|
VFD 475/ 479 |
Iten, mays avedes de procurar con sus altezas e con los de seu consello e irmandades o despacho dos moravedís dos tres anos pasados, sacando sobre elo carta de fyn e quitamento dos do consello, fyrmada de sus altezas. |
[+] |
1418 |
LCS [170]/ 136 |
Sabean todos que seendo o Conçello, justiças, jurados e omes bõos da çidade de Santiago juntados en conçello enna notaria de Rui Martines, notario publico da dita çidade por crida e por anafil, segundo que han de uso e de costume, presentes enno dito conçello Martin Galos e Juan Ares da Cana, justiças, enna çidade e Bernald Yanes do Canpo, Afonso Fernandes Abril, Alvaro Afonso Juliate, omes bõos, jurados da dita çidade e en presença de min Fernan Eanes, notario publico de noso señor el rey enna sua Corte e en todos los seus regnos e escusador por lo dito Rui Martines, notario e das testemoyas adeante escritas; enton o dito conçello e justiças e omes bõos jurados diseron que por quanto a eles era dito e avian por enformações de algũas personas que enna dita çidade e çerqua dela arredor e en outras partes deste arçobispado se fasian e querian faser moytos roubos e furtos e omesios e mortes de homes e males e quebrantamentos de caminos e outras forças por mingoa da justiça, et esto por quanto noso señor o arçobispo de Santiago don Lopo agora de presente era ydo aa Corte de noso señor el rey a serviço do dito señor rey e prol e onrra sua e da dita çidade e de seu arçobispado proveya de justiça a todos los de seu arçobispado, e por quanto el e os moradores da dita çidade e arçobispado agora non podian seer tan ben gardados nen defesos en dereito e justiça sen para elo faser yrmandade, por ende que eles por serviço do dito señor rey e do dito señor arçobispo e por proveito deles e dos moradores da dita çidade e arçobispado e porque as jentes estovesen en pas en asosego, acordavan e acordaron de façer hirmandade segundo enna maneira que os señores reys de Castela que por los tenpos foron, ordenaron e mandaron que se fecese en seus regnos e señorios. |
[+] |
1418 |
LCS [170]/ 136 |
A qual dita hirmandade logo de presente fasian e mandavan que se tevese e conprise, segundo se contiina en hũa ley que el rey don Juan, que Deus de santo paraiso, feso e outorgou ennas Cortes de Segovia o anno que pasou da naçença de Nuestro Señor Jhesu Christo de mill e tresentos e oyteenta e seis annos, da qual o thenor he este que se sigue: |
[+] |
1419 |
LCS [230]/ 178 |
Item que pagastes en casa de Juan Ares da Cana quando ordenaron a hirmandade e en cartas que enviaron a a Cruña sobre la prijon dos omes que feso Diego Lopes e outra carta que enviaron a Diego Fernandes de Burgos e que destes a Fernan Yanes, notario, por catar o contrauto dos carniçeiros que non podestes achar e que costou coger hũa ves a agoa aa pila do Canpo, que monta todo triinta e sete maravedis blanqua en tres dineiros. |
[+] |
1420 |
FMST [7]/ 446 |
Dez e oito dias do mes de Novembro, seendo o concello, alcalde, Regidores e omes boos da dita cibdade de Santiago juntados por crida e anafil segun que han de uso e de costume eno sobrado da notaria de Ruy Martiz, notario publico jurado da dita cidade, presentes ende Vaasco Perez Abril, alcalde e Fernal Gonçalues do Preguntoiro, Martin Serpe, Gomez Rodriguez, Affon Fernandez ABril, Martin Galos, Joan Aras da Cana, Regidores jurados omes boos da dita cibdade e en presencia de min Fernan Eans, notario publico de noso señor el Rey e na sua corte e en todos los seus Regnos e escusador por lo dito Ruy Martiz, notario publico da dita cidade e dos testigos infraescritos; enton os ditos alcalde, Regidores jurados e omes boos diseron que por quanto estaba feita e ordenada a irmandade ena dita cidade por mandado do noso señor Arcebispo, e alguas personas non temendo a Deus nen a justiza de noso señor el Rey e do dito señor Arcebispo se atrevian de roubar e furtar e facer outros maleficios, asi ena dita cidade como fora dela; e se en elo non posese outro remedio que se farian peores cousas e maleficios a o adeante; por ende,e porque entendian que era servizo de Deus e dos ditos señores Rey e Arcebispo e proveito comun e garda e defendemento da dita cidade e dos moradores en ela eno dito arcebispado do dito señor Arcebispo, que mandaban e mandaron que se tevese, comprise e agardase a dita irmandade segun e a maneira que estaba feita e ordenada, e que fosen alcaldes da dita irmandade Gonçalvo de Cobas e Vaasco Fernandez Troco doje este dia asta tres meses primeiros seguente. |
[+] |
1420 |
FMST [7]/ 446 |
E eso mesmo que mandaban e mandaron a os cadrilleiros que estaban postos en cada colazon que eso mesmo en apoblando a dita irmandade usasen dos seus oficios, segun poder que lles era dado no ordenamento da dita irmandade. |
[+] |
1436 |
FDUSC 305/ 382 |
Et nos et cada huun de nos asy a renunçiamos, porque somos dela sabedores; et a todas las outras leys et dereitos enperîâs et reââs et eclesiasticos et seglares, canonicos et çiuiis que em nossa ajuda et de cada huun de nos poderia sêêr contra esto que dito he et contra parte delo, speçialmente por non pagar a pena; a qual pagada ou non pagada, todavia esta carta de aviinça et de dote et de irmandade fique firme et valla para todo senpre. |
[+] |
1467 |
VFD 87/ 147 |
Ano do nasçemento del noso señor Xhu Xpo de mill e quatroçentos e sesenta e sete anos, a dez dias do mes de juyo do dito ano, estando eno couto de Rabaal, que he término e señorío do mosteiro de Çelanoua da orden de San Benedito e da diócese d ' Ourense, en presençia de min notario e testigos infraescriptos, paresçeu ende personalmente Garçía Ferrnandes, clérigo, procurador que se mostró do reuerendo senor don abbade de Çelanova, presentou una carta dos señores deputados da Santa Yrmandade, que estoveran ajuntados en Junta de Medina del Campo, que se fezera eno dito ano, ena qual se contiña que hos ditos señores reçeberan una petiçión feyta a modo de querela presentada por lo señor don Aluaro d ' Oca, abbade do dito mosteiro, en como ho senor conde e condesa de Santa Marta lles avía tomado e ocupado por força o dito couto do Rabaal e en como os ditos señores mandaron a hos alqualde ou alqualdes da dita Irmandade ouvesen verdadeira enformaçión, e sendo o dito couto de Rabaal do dito mosteiro de Çelanoua, que posesen a dito señor don abbade ou a seu procurador ena posysón do dito couto. |
[+] |
1467 |
VFD 87/ 147 |
E logo, en esta mesma ora, o dito Garçía Fernandes, procurador ajuso dito, requereu a Pero Ferrnandes de Paços, alqualde da dita Irmandade eno Val de Çelanova e en Soutomel, e en nome do dito señor abbad e de seu mosteiro de Çelanoa o quisese poer e apoderar ena posysón do dito couto de Rabaal, e segundo que hos ditos señores deputados da dita Junta ho mandavan. |
[+] |
1473 |
GHCD 8/ 30 |
Iten digo que porque este meu paazo e casa torre de outeiro de esta fregesia de lantaño en que moro e moraron os ditos meus padres e aboos non se tollese nin partise en adiante e tubese senpre bees e terras e rendas con que manter o estado e mais ben pudesen os meus fillos e socesores dela acudir aos chamamentos e serviçio dos señores Reis como he obrigado e nondebe escusarse todo ome fidalgo onrrado e pudesen cuidar de seus fillos e seus hirmans e tamen porque en ela se conserbase a boa memoria dos meus pasados maormente do dito meu aboo garçia estevez de lousada que da terra de lugo e pazos de lousada e quiroga veu morar a ela con a dita sua moller maria garçia de saavedra miña aboa e foi o que raedificou e casi fizo con a sua torre enna era de MCCCCVII anos de cristo MCCCLXIX como dis o letreiro que esta debaijo do escudo dos lagartos; por todo elo foi senpre meu desejo e miña vontade façer en ela maiorazgo vinculado, mais porque ja se tollese da casa o couto e vasallaje e regalias e moitos bees e rendas e posesions que lle perteneçian e sohia ter e tebo este paazo ennos tenpos de estevo perez de quiroga e lousada e ines yañez mariño sua moller meus bisaboos que todo elo empeñaron a os montenegros do pazo e con a torre de travanca de donde deçende miña moller elvira e nunca mais puderon desenbargallos e tamen porque en este mundo non ai cousa que dure e estan veendo e ven, tantos traballos que deus nos mandou por os nosos pecados, o reino todo rebolto en guerras, e tantos roubos e mortes, e todos malos feitos; lebantarse grande chusma de comuneros contra os caballeros e moitos caballeros contra el mismo Rey noso señor e outros señores da terra façer guerra contra outros e deitar por terra tantas casas e torres ........... e toller tantas posesions en tanto que con o permiso do noso Rey lebantou a terra as santas hirmandades das cibdades e vilas pagando cada hua seys omes soldados de a cabalo para conter e acudir ao remedio de tantos males que deus acalme por a sua misericordia. |
[+] |
1484 |
VFD 204/ 202 |
ESTE HE O REPARTYMENTO E RECONTO DAS PERSONAS DESTA ÇIBDAD DA CONTRIBUYÇON DA HIRMANDADE DO ANO PASADO DE L XXX III ANOS E foron repartidos quatro rayáas a cada persona e mais os dereitos a rasón de quinse pares de brancas cada millar. |
[+] |
1491 |
VFD 204c/ 214 |
PADRÓN DA IRMANDADE DA ÇIDADE DE OURENSE DO ANO 1490, QUE SE FENESCEU POR SANTA MARIA DE AGOSTO DE 1491 Rúa Nova Paulos de Sousa Juan Gomes, xastre Juan Peres, o moço Juan de Noalla Gomes de Ramoyn Aluaro, ballestero Lopo Gonçales, barbeyro Afonso Fernandes, corrieiro Fernán Ferro Afonso Rodrigues Aluaro d ' Oseyra Andrés Afonso Pero Lopes, allcalde Ares d ' Arçúa Lopo de Canpo Ramiro Diego Fernandes Juan de Congosto Pero Gonçales, castellano Alvaro Gonçales de Çerreda, en el año de XCII, en abril Gomes de Peyn Juan Grande Domingo d ' Ouriz Fernán Rodriguez, que casou con la filla del Administrador Roy de Lagares Abraán do Canpo, judío Samuel Ciano, judío Afonso da Canba Juan Brabo Pero, çapateiro Pero Peres, casou en jullio de XCI anos Postores, Alvaro d ' Oseyra e Lopo, barbeiro Tirador, Afonso Fernandes, corrieiro Rua dos Arçedianos Gonçaluo Rojés Domingo Gonçalues Gonçaluo de Chantada Juan, carpenteiro Afonso de Syndrán, finou en Pascoal de Santo ' sebeo Martiño de Gordón Fernán Fernández Nugeyrol Fernán Cansado Ares Peres Pero Suares, casou en Janeiro de XC anos Afonso de Vilaboa Postor, Gonçaluo de Chantada Tirador, Pascoal de Santo ' sebeo. |
[+] |