1456 |
PSVD 156/ 396 |
Sayban quantos esta carta de aforamento biren como nos Diego Afonso, prior de Bilar de Donas, con outorgamento de frey Rodrigo e frey Ares et fre Afonso Lopez, sendo juntados en noso cabido por canpana tangida segun que abemos de huso e de custume, aforamos e aberuamos a bos Afonso Nobo, morador en Bila Espesa, et outras duas personas depus boso finamento, huna qual nomeardes en bosa bida e outra qual nomear aquel ou aquela que bos asi nomeardes, et non sendo nomeadas se seia persona e boz aquela que con dereito herdar a myllor parte de bosos benes, conben a saber, que bos aforamos e aberuamos como dicto he, o noso lugar de Lugilde, que he su sino e termyno do dicto noso moesteiro, a montes e a fontes, como parte con Lama Boona e do lugar da Bila e da Yrmida de Santa Christina e da otra parte de Bila Espesa e de Coegeses por lo rio que ben des contra casa de Bella e bay por par enno rio que ben des contra a berea, segun que se parte o couto e termyno de Bilar de Donas, asi bolo aforamos o noso lugar de Lugilde a bos o dicto Afonso Nobo e bosas bozes, a tal pleyto e condiçon que seiades basalos, seruentes obidientes ao dicto moesteiro e priores; e nos dedes en foro e renda en cada hun anno duas fanegas de pan porla tega dereita da nosa tulla en todo o mes de agosto ou de setenbro, secas e linpas de poluo e da palla, et mays o dézimo do que Deus der enno dicto lugar; et mays nos abedes de dar por dia de natal hun par de galinhas e hun barril de bino; et mays abedes de hazer huna casa de pedra e madeyra, cuberta de huzes e de colmo enno dicto lugar; et a fin do postromeyro de bos que o dicto lugar fique libre e quito ao dicto mosteyro, cuiu he, con todos los melloramentos e reparamentos que en el foren feitos; et he posta pena entre nos et bos a tal condicon que o non posades bender, enealar, supinhorar anihuna persona que seia, a menos da Orden seer requerida, e non querendo a Orden por lo justo preço, que o non posades bender nin traspasar a dona nin a escudeyro nin a clerigo nin a cabaleyro nin a outra persona que seia de mayor estado que bos; et fazendo o contrario do que dicto he o foro seia en seia en si nihun e de nihun balor. |
[+] |
1458 |
PSVD 164/ 410 |
Sepan quantos esta carta de aforamento biren como nos, Aluaro Gonçalues, prior del moesteiro de San Saluador de Bilar de Donas, con outorgamento de frey Rodrigo et de frey . . . et de frey Afonso Lopes et de frey Afonso Perez et de frey Gonçaluo, nosos freyres, sendo en noso cabido todos juntados por canpana tangida segun que abemos de husu et custume, aforamos et aberuamos a bos Loys Gomez et a bosa muller Sancha Peres et a outras duas personas apus boso finamento, que o pustrumeyro de bos que nomee a primeira et aquel ou aquela que bos asi nomeedes que nome a pustrumeira, et non sendo nomeadas que o aia aquel ou aquela que con dereito herdar bosos benes, conben a saber, que bos aforamos a nosa casa de Ligonde, que iaz a par do espital, de longo a longo con o dicto espital, a maano dereita quando ban para Porto Myrin, a saluo huna quarta et mea que perteçe a Ynes Gonçaluez; a qual dicta casa bos aforamos asi como dicto he, con suas entradas e saydas; et nos abedes de dar et pagar en bosa bida et de bosa muller X marauedis de moeda bella, contando branqua en tres dineros, et as dictas bosas bozes en cada hun anno doze marauedis da dicta moeda; a tal pleyto et condiçon que bos et bosas bozes a cubrades ben de huzes et culmo et reparedes ben de dentro, que se non perga con mingoa de reparamento; et acabadas as dictas bosas bozes que a dicta casa fique libre et quita et desenbargada ao dicto moesteiro con todos bonos reparamentos que en ela foren feytos; et que a non posades bender, supinorar, enealar, traspasar a donna nen a escudero nen cabalero nen clerigo nen outra persona que sela de mayor estado que uos ata que o non façades a saber ao moesteiro, cuia he, et fazendo o contrario do que dicto he que o foro non balla nen seia en si de nihun balor. |
[+] |
1458 |
PSVD 165/ 411 |
Sabean quantos esta carta de aforamento biren como nos Aluaro Gonçaluez, prior do moesterio de San Saluador de Bilar de Donas, con outorgamento de frey Rodrigo et de frey Ares et de frey Afonso Lopez et de frey Afonso Peres et frey Gonçaluo, nosos freyres, sendo en noso cabido todos juntados por canpana tangida segund que abemos de huso et de custume, aforamos et aberuamos a bos Loys Gomez et a bosa muller Sancha Peres et outras duas personas apus boso finamento que o pustrumeyro de bos que nome a primera et aquel ou aquela que bos asi nomeardes que nome a pustrumeyra, et non sendo nomeadas que o aia aquel ou aquela que con dereito herdar bosos benes, conben a saber, que bos aforamos a nosa casa de Ligonde, que iaz a par do espital, de longo a longo con o dicto espital, a maano dereita quando ban para Porto Marin, a saluo huna quarta et mea que perteçe a Ynes Gonçalues; a qual dicta casa bos aforamos asi como dicto he, con suas entradas et saydas; et nos abedes de dar en bosa bida bos et bosa muller cada hun anno X marauedis, de moeda bella, contando branqua en tres dineros, et as dictas bosas bozes han de dar cada anno doze marauedis, da dicta moeda; a tal pleyto et condiçon que bos et bosas bozes a cubrades ben de huzes et de culmo et reparedes dentro que se non perga con mingoa de reparamento; et acabadas as dictas bozes que a dicta casa fique quita, libre et desenbargada ao dicto moesteiro con todos bonos reparamentos que en ela foren feitos; et que non posades bender, traspasar, enealar, supinorar a donna nen a escudero nen a caualero nen a clerigo nen a outra persona de mayor estado que bos ata que o façades a saber ao moesteiro, cuia he, et fazendo o contrario do que dicto he que o dicto foro non balla nen seia en si de nihun balor. |
[+] |
1458 |
PSVD 166/ 413 |
Sabean quantos esta carta de aforamento byren como nos Aluaro Gonçalues, prior do mosteiro de San Saluador de Bylar de Donas, con outorgamento de frey Rodrigo et de frey Ares et de frey Afonso Lopes et Afonso Peres, frey Gonçaluo, nosos freyres, seendo todos juntados en noso cabido por caanpana tangida segun abemos de huso et de custume, aforamos a bos Afonso Fernandez, clerigo de San Juan de Lodoso, et outras tres personas apus boso finamento, huna qual bos nomeardes en bosa byda et aquel ou aquela que bos asy nomeardes que nome a pustrumeyra, et non sendo nomeadas que seia bos et persona aquel ou aquela que con dereito erdar a mylor parte de uoso benes, conben a saber, que bos aforamos et aberuamos como dicto he todo o noso lugar de Qaqauelos, que iaz su sino de Sancta Maria de Bugercos, que o dicto noso mosteiro ha, con suas entradas et saydas et casas et formaas et aruores et chantados, a montes et a fontes por huquer que baan, asi bolo aforamos; et abedes de leuantar enno dicto lugar huna casa enno dicto lugar, de pedra, cuberta de huzes et de culmo enno dicto lugar de Qaqauelos; et que o labredes et paredes ben que se non perga con mingoa de lauor et de bono reparamento; et nos abedes de dar en cada hun anno do dicto lugar de foro et renda tres fanegas de pan et hun marauedi, porla tega dereita da nosa tulla, en todo o mes d ' agosto ou de setenbro, secas et linpas de poo et da palla; et a fin das dictas bosas bozes que o dicto lugar fique libre et quito et desenbargado ao dicto mosteiro, cuiu he, con todos los boos reparamentos et melloramentos que en el foren feytos; et he posta pena entre nos et bos a tal pleyto et condiçon que o non posades bender, supinorar, eallar, traspasar ata que o non façades a saber ao dicto mosteiro, cuiu he, et non querendo o dicto mosteiro por lo justo preço que o non posades bender nen traspasar a donna nen a escudeyro nen a qaualeyro nen a clerigo nen a outra persona que seia de mayor estado que bos, et fazendo contrario do que dicto he que o dicto foro non balla nen sela de nihun balor. |
[+] |