1471 |
FMST [14]/ 526 |
Ano do nascemento de noso señor ihsu Xpisto de mill e quatrocentos e sateenta e jun anos, viinte e quatro dias do mes de juyo, Sabean todos como nos afonso paaz toneleyro e johan joga e afonso de nugron carpenteyros, vezinos e moradores ena villa de noya vicarios da confraría de Santispiritus que presentes somos e vasco colmis e pero de salnes e pero de ferrol e Roy fernandes juan afonso da pardineyra, garcia de Ramyruas, afonso vasques, afonso nepto, afonso de Caamouco, juan careta, fernan colrin, sueyro das mariñas, juan carpenteyro, sueyro afonso de caamouco, pero novo, gonçalo grayño, e diego de xeres, carpinteyros, toneleyros e pedreyros, confrades da dita confraría que presentes somos, que fasemos por nos e en nome dos outros confrades da dita confraría que son absentes, ben se como fosen presentes et por los outros que depoys de nos e deles vieren, seendo juntados en casa do dito Roy fernandes en noso consistorio e cabildo segundo que o avemos de vso e de costume, et considerando todo o adiante contiudo seer feyto en prol e priueyto da dita confraría; et porque o seruiço de deus seja mays ahomentado et a dita confraría mays seruida e as ordenanças dela mays gardadas Reteficando e avendo por firmes e estaueles todas las ordenanças por nos e por nosos antecesores feytas e outorgadas ena dita confraría, et que mays prol proueyto e honrra seja da dita confraría fasemos e outorgamos as ordenançs seguentes: |
[+] |