar pol -lo dito devedo que aviades commigo que sodes mina irmaa et por moyto amor et ajuda et criança que de vos reçebi, de que me eu teno asas de vos por entrego et ben pagado, a qual doaçon que vos dou d ' aqui endeante aiades et façades ende [. . . ] para senpre. |
[+] |
1335 |
FDUSC 149/ 142 |
Conusçuda cousa seia a todos que eu Migel Martinz, dito Soutino, carniçeyro, morador na rua da Penna, et mina moller Mayor Martinz por nos et nossa uoz vendemos et firmemente outorgamos a uos Loppo Payz, da Moeda Uella, despenseyro do cabidôô de Santiago, que conprades por uos et por uosa moller Thareyia Uââsquez et a uosa uoz et sua quanta herdade auemos et nos pertêêçe dauoença et de gaança et por razon da herança de Domingo Martinz Soutino, que foy, yrmâô de min Migel Soutino, et por razon da conpra que nos fezemos de Affonso Soutino, yrmâô de min Migel Martinz, conmo por outra maneyra qualquer que a nos aiamos enna villa de Nanton et en todá á frigresia de san Viçenço de Neueyro, con suas casas, casaes, chantados, perteenças et outras suas dereutyras uquer que for a montes et a fontes, et con la deueda que uos deuya et era tiudo Domingo Merchan. |
[+] |
1336 |
MB 11/ 403 |
Et todo jur, possisson, propiadade, dreito et auçon que o dito Afonso Dominges et o dito Johan Sennor et sua voz do dito Afonso Dominges avian nos ditos herdamentos et que outrosy por rason da herança dos ditos Afonso Dominges et Johan Sennor avyan ou perteesçia et pode perteesçer por rason do testamento do dito Afonso Dominges de min et de mina voz et de voz dos ditos Afonso Dominges et Johan Sennor os tiro et tollo et por este presente scripto os pono et traspaso eno dito moesteiro et en sua voz para assy que eu nen mina voz non seiamos tiudos a deffender as ditas priora et convento nen o dito moesteyro con os ditos herdamentos nen con a propadade et posysson dellos mays quanto dreito eu en ellos ey por llos ditos testamentos quero et outorgo que o aia o dito moesteiro. |
[+] |
1347 |
GHCD 65/ 280 |
Ite mando a miña madre maria gomes hun marco de prata por herança de todos meus beens e en tanto a ffaço miña herdeira e non en mais e ela que sse teña desto por contenta e non demande nin possa mays demandar en meus beens. |
[+] |
1351 |
OMOM 13/ 134 |
Os quaes terreos sobre ditos segundo dito he de Fernan Peres de Leon, raçeiro de Mendonedo que fuy, que os auia por herança dos sobre ditos por carta de doaçon que uos deles feser por notario. |
[+] |
1352 |
FDUSC 230/ 235 |
Sabbean todos que eu Orraca Affonso, moller de Gonçaluo Domingues Foçinos, cambiador, que foy, por min et por toda mina uoz vendo et firmemente outorgo para senpre a uos Lopo Payz, canbeador, da rua da Moneda uella, por uos et por uosa moller Costança Uaasquez et a toda uosa uoz et sua a quarta et a oytaua doutra quarta da herdade de uilla de Lermo de çima et do uillar de Pardaçes et do moyno que esta cabo da ponte de Pedrina, as quaes herdades son na frigisia de san Iohanne apostollo da igleia de Santiago, con todas suas herdades, cassas, casaes, chantados et outras suas dereyturas huquer que foren a montes et a fontes, et os quaes herdamentos et cousas sobreditos a min perteeçen por herença que me delles fez o dito meu marido Gonçaluo Dominges, et as quaes ao dito meu marido perteesçian por sua liidima et por herança de Bernaldo Eanes seu yrmâô, que foy. |
[+] |
1361 |
FDUSC 239/ 244 |
Conusçuda cousa seia a todos que eu Maria Goterres, morador na çidade de Santiago, moller que foy de Affonso Pelaes, canbeador, por min et por toda mina uoz vendo et firmemente outorgo para senpre a uos Loppo Pelaz, çidadâô de Santiago, comprante por uos et por uossa moller Costança Uaasquez a medade entregamente de todos os herdamentos, casas et casares et chantados et suas dereyturas que o dito Afonso Pelaz, meu marido, et yrmâô que fuy de uos Loppo Pelaz, auia et lle pertêêçia a tenpo de seu finamento enna çidade et arçobispado de Santiago, et allur uquer que a qual medade a min pertêêçe por herança do dito meu marido et por outra razon qualquer que me perteescan. |
[+] |
1361 |
FDUSC 239/ 245 |
Despois desto, domingo onse dias do dito mes de jullio, en presença de min Pero Affonso, notario de Santiago, et das testemoyas adeante escritas, estando o dito Gomez Suares enno lugar que chaman Çenssoy, que he na friigresia de san Viçenço de Uama, et em Beluis et en Castro, que son na dita friigresia, o dito Gomez Suares, meteu en jur et en mâô ao dito Loppo Pelaz todolos herdamentos, casas, chantados et suas dereituras que a dita Maria Goterres auya nos ditos lugares por herança do dito seu marido et segundo que os ela uendera. |
[+] |
1362 |
FDUSC 241/ 247 |
Sabean todos que eu frey Iohan Peres de Mileyrôôs, frayre do moesteiro de santa Maria de Bonaual, da ordêê dos preegadores, de liçençia et poder que para esto ey de frey Pero Garçia, prior do dito moesteiro, per procuraçon feita per este notario, por min et todos meus suçesores, vendo et firmemente et outorgo para senpre a uos Aras Gonçalues Xarpa, çidadao de Santiago, et a uosa moller Meçia Loppes et a toda uossa uoz et sua, o meu cassal do Eio, con toda quanta erdade, casas, chantados, perteenças et dereyturas eu ey et me pertêêçen enno dito lugar do Eio, que he na frigesia de san Symon d ' Oês, et o qual casal et herdades a min perteesçen por parte de meus padre et madre Iohan Peres de Mileyrôôs, scudeyro, et sua moller Tareiga Peres, que foron, et por herança de meus yrmâôs Pero Goterres et Garçia Goterres, que foron. |
[+] |
1375 |
GHCD 81/ 376 |
O Deyan et Cabidoo de Santiago a mia Vina de Vascoes que he a par da villa de Ponte Vedra a qual he dezemo a deus saluo hua quarta de vino que hi ha o moesteyro de lerez cada ano a qual a min perteesce por herança do Cardeal nuno fernandez Et por compras et gaanças que de la fiz pero que mando que dem estes Deyam et Cabidoo de nouidade desta viña cada ano a esteuayña boa muller huun tonel de vino en todo tempo de sua vida. |
[+] |
1375 |
GHCD 81/ 382 |
It. pono a herança de Pero boo de ponte uedra segundo que a el en mim pos en garcia boo seu ffillo et el cate a manda de Pero boo et o que acharem en ela que me era tiudo que o pague a meus herees et descontenlle dende mill mrs. que me el pagou façam conta con ioham mouriño de pontevedra et quanto el disser por sua uerdade quelle eu deuo ou el a mim estem por ello Et eso meesmo a affonso guillelmez de noya. |
[+] |
1379 |
OMOM 43/ 167 |
Conuen a saber que uos dou et outorgo todos los herdamentos, casas et casaes, chantados et [por chantar], laurados et por laurar, que eu oie este dia aio et huso et teno, et outrosi por min [perteesçen] et perteeçer deuen de feyto et de dereito por uos et herança de Lopo Afonso dos Casaes, [meu padre], et de mina nana Maria Ferrandes, et por conpras et gaanças et por outra rason qual quer que os eu aio [et a min perteesçen] et perteesçer deuen commo dito he. |
[+] |
1380 |
FDUSC 246/ 253 |
Conusçuda cousa seia a todos que eu Aras Peres Chantron, canbeador, fillo de Lourenço Peres Chantron, que fuy, et de sua moller Moor Martins, en nome da dita Mayor Martins, mia madre, da qual me obrigo dar outorgamento desta, vendo per min et per meus bêês, et por toda sua uoz, vendo para senpre a uos Gonçaluo Rodriges, canbeador, morador na rua da Moneda vella da çidade de Santiago, et a uosa uoz, o casal et herdamentos de Majââres da frigesia de sam Martino de Couçieyro, con suas perteenças et dereyturas, o qual casal et herdades fuy de Afonso Manjon, canbeador, que fuy, et o qual a a dita Moor Martins pertêêsçe per manda et herança de Costança Manjon, filla que fuy do dito Afonso Manjon et de sua moller Toda Eanes, filla que fuy da dita Moor Martins, cuja herêê a dita Moor Matins he. |
[+] |
1380 |
OMOM 46/ 171 |
Os quaes quaraenta et noue soldos de foro eu aio cada anno de foro por la dita casa et saydo et me pertenesçe dauer por herança de Dominga de Ueyga, que os auia de foro por ela, porque os conprou por cartas feitas por notario que uos logo entrego en presença do notario et testemoyas desta carta; et estes dineiros de foro uos dou por esmonla, que digades as ditas misas et as façades diser. |
[+] |
1390 |
FDUSC 253/ 262 |
Conusçuda cousa seia a todos que eu Affonso Eanes, morador en Pereira da friigresia de san Saluador de Bembriue, per min et per toda mina uoz vendo firmemente et outorgo para senpre a uos Aras Fernandes, morador en Bembriue, da dita friigresia, comprante por uos et por uossa moller Moor Martins todas las herdades, casas et chantados que ey et me perteeçen enna uoz dos Vynaos, que he na villa de Bembriue da dita friigresia por compra que fez de Fernan Duran et por herança de Maria Peres, filla de Pero Vinââo, et por outra parte et razon qualquer que me perteescan na dita uoz et vila, saluo que non vay en esta uenda a medade dos dez castineyros que son da dita uoz et o quinto da casa en que mora Gonçaluo de Paaços ...., conmo dito he, huquer que vââ a montes et a fontes, por quareenta et oyto libras da moneda vsauel, as quaes me dades et pagades et de uos reçebo en presença destes notario et testemoyas en dineiros et en huna taça de prata, que monta et ual a dita contia; dos quaes confeso et outorgo que sôô entrego et ben pagado; et renunçio toda eixeçon que nunca ende diga o contrario. |
[+] |
1392 |
SVP 56b/ 110 |
"Sabam quantos esta carta viren conmo eu Millia Peres, muller de Aluar Sanches de Hulloa, outorgo et conosco que faço et ordeno et establesco por meu procurador çerto et subfiçiente ao dito Aluar Sanches, meu marido, espeçialmente en pleito que ey et entendo de aver con Diego Fernandes, prior do moesteiro de Poonbeiro, sobre rason de herdades et viñas et casas et aruores et dereituras et outras cousas que son enno dito couto de Poonbeiro, et en outros lugares, os quaes me a min perteesçen por herança de fillos, que oyue de Iohan Vasques de Fornea, meu marido, que foy. |
[+] |
1392 |
THCS 22/ 61 |
E eu o dito Fernán Garçía por mjn e por mĩa voz así o reçebo, e por esto dou e outorgo a uós o dito cabídoo tódaslas herdades, casas e chantados que Martín Eanes Bofóm e súa moller Sancha Dominges Buxo auýan e lles perteẽsçían ẽna villa de Costeenla da frijgresía de Sam Symón d ' Ões e a min ẽno dito lugar perteẽsçen porla herança delles, os quaes uós o dito cabídoo agora teẽdes e husades por Ruj d ' Órdẽes, cóengo de Santiago que presente hé e outorga, teençeiro que hé da teença dos bẽes rreýses que foron e ficaron de Bernal Dominges cardeal que fuj de Santiago. |
[+] |
1393 |
OMOM 88/ 210 |
Por min et por toda minna uos para senpre por amor de Deus et por las almas do dito Pero Afonso et [. . ] eran theudos, dou et doo en pura doaçon jur de herdade para senpre ao moesteiro de San Martinno de Villa Lourente et aos frayres del todas quantas erdades eu aio et me perteesçen [. . ] erdeyro fiquey por seu testamento et que el auia et lle perteesçia dauer en qual quer maneira et por qual quer rason por herança de sua nana Mayor Eanes, filla que foy de Ihoan Peres [. . ] et Mayor Domingues sua muller, sub signos de Santa Maria d -Auellaedo et en Sant Andre de Loboso et de Sayoane de Lagoa, et en outras partes hu quer que as el auia por la dita sua nana en todo o bispado de Mendonnedo uos dou et ponno en uos os ditos monasteiro et frayres del, por poder do dito testamento et erança que en min fincou con todas las erdades, casas et casaes, laurados et por laurar, mansas et brauas, chantadas et por chantar, que eu aio et me perteesçe de auer por herança do dito Pero Afonso, et que ao dito Pero Afonso perteesçian de auer por herança da dita Mayor Eanes, sua nana, et sub os ditos signos et alla hu quer que os ella auia. |
[+] |
1393 |
OMOM 88/ 210 |
Et se Mayor Eanes, nana que foy do dito, que ha grandes annos que se foy desta terra, veer et demandar estas erdades desta herança deste seu fillo, que uos que llas desenbarguedes querendoas ella demandar por sy meesma et en tanto que digades des misas por las almas do dito Pero Afonso et de sua nana et daquelles a quen el he theudo; et viindo a dita sua nana demandando a dita erança segundo dito he, que uos pague esmonla por las ditas des misas, et uos entre tanto que entredes et pesuyades as ditas erdades et esfruytedes et leuedes daqui en deante para senpre sen enbargo de min, o dito Martin Afonso, et de toda mina uoz et de outro algun, et que façades ben por las almas daqueles cuias foron as ditas herdades. |
[+] |
1393 |
OMOM 88/ 211 |
Et logo en presença de min, notario et testemoyas adeante scriptas foy presentada esta carta et liuda ante frey Afonso, vigareo geeral do obispado de Mendonnedo, et enton o dito vigareo diso que por quanto desto prasia ao herdeyro do dito finado et porque era prol da sua alma et seruiço de Deus, que daua autoridade et poder ao dito testamento et a este traslado del que ualuese para senpre et fesese fe commo o original ante qual quer justiça eclesiastica ou segral ante que paresçese et fose mostrada; et tanben daua autoridade aa dita doaçon en naas outras cousas contheudas en esta carta segundo que se en ella contina, et que metia et apoderaua et encoutaua o dito moesteiro et frayres del en todos los herdamentos que perteesçian ao dito Pero Afonso por herança da dita sua nana en todo o bispado de Mendonedo, et que mandaua sub couto de seiçentos morabetinos et sub penna de scomoyon a todos los juyses et justiças et alcalles et moordomos do bispado de Mendonnedo que metesen et apoderasen et encoutasen ao [dito moesteiro] et frayres del et seu procurador en todos los ditos erdamentos, casas et casaes que foron do dito Pero Afonso et lle perteesçian por erança da dita Mayor Eanes, sua nana. |
[+] |
1396 |
OMOM 102/ 225 |
Por la qual terça da dita leyra que a min perteesçe et as ditas minas yrmaas por vos et herança de noso padre, Johan Trobeiro, uos aforo por des dineiros novees cada anno em dia de çinça primeiro dia da Coraesma, et asy em cada un anno. |
[+] |
1397 |
OMOM 104/ 228 |
Et logo [. . ] o dito frey Ferrando desia que o dito arçidiago Ferrando de Ares que o fesera herdeiro con a dita condiçon, mays el que (por) quanto [era ocupado en outros negoçios, non] podia tan diligentemente procurar que el demetia et poynna en no dito frey Ferrando et frayres do dito moesteiro todo seu poder conprido [segundo o dito arçidiago mandara] en seu testamento; et que poyna en eles toda herança et conprimento segundo que o el avia et lle mandado fora por lo dito testamento [do dito arçidiago]. |
[+] |
1399 |
FDUSC 258/ 271 |
Et estas herdades et casas sobreditas et suso declaradas nos os ditos vedrannos damos et desenbargamos ao dito Lourenço Afonso et dizemos que lle perteesçen por herança do dito Pero Eanes, et asy declaramos por virtude da dita carta de sêê et per lo juramento que feito auemos, con protestaçon que se nos de mays acordaremos que o digamos, et protestamos de non caer nen encorrer en pena nen em excomoyon alguna contiuda na dita carta. |
[+] |
1401 |
MSCDR 450b/ 568 |
Que nos leixe et desenbarge duas leyras de herdade que jazen en na cortiña do Paaço, huna delas hu esta a çerdeyra anbroes, et a maçeyra ducar, et a outra dentro en na dita cortiña do Paaço, açerqua desta que noso padre Lourenço Martinz conprou a metade delas a Gomes Peres d ' Esposende, et nos [leixou] a outra metade das ditas leiras, que conpramos a Rui de Sesgude, que as herdaua o dito Gomes Peres por parte de Ynes Lourença, sua muller que foy, por fillos que lle dela ficaron, et ao dito Rui Sesgude perteesçia por sua herança miisma; et que nos de et entrege as ditas duas leyras con os nouos et proes delas de viinte annos aquo, que estimamos as nouidades et proes delas a çinquenta morauedis de boa moneda, non perdendo per lo mais nen por lo menos, que monta asi mill morauedis da dita moneda. |
[+] |
1401 |
OMOM 111/ 234 |
Sabean quantos esta carta de foro viren commo nos, frey Gonsaluo de Lago, ministro do moesteiro de San Martinno de Uillalourente; et frey Ferrando Ares; et frey Fernando de Cabaneiro; et frey Ares; et frey Afonso Rodrigues; et frey Diego Lopes, discretos et frayres conuentuaes do dito moesteiro, con outorgamento dos outros frayres do dito moesteiro, entendendo que fasemos prol et bon paramento do dito moesteiro et noso et de nosos susesores, aforamos et damos a foro jur de herdade para senpre a uos, Fernando Eanes, morador en Coença, et a uosa muller, Maria Peres, toda quanta herdade nos avemos et nos perteesçe et perteesçer deue por uos et herança de Diego de Coença, que a mandou ao dito moesteyro en Coença et en Andyon et sub sygnos de Santa Marina de Ramil et de Santiago de Silua, asy casas commo casaes et formaes, chantados et por chantar, et toda herdade braua et mansa por hu quer que vay de montes a fontes. |
[+] |
1401 |
OMOM 111/ 234 |
Et tanben uos aforamos o moyno que avemos en no dito lugar de Coença, o qual nos perteesse tanben por la dita herança, segundo que a o dito Diego de Coensa auia et lle perteesçia de dereito en nos ditos lugares. |
[+] |
1402 |
FDUSC 264/ 277 |
Sabeam todos que eu Marina de Quarnota, morador enna villa de Muro, que faço per min et por todas minas uozes, de grado et de coraçon et de mia propia et liure voontade uendo para senpre et dou por jur de herdade a uos Lourenço Afonso, notario da dita villa, et a uosa moller Maria Bernaldes, et a todas uosas uozes, conuen a saber, todas las herdades, casas, et casâês et chantados et eyras et formâês, huquer que vâân a montes et a fontes, et que eu ey et me perteesçen por herança de meu padre Afonso Dominges de Figeyra et de mina madre Moor Franqua et por herança de meus auôôs et auôâs et yrmâôs et yrmââs, et por conpras et gaanças, et por qualquer outra razon ennos Vilares d ' Adrayo et en suas herdaduras et en toda a friigesia de san Mamede de Quarnota. |
[+] |
1405 |
HGPg 44ba/ 111 |
Saban quantos eſta carta viren commo nos os frayres τ conuento do moeſteyro de Sant Domj̃go de Vjueyro, ſeendo juntados en capitolo do dito moeſteyro per canpãa tanjuda cõ noſſo vigario frey Aluaro de Cordido, doctor, ſegũdo que o avemos de vſo τ de coſtume, damos τ outorgamos poder τ ljçençia τ autoridade a vos frey Martjn, que ſe feσ doctor, noſſo frayre τ conuentual do dito moeſteyro, para que poſades vender τ dar τ concãbear τ traſpaſſar τ leyxar τ demjtir τ aforar τ deſenbargar toda a herança τ bẽes aſi mobeles commo rrayzes τ parte deles que vos foron mandados τ leyxados per Afonſo Yaneσ Veloſo, voſſo padre adoutiuo que fuy. |
[+] |
1409 |
HGPg 44b/ 113 |
Et mj̃gando en algũ tenpo voſo ſubçeſor ou de voſos yrmaãos, que se torne eſta dita herança ao dito moeſteyro de Sãt Domj̃go para que a aforen a quen quiſeren, pero que a nõ poſan vender nẽ dar nj̃ eallear; mais que aja o dito moeſteiro o foro dela para ſenpre para conplir as couſas que se per elo han de faσer τ fuy encomendado. |
[+] |
1409 |
HGPg 44b/ 113 |
E jtẽ se en algũo tenpo ouuer contenda entre los herdeyros sobre eſta herança que nõ ajan sobre lo juyσo senõ perante o prior ou preſidente do dito moeſteiro de Sã Domj̃go et segũd que o el determjnar aſy seja livre. |
[+] |
1409 |
HGPg 44b/ 113 |
E jtẽ se aquel que eſta herança ouuer de auer for sandeu ou deſtruydor de seus bẽes, que se torne ao outro do tronco a que perteeſçeu. |
[+] |
1409 |
SDV 71b/ 103 |
Iten que se en algun tempo ouver contenda entre los herdeiros sobre esta herança que non ajan sobrelo juyso senon ante o prior ou presidente do dito moesteiro de sant Domingo et segun que o el determinar asy seja libre. |
[+] |
1409 |
SDV 71b/ 103 |
Iten que se aquel que esta herança ouver de aver for sandeu ou destruydor de seus bees que se torne a outro do tronquo a que perteesçer. |
[+] |
1410 |
HGPg 41/ 98 |
Saban quantos eſta carta viren commo nos o conuento τ frayres do moeſteiro de San Domj̃go de Vjueiro ſeendo enno capitolo do dito moeſteiro ajuntados en capitolo per canpãa tanguda ſegundo que o avemos de vſo τ de coſtume cõ frey Lopo Lopes, prior do dito moeſteiro, τ cõ frey Pedro do Valedouro τ frey Lopo de Gualdo, maeſtres en ſanta theoleſia, et frey Juã de Gualdo τ frey Martj̃ por ben τ frey Afonſo Martinσ τ frey Afomſo Bonomẽ τ frey Aras de Galdo τ frey Diego Peres τ frey Gonçaluo de Viueiro, doutores τ conuẽtuaas do dito moeſteiro de San Domj̃go de Viueiro, por nos τ en nomme dos outros frayres τ conuento do dito moeſteiro aforamos a vos, Afonſo Lopes de Gualdo, notario, veσiño de Vjueiro, τ a uoſas uoσes enna meatade τ a vos, Rodrigo Ares, morador en San Pedro de Vjueiro, τ a voſas voσes enna outra meatade para ſenpre ja mays a terça parte entregamẽte de todos los beẽs τ herdamẽtos τ aruores τ bouças τ vedros τ herança que ficou de Iohan Franco ennos quaes ditos beẽs uos los ſobre ditos auedes las outras duas partes. |
[+] |
1410 |
OMOM 133/ 253 |
Sabean quantos esta carta viren commo eu, frei Rodrigo Eanes, fraire da Terçeira Ordeen de San Françisco, non enduzido nen enganado nen costrengido por outro error algun, mays de mina propria et boa voontade, dou en dadiua et pura doaçon para senpre et por lo amor de Deus et por la mina alma et de aquelles a quen soo tiudo para senpre entre viuos, o melor et mays conpridamente que poso et deuo de dar de dereito, ao moesteiro de San Martinno de Villalourente et fraires et conuento del, conuen a saber: a midade de quanta herdade a min perteeçe por mina herança en na flegesia de Santiago de Villadonga, et a midade de quanta herdade aio so signo da flegresia de Don Saluador de Ansemar, tirando o foro que ellas deuen, por quanto entendo de viuer en no dito moesteiro et he saluamento de minna alma, con todos seus jur et perteeças et dereituras das ditas herdades, asi brauas commo mansas. |
[+] |
1410 |
OMOM 134/ 254 |
Sabam quantos esta carta viren commo eu, Orraca Rodrigues, freyra da Terçeira Ordeen de San Françisco, non endusida nen enganada nen costringida por outro error algun, mays de minna pura, propria et boa voontade, dou en dadiua et por amor de Deus et por las almas de aquelles a quen eu son theuda para senpre entre biuos, o mellor et mays conplidamente que poso et deuo dar de dereito ao moesteiro de San Martinno de Villalourente et frayres et conuento del. conuen a saber: a metade de todas las herdades brabas et mansas et casas et casaes, juros et perteenças que eu aio et me perteesçen de auer en no couto de Saa, sub signo de San Fiins de Baltar, por voz et herança de Diego Rodrigues de Saa, meu padre que foy, tirando huna mea teega de herdade que ias aa portega, que eu di aa dita iglesia de San Fiins que me disesen y huna misa. |
[+] |
1410 |
OMOM 136/ 257 |
O qual presentado por min, notario, diseron que [o dauan et deron] ao dito juys et vigareo que teuese por ben de enterpoer por decreto et dar sua autoridade [a min, o dito notario, que fesese] trasladar et trasladase o dito testamento et herança en el contheuda en maneira que podese faser et fesese fe o dito traslado do dito testamento et herança en qual quer lugar que fose presentado commo original proprio de que foy sacado, por quanto se temia que o dito original se perdese en alguna maneira. |
[+] |
1410 |
OMOM 136/ 257 |
O qual dito juys et vigareo diso que vista a petiçon dos ditos frey Afonso Rodrigues et frey Fernando, procuradores do dito moesteiro, et visto o dito testamento et herança non raso nen cançellado nen en alguna parte suspeytoso, diso que enterponya et enterposo a ello seu decreto, et que valuese o dito traslado et herança feito por min, notario aiuso escripto, et signado con meu signal en qual quer lugar que fose presentado asy commo original proprio. |
[+] |
1410 |
OMOM 136/ 257 |
Et eu, Gonsaluo Eanes, notario jurado dado por la autoridade apostolica, a esto que dito he presente foy con as ditas testemoyas, et este testamento et herança aqui trasladey ben et verdadeyramente por lo dito original et escripui con minna mao propria a rogo et a pedimento dos ditos frey Afonso et frey Fernando et por mandado do dito juys et vigareo et aqui puge meu nome et signal, que tal he, en testemoyo de verdade. |
[+] |
1410 |
SDV 32/ 66 |
Saban quantos esta carta viren commo nos o convento e frayres do moesteiro de Santo Domingo de Viveiro, seendo enno capitolo do dito moesteiro, ajuntados en capitolo per campana tanguda, segundo que o avemos de uso e de costume con Frey Lopo Lopes, prior do dito moesteiro, e con Frey Pedro de Valedouro e Frey Lope de Gualdo, maestres en Santa Theolesia, e Frey Juan de Gualdo e Frey Martin Porben e Frey Afonso Martines e Frey Afonso Bonomme e Frey Ares de Galdo e Frey Diego Peres e Frey Gonsalvo de Viveiro, doutores e conventuaas do dito moesteiro de San Domingo de Viveiro, por nos e en nome dos outros frayres e convento do dito moesteiro, aforamos a vos Afonso Lopes de Galdo notario, vesinno de Viveiro e a vosas voses enna meatade, e a vos Rodrigo Ares morador en San Pedro de Viveiro e a vosas voses enna outra meatade, pera sempre jamays, a terça parte entegramente de todos los bees e herdamentos e arbores e bouças e vedros e herança que ficou de Johan Franco ennos quaes bees vos los sobreditos e avedes las outras duas partes. |
[+] |
1416 |
OMOM 158/ 276 |
Sabean quantos esta carta viren como eu, Garçia Fernandes, morador en Fogaca, friglesia de Saldangee, non indusido enganosamente nen costrengudo por alguna maa maneira, mays de minna propia et lyure voontade et por amor de Deus et por saluaçon de minna alma et de aqueles a quen eu soy theudo, dou en pura doaçon ualedeyra para senpre segundo que conpridamente deue de valer doaçon entre viuos, conuen a saber: que dou ao moesteiro de San Martinno de Villalourente et aos frayres que agora hy son et foren daqui en deante para senpre jur de herdade toda quanta herdade eu aio en na friglesia de Santa Maria de Vyan et en Marquede, friglisia de San Viçenco de Reygosa, asy brava commo mansa, en monte et en villa, segundo que me perteesçe a dita herdade por uos et herança de Sancha Fernandes, minna tia, et por qual quer outra rason que me perteesca et perteesçer deua, asy por minna avrenga commo por conpra et gaaça en qual quer maneira. |
[+] |
1418 |
OMOM 169/ 287 |
Sabean quantos esta carta viren commo eu, Afonso Domingues, morador en Viueiro, uendo jur herdade para senpre a uos, Pero Afonso, çapateiro, et a uosa moller Maria Ferrandes, moradores en Çima de Uila, et a todas uosas uoses toda quanta herdade eu aio so sygno de Santa Maria de Bretona, braua et mansa, que me perteesçe por herança de meu padre et de mina nana en na dita frygresia, por preço que a min et a uos moyto aprouuo, conuen a saber, duçentos et saseenta par de brancas; os quaes dineiros me logo destes et eu reçebi en dineiros feitos en presença do notario et testemoyas desta carta. |
[+] |
1420 |
DMSBC 18/ 61 |
Sabean todos que eu, Tareija Gomes, moller de Bernal d ' Eanes do Camjno, cãbeador, que presente he e me dá liçençia e outorgamẽto pera o adeante contiúdo, por mj̃ e por toda mj̃a voz, outorgo e conosco, perla mellor maneyra que poso e deuo, que dou puramẽte en doaçón jnrreuocáuel, así como doaçõ mellor pode seer e de dereito máis valler, d ' oje este día endeante pera senpre, ẽno amor de Deus e porlas almas de meus padre e madre, Gomes Garçía e María Afonso, que Deus perdoe, e de aqueles a que sõo tiúdo, a vós, Johán Fernandes, capelán da capela de San Bieito desta çidade de Santiago, e aos outros capelãas vosos suçesores, que despois de vós forẽ da dita capela, hũu terço entregamẽte dos dous terços do sotõo de aquela casa en que vós, o dito capelã, agora morades, que están acerqua da dita capela, da qual casa os sobrados dela e o outro terço do dito sotõo son da dita capela, e os outros dous terços do dito sotõo son de Eluira Garçía, mj̃a yrmãa, filla dos ditos meus padre e madre, e de María Garçía, neta dos sobreditos meus padre e madre, o qual dito terço dos ditos dous terços do dito sotõo a mj̃ perteeçe por parte e herança dos ditos meus padre e madre, ou por outra qualquer rrazõ. |
[+] |
1421 |
FDUSC 275/ 292 |
Os quaes sobreditos herdamentos a nos e aos ditos nosos fillos perteeçen por parte e herança de Martin Fernandes Monapolio, que foi padre de min a dita Sancha Eanes e de Fernan Afonso Monapolio seu padre e por outra qualquer rason. |
[+] |
1421 |
SVP 99/ 163 |
Contra o qual foy dito de parte dos ditos reos que o dito Suer Peres fezera o dito foro aos ditos Afonso Rodriges e Gomes Fernandes e suas vozes e que eles soçederan en no dito foro e non perderon o dereito del e conpriran as condicõẽs e pagaran o çenso e tinan medade das ditas herdades por herança do dito Gomes Fernandes; e da outra medade o dito moesteiro tina a quarta parte, e o outro quarto que frey Diego Corcoua, prior, o aforara do dito Meen Rodriges; e que o dito frey Diego Corcoua non podera fazer tal aforamento nen o cobrara para o dito moesteiro por quanto o dito Suer Peres non fezera destinçon do dito foro aos ditos Afonso Rodriges e Gomes Fernandes; en o qual se presumia que ficaua a metade do dito foro que perteesçia ao dito Afonso Rodriges en na linagẽẽ e vozes desçendentes do dito Gomes Fernandes, e que en no dito foro fora posto condiçon que senpre ficase a medade del en nos herdeiros dos ditos aforadores. |
[+] |
1422 |
FDUSC 277/ 296 |
Enna çidade de Santiago, viinte et çinquo dias do mes d ' oytubre do anno do nasçemento de noso Señor Ihesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et dous annos, en presençia de min Gomes Garçia notario publico jurado da dita çidade, et das testemoyas adeante escriptas, estando presente Juan Fernandes de Canas, coengo de Santiago, paresçeu Vaasco Lopes, fillo de Martin Afonso de Burgos et de sua moller Meçia Lopes, et diso que oje avia dous ou tres dias pouco mais ou menos lle fora dito per personas dignas de fe et de creer que a dita Meçia Lopez, sua madre, con liçençia do dito Martin Afonso, vendera et fezera carta de venda para senpre ao dito Juan Fernandes por ante notario publico do seu casal et herdades, casas et viñas con suas dereituras que chaman de Cores, que he enna flegresia de san Migell de Deyro, que agora ten arrendada Juan de Couçe do monte, et mais lle avia vendido aquela casa entregamente que esta enna rua da Moeda vella desta çidade, en que agora mora Nicolââo Alaman, junta con outra casa de Santiago, en que agora mora Juan de Mendoça, pertigeyro mayor da terra de Santiago, et sua moller dona Ynes, et de outra parte con outra casa en que soya morar Juan Raposo, canbeador, o qual casal et casa lle era dito que foran vendidos ao dito Juan Fernandes por quantia de noue mill et quinentos morauedis de moeda vella blanca en tres dineiros; et que por quanto os ditos casal et casa suso nomeados perteeçian a a dita Meçia Lopez, sua madre, por herança de seu padre Lopo Paez, que foy, et vina de sua tronquedade et avoengo, et el o dito Vaasco Lopez era mais propinquo et deçendia en linea directa, conmo fillo legitimo da dita Meçia Lopes, por lo qual lle perteesçia et deuia auer dereito por lo justo preço os ditos bêês, et os queria aver et recobrar por lo dito preço, por ende que requeria et requireu ao dito Juan Fernandes que lle dese et tornase logo os sobreditos casal, casas et viñas et herdades del et as ditas casas da Moeda vella de suso ditas, por los ditos noue mill et quinentos morauedis, porque as asi avia conpradas, que el era logo prestes de lle dar et pagar os ditos morauedis, et para elo et para faser a dita recobraçon que presentaua et presentou logo çento e seteenta dobras d ' ouro mouriscas, e quareenta floriins d ' ouro do cuño d ' Aragon, que valian et montauan a dita quantia dos ditos noue mill e quinentos morauedis, requerindo ao dito Juan Fernandes, que reçebese os ditos noue mill e quinentos morauedis enno dito ouro et se pagase e contentase dos ditos morauedis e lle tornase o dito casal con suas herdades, casas et viñas del et as ditas casas da Moeda vella. |
[+] |
1423 |
FDUSC 278/ 300 |
E o qual dito testamento asy liido. aberto e publicado, o dito Vasco Lopez diso que por quanto o dito testamento lle perteeçia de auer de dereito, asy conmo fillo legitimo da dita Meçia Lopes, que açetaua a dita herança da dita sua madre, e que pedia ao dito correjedor que dese abtoridade e interposese seu decreto ao dito testamento para que ualuese e fezese fe en juizo e fora del. |
[+] |
1424 |
OMOM 179/ 296 |
A qual dita leyra et herdade me perteesçe por vos et herança de meu aboo et madre, Diego Afonso et Maria Peres. |
[+] |
1425 |
OMOM 181/ 298 |
Sabeam quantos esta carta de doaçon viren commo eu, Eluira Lopes, morador en Villasequa, muller que foy de Pero Eanes, morador en Villaseca, et nora que foy de Tareyia do Barreiro, dou en esmonlla et por llo amor de Deus et por la alma do dito meu marido para senpre jamays ao moesteiro de San Martinno de Villa Lourente todos los herdamentos mansos et brauos que me a min ficaron do dito meu marido Pero Eanes por uos et herança de meus fillos et seus, Gonçaluo et Juhane et Eluira, que se finaron menores de ydade. |
[+] |
1425 |
OMOM 181/ 298 |
Os quaes meus fillos se finaron en meu poder menores de ydade, et por quanto me o dito meu marido mandou poer a dita herdade et herança della en hun moesteiro morendo os ditos meus fillos et seus menores de ydade, por ende eu, ueendo que he prol de sua alma et mina, ponoa en no dito moesteiro de San Martinno, que roguen a Deus por sua alma et mina os fraires del, et mandolles delo faser esta carta por lo notario et testemoyas sub escriptas. |
[+] |
1428 |
OMOM 198/ 315 |
Sabean quantos estas cartas de dadiua et doaçon viren commo eu, Fernando Vidal do Rio, morador en na figlesia de San Jurjo de Goaa do bispado de Mondonedo, estando sao do corpo et con todo meu entendemento conprido qual Deus teuo por ben de me dar, non seendo enganado nen endusido por alguna maneira de engano ou por persoa alguna, mays de mina propria uoontade uoontade et auctoridade asy commo persoa libre que son que non aio filo nen filla nen outra persona a min achegada que me posa enbargar o que aqui he escripto et contheudo en esta carta et con outorgamento et consintimento que me para esto adeante escripto ha dado mina muller, Maria Gonçalues, por huna carta de poder de que o tenor de verbo ad verbo se contem aiuso en esta carta, dou et faço doaçon et dadiua valedeira para senpre, o melor et mays conpridamente que poso et deuo de dereito et dadiua et doaçon pode et deue ser dada en dereito entre viuos en esmonla por lo amor de Deus et por la mina alma et de mina nana et de meu padre et de Marina Peres et de Orraca Rodrigues et de Maria Rodrigues et de todas llas outras personas a quen eu son theudo, aos frayres et conuento do moesteiro de San Martinno de Villa Lourente, que he açerca da see de Mondonedo, conuen a saber que lles dou por lo amor de Deus commo dito he para senpre et por la mina alma et por las almas de aquestas personas sobre ditas en smonla a meatade de todos los bees rayzes que mina nana avia ao ponto de sua morte, et a terça parte entergamente de quantos herdamentos et bees rayzes meu padre auia ao ponto de seu finamento, et todos los bees rayzes que a sobre dita Marina Peres avia ao dia de seu finamento, et a terça parte entergamente de todos los bees rayzes que a sobre dita Orraca Rodrigues ao dia de seu finamento avia por herança de seu padre, et mays as duas terças partes de todos los bees rayzes que a sobre dita Maria Rodrigues auia ao dia de seu finamento segundo oje en dia eu leuaua et persuya et usaua por min et por meus theedores estos ditos bees, et os eu aio gaanados et cobrados por preguntas de dereito, et me ficaron dos sobre ditos. |
[+] |
1432 |
FDUSC 283l/ 325 |
E logo a dita Ynes Fernanades diso que ela non era obligada a pagar os ditos froliis, saluo por los bêês da dita herança do dito Gomes Rodrigues, segundo se contina enna dita sentença, e por ende, que desenbargaua e desenbargou a a dita Ignes Gomes e ao dito Vasco Lopes seu marido quaesquer bêês reizes que foron do dito Gomes Rodrigues, defunto, para que fosen a eles ondequer que os achasen, sen seu enbargo e se entregasen e pagasen per eles dos ditos froliis e custas. |
[+] |
1432 |
FDUSC 283l/ 325 |
E que este desenebargo fazia e fezo a dita Ynes Fernandes dos ditos bêês da dita herança protestando que os outros seus bêês da dita Ynes Fernandes non fosen a elo obligados. |
[+] |
1433 |
MNP 6/ 23 |
Sabean todos, que eu Nuno Garcia de Poyo, morador ẽna villa, que soo presente et que faço por min et en nome de mĩa moller, me obligo de dar ratificaçon e que ela aja por firme et estauille esto aqui adiante contiudo, senpre en todo tenpo por min et por todos meus bẽes que a elo obligo et so a pena adeante contidua, et que fazo por mĩas vozes et suas aforo eu dou en aforamento a vos Juan Fernandes, clerigo de San Christovoo de Briallos et a vos todalas herdades, casas et casares et chantados et viñas et devesas et arvores et renda de pan et viño et foros et dereituras que eu et a dita mĩa moller avemos et devemos a aver de dereito, en toda a friigresia de San Christovo de Briallos et ẽna fiigresia de Santo Andre de Valiñas por parte e herança de Durança Peres, moller que foi de Pero Yanes da Lagea et do moesteiro de San Domingo da villa de Pontebedra, que teemos aforado, et aforovos todo sobrado con todas suas perteensas et dereituras por min et en nome da dita mĩa moller, como dito he, por tenpo doje este dia ata seys anos conpridos primeiros siguintes, que son seys novidades alçadas et levantadas para que ẽno dito tenpo usedes todo o sobredito et levedes todalas rendas de pan et viño et dereituras et foros delo, segundo que o eu et a dita mĩa moller ata aqui tevemos et usamos et levamos, et que dedes a min et a dita mĩa moller et nosas vozes por renda et conosçemento delo en salvo sen desconto algũu cinquoenta mrs. de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, que montan ẽnos ditos seys anos trescentos mrs. da dita moeda, os quaes ditos tresçentos mrs. da dita moeda eu de vos resçeby en presença deste notario et testemoyas, et me outorgo por entrego e pago a toda mĩa voontade et renuncio toda exençon que nunca ende diga o contrario et eu et a dita mĩa moller pagarmos o dito moesteiro en cada un ano a pençon et foro que o dito moesteiro de San Domingo ha ẽnas ditas herdades et outros cargos. |
[+] |
1433 |
MNP 7/ 24 |
Sabean todos que eu Maria Afonso, moller que foy de Pero Baldraao, que so presente et que faço por mĩas vozes arrendo a vos Pero Cruu, jurado de Pontevedra et a vosas vozes o terço do meu moyño, desimo a Deus, que chaman da Perneta, que a min perteeçe por herança de Pero Yanes Agulla Yanes Agulla, meu avoo, et aforovos o dito terço do dito moyño por tenpo doje este dia ata oyto anos primeiros cosiguentes, ẽnos quaes ditos oyto anos et en cada un deles quero e outorgo que levedes as rendas et novidades do dito terço do dito moyño e que dedes a min ẽno dito tempo dos ditos oyto anos, cada un ano en salvo e por elo viinte mrs. de moeda vella contando a branqua en tres dineiros,que montan ẽnos ditos oytos anos cento et sesenta mrs. os quaes ditos çento et sesenta mrs. de vos resçiby en presença deste notario et testemoyas. |
[+] |
1433 |
MNP 10/ 28 |
Sabean todos que eu Juan de Deus, toneiro, visiño da villa de Pontevedra et Gonçalvo de Montes, labrador, morador ẽna fiigresia de Santa Marina de Bora, yrmão do dito Juan de Deus, que somos presentes, et que fasemos por nos et por todas nosas vozes, non constregudos por força nen por engaño resçebidos mas de nosa libre et propia voontade vendemos et firmemente outorgamos por jur de herdade para todo sempre vos Fernan Vidal, morador ẽno Soveral que he ẽno couto do Soutomayor, que sodes presente, et a vosa moller Tareia Fernandes et todas vosas vozes et suas, todas las herdades, casas, casares et chantados et devesas et bouças que a nos perteençen de aver herdar por herança de Maria de Veiga, nosa tia, ẽnas figresias de San Salvador de Soutomayor et de Santa Maria de Insoa. |
[+] |
1433 |
MNP 28/ 43 |
A qual dita casa se parte por costãa de parede con outra casa de Rui Martiis Touriño da hũa parte, et da outra parte se parte por parede con o eixido et casa que de min comprou Fernan Cerviño et vay entestar por outon de parede aa orta de Ynes Alvares, moller de Pero Ares d ' Aldãa et sal con portas et fiestras aa dita Rua do Frumigueiro, et a qual a min perteesçe por parte et herança de meus padre et madre et avoos at por partiçon que fise con Afonso Gago Agulla, meu yrmão, que pasou por ante este notario ajuso escripto, et por outra qualquer rason que me perteesca; et vendo, como dito he, a dita casa con seu tarreo en que esta, eixido et arvores, con sua pedra, tella, ferro, madeira et de ancho et de longo et de baixo et de alto et con todas suas entradas et seydas, pousos, jures et agoas vertentes, perteenças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven, asi de feito como de dereito, conven a saber, por contia de mill maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros. |
[+] |
1433 |
MNP 34/ 51 |
Sabean todos que eu Gonçalvo Mascato, barveiro, vezino da villa de Pontebedra, que soo presente et que faço, en nome de Maria, menor, filla de Domingo Bonome, forneiro, que Deus perdon, et de sua moller que foy Marina Peres, da qual dita Maria Peres eu soo tutor por carta de tutela dada por Afonso Gago, juis ordenario da villa de Pontebedra, en nome da dita Maria, menor, et en vertude da dita tutela, outorgo et conosco que resçebi de vos a dita Marina Peres, moller que fostes do dito Domingo Bonome, boa conta, çerta, leal et verdadeira por graano et por miudo et por volunta solene de todos los bees movles, conven a saber: dineiros, ouro, prata, panos asi de vestir como de cama, et preseas et alfayas de casa, et outros bẽes que foron et ficaron do dito Domingo Bonome et que aa dita Maria perteesçian et perteesçen de aver et herdar por herança do dito seu padre et de todo elo me contestastes et pagastes aa mĩa voontade ben et conpridamente et sen mingoa algũa, et renunçio a lei de non numerata pecunia , et toda outra rason et exençon de quanto eu pudiria ajudar por min et en nome da dita menor para contra esto que dito he viinr, et quero et outorgo que me non valla nen seja sobre elo nen sobre parte del oydo en juiso nen fora del; et por ende, en nome da dita menor et por vertude da dita tutela, dou por livre et quita a vos a dita Mariña Peres, sua madre, et a todos bosos bẽes para todo senpre et de todos los bẽes movles que aa dita menor asi pertesçia et perteesçen de aver et herdar por herança do dito seu padre, por quanto asi en nome dela me contentastes et pagastes et foy ontre min et vos contado et somado hũa cousa por outra, et outorgome de todo elo por bem pago et entrego, et douvos delo por livre et quita et anunçiada para todo senpre et a todos bosos bẽes, et prometo et outorgo de vos non viinr nen pasar contra esta dita nunçon et carta de pago que vos asi dou dos ditos bẽes en nome da dita menor en ningũu tenpo que seja, aa boa fe de Deus et sen mao enganno, et so pena de tres mill maravedis de boa moeda, que outorgo que vos peite por pena et en nome de jur se o asi non tever et conprir et contra elo ver, et a pena pagada ou non, esto como dito he este senpre firme. |
[+] |
1433 |
MNP 42/ 61 |
Sabean todos que eu Maria Farina, filla que foy de Fernan de Padron et de sua moller Marina Farina, cujas almas Deus aja, et moller que soo de Vivian Fernandes, carpenteiro, morador ẽna dita villa, que presente esta, et outorga et me da poder et liçençia et outorgamento para faser et outorgar esto aqui adeante contiudo, outorgo et conosco que fis partiçon con vosco, Juan Farina, pedreiro, meu yrmãao de todos los bẽes moveles et reises et froitos dos ditos bẽes reises que foron et ficaron dos ditos Fernan de Padron et Marina Farina, nosos padre et madre, et que a min perteesçian de aver et erdar por sua herança, por la qual dita partiçon me acaesçeron et son mias as casas, soton et sobrados con sua orta et eixido que estan ẽna Rua da Enfesta da dita villa, segundo et por la via que a suya teer et usar os ditos meu padre et madre, con o cargo que en elas ha Tareija d ' Oubiña, et dos outros bẽes mobles et reises et froitos de bẽes reises que a min asy perteesçia de aver et herdar por erança dos ditos meus padre et madre a mi vieron en partiçon, vos o dito meu yrmãao me contestastes et pagastes en a contia de maravedis et plata et roupa de vestir et de cama et perfeas de casa a mĩa voontade. |
[+] |
1433 |
MNP 42/ 61 |
Por ende, desde oje este dito dia endeante, quito, libro et anunçio a vos o dito Juan Farina, meu yrmãao et a vosas vozes de todos los bẽes mobles et reises et froitos deles, conben a saber: dineiro, ouro, plata, pan et viño, pannos asi de vestir como de cama perfeas et alfayas de casa et os outros bẽes mobles que asi a min perteesçian por herança dos ditos meus padre et madre et que vos, o dito meu yrmãao, por min ouvestes et resçebestes en qualquer maneira et por qualquer rason, por quanto dos ditos bẽes reises me asi contentastes ẽna dita casa et dos mobles ẽna dita prata et dinerios et roupas de bestir et de cama, et soo de todo elo ben contenta et paga, sen outra fauta nen encoberta algũa, et prometo et outorgo de vos non viir nen pasar contra esta dita nuçon et carta de partiçon et de pago en nihũ tenpo que seja, por min nen por outro aa boa fe de Deus et sen maao engano, por min et por todos meus bẽes que vos a elo obligo, et por juramento que ende faço en esta signal de crus + , en lugar de Santos Avangeos, et so pena de seys mill maravedis de boa moeda que vos peite por pena, en nome de interese, se o asy non tever et conprir, et contra elo vier. |
[+] |
1433 |
MNP 54/ 76 |
Sabean todos que eu, Pero Cruu, o vello, et Pero Cruu, o moço, besiños da villa de Pontebedra, herẽes et testamentarios que somos da manda et testamento de Juan Giton, cuja alma Deus aja, que somos presentes et que fasemos por nos et por todas nosas vozes, non costrengudos por força nen por engaño resçebidos, mas de nosa livre et propia voontade, vendemos firmemente et outorgamos por jur de herdade, para todo senpre, a vos Juan Cruu, besiño da dita villa de Pontevedra, que sodes presente, et a toda vosa vos, toda a propiedade et foro et dereito et auçon que o dito Juan Giton et nos en seu nome, aviamos et avemos ẽna leira de viña, disimo a Deus, que disen da Lavandeira, que he ena fiigresia de San Mamede de Moldes, et outrosi vos bendemos mas todo o moyño que jas derribado, o qual esta devante a dita leira de viña, con toda a herdade que arredor del esta que perteesçe ao dito moyño, segundo que o dito moyño et erdade suya teer et usar Domingo de Marcon, lavrador et outrosi vos bendemos mais todas las herdades, casas, casares et plantados et viñas et herdades et foros et dereituras que o dito Juan Giton et nos, en seu nome, avemos et nos pertesçen por sua herança ẽnas fiigresias de San Pero de Tomeça et de San Migell de Marcon, et en cada hũa delas, et vendemos, como dito he, a dita leira de biña con seu tarreo en que esta, et con seu muro et çerca et o dito moiño, et a dita herdade asi a el perteesçente et as sobreditas herdades, casas, casares et chantados et viñas et foros et dereituras que asi o dito Juan Giton et nos, en nome, avemos ẽnas ditas fiigresias et en cada hũa delas con todas suas entradas et saydas et pertensças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven, asi de feito como de dereito, por contia de seteçentos maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros et os quaes ditos seteçentos maravedis da dita moeda, nos de vos resçebimos en presença deste notario et ts. et de que nos nos outorgamos por entregos et pagos, et renunçiamos etc. et se o disermos etc. et se mais val todo esto que vos asi bendemos toda esa mayosia que mais ba vos damos et outorgamos en pura, justa et sãa doaçon para todo senpre, asi como doaçon mellor pode et deve ser et de dereito mais valer ontre bivos, et todo jur etc. anparar etc. pena o doblo. |
[+] |
1433 |
MNP 56/ 79 |
Sabean todos que eu, Elvyra Peres, moller que foy de Alvaro Cruu, jurado que foy da villa de Pontevedra, cuja alma Deus aja, que soo presente et que faço por min et por todas mĩas vozes, aforo et dou en aforamento, desde oje este dia endeante para todo senpre, a vos Gonçalvo de Camões, mercador, visiño da dita villa que sodes presente, et a vosa moller Ynes Gomes et a todas vosas vozes et suas, toda a mina meatade da casa, disimo a Deus, con sua orta et eixido que esta ẽna Rua da Correaria da dita villa ẽna fiigresia de San Bertolameu, a qual meatade de casas se ten por cume da hũa parte con outra meatade das ditas casas que vos conprastes aos herdeiros de Juan Esteves, notario, que Deus perdone, et da outra parte se teen de longo por parde con outra casa que vos, o dito Gonçalvo de Camoes, conprastes a Gonçalvo de Ruival, pedreiro, que foy de Domingo Eanes, sangrador, et bay topar a dita orta et eixido das ditas casas aas casas et adegas do moesteiro de San Domingo da dita villa et vẽe seyr as ditas casas con portas et fiestras aa dita Rua da Correaria, et a qual dita meatade de casas a min perteesçe por herança de Pero Feote et de Maria Alvela, sua moller, meus padre et madre, a que Deus de Santo paraiso, et aforovos por senpre, como dito he, a dita meatade de casas con seu tarreo en que estan et con sua pedra, tella, ferro, madeira et de ancho et de longo et de baixo et de alto et con seus pousos et jures, agoas vertentes et con sua orta et eixido et arvores dela et con todas suas entradas et saidas et perteensças et dereituras que Ile perteesçen et perteesçer deve de dereito para que reparedes a dita meatade de casas de pedra, tella, ferro, madeira, et a requirades de todos los outros adubeiros que ouver mester, en maneira que no caya nen desfalesca por mingoa de restauramento et adubeiro, et devedes, vos et a dita bosa moller et bosas voses, de dar a min et a mĩas vozes en cada un ano, por senpre, por renda, çenso, conosçemento da dita meatade de casas con sua orta, en salvo sen desconto algũu, oytenta maravedis de moeda vella, contando a branca en tres dineiros, os quaes me asi devedes pagar por cada dia de San Migell do mes de setenbre, et outrosi devedes de dar et pagar a Ynes Alvares, moller de Pero Ares de Aldãa, o trebuto et foro que ha ẽna dita meatade de casas, et avendo vos et a dita vosa moller ou vosas vozes, de vender ou sopenorar ou enallear ou trasmudar este dito foro et o feitio que feserdes ẽnas ditas casas, que o façades a min ou a mias vozes tanto por tanto, segundo que vos outro por elo de, querendo nos, et non o querendo que enton o façades a persona semitavell de vos, et eso mesmo avendo eu ou mĩas vozes de vender ou sopenoar ou enallear ou trasmudar a propiedade das ditas casas et trebuto et foro que me asi delas avedes de dar que o façamos a vos tanto por tanto segundo que nosoutro por elo de querendo vos, et por esto que dito he eu nen mĩas vozes non vos devemos de toller nen tirar este dito aforamento por mas nen por menos, nen por al tanto que nos outro por elo de, nen por oytra rason algũa, sobe lo qual eu por min et por mĩas vozes renunçio as leis do dereito do dolo, engano, medo, força,endusimento, et aas leis dos enperadores Veliano et Justiniano que fala en favor das molleres, et a todas las outras leis et dereitos canonicos et cevis que en contra desto sejan, et de que me eu ou mĩas vozes pudieramos para contra esto que dito ha viir que quero et outorgo que nos non valla, nen sejamos sobre elo nen sobre parte delo oydos em juiso nen fora del, nos nen outro algũu en noso nome, ante prometo et outorgo de vos defender et anparar con este dito aforamento de todo enbargo por senpre, por min et por todos meus bẽes que vos a elo obligo et so pena de quatro mill maravedis de boa moeda que outorgo que vos peyteamos por pena, eu ou mĩas vozes se o asi non tovermos, conpriremos et contra el vieremos. |
[+] |
1433 |
MNP 57/ 81 |
Sabean todos que eu Gonçalvo Eans Queimamontes, ferreiro, et a mĩa moller Sancha Peres, moradores ena villa de Pontevedra, que somos presentes et que fasemos por nos et por nosas vozes, aforamos a vos, Juan de Salnes, morador ena fiigresia de Santa Mariña d ' Arquos, que sodes presente, et a vosa moller Ynes Gonçalves, todas las herdades, casas, casares, chantados et viñas et bouças et resios que a min a dita Sancha Peres perteesçen ẽno couto de Arquo da Condesa por herança de Juan de San Martiño meu padre et de Maria de San Martiño, mĩa tia, et aforamos, como dito he, as sobreditas herdades et viñas deste dia de San Migell do mes de setenbre primeiro que ven ata nove anos conpridos primeiros segintes, ẽnos quaes ditos nove anos et en cada un deles devedes de lavrar et procurar as ditas herdades et viñas et casas et requerirlas de todos los lavores que ouvere mester, en maneira que se non pergan por mingoa de lavorio et procuramento, et devedes de dar a nos et a nosas vozes por renda, çenso, conosçemento delo, en cada un ano, a salvo, tres çeramis de çenteo et dous çeramis de millo, medidos por la medida da praça de villa de Pontevedra et mas tres canadas de viño das de Salnes, que son XVI quartas cada canada. |
[+] |
1433 |
MNP 60/ 86 |
Sabean todos que eu Juan de Godoy, escudeiro, morador ẽna fiigresia de Santa Marina da Fraga, que soo presente et que faço por min et en nome de mĩa moller Orraca Nunes, por la qual me obligo conprir et satisfacer, por min et por todos meus bẽes, aforo et dou en aforamento a vos Fernan Sevil, morador ẽna fiigresia de San Migell de Arqua que he en terra de Taveiroos, que sodes presente, et a vosa moller Tareija Fernandes et a vosas vozes, todo o lugar, casas, casares et chantados e herdades del que a dita mĩa moller ha et lle perteesçe ẽna aldea que disen de Nodar, que he ẽna dita fiigresia, por herança de seus padre et madre et avõos et aforovos, como dito he, o dito lugar por tenpo deste dia de San Migell de setenbre primeiro que ven ata viinte et hũu anos conpridos primeiros seguintes, ẽnos quaes ditos viinte et hũu anos et en cada un deles devedes de morar nas casas do dito lugar et teerlas cubertas et levantadas et asi as leixar aa fim do dito tenpo con quanto perfeitio et boo paramento en elo for feito, et eso mesmo lavrar et procurar as herdades do dito lugar et teerlas çertas et manifestas et quaes et quantas son, et devedes de dar a min et aa dita mĩa moller et nosas vozes por renda, çenso, conosçemento do dito lugar et casas et herdades del, çinco çeramis de pan, medio millo et medio çenteo, medidos por la medida dereita da praça da villa de Pontevedra, et mais hũu par de capões et asi en cada un ano por lo dito tenpo dos ditos viinte et un anos, o qual pan et capoons nos devedes de dar et pagar por cada dia de San Martino do mes de novenbre, et con esto seerdes anparados et defesos con este dito aforamento ẽno dito tenpo por min et por meus bẽes et da dita mĩa moller que vos a elo obligo, et so pena de quinentos maravedis de boa moeda que vos peitemos etc. |
[+] |
1433 |
MNP 65/ 91 |
Sabean todos que eu Ynes Alvares moller de Pero Ares d ' Aldãa, basalo del rey et jurado da villa de Pontevedra, que soo preente et que faço por min et por todas mĩas vozes con poder et liçençia et outorgamento do dito meu marido, que presente esta et outorga et me da poder et liçençia et outorgamento para faser et outorgar esto aqui endeante contiudo, aforo et dou en aforamento deste dia de San Migell que seera en este dito mes de setenbre deste dito ano para todo senpre a vos Domingo Paris, mareante besiño da dita villa de Pontebedra que sodes presente, et a bosa moller Taraja Paris et a todas vosas vozes et suas a mĩa casa, disimo a Deus, que esta ena Rua que dizen de Juan Negreiro que he ẽna Moureira, arrabalde da dita villa, da fiigresia casa se ten de longo da hũa parte por parede con outra casa en que agora mora Garcia mareante, besiño da dita villa, et eso mesmo se ten por parede con outra casa de Pero Cruu, o vello, jurado da dita villa, et sal a dita casa con portas aa dita Rua de Juan Negreiro et eso mesmo a Rua do Eirado que esta da outra parte, que se entende que ha saida de rua a rua, et a qual a min perteesçe por herança de meus padre et madre et avoos et por outra qualquer rason que me pertesca, et aforovos a dita casa con seu tarreo, pedra, tella, ferro et madeira et con seus pousos, jures et agoas vertentes et con seu alto et baixo et de ancho et de longo et con todas suas entradas et seydas et perteensças et dereituras que lles perteesçen et perteesçer deven, asi de feito como de dereito, por tal via et condiçon, que reparedes a dita casa de pedra, tella, ferro et madeira et de todos los outros lavores et adubeiro que ela ouver mester en maneira que non desfalesca por mingoa de restauramento, et devedes vos et a dita bosa moller et vosas vozes de dar a min et a mĩas vozes por foro, trebuto et çenso da dita casa en cada un ano sen desconto algũu sasenta maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros et mas hũa pescada fresca, os quaes maravedis et pescada devedes pagar por los terços de cada un ano, de que logo me destes et eu de vos resçeby mill et tresçentos et viinte maravedis da dita moeda, que he o trebuto et foro dos primeiros viinte et dous anos venideiros et dos ques ditos mill et tresçentos et viinte maravedis da dita moeda me eu outorgo por entrega et paga a mĩa voontade por quanto pasaron et son ja en meu jur et poder ben et conpridamente, et renunçio as leis que dis de non numerata pecunia et do Beliano que falan en favor das molleres et a toda outra exeiçon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora del, et se o diser que me non balla, et por esto que dito he, eu nen mĩas bozes non vos devemos de toller nen tirar este dito aforamento por mas nen por menos, nen por al tanto que nos outro por elo de, nen por disermos et alegaremos que ouvo et ha en elo engano mas da metade do justo preço nen por outra rason algũa. |
[+] |
1433 |
MNP 66/ 93 |
Sabean todos que nos o doutor frey Fernando de Momferral, gordian do moesteiro de San Françisco da villa de Pontevedra, et frey Gonçalvo Rodrigues et frey Fernando de Nogueira, mestres en Teología et frey Martino Deça, liçençiado, et frey Fernan de Montes, vicario, et frey Afonso de Moraña et frey Alvaro de Valença, bachilleres, et frey Fernando de Salamanca et frey Fernando de de Caldas et frey Gonçalvo de Tui, fraires conventũaas do dito moesterio, que a esto aqui endeante contiudo somos presentes, dentro ẽno capitolo do dito moesteiro por tanjemento de canpãa, segundo que tivemos de uso et de costume et que fasemos por nos et por nosos subçesores, aforamos et damos en aforamento a vos Afonso de Moldes, lavrador, morador ena fiigresia de San Pedro de Campañoo que sodes presente, et a vosa moller Tareia Rodrigues en hua meatade deste aforamento adeante contiudo, et a vos, Juan de Moldes, morador ẽna dita fiigresia que eso mesmo sodes presente, et a bosa moller Maria do Ribeiro ẽna outra meatade, a nosa viña do Baao que nos foi mandada por Afonso Eanes Quijado, cuia alma Deus aja, et mas o paaço et lagar da dita viña et mas todas las herdades, casas, casares et plantados et bouças que asi a nos perteesçen et nos foron madadas por lo dito Afonso Eanes enos lugares que disen o Baao et do Catadoiro et mas a leira de nosa bouça que agora por nos traje Fernan Garçia do Cachon et aforamavos a dita viña et herdades et bouças suso scriptas que son suas enas fiigresias de Sam Pedro de Canpanõo et de Santa Maria d ' Alva et de San Viçenço de Serpenções, con mays todas las outras herdades et bouças que a nos et ao dito noso moesteiro et convento del perteescan o perteesçer deven de dereito ẽna ditas fiigresias et en cada hũa delas por herança do dito Afonso Eanes Queijado et por outra qualquer rason que as hi ajamos salvo que o casal de Moldes con suas perteensças que a nos et ao convento do dito moesteiro mandou Afonso Yanes, carpenteiro, et aforamosvos a dita viña et casas et herdades et plantados, a dita viña con seu muro et çerca et tarreo en que esta, as ditas herdades et casas et plantados onde quer que vãaa montes et a fontes, con todas suas entradas et seydas et perteensças et dereituras que lles perteesçen et perteesçer deven de dereito por tenpo da vida de vos os ditos Afonso de Moldes et Juan de Moldes et das ditas vosas molleres et de tres voses a alende o postromeiro de vos et das vosas molleres et por mas a alende das ditas tres voses viinte et nove anos conpridos primeiros segintes, et a primeira vos deve nomear a segunda vos et a segunda vos a terçeira et a terçeira bos quen ha de aver os ditos biinte et nove anos, so tal pleito et condiçon que vos et as ditas vosas molleres et as ditas vozes et o que ouver os ditos viinte et nove anos que lavredes et ben paredes a dita viña de poda et cava et arrenda et rodriga et a esterquedes et muredes et valedes et requireades de todos los outros lavores que ouver mester segundo perteesçe a viña ben lavrada. |
[+] |
1433 |
MNP 68/ 97 |
Sabean todos que eu Pero Eanes, fillo de Juan da Lagea, morador ẽna dita villa de Pontevedra et da sua moller que foi, Maior Leal, cuja alma Deus aja, que soo presente et que faço por min et por todas mĩas vozes, non costrengudo por força nen por engano resçebido, mas de mĩa livre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre, a vos Juan Fremoso, toneleiro et a vosa moller Costança Afonso, moradores ẽna dita villa, que sodes presentes et a todas vosas vozes et suas, as mĩas casas, disimo a Deus, sotão et sobrado que estan ẽna Rúa de don Gonçalvo da dita villa, fiigresia de San Bartolameu, as quaes casas se ten de longo por parede, da hũa parte, con casas de Gonçalvo da Ruival, mareante et da outra parte, se ten, eso mesmo de longo, por parede con casas que foron de Vasco do Souto, que agora son de Juan de Padron, marineiro, et vay topar o outon das ditas casas en outras casas de Lourenço Eanes, notario da dita villa, et saen con portas et fiestras, aa dita Rua de Don Gonçalvo, et as quaes a min perteesçen por herança da dita mĩa madre et por outra qualquer rason que me perteesçera, et vendo, como dito he, as ditas casas con sua pedra, tella, ferro, madeira, et de ancho et de longo et de baixo et de alto et con seus pousos, jures et aogas vertentes et entradas et seydas et perteensças et dereituras que lles perteesçen et perteesçer deven, asi de feito como de dereito, conven a saber: por contia de mill maravedis de moeda vella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos mill maravedis da dita moeda, eu de vos resçeby en prata et dineiros, en presença deste notario et ts. et de que me outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade ben et conpridamente et sen mingoa algũa et renunçio a toda eixençon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora del, et se o diser que me non valla. |
[+] |
1433 |
MNP 84/ 116 |
Sabean todos que eu Juan Canpeeiro, besiño et morador ẽna villa de Pontevedra et que faço por mĩ et por todas mĩas vozes, non costrengudo por força nen por engãno resçebido, ma de mĩa livre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre a vos Pero Eanes da Rigeira, meu yrmãao, morador ẽna fiigresia, de San Christovoo de Candian, que sodes presente, et a vosa moller Tareija Fenandes et a todas bosas vozes, en hũa metade desto aqui adeante contiudo, et a vos Gonçalvo deo Caeiro, eso mesmo meu yrmãao, morador ẽna dita fiigresia, et a vosa moller Dominga Peres et a todas vosas vozes, en outra meatade, todas las herdades, casas, casares et chantados et viñas et arvores que a mĩ perteesçen de aver et herdar ẽnas fiigresias de San Christovoo de Candian et de Santa Marĩna de Cabral et de Santo Andre de Comesano et en outra qualquer parte que sejan, que a mĩ perteesçan de aver et herdar as ditas herdades por herança de Juan Peres do Caeiro et de sua moller Maria Peres, nosos padre et madre, et por outra qualquer parte que a mĩ perteesça; et vendo, como dito he, as sobreditas herdades, casas, casares et chantados et viñas et arvores, onde quer que vãa, a montes et a fontes, que asi a mĩ perteesçen por parte et herança dos ditos meus padre et madre, con todas suas entradas et seydas et perteensas et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven asi de feito como de dereito, por contia de çento et viinte mrs. de moeda vella contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos çento et viinte mrs. da dita moeda eu de vos resçebi en presença deste notario et testemoyas, et de que me outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade, et renunçio a toda enxençon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora del et, seo diser, que me non valla, et se ais valen as ditas herdades et casas et casares et chantados et viñas que vos asi bendemos, toda esta mayosia que mas valen vos dou et outorgo en pura, justa et saa doaçon para todo senpre asi como doaçon mellor pode et deve seer et de dereito mas vale ontre bivos. |
[+] |
1433 |
MNP 85/ 118 |
Sabean todos eu Juan de Cabral, carpenteiro, besiño da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas bozes, aforo et dou en aforamenteo, desde oje este dia endeante para todo senpre, a vos Pero Eanes da Regeira, meu yrmão morador ẽna fiigresia de santo Estevoo de Candian, et a vosa moller Tareija Fernandes et a todas vosas vozes, en hũa meatade deste aforamento aqui adeante contiudo, et a vos Gonçalvo do Caeiro, outrosi meu yrmãao, morador ẽna dita fiigresia, que eso mesmo sodes presente, et a vosa moller Dominga Peres et a bosas voses, ẽna outra meatade deste dito aforamento, todas las herdades, casas, casares et plantados et biñas et arvores que a mĩ, por herança de Juan Peres do Caeiro et de sua moller Maria Peres, nosos padre et madre, perteeesçen de aver et herdar ẽna dita fiigresia de San Christovoo et ẽnas fiigresias de Santa Marĩna de Cabral et de Santo en cada hũa delas et en outra qualquer parte et lugar que os eu aja por herança dos ditos meus padre et madre. |
[+] |
1433 |
MNP 88/ 122 |
Sabean todos que eu, Pero de San Paayo, morador ẽna fiigresia de Santiago de Arcade, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas voses, non costrengudo por força nen por engano rescebido, mas de mĩa libre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre a vos, Estevoo Rodrigues, carpenteiro, besiño da villa de Pontevedra que sodes presente, et a vosa moller Maria Fernandes da Armada et a todas vosas vozes, todas las herdades, casas, casares et chantados et viñas que eu ey et a mĩ perteesçen de herdar de dereito ẽna dita fiigresia de San Martiño de Vilaboa, por parte et herança de meus padre et madre et avoos et por outra qualquer rason que me perteesçan ẽna dita fiigresia; et vendo, como dito he, as sobreditas herdades, casas, casares et plantados et viñas a onde quer que vãa, a montes et a fontes ẽna dita fiigresia, con todas suas entradas et seydas et perteensças et dereituras que lles perteesçen et perteesçer deven de dereito, por contia de trinta mrs. de moeda vella contando a branqua en tres dineiros, os quaes ditos trinta mrs. da dita moeda eu de vos resçeby en presença deste notario et testemoyas, et de que me outorgo etc.; et renunçio etc.; et se mas val etc.; et todo jur etc.; anparar etc.; pena o doblo. |
[+] |
1433 |
MNP 90/ 124 |
Sabean todos que eu, Pero Yanes da Lagea, fillo de Juan da Lagea et de sua moller que foy Maria Jofre, cuja alma Deus aja, que soo presente et que faço por mĩ et por todas minas voses, non costrengudo por força nen resçebido de engano, mays de mĩa libre et propia voontade, quero et outorgo que por quanto eu soo enfermo de tal infermidade, segundo que he publico et notorio, que non poso aministrar nen procurar a mĩ nen, eso mesmo, a meus bẽes asi mobles como reises et froitos deles, nen os demandar nen anparar nen defender en juiso nen fora del, et vos, Lourenço de Gillarey, morador ẽna dita villa de Pontevedra, meu amo, et vosa moller Orraca Fernandes Negral mĩa ama, que sodes presentes, prometestes et prometedes et vos obligades de aministrar a mĩ en toda mĩa vida et me governedes et vistades et calçedes fasta tenpo de mĩa morte, vos en vosas vidas et vosas voses despoys de vos, asi por todos los ditos meus bẽes como por todos los bẽes mobles et reises que vos agora avedes et ouverdes de aqui endeante, con tanto que eu que vos leixe libre et desenbarge todos los ditos meus bẽes asi movlles como reises, onde quer que os eu aja, para que vos por eles et por los ditos vosos bẽes me aministredes et governedes et vistades et calçedes et requirades de aquelo que me feser mester para mĩa provison et mantençon et procuramento de mĩa infirmidade; por ende eu, por la mellor via et forma que poso et devo de dereito, vos leixo, libro et desenbargo todos los meus bẽes, asi mobles como reises, que eu ey et a mĩ perteesçen de aver et herdar por herança da dita mina madre et de meus aboos et por outra qualquer via que a mĩ perteesçan, asi ẽna dita villa de Pontevedra como arredor dela, como en outra qualquer parte que os eu aja, para que vos, os ditos Lourenço de Gillarei et vosa muller, mios amos, et vosas vozes os posades aver et herdar et aver et demandar et vender ou enpenar, et faser deles et en eles toda vosa libre voontade, asi como de vosa cousa propia sen meu enbargo et de mĩas voses, que eu vos los dou et outorgo asi, por via de dote ou por via de doaçon ou outro qualquer auto que vos los eu mellor et mays conpridamente poso et devo dar et obligar por rason do sobredito cargo, et outorgo et prometo que desde oje este dito dia endeante eu non venda nen enpene nen faça outro auto algũu, et fasendo o contrario que non valla o que ende feser, nen faça fe en juiso nen fora del, et sobre o qual renunçio as leis de do dereito avendo força, enduçimento et todas las outras leis; et eu, o dito Lourenço de Gillarei et mina moller, que asi somos presentes et que fasemos por nos et por nosas voses asi recebemos o sobredito et prometemos et outorgamos que nos et nosas voses despoys nos aministremos et procuremos a vos o dito Pero Yanes, que vos collamos et ospedemos connosco ẽna casa onde moramos et procuraremos por todo tenpo da nosa vida eso mesmo que vos governemos de pan et viño, carne et pescado, segundo et por la via que nos comeremos, et vos vistamos et calçemos fasta tenpo de voso finamento, et vos tenamos et agoardemos todo o sobredito, para o qual todo vos asy teer et conprir, vos abligamos a nos meesmos et aos ditos bẽes que nos asi dades et todos os ditos nosos bẽes, asi movles como reises avidos et por aver; et esto todo como dito he deve de soer conprido et agoardado ontre nos, os ditos Pero Yanes et Lourenço de Gillarei et mĩa moller et nosas voses aa boa fe de Deus sen maao engãno et por juramento que ende fasemos en este signal de crus etc., et so pena de des mill maravedis etc. |
[+] |
1433 |
MNP 125/ 166 |
Sabean todos que eu Afonso Eanes Jacob, notario da villa de Pontevedra, et a mĩa moller Maria Afonso, filla que foy de Gomes Gago, que Deus perdon, que somos presentes et que fasemos por nos et por todas nosas vozes, aforamos et damos en foro, desde oje este dia endeante para todo senpre, a vos Sueiro Martis, morador ẽna fiigresia de San Juan de Leeiro, et a vosa moller Taraja Martis et a todas vosas vozes et suas, todas las nosas herdades, casas, casares et plantados et viñas que o dito Gomes Gago, padre de mĩ a dita Maria Afonso, et eu por sua herança et subceson aviamos et deviamos aaver de dereito no casal de Outeiro et de Pero da Viña, que son lugares que disen do Outeiro et de Veente; et que en este aforamento non entre a vos que disen de Juan Gonçalves Gago; et aforamos vos por senpre como dito he todas as sobre ditas herdades et viñas et cada hũa delas con todas suas entradas et seydas et perteensças et dereituras que lle pertesçen et perteesçer deven de dereito, so tal pleito et condiçon que lavredes todas as herdades do casal et cubrades et levantedes as casas del et as teñades çertas et manifestas et quaes et quantas son, et eso mesmo que lavredes as ditas viñas del de poda, cava, rodriga et arrenda et as esterquedes et çerquedes et valedes et requirades de todos los outros lavores que ouveren mester, en maneira que se non pergan por mingoa de lavor et chousura, et por esto devedes de dar a nos et a nosas vozes por renda, censo, conosçemento das casas et herdades et plantados do dito casal, en salvo en cada un ano sen desconto algũu, trinta çeramis de pan, medio millo et medio ceveira, medidos por la medida dereita da praça da villa de Pontevedra, linpos de poo et palla, os quaes nos devedes de pagar por cada dia de San Migeel do mes de setenbro, et asi en cada un ano en salvo por senpre; et outrosi nos devedes dar et pagar a nos et a nosas vozes o terço do viño que Deus der nas ditas viñas do dito casal mosto aa dorna, o disemo a deus de consũu et vindimardes as ditas viñas por nos ou por noso home et provieer de comer et de beber a nos ou ao que por nos estever ao partir do dito viño; et avendo de vender ou sopẽnorar este dito aforamento et o feitio que ende feserdes a nos ou a nosas vozes o devedes fazer, tanto por tanto segundo que outro vos por elo der, querendoo nos, et non o querendo que enton o façades a personas semitaveles de vos, et non o fasendo asi que non valla o que ende fezerdes. |
[+] |
1433 |
MNP 126/ 167 |
Sabean todos que eu, Pero Martis de Caritel, toneleiro, besiño da villa de Pontevedra, que soo presente, non costrengudo por força nen por engãno resçebido, mas de mĩa libre et propia voontade, dou et outorgo en pura, justa et saa doon para todo senpre, asi como doaçon mellor pode et deve soer et de derito mas baler ontre vivos, a vos Juan de Deus, toneleiro, besiño da dita villa, que sodes presente, et a vosa moller Maria de Cordeiro, et a todas vosas vozes et suas, toda aquela mĩa casa que esta ẽna Rua da Fontayna, fiigresia de San Bartolameu da dita villa, a qual vay de longo por tavoado con outra casa de vos o dito Juan de Deus, et eso mesmo vay de longo por tavoado con outra casa de Juan Rodrigues, toneleiro, morador na dita villa, et de Maria de Portas, moller que foy de Juan de Portas, que Deus perdon, et vay entestar en outra casa de Duan Fernandes, toneleiro, vesiño da dita villa, et sal con portaes et portas aa dita rua de Fontayna, et a qual a mĩ perteesçe por herança de Juan Rillon, pedreiro, meu tio, que Deus perdon; et esta doaçon vos faço asi de toda a dita casa et de toda sua pedra, tella, ferro, madeira, et con seu terreo en que esta, et entradas et seydas et pousos, jures et agoas vertentes et perteensças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven de dereito, por muita ajuda et obra boa que de vos resçebi et entendo resçeber, et por lo devydo et parentesco que convosco ey, et por que me pras et he mĩa voontade; et de mas que vos et a dita vosa moller et bosas vozes que dedes et pagedes para o lume do moesteiro de San Françisco da dita villa oyto mrs. da moeda vella, contano a branqua en tres dineiros, cada un ano para todo senpre, que o dito lume ha en salvo de penson ẽna dita casa, en maneira que a mĩ et a meus bees quitedes delo a pas et a salvo por senpre; et prometo et outorgo de vos non revocar esta dita doaçon que vos asi faço en vida nen en morte, nen procure que se revoque, ante prometo et outorgo de vos anparar et defender con ela de todo enbargo, salvo do dito cargo dos oyto mrs. aa boa fe de Deus et sen mao engano, por mi et por todos meus bẽes que vos a elo obligo, et por juramento que ende faço en este signal de crus en lugar de Santos Evangeus, et so pena de mill mrs. da dita moeda que vos peite por pena eu ou mĩas vozes seo asi non teveremos, conpriremos et contra elo vieremos. |
[+] |
1433 |
MNP 132/ 174 |
Sabean todos que eu Juan Queto do Feal morador ẽna fiigresia de San Mamede de Ribadulla, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas voses, non costrengudo por forã nen por engãno resçebido, mais de mĩa livre et propia voontade, et por desencarregar mĩa conçiençia, desenbargo, desde oje este dia para todo senpre, a vos Pero Eanes da Rua do Rego, alfayate, vesiño da villa de Pontevedra, meu primo, que sodes presente, todas las herdades, casas, casares et chantados et viñas que foron et ficaron de Juan Domingues do Feal, padre de vos o dito Pero Yanes, et que eu tive et usey et pesuy ata aqui por vos des la morte do dito voso padre; et quero et outorgo que vos, o dito Pero Eanes et vosas vozes, posades, desde oje este dia endeante, entrar et resçeber et jurar todas las ditas herdades, casas et casares et chantados et viñas que eu asi tive et usey et que a vos perteesçen de aver et herdar por herança do dito voso padre, et faser delas et en elas toda vosa libre voontade, como de vosa cousa propia, sen meu enbargo et de todas mias vozes, et prometo et outorgo de vos non biinr nen pasar contra este dito desenbargo, ante que vos lo tẽna et compra asi eu et mĩas bozes senpre et en todo tempo, et que vos non venamos contra el en ninhũa maneira por nos nen por outro, aa boa fe de Deus et sen meu engãno, et por mĩ et por todos meus bẽes que vos a elo obligo, et so pena de dous mill mrs. de boa moeda que outorgo que vos peitemos por pena eu ou mĩas vozes seo asi non teveredes, conpriremos et contra elo vieremos et, a pena pagada ou non, este estromento de desenbargo et o en el contiudo este senpre firme. |
[+] |
1433 |
MNP 136/ 180 |
Sabean todos que eu Gomes Rodrigues, besiño da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas bozes, non costrengudo por força nen por engãno resçebido, mas de mĩa libre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre a vos Gonçalvo de Barqua, morador ẽna fiigresia de Santa Maria de Couso, que sodes presente, et a vosa moller Maria Gonçalves et a vosas vozes et sua et a Juan Eanes Sibron, morador ẽna fiigresia de Santa Maria de Frades, absente, et a vosa moller Maria Eanes, en hũa meatade desta venda adeante contiuda, et a vos Rodrigo Afonso de Bandin, morador ẽna fiigresia de San Pero de Carcaçia, eso mesmo absente, et a vosa moller Tareija Eanes et a todas vosas vozes, ẽna outra meatade, todas las herdades, casas, casares et plantados que eu ey et a mĩ perteesçen ẽna fiigresia de San Jurjo de Vea et arredor dela, as quaes herdades casas et casares et plantados a mĩ perteesçen por parte et herança de Afonso Miguelles, cuja alma Deus aja, meu avoo, et de mĩa madre Sancha Afonso, et por outra qualquer rason que me perteescan; et vendo, como dito he, as ditas herdaes, casas, casares et plantados onde quer que vaan, a montes et a fontes ẽna dita fiigresia et sua herdadura, con todas suas entradas et saydas et perteensças et dereituras que lles perteesçen et perteesçer deven por contia de oytenta mrs. de moeda vella, contando a branca en tres dineiros, os quaes ditos oytenta mrs. da dita moeda eu resçeby de vos o dito Gonçalvo de Barqua por vos et en nome dos sobre ditos, en presença deste notario et testemoyas,et dos quaes me outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade; et renunçio a toda enxençon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora del, et seo diser que me non valla, et se mas val esto que eu asi vendo a vos o dito Gonçalvo de Barquo et a dita vosa moller et aos sobre ditos, segundo que de suso vay declarado, douvoslo et outrogo a vos et a eles en pura, justa et saa doaçon para todo senpre asi como doaçon mellor pode et deve seer et de derito mas valer ontre bivos. |
[+] |
1434 |
FDUSC 293/ 350 |
Sabean todos que eu Tareija Fonso de Soeuos, moller de Juan de Soeuos, vezinos da vila de Muro, que aqui presente sôô, et con poder et liçençia et abtoridade do dito Johan de Soeuos, meu marido, que aqui presente esta, que me el da et outorga para esto adeante contiudo, et que faço por min et por toda miña voz, eu, non costrengida por força nen debeçuda por engano, mais de mina propia et libre et boa voontade, confeso et outorgo que uendo firmemente et outorgo et dou por jur de herdade para todo senpre jamais a vos Gomez Afonso, notario, et a Clara Dominges, vosa moller, vesinos desta dita vila de Muro, que aqui anbos presentes et reçebentes sodes, et a todas vosas vozes, conuen a saber, todas las herdades et casas et casaes et eyras et formaes, cortes et cortinas, agros et arrôôs, resios et junqueiras, entradas et saydas, aruores et chantados et deuesas, con todas suas dereituras et perteenças que eu ey et a min perteesçen a auer et herdar por parte et herança de Afonso Morzelo, meu padre, que foy, a que Deus perdon, et por conpras et gaanças et avoengo et doaçoes et mandas et por outra qualquer cousa et gisa et maneira et raçon et condiçon qualquer que seja, que me elas perteesçan enno vilar de Canbeiro de suso et enno Vilar de suso et en Canbeiro de juso, que son enna fligrisia de san Pedro d ' Outes, sitas enno alfoz desta dita vila de Muro, et en suas agras et terminos et herdaduras et en todâ â dita fligrisia de san Pedro d ' Outes, a montes et a fontes; et mais cono enpenamento de çertos morauedis de çertas herdades que fezo Roy de Barcala et Tereija Bezerra, sua moller, moradores enna vila de Noya, ao dito Afonso Marzelo enna dita fligrisia; et as quaes ditas herdades et cousa sobreditas perteesçian ao dito Afonso Morzelo, meu padre, por carta publica de conpra que el delas fezo a Dominga Martins, que fuy, filla de Fernan de Veiga et de Sancha Oanes, sua moller, moradores que foron enna dita villa de Noya, et por outra conpra que o dito meu padre fezo a Gonçaluo Salton, clerigo, que fuy; et por outra conpra que el fezo a Juan Grayño, mercader, uezino desta dita uila de Muro; et por todas las outras quaesquer conpras et gaanças et avoengo et mandas et donaçoes et por outra qualquer gisa et maneira et razon et condiçon et cousa qualquer que seja, que me ellas y perteescan ennos ditos lugares et en cada huun deles et en toda a dita fligrisia et en suas agras et herdaduras et terminos et montes et pastos a montes et a fontes, et as quaes ditas herdades et cousas sobreditas todas vos deuo et ey de fazer quitas et libres et desenbargadas todas da dezema delas de Môôr de Vilar, moller que foy do dito meu padre, que fuy, senpre a todo tenpo do mundo; conven a saber, por contia de quatroçentos morauedis de moneda vella, contando branqua en tres dineiros, os quaes ditos morauedis todos ben et cunplidamente eu logo de vos aqui reçebo en dineiros feitos, en branquas, todos aqui contantes, en presençia deste notario et destas testemoyas ajuso escriptas, et dos quaes ditos morauedis todos ben et conpridamente me eu logo aqui dou et outorgo et teno de uos por moy ben entrega et paga et contenta et satisfeita a toda miña voontade; et por ende, se mais valen todas las ditas herdades et cousas sobreditas que a dita contia de morauedis suso escripta, douvoslo et doo toda esa mayosia, se a hy ha, en pura, saa, firme et forte et valedeira et boa doaçon para todo senpre jamais per jur de herdade, asi conmo boa doaçon, a mais firme et forte et valedeira pode et deue seer et de dereito mais valer para todo senpre ontre viuos en juizo et fora del; et todo jur et señorio et voz et abçon et dereito et question et avoengo et enpenamento et conpras que eu ou minma voz en elo todo avia et auer poderia en qualquer parte et gisa et maneira et razon que seja ata este dito presente dia, de min et de mina voz o tiro et tollo et en vos et en vosas vozes o pono et remouo et traspaso para todo senpre jamais por jur de herdade; et eyvos las a fazer todas de paz, libres et desenbargadas senpre et a todo tenpo do mundo de quenquer que vos las enbargar ou ocupar, ou parte delas, per min et per todos los meus bêês moueles et raizes, auidos et por auer, que vos eu para elo obligo et so pena do dobro da dita contia de morauedis suso escripta, que vos peite eu o miña uoz a vos ou a vosas voses, se vos lo asy non teuer et conprir et agardar. |
[+] |
1434 |
MNP 98/ 134 |
Sabean todos que eu Fernan Gonçales d ' Ay, morador ẽna fiigresia de San Lourenço de Nogueira, que soo presente et que faço por mĩ et en nome de Pedro et Johan et Maria, fillos de Ares Fernandes d ' Ay et da sua moller que enton era Tereija Rodrigues, de que soo tutor deles et de seus bẽes por carta de tutela dada por Afonso Gonçales, juis da villa de Caldas de Rex, por mĩ et en nome deles, outorgo et conosco que reçeby de vos a dita Tareija Rodrigues boa conta, çerta, leal et verdadeira, por grãado et por miudo, de todos los bẽes movles que foron et ficaron do dito Ares Fernandes et que aos ditos menores perteesçen por sua herança en qualquer maneira et por qualquer rason, et de todo elo me contentastes et pagastes, et foi contado et somado ontre mĩ et vos por inventario solene que vos, a dita Tareija Rodrigues, fezestes por Gonçalvo Fernandes, notario de Nogueira; et de todo me outorgo por entrego et pago a toda mĩa vontade en nome dos ditos menores, por quanto pasaron et son ja en meu jur et poder ben et conpridamente, et renunçio a ley de non numerata pecunia et a toda outra enxençon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora del, et seo diser que me non balla, et por ende, desde aqui endeante, en nome dos ditos menores de que asi soo tutor, quito et anuçio et dou por quita et livre a vos a dita Tareija Rodrigues et a voso marido que agora he Rui da Margarida et a todos bosos bẽes et seus de todos los bẽes movles que aos ditos menores de que soo tutor asi perteesçen por herança do dito seu padre, et prometo et outorgo de vos non biir nen pasar contra esta dita nuçon et carta de pago que vos asi dou a boa fe et sen mao engano, et por mi et por meus bees que para elo obligo so pena de mill mrs. que vos peite etc. |
[+] |
1434 |
MNP 100/ 135 |
Sabean todos que eu Rui Peres, clerigo de Santa Maria de Perdecanay, que he en Terra de Moraña, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas boses, non costrengudo por força nen por engãno resçebido, mas de mĩa livre et propia voontade, vendo firmemente et outorgo por jur de herdade para todo senpre, a vos Rui Fariña, morador ẽno couto d ' Arquos da Condesa que sodes presente, et a vosa moller Ynes Rodrigues et a todas vosas vozes et suas, todo o casal, casas, casares et chandados et viñas et herdades del que disen de Pumar da Arqua, que he ẽno dito couto, o qual a mĩ perteesçe por herança de mĩa tia Sancha Martis, moller que foy de Gonçalvo Eanes de Pumar d ' Arqua; et vendo, como dito he, o dito casal, casas, casares et plantados et bouças et resios, herdades et viñas del, onde quer que vãa, a montes et a fontes, et segundo et por la via que o eu tive et pesuy ata aqui, con cargo que vos et a dita vosa moller et bosas vozes dedes et pagedes aa tença d ' Arquos da Igresia de Santiago, cujo o dito lugar he, todo o foro et dereito et penson que eu et mĩas boses eramos et somos obligados de lle pagar cada un ano, et demais por contia de dosentos et setenta mrs. de moeda bella, contando a branqua en tres dineiros, os quaes de vos resçeby en presençia deste notario et tesmoyas etc.; et renunçio etc.; et se mas val esto que vos bendo con o dito cargo douvoslo et outorgo en pura et justa et saa doaçon para todo senpre; et todo jur etc.; anparar etc.; por los bẽes do dito cabidoo de Santiago et meus etc. |
[+] |
1434 |
MNP 109/ 149 |
Sabean todos que eu Elvira Parenta, morador ẽna villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas voses, non costrenguda por força nen por engano resçebida, mays de mina libre et propia voontade, dou et outorgo en pura, justa et saa doaçon para todo senpre, asy como doaçon mellor pode et deve seer et de derito mays valer entre vivos, a vos Maria Gonçales mĩa filla, moller que sodes de Fernan Nunes escrivan, que sodes presente, todas las erdades, casas, casares, plantados et viñas que eu ey et a mĩ perteesçen de aver et erdar de dereito et en qualquer maneira et por qualquer rason, asi por herança de meu padre Fernan Parente et de meu tio Juan Parente como por qualquer via, ẽno couto de Nogeira et especialmente ẽnas fiigresias de Santo Tome et de San Viçenço que son ẽno dito couto; et esta doaçon vos faço por moyta ajuda et boa obra que de vos resçebi et entendo resçeber, et porque me pras et he asy mia voontade, et quero et outorgo que vos et a dita mĩa filla ou quen vos quiserdes posades entrar et resçeber et ajurar todas las ditas herdades et parte delas et os froytos et rendas delas que elas renderon ata aqui et que renderen desde aqui endeante, et faser delas et en elas toda bosa libre voontade asi como de vosa cousa propia, vos et vosas voses; et todo jur, senorio, posison, propiadade, vos, dereito, auçon, que eu ey et aver devo en esto que dito he que vos asi dou et outorgo ẽna dita doaçon, de mĩn et de todas minas voses o tiro et tollo et en vos a dita mĩa filla et en todas vosas voses o poño et traspaso et removo por esta presente carta de doaçon que vos ende delo faço et outorgo en lugar de señorio et posison corporal, et prometo et outorgo de vos non revocar esta dita doaçon |
[+] |
1434 |
MNP 112/ 155 |
Pero Cruu o bello por si et Elvira Peres, moller que foy de Alvaro Cruu et moller que agora he de Pero Afonso de Silvaan, escrivano de noso señor o arcebispo, con liçençia do dito Pero Afonso su marido sobre rason de todos los pleitos, contendas, demandas que ontre eles eran et asperavan aa ser, sobre rason dos bẽes movles et reises que foron et ficaron do dito Alvaro Cruu, de que a dita Elvira Peres era hiree conpridor de sua manda et testamento, que o dito Pero Cruu demandava que lle perteescia çerta parte deles por herança do dito seu fillo Alvaro Cruu, et sobre lo conprimento da dita manda que a dita Elvira Peres desia que conprira, et sobre rason eso mesmo de çerta sardiña arencada que o dito Pero Cruu demandava aa dita Elvira Peres que desia que o dito Alvaro Cruu, seu marido dela, del levara encomenda et que a dita Elvira Peres desia que o dito Pero Cruu fora pago dela, et sobre todos los outros pleitos que ontre eles era, os ditos Pero Cruu et Elvira Peres, por se partir das ditas contendas et se viinre a boo amor et concordia, conprometeron en Pero Cruu o moço, posto por la parte do dito Pero Cruu o bello, et en Rui Fernandes de Çedofeita escrivano del Rey, posto por la parte da dita Elvira Peres asi como en homes boos etc., asi que quanto os ditos homes boos julgaren ontre as ditas partes aviindo et conpoendo ou en todo dereito, qual eles mas quiseren, que seja firme por senpre juraron etc. |
[+] |
1435 |
FDUSC 300/ 368 |
Sabean todos que eu Horraqua Martins, morador enna villa de Muro, moller que foy de Martin Diaz, pedreiro, que Deus perdon, de miña propia et liure voontade, sen outra premia nen constrengemento alguun, por min et por todas miñas uozes, aforo et dou por foro et em nome de foro para senpre jamays a vos Gomes Afonso, notario da villa de Muro, et a vosa moller que ora he Clara Dominges, moradores enna dita villa de Muro, et a todas vosas vozes, conuen a saber, todas as herdades et casas et casâês et leyras et formâês et chantados que eu ey et a min perteesçen enno vilar d ' Adrano et ennas Sêênllas et en Cornes et em Villar de Outeiro et em Villar de Xeixo, et em todos os outros villares et couto d ' Adrano et suas erdaduras, ondequer que vâân a monte et a fonte ennos ditos vilares et couto d ' Adraño, que he so sino de san Mamede de Carnota; as quaes casas et herdades a min perteesçen por miña madre Marina Martins, que foy, que Deus perdom, et por outras quaesquer conplas et gâânças et herança et por outra qualquer razom, as quaes casas et herdades sobreditas vos aforo para todo senpre jamays con todas suas perteenças et dereyturas para que doje este dia endeante façades dellas et de parte delas vos et vossas uozes toda vosa vôôntade para senpre sen meu enbargo et de miñas uozes et de outro alguun. |
[+] |
1435 |
MNP 142/ 185 |
Sabean todos que eu, Gomes Fariña, fillo que foy de Nuno Mouriño et de sua moller que foy Catalina Colunba, cuja alma Deus aja, et morador ẽna villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas vozes, non costrengudo por força nen por engano resçebido, mas de mia livre et propia voontade, dou et outorgo en pura, justa et saa doaçon par todo senpre, asi como doaçon mellor pode et deve seer et de dereito mas valer ontre vivos, a vos Juan da Caal, mercador, besiño da villa de Pontevedra, que sodes presente, et a vosa moller Sancha da Caal et a todas bosas bozes, toda a mĩa casa, sotoo et sobrado, que esta ẽna Rua de Don Gonçalo, fiigresia de San Bartolomeu da dita villa, a qual se ten da hũa parte de longo por tavoado con outra casa sobrado en que eu moro, et da outra parte vay de longo por parede con outra casa de Pero Cruu o vello, jurado da dita villa, et vay entestar de longo en outra mĩa casa que ten aforada Marquos Fernandes, clerigo, et sal con portas et fiestras aa dita rua publica de Don Gonçalo; et a qual dita casa a mi perteesçe por herança dos ditos meus padre et madre et avoos et por outra qualquer rason que a mĩ perteesca de dereito; et esta dita doaçon vos faço de toda a dita casa por muyta mantença que me fazedes et ajuda et obra boa que de bos resçeby et entendo resçeber, et por que me pras et he asi mĩa voontade, et demas con carrego que vos et a dita vosa moller et bosas vozes dedes et pagedes ao convento et fraires do moesteiro de San Françisco da dita villa, por cada dia de esta feira maior, trinta paas blaquos cosidos, cada pan de valor de çinco dineiros, que son quise mrs. da dita moeda, et asi em cada un ano para todo senpre, que han de penson et trebuto ẽna dita casa; et quero et outorgo que, desde oje este dia endeante, vos et a dita bosa moller et vosas vozes, sen meu enbargo et de mĩas bozes, posades entrar et resçeber o jur et posison da dita casa et continuarlo para senpre, et faser dela et en ela toda vosa libre voontade asi como de vosa cousa quita propia, con o dito cargo de pan; et prometo et outrogo de vos non revocar esta dita doaçon en mĩa vida nen a tenpo de mĩa morte, nen procure que se revoque, et fasendo o contrario que non valla o que ende fezer, sobre lo quel renunçio as leis do dereito, do dolo, engãno, ingratidue, et que disen que todo home ou moller pode viinr contra doaçon ou confeson que faça en termino de un et dous anos, et a toda outra rason et exençon et lei et dereito de que me eu ou outro em meu nome pudieramos ajudar para contra elo biinr, que quero et outrogo que me non vallan nen sejamos sobre elo oydos em juiso nen fora del. |
[+] |
1435 |
MNP 143/ 187 |
Sabean todos que eu Afonso de Socasa, lavrador, morador ẽna fiigresia de San Juan de Leeiro, que soo presente et que faço por mĩ et en nome de Tareija Martis, mĩa filla que ouve de mĩa moller Dominga Eanes, que Deus perdon, por la qual dita mĩa filla me obligo conprir et satifaçer por mĩ et por todos meus bẽes, quero et outorgo que por quanto vos Mayor Fernandes, mĩa moller que agora sodes, non queredes viinr a meu poder nen faser comigo vida reçeando vos da dita mĩa filla que vos demande por rason dos bẽes da dita sua madre; por ende eu, o dito Afonso de Socasa que asi soo presente, obligo a mĩ et a todos meus bẽes, asi movles como rayses, os que oje este dia ey et ouver de aqui endeante, de quitar et librar a pas et a salvo a vos a dita Moor Fernandes da dita mĩa filla, et que vos nen vosos herdeiros non sejades demandados por ela, nen por outro por ela, por rason dos ditos bẽes que aa dita mĩa filla perteesçen por herança da dita sua madre, mĩa moller que foy, et que eu et meus bẽes susubamos todo pleito, contenda, auçon que ela contra bos mover; et eu, por la mellor via et forma que poso et devo de dereito, quito et livro et anuçoo deles para todo senpre a vos a dita Moor Fernandes, mĩa moller que agora sodes; et quero et outorgo que os ditos bẽes sejan obligados aa dita mĩa filla et non bos nen bosos bẽes, por quanto vos deles non ouvestes cousa algũa nen bieron nen son en boso poder, et a dita mĩa filla ja ouvo a parte et quinon que a ela perteesçia de aver et herdar por la dita sua madre de todos los bẽes que eu et a dita sua madre aviamos ao tenpo do finamento dela. |
[+] |
1436 |
FDUSC 302/ 372 |
Sabean quantos esta carta viren como eu Esteuôô Rodriges, liçençiado en decretos et regedor da çidade de Santiago, por min et por todas minas vozes et herdeiros, outorgo et conosco que dou em dote et por nome de dote per jur de herdade doje endeante para senpre a vos Mayor Peres, mia filla, que presente sodes, et a todos vosos herdeiros et soçesores, em casamento con Vaasco Lopes de Burgos, regedor da dita çidade, voso marido, que presente he, os dozentos et viinte morauedis de moneda vella çensuââs que eu teno de cada anno para senpre ennas casas, sotôôs et sobrado da vila de Muro et no fumeiro et casa del et corral et saydo del, que esta feyta entre a dita casa et o dito fumeyro enno arrabaldo da dita vila enna rua que vay da praça para a fonte, et que esta a par do rio de Chalon, et que soya teer a çenso Juan de Mendoça, marineiro, que Deus perdoe, et sua moller Maria Afonso, et segundo que a min perteesçe por herança de mia madre Mayor Peres; ao qual çenso as ditas casas son obligadas, et eso mismo lle son obligadas as outras casas que o dito Juan de Mendoça tiña, que entestan ennas ditas casas et fumeiro, et segundo que se conten en huun contrauto que eu o dito liçençiado sobre la dita razon fige et outorgey per ante Aras Peres da Baruta, notario da dita vila. |
[+] |
1436 |
FDUSC 302/ 372 |
Et con esto vos dou mays en esta dita dote quorenta et çinquo morauedis çensuaas en cada anno para senpre enas casas que estan enna rua de Pay Gato dentro da vila de Noya, en que ora mora Martin de Pineyro, que me perteesçen por herança de meu padre Diego Rodriges, et as quaes casas o dito Martin de Pineiro de min aforou et ten aforadas, segundo mays conpridamente se conten em huun contrauto feyto por Gonçaluo Garçia, notario da dita vila de Noya. |
[+] |
1436 |
FDUSC 303/ 374 |
Sabean todos que eu Costança Afonso, morador enna villa de Noya, filla que sôô de Fernan Afonso da Corredoira, que presente sôô, por min et por todas minas vozes aforo et dou en foro et por razon et nome de foro a vos Gomes Afonso, notario da dita vila de Muro, que presente estades, et a vosa moller, que ahora he Clara Dominges, que he absente, ben asi conmo se fose presente, moradores que sodes enna dita villa de Muro, et a todas vosas vozes et herdeiros, conven a saber, a meadade entregamente do paaço que esta enno lugar de Quinteela, en que agora mora Meçia Lopes de Quintela, et en suas herdaduras, que he enna fregresia de santo Ourente, ondequer que vââ a montes et a fontes; et mays a leira de herdade que jaz ao longo da viña da dita Meçia Lopes et de seus yrmââos, ena qual leira Pay Marino de Lobeira começou de preparar baçelos para fazer viña, o qual paaço et casas et herdades et chantados et deuesas et arrôôs sobreditos a min perteesçen por herança de Vasco Peres, meu avôô, et do dito meu padre Fernan Afonso da Corredoira, a que Deus perdon, et por conpras et gaanças et por outra qualquer razon que a min perteesçan; a qual meeetade do dito paaçoo, et mays parte se a en el el mays ey, et todas las outras cousas et herdades et chantados et deuesas et arrôôs, et a dita leira sobreditos vos aforo con todos seus dereitos, quantos han et lles perteesça a aver asi de vso et de custume, conmo de feito et de dereito doje este dito dia endeante para todo senpre, para que façades delas et en elas, et de parte delas de aqui endeante para todo senpre todo o que vos prouuer et toda vosa voontade conmo de vosa cousa propia sen meu enbargo et de minas vozes et doutro algun; por la qual meadade do dito paaço et mays parte, se a e en el eu mays ey et por las sobreditas casas et herdades et chantados et deuesas et arrôôs sobreditos et por la sobredita leira, que vos asi aforo, vos o dito Gomes Afonso et a dita vosa moller Clara Dominges et vosas voses et herdeiros deuedes de dar et pagar por foro et renda et conosçemento delo a min a dita Costança Afonso et a minas vozes et herdeiros en cada uun anno et por cada uun dia de san Migell de setenbre triinta morauedis da moeda do regno de Castella que se agora vsa branqua en tres dineiros, et dez dineiros por hun morauedil, ou moeda corrente per los tenpos, que os valla, forros et quitos et exentos sen en eles seer feito desconto algun. |
[+] |
1436 |
FDUSC 305/ 380 |
He a saber,que por razon que eu o dito Gomes Afonso et a dita miña moller Clara Dominges avemos et herdamos enno dito lugar de Villar de Canbeyro et en suas herdades et en toda a fligrisia de san Pero d ' Outes çertas herdades, casas et casâês, eyras et formââs et chantados et deuesas et arrôôs et brabadegos et senorio do dito Villar, os quaes nos perteesçen por herança de Juan de santa Maria dos Villares, a que Deus perdon, et por conpras que delas fezemos a Tareija de Soeuos, filla de Afonso Morzello, marido que foy de vos a dita Moor de Villar, et a seu marido Juan de Soeuos, et por outras conpras et gaanças que y ajamos asta este presente dia; et por quanto as ditas herdades jazen de conpaña enno dito lugar et fregresia con outras herdades et casas et chantados que vos a dita Moor de Villar avedes enno dito lugar de Canbeyro et fligrisia de san Pedro d ' Outes, as quas vos perteesçen por herança de voso padre et madre et avôôs, et por conpras que delas fezeron cono dito Afonso Morzello, voso marido, que foy, et por outras quaesquer conpras et gâânças que nos y perteesçen en qualquer maneira quer, et por qualquer outra razon fasta este presente dia; et por quanto as ditas casas et herdades et chantados andan juntas et estan por partir et montan mays as conpras que vos o dito Gomes Afonso teendes que as miñas de min a dita Moor de Villar, et por quanto avemos perfia et debate sobre la partiçon das ditas herdades, por ende, de nossos prazeres et libres vôôntades, sen outra premia et constrengemento alguun fazemos tal aviinça et paauto: |
[+] |
1447 |
SDV 64/ 93 |
Et logo o dito Pero Rodrigues diso que en respondendo a confusion do dito juramento que avia feito e en declarando o dito juramento que lle fora [man] dado, diso que el levava e leva en Vilares que he en esta dita freguesia hunna casa e nove jornaes de vinnas con ela, commo se departe de hun cabo enno camino publico e do outro cabo topa enna vinna de Pero Amigo, e do outro cabo enna vinna dos fillos de Fernan Yannes de Junqueira e segundo que topa enna casa e enno lagar que ende esta cabo da casa o qual dito lagar e a meatade del da dita herança e vinnas e a outra metade e vinna propia que non perteesce ao dito mosteiro. |
[+] |
1452 |
FDUSC 331/ 433 |
Sabean todos conmo eu Maria Dias, morador enna villa de Muro, filla de Fernan Dias de Corruuedo, pescador, morador enna dita villa, e de sua moller Maria Afonso, que faço por min e por minas vozes, de mina propea e liure voontade outorgo e conosco por esta presente carta que aforo e dou por foro en nome de foro a vos Juan Franquo, que presente sodes, morador ennos Vilares, da fregesia de san Mamede de Carnota, e a vosa moller Maria Franqua, e a vosas vozes e suas, conuen a saber, a mina leira de herdade a que chaman do Agro longo, que jaz sô ô salgeiro que entesta enna eyra do vilar do Agro longo, que he da voz de Martin do Rego, que jaz sita dentro da agra do vilar de Agro longo, que he enna dita frigesia, que a min perteesçe por parte e herança da dita mina madre Maria Afonso, e a qual dita leyra a vos aforo e dou por foro, conmo dito he, con todas suas perteenças e dereituras des oje este dia endeante por tenpo de çento e huun annos cunpridos primeiros segintes; por la qual me auedes e deuedes de dar de foro en cada huun dos ditos annos tres morauedis de moneda vella do regno de Castela, segundo agora aqui corre, contando branqua a tres dineiros, que montan enno foro de todos los ditos çento e huun annos ao dito respecto tresentos e tres morauedis da dita moneda, os quaes ditos tresentos e tres morauedis enteyramente me logo dades e pagades e de vos reçebo en dobras d ' ouro e dineiros, que montan a dita quantia en presença deste notario e testigos infraescriptos, onde confeso e outorgo que sôô entrega e ben paga a toda mina voontade, e renunçio a toda exçepçon que nunqua ende diga o contrario. |
[+] |
1457 |
DMSBC 35/ 112 |
E eu, a dita Ynés Fernandes, con a dita liçençia, outorgo e conosco que por mjn e por meus herdeyros e soçesores e de mjña propia e libre voontade e sen premja e sen costrengemento algũo, acatando en como o dito Juã de Vilazide, meu týo, despoys que foy ẽna vida presente fasta o día de seu pasamento senpre foy morador ẽna colaçón e frijgés da capela de San Bieito, do qual dito Juã de Vilazide ficou hũa casa, sotõo e sobrado, que está ẽna rrúa de don Abril Ares, ẽna qual casa morou Goterre Gomes do Pẽe, en que agora mora Pero Sarela, pedreiro, da qual casa o dito Juã de Vilazide mandou a meatade aos clérigos do coro da iglleia de Santiago e a outra meatade ficou aos seus herdeyros, da qual meatade a mj̃ perteesçe porla dita herança vn terço, que faz vn sesto entregamente de toda a dita casa, dou e outorgo en pura e justa doaçón pera senpre, como doaçõ mellor pode seer dada e de dereito mellor pode valer ontre vjuos, ao lume e obra da dita capela de San Bieyto, cõuén a saber o dito sesto entregamente de tódaslas ditas casas de juso limjtadas, cõ seus sotõos e sobrados, cámaras e portaas, de alto e baixo e de longo e ancho, e con tódaslas outras súas dereituras que han e lles perteesçe de dereito e de feito e de vso e de costume. |
[+] |
1457 |
DMSBC 35/ 112 |
Sobre lo qual rrenũçio a toda eixepçõ que nõ diga o contrario e a alegaçõ de dolo e fraude e engano e todo jur, señorío, auçõ e dereito, posisón, propiedade de que eu ey ao dito sesto das ditas casas por herança do dito Juã de Vilazide, meu týo, de mj̃ e de meus herdeyros e soçesores o quito e tiro e tollo e ẽno dito lume e obra da dita capela de San Bieyto o poño, çedo e traspaso pera senpre pera que delo faça e posa fazer e os frjgeses que son e foren toda súa voontade como de súa cousa propia. |
[+] |
1457 |
DMSBC 38/ 119 |
A qual dita terça parte da dita meadade, que he hũu sexto entregamente de tódaslas ditas casas, a my perteesçe por herança de Johán de Vilazjde, que Deus aja, e o qual dito terço da dita meadade ou sexto de tódaslas ditas casas, según a my perteesçe porla dita herança, dou e outorgo en libre doaçón aa dita capela, lume e obra dela pera todo senpre, porque me praz e he mj̃a võontade e porla alma do dito Johán de Vilazjde e mjña. |
[+] |
1457 |
HCIM 75/ 651 |
Iten, por cuanto teno a posesion dos bens e herança que pertenscen a o dicto juan fernandez, meu sobrino, por juez conpetente y esso mismo confirmada por el rei nuestro senor, mando e quiero y he mina bontade a o dicto senor gomez perez aja toda a boz e dereito e aucion que a mi pertesce a os ditos bens en qualquier manera e aparto e arredo dos ditos meus bens e herança a todos los outros meus parentes e parentas ansi propincos como non propincos á todos en cico soldos, e quiero e mando que no ajan ni herden mais de meus bens salvo o de suso por mi mandado e reboco, anulo e doi por ningunas e de nengun valor a todas las otras minas mandas e testamentos e codicillos que eu fizen e aja feitas antes desta ansi por ante notarios como por testigos como en outra maneira qualqier e las dou por rrotas e rasas e chanceladas todas para que no vallan nin façan fee en ningun tenpo en juicio ni fuera del salbo esta que agora faço e outorgo por ante juan goncalez de candame, escribano e notario publico de noso senor el rei e por ante os testigos ayuso escriptos de mina para esto especialmente chamados e rrogados - a qual quiero e outorgo e mando que balla como mina manda e como meu testamento e mina postrimeira e ultima boontad e como testamento que valla como codicillo e como mina ultima e postrimeira bontade ou como mellor poder valer de dereito - e qualquer persona que contra ella for ou pasar por la contradezir ou enbargar en todo ou en parte dello no le valla ni seja sobre ello oydo - e mina boz le tollo e aja a maldiçon de deus e a mina que nunca perga afasta setima geeraçon e demais que dee e pague por pena e boz de nuestro senor el rrey e dos dictos meus compridores mill dobras de oro e de peso e a pena pagada ou no que todabia esta mina manda e testamento valla e fique firme e se cumpla para sienpre segun que o mando e segund que se en ela conten a qual firmei de meu nome e roguei a o dito juan gonçalez, notario, e juan de castro, notario publico, clerigo, e a os testigos que firmasen de seus nomes e que fosen delo testigos. feita en o lugar de prabeo a beinte e quatro dias do mes de deziembre ano do nascemento de nuestro senor ihesu christo de mil e quatro cientos e cincoenta e siepte anos. |
[+] |