1417 |
LCS [62]/ 42 |
O dito conçello, justiças et jurados, mandaron que quaesquer personas que agora usavan de vender ou vendesen de aqui endeante aseite enna dita cibdade que tovesen medidas çertas porque vendesen o dito aseite por maneira que aquelas personas que o ouvesen de conprir non reçebise engano algũo et que mandavan a os ditos alcalles que fesesen logo dar pregon por las praças desta , çidade que as personas que usavan de vender o dito aseite fosen marquar as medidas por que o ouvesen de vender por la marqua do dito conçello que ten Juan Golçalves, plateiro, para o qual lles davan termino doje a oyto dias primeiros segintes et que mandavan que o dito Juan Golçalves levase por seu traballo por rason da dita marqua que asi avia de põer ennas ditas medidas hũa blanca de cada hũa et non mais et outrosi que mandavan que se despois do dito termino fose achada algũa persona que vendese o dito aseite por medidas que non fosen marquadas que pagase por pena LXo maravedis, a meidade para os muros da dita çidade et a otra meidade para os ditos alcalles por cada ves que fose achado que vendia por las taes medidas por marquar. |
[+] |
1418 |
LCS [157]/ 129 |
Ruy Freire e Afonso Vaasques Abril escudeiros, e Alvaro Martines plateiro, vesiños da dita çidade e Juan Gonçales da Cana, fillo de Gonçalvo Rodriges da Moeda, a que Deus perdona e Avaro Peres, escrivan. |
[+] |
1418 |
LCS [179]/ 149 |
Sabean todos que seendo o Conçello, alcaldes, jurados da çidade de Santiago juntados enna notaria de Ruy Martines, notario da dita çidade, por crida de anaffil segundo que han de usso e de custume, presentes ende Martin Galos e Juan Ares da Caña, alcalles, e Alvaro Afonso e Fernan Gonçales, Afonso Fernandes e Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, jurados enna dita çidade e en presença de min Fernan Eanes, notario publico de noso señor el rey enna sua Corte e en todos los seus regnos e escusador por Ruy Martines notario publico da dita çidade e das testemoyas adeante scriptas, enton o dito Conçello, alcalles e jurados e regidores disseron que por quanto noso señor arçobispo de Santiago don Lopo mandara que os ourives, moradores enna dita çidade lavrasen enna tendas que tẽe no portal dos ourives e non lavrasen en suas casas nen en outra parte algũa nen de dia nen de noyte e o fesera asy preogar por las praças desta dita çidade, por ende que eles chegandose ao que dito señor arçobispo mandara que ordenavan et ordenaron estando a elo presentes Afonso Fiel e Martin Maçeeyra, Juan Gonçales, Alvaro Meestre, Pero Trivyño, Pero Afonso, Colyn e Francisquo plateiros moradores enna dita çidade, que nehũu ourives non fose ousado de tẽer forja nen forjaron en sua casa et que todos lavrasen ennas ditas tendas e portales, segundo que senpre foron acostumados e qualquer que tevese de aquy endeante forja en sua casa que pagase por cada vos seisçentos moravedis, branqua en tres dineiros en esta maneira: a terça parte para o restoyramento dos muros da dita çidade e a terça parte para os alcalles e a terça parte para os procuradores da dita çidade e de mays que perdesen as forjas e ferramentas con que lavrasen et que doje a terçer dia tirasen de suas casas quaesquer forjas que tĩinan e as trouvesen aas ditas tendas so a dita pena e que mancavan e mandaron a Domingo Longo servente e pregoeyro do dito conçello que pregoase esto suso declarado enna Quintaa de Paaços e enno dito portal dos ourives e ennas plaças do Vilar e da Rua Nova onde moravan os ditos ourives. |
[+] |
1421 |
LCS [312]/ 252 |
Testemoyas que foron presentes aa dita abtoridade Martin Galos jurado da dita çidade e Juan Serpe fillo do dito Martin Serpe e Juan Fernandes de Guardo escrivano do dito señor rey e Vasco Fiel plateiro e Juan Gonçales da Cana, vesiños da dita çidade e en este traslado meu nome e signal puje en testimonio de verdade que tal he. |
[+] |
1432 |
LCP 12/ 56 |
Testemoyas Estebo Qrun Pero Qrun o moço Fernan Belasco Pero Gomes plateiro e outros. |
[+] |
1432 |
LCP 13/ 58 |
Testemoyas Esteuoo Qrun, Pero Qrun o moço Fernan Belasco escudeiro Pero Gomes plateiro e outros. |
[+] |
1432 |
LCP 15/ 59 |
Et despoys desto tres dias do dito mes de janeiro estando en conçello dentro enna eglesia de San Bertolameu presentes Afonso Gago Agulla juis Pero Qrun Pero Falquon alcaldes Fernan Peres Diego Soares homes boos jurados enton paresçeu y Aluaro de Penaflor criado do dito Lope Aluares e por min o dito notario frontado diso aos sobreditos juis alcaldes jurados e homes boos que por quanto noso señor o arçobispo de Santiago don Lopo dera unha sua carta firmada de seu nome e seelada de seu seelo para o dito Conçello en que lle mandaua que amouesen e tirasen a Afonso Yañes Jacob e Iohan Afonso da Pedreira notarios e a Gonçaluo Eans Fechorrino fieles do alfoly desta dita villa e posesen enna dita fieldade do dito alfoly ao dito Lopo Aluares para que o touese en fieldade ata que fose mostrado recodimento e desembargo da dita renda do dito señor rey reçeuendo del boos fiadores ricos e abonados veçiños e moradores desta dita villa para que quitasen ao dito Conçello e fieles do dito alfoly a par e a saluo a todo tempo da dita renda do qual dito Lopo Aluares o dito Conçello por vertude da dita carta reçeuera os ditos fiadores e agora que a era dito e feito entender e era asy o feito da verdade que o dito Conçello por vertude de outra carta do dito señor arçobispo que lles fora presentaba este primeiro dia de janeiro deste ano de MCCCCXXXII annos poseran por fieles a Afonso Eans Jacob e a Johan Afonso da Pedreira notarios enna dita renda do dito alfoly os quales ja en sy auyan reçeuido as medidas do sal e amoueran a Gonçaluo Esteues plateiro que estaua por fasedor enno dito alfoly en nome do dito Lopo Aluares non o deuendo eles faser de dereito por rason que o dito Lopo Aluares tiña asegurado ao dito Conçello e fieles do dito alfoly por ende que el en nome do dito Lopo Aluares que lles frontaua e requeria que logo fesesen restetuyr ao dito Gonçaluo Esteues en nome do dito Lopo Aluares enno dito alfoly fazendolle logo entregar as medidas do sal que asy auia leuadas os sobreditos Afonso Eans e Iohan Afonso notarios e Gonçaluo Eans Fechorrinño. |
[+] |
1432 |
LCP 15/ 60 |
Testemoyas Joan Peres notario Iohan de Seuylla Gonçaluo de Camoens Estevo Grun Gonçaluo Esteues plateiro Iohan Eans Fechorriño Afonso Garçia clerigos e outros. |
[+] |
1432 |
LCP 17/ 61 |
Testemoyas que estauan presentes Iohan Peres notario Iohan de Seuylla Gonçaluo de Camoens Gonçaluo Esteues plateiro e outros. |
[+] |
1437 |
LCP 39/ 75 |
Lopo Martins, plateiro. |
[+] |
1437 |
LCP 40/ 75 |
Predito. -Este dito dia e ora, os sobreditos feseron por procuradores do dito Conçello a Lopo Martins, plateiro, o Vello e a Pedro de Plaser, alfayate. |
[+] |
1437 |
LCP 55/ 86 |
CCCCo. tricesimo setimo, XIX dias do mes de abril, estando o Conçello e homes bõos da villa de Pontevedra, juntos en seu conçello, ẽno sobrado da egllesia de San Bertolameu da dita villa per tangemento de canpãa, segundo que o han de vso e de costume, presentes y Pedro Ares d ' Aldãa, jurado da dita villa, tenente lugar ẽna dita villa e torres dela por noso señor o arçebispo de Santiago don Lopo e Afonso Vasques, jurado, tenente lugar de juis por Pedro Falcon, juis ordenario da dita villa e Lourenço Yanes de Pastoriça, alcalde, e Fernan Peres e Pedro Cruu, jurados, e Lopo Martiis, plateiro e Pedro de Plaser, sastre, procuradores do dito Conçello, en presença de min notario e testemoyas infra scriptas, pareçeu y presente Pedro de Montes, clerigo, tenente lugar de rector ẽna egllesia de Santa Maria a Grande da dita villa e per palabra, suplicando diso ao dito Conçello e homes boos, que presentes estavan, en commo el, por seu mandado e liçencia edificara e tiña edificado hũa casa ẽna Rua de Jofre Tanoyro e çerca do muro da dita villa, flegresia de Santa Maria a Grande e non enbargante, que o dito Conçello lle dera a dita liçencia para el façer e edificar a dita casa, que el non se obligara a poer penson algũa [por la] ẽna dita casa para o dito conçello, pero que el por mayor avondamento e porque o dito Conçello non se podese reclamar que fora leso ou enganado que el queria e lle plasia que o endeante para senpre en cada ũu ãno ẽna dita casa, quatro maravedis de moneda vella, branca en tres dineiros, sen seu enbargo e de suas voses e o dito Conçello, juis, alcalde, jurados, procuradores e homes bõos, que presentes estavan, diseron que asy reçebian a dita penson para o dito Conçello per las maneiras e condiçõos sobreditas e que verdade era que eles deran e outorgaran a dita liçencia ao dito Pedro de Montes para faser e edificar a dita casa segundo e por la via que estava feita, e agora por mayor avondamento que outra vez commo de cabo [lle davan] reteficaban a dita liçencia e a avian per firme, rata e quita, e que prometian e outorgavan de non yr contra elo nen en alguno tenpo que seja sub obligaçon dos bẽes do dito Conçello, que para elo obligaron e sub pena de CC froriis d ' ouro do cuño d o Regno de Aragon, que outorgaron de peytar de pena se o asy non tevesen e cunplisen e contra elo viesen. |
[+] |
1437 |
LCP 63/ 91 |
Fecha e dada a Gonçalvo de Camões Sepan quantos esta carta biren como eu Lourenço Yanes de Pastoriça e Johan Garçia Rouquo, alcaldes da billa de Pontevedra e Fernan Peres, jurado da dita billa e Pedro Cruu, o Moço, e Ruy de Lugo, mercadores, e Johan Afonso, notario, e Lopo Martiis, plateiro, bezĩos e moradores ena dita billa de Pontevedra, que somos presentes, outorgamos e conosçemos por esta carta, que damos e outorgamos todo noso libre, llevero e cunplido poder, segundo que o nos abemos e que mellor e mays conpridamente o podemos e devemos dar e outorgar de dereito a bos Gonçalvo de Camões, mercador, bezĩo da dita billa de Pontevedra, para que nos podades obligar e obligedes a nos mesmos e a cada ũu de nos e a todos nosos bẽes e de cada ũu de nos, asy movilles como reyzes abidos e por aver por bosos fiadores, devedores e principaees pagadores enas contias de maravedis adeante declarados, conven a saber: a min o dito Lourenço Eanes em contia de tres mill maravedis de moneda bella branca em tres dineiros e a vos os ditos Johan Garçia Rouquo e Fernan Peres e Pedro Cruu e Ruy de Lugo e Johan Afonso e Lopo Martiis, cada ũu de nos em contia de dous mill e quinentos maravedis da dita moneda, espeçialmente ena renta que fezestes ou fezerdes de noso señor o arçebispo ou de Rui Martiis, seu secretario e contador, em seu nome do moordomadego da dita billa de Pontebedra que arrendastes ou entendedes arrendar por tenpo de diez años conpridos primeiros segintes que començaran por dia de San Iohan de juyo primeiro que ben deste presente año da feita desta carta e se cunpliran por dya de San Iohan de juyo do año que berra de mill e quatroçentos e quoreenta e septe años ou de qualquer deles e toda obligaçon e obligaçoes que vos o dito Gonçalvo de Camões em esta rason fezerdes e outorgardes en que bos obligardes por bosos fiadores, devedores e principaes pagadores a cada ũu de nos ẽnas contias de maravedis suso declaradas em ũu dos ditos diez años ou de qualquer deles nos las outorgamos e abemos e aberemos por estavilles e valedeiras para agora e para en todo tenpo para que ballan e façan fe em juizo e fora del bem asy e atan cunplidamente como se nos mesmos e cada ũu de nos outorgasemos e fezesemos e a elo presentes fosemos. |
[+] |
1437 |
LCP 65/ 93 |
Testemoyas, os ditos Pedro Ares e Pedro Cruu, o Moço, e Fernando Peres, jurado, e Lopo Martiis, plateiro, e Iohan Garçia Rouquo e Rui de Lugo e otros. |
[+] |
1437 |
LCP 75/ 110 |
Colledores ẽna flegresia de Santa Maria, Iohan Garçia Rouco alcalde e Pedro de Plazer, procurador do dito Conçello e ẽna flegresia de San Bertolameu, Lourenço Yanes alcallde e Lopo Martiis, plateiro, procurador do dito Conçello; os quaes ditos maravedis se repartieron per las Ruas da dita billa em esta maneira que se sigue: |
[+] |
1437 |
LCP 92b/ 126 |
Lopo Martiis, plateiro, Alvaro Nabeiro, Fernan de Françeira, Bidal do Ribeiro, carpenteiro. |
[+] |
1437 |
LCP 98/ 129 |
Ts. : o dito Pero Cruu, o Vello e Pero Cruu o Moço e Ruy Gonçalves Brageiro e Pero de Plazer e Lopo Martiis, plateiro. |
[+] |
1440 |
LCP 121/ 146 |
Ts Pero Cruu, Johan Peres, notario, Alvaro Nunes, Gonçalvo Fechorrino, Lopo Martiis, plateiro, Pero de Montes e Afonso Garçia, clerigos. |
[+] |
1441 |
LCP 138/ 153 |
Groso, Lopo Martiis, plateiro, e Rui Tourino. |
[+] |
1441 |
LCP 139/ 153 |
Juan Garçia e Garçia Goterres, alcaldes, feseron mandamento aa moller de Alvaro Nunes e Loys Mendes e a Vasco Rodrigues e a Ynes Rodrigues e aa moller de Juan Ferrnandes da Boullosa e a Juan Rodrigues e Diego Lopes, plateiros, que logo desen aseyte aas personas que o ouvesen mester, segundo as ordenanças de noso señor o arçebispo e do dito Conçello so pena de II mill mrs. para a Camara do dito señor arçebispo. |
[+] |
1442 |
LCP 154/ 159 |
Anno XLII, XVI dias de janeiro, estando en conçello dentro ẽna igllesia de San Bertolameu, presentes Pero Falcon, juis, Fernando Vasques, alcalde, Juan de Sevilla, escusador de alcalde por Pero Afonso, Alvaro Lopes, Garçia Goterres, Juan Garçia Rouco, Fernando Pero, Afonso Vasques, jurados, Juan Afonso notario, procurador, Gonçalvo Peliteiro e Juan Neto, o Calvo, mareantes, feseron veedores das bees este dito año a Pero Farina e Juan de Santiago, plateiro, e de consentimento dos sobreditos e de Juan Bieites Conpanon e Juan d ' Oytaven, carniçeiro, que fosen este dito año quitos da talla do arçebispo e levasen de pena para o conçello por cada ves quatro maravedis e que os alcaldes que fosen executores. |
[+] |
1442 |
LCP 154/ 159 |
(Testemoyas), dos quaes ditos Pero Farina e Juan Plateiro logo reçeberon juramento, etc. |
[+] |
1442 |
LCP 160/ 161 |
Predito. -XXIII dias de abril, Alvaro Lopes, jurado da dita vila de Pontevedra, juis arbitro ontre Lopo Martiis, plateiro, o Vello, arrendador da alcavala da carne deste dita vila, deste dito año e Lourenço Yanes, notario, seu conpaneiro e fiador ẽna dita renta e os carniçeiros da dita vila, sobre rason do debate que ontre eles era en rason da dita alcavala da carne per conpromiso feito e outorgado oje este dito dia per ante min, dito notario, e testemoyas infrascriptas per sua sentença arbitraria, mandou aos ditos carniçeiros que de qualquer armentio que eles ou qualquer deles este dito año matasen ẽna dita vila que desen de cada ũu armentio, de alcavala aos ditos Lope Martiis e Lourenço Yanes, quinse brancas e hũu dineiro, e de cada carneiro, çinco brancas e que os ditos armentios e carneiros que os vendesen ẽnas carniçarias e lugares acostumados per justo peso e dereito e non en outros lugares sub as penas por lo dito conçello ordenadas. |
[+] |
1444 |
LCP 180/ 176 |
Garçia Gonçalves, plateiro e outros. |
[+] |
1448 |
LCP 209/ 188 |
Primeiramente ẽna alcavala do pan a Gonçalvo Fiel e Gomes de Senrra. Ẽna alcavala do vyno a Juan Afonso Gago, notario, e Gomes de Santiago, marineiro, e Fernando Nunes, scripvan. Ẽna alcavala da carne Rui Gonçalves Brageiro e Lopo Martiis, o Vello, plateiro. Ẽna alcavala do pescado a Juan de Sevilla e Toribio Gonçalves Davila e Miguell Verde. Ẽna alcavala dos panos a Juan Afonso da Pedreira, notario, e Alvaro de Peñaflor. Ẽna alcavala do groso e salvagina: |
[+] |
1448 |
LCP 209/ 189 |
Ruy Martiĩs, o vello, plateiro Ẽna alcavala do ferro a Juan Maçeyno e Alvaro de Peñaflor. Ẽna alcavala da madeira a Pero das Donas e Juan Rodrigues, toneleiro. Ẽna alcavala das herdades aos ditos Pero das Donas e Gomes de Senrra. Ẽna alcavala dos navyos ao dito Pero das Donas e Juan Basante, carpenteiro. Ẽna alcavala das bestas ao dito Juan Maçeyno e Gonçalvo da Costa. Ẽna alcavala da froyta a Juan da Armada. Ẽna alcavala dos coyros e çapataria a Lopo Gomes e Juan da Françeira, çapateiro. Ẽna alcavala do sal, Pero Rodrigues, alcalde, e Fernand Esteves, mercador. Ẽna renta dos alfolis do sal aos ditos Pero Rodrigues, alcalde, e Fernando Estevez. Ẽnos disemos da parte del Rey ao dito Pero Rodrigues, alcalde, e Juan Prego, mercador. |
[+] |
1451 |
LCP 220/ 198 |
Juan Garçia de Sevilla, recabdador de noso señor o arçebispo, e Garçia Gonçalves, plateiro, vesiño de Pontevedra. |
[+] |
1454 |
LCP 235/ 214 |
Primeramente, ẽna alcavala do pan a Pero das Donas; ẽna alcavala do vino a Gomes de Santiago e Juan de Deus, carniçeiros; ẽna alcavala da carne Juan de Deus e Juan Domingues, carniçeiros; ẽna alcavala do pescado, Pero Farina e Lois Cruu; ẽna alcavala dos panos Migell Fernandes; ẽna alcavala do groso e sal vagina, Fernan Lopes e Jacome Plateiro, seu fillo; ẽna alcavala da madeira, Pero das Donas e Fernan Pellaes, toneleiro; ẽna alcavala dos coiros e çapataria, Gomes da Senrra e Juan da Cãal, çapateiro; ẽna alcavala das herdades, Fernan Esteves, alcalde e Migell Ferrnandes Verde; ẽna alcavala das bestas Juan de Deus, carniçeiro, e Gomes de Santiago; ẽna alcavala do ferro, Gomes da Senrra e Jb Fonterosa ena alcavala dos navios, Gonçalvo Gago e Afonso de Montes; ena alcavala da froyta, Fernan Lopes e Jacome Plateiro, seu fillo; ẽna alcavala do sal Lois Cruu, fillo de Estevõo Cruu, e Lois de Noya, criado de Fernando Rodrigues de Sevilla; ẽna renta do alfoly os ditos Lois Cruu e Loys de Noya. |
[+] |
1455 |
LCP 239/ 215 |
Pero Cruu, juis, e Tristan de Montenegro e Fernand Esteves, alcaldes, e Juan Cruu e Fernan Rodeiro e Juan Prego e Pero Fernandes e Fernan Peres, jurados; os sobreditos juis, alcaldes e omes boos, jurados, poseron e nonbraron por fiees das alcavalas, disemos e alfolis da dita vila deste dito año a estas personas adeante contiudas, conven a saber: ẽna alcavala do pan a Pero das Donas. ẽna alcavala do vino a Gonçalvo Peres Falcato e Gomes de Santiago. ẽna alcavala da carne, o dito Gonçalvo Peres Falcato e Juan de Deus, carniçeiro. ẽna alcavala do pescado a Juan Afonso Gago, notario, e Lois Cruu. ẽna alcavala do groso e salvagina, prata e especiaria o dito Pero das Donas e Nuno Fernandes, criado do dito Fernan Peres, jurado. ẽna alcavala dos panos, a Pero de Sayoane, alfayate, e Nuno Tourino, barbeiro. ẽna alcavala dos coiros e çapataria, Gomes da Senrra e Juan da Cãal, çapateiro. ẽna alcavala da madeira, o dito Pero das Donas. ẽna alcavala da froyta a Jacome Plateiro. ẽna alcavala das bestas a Juan Afonso Esquerdo. ẽna alcavala das herdades ao dito Lois Cruu. ẽna alcavala dos navios a Fernan Toneeiro e Alonso da Fonte, carpenteiros. ẽna alcavala do ferro a Rui da Françeira. ẽna alcavala do sal e alfoly del, Afonso Gomes, criado de Pero Cruu. ẽnos disemos do mar da parte de noso señor el rey e de noso señor o arçebispo ao dito Gomes de Santiago. |
[+] |
1456 |
LCP 240/ 216 |
Primeiramente, ẽna alcavala do pan a Pero das Donas. ẽna alcavala do vino a Fernan Esteves, alcalde, e Pero Garçia de Galegos. ẽna alcavala do pescado, Juan Afonso Gago, notario, e Afonso Gomes, criado de Pero Cruu. ẽna alcavala do groso e salvagina, Pero das Donas e Jacome Plateiro. ẽna alcavala dos panos, Juan Afonso Gago, notario, e Afonso Gomes, criado de Pero Cruu. ẽna alcavala do sal, Gomes de Santiago e Pero Farina. ẽna alcavala da carne, Pero das Donas e Juan Domingues, carniçeiro. ẽna alcavala dos coiros e çapataria, Juan Ferreiro, çinteiro, e Fernando de Monterroso. ẽna alcavala do ferro, o dito Pero Garçia de Galegos. ẽna alcavala da madeira, Pero das Donas e Fernan Pellaes, toneleiro. ẽna alcavala dos navios, Afonso de Montes e Gonçalvo Gago, carpenteiros. ẽna alcavala das bestas, Pero de Canedo, çapateiro. ẽna alcavala da froyta, Fernan Lopes, xastre. ẽna alcavala das herdades, Fernan Esteves, alcalde. ẽna renta do alfoli, Gomes de Santiago e Pero Farina. ẽnos disimos da parte del rey, Gomes de Santiago. |
[+] |
1456 |
LCP 240/ 217 |
Afonso Gillelmes, jurado de Noya, e Pero das Donas e Jacome Plateiro e Pero das Donas e Fernan Lopes, xastre, e Pero Garçia de Galegos e Fernan Esteves, alcalde, e outros. |
[+] |
1456 |
SMCP 53/ 166 |
Feyto en Pontevedra era, dias e mes sobreditos testigos que foron presentes Lopo Martines o moço plateiro e Gonçal de Santiago Fernandes moradores enna dita vila e outros. |
[+] |
1457 |
LCP 242/ 217 |
Primeyramente ẽna alcavala do pan a Juan Afonso Gago, notario, e Pero das Donas. ẽna alcavala do vino a Afonso Gomes, criado de Pero Cruu e Nuno Ferrnandes, criado de Fernan Peres, notario. ẽna alcavala da carne, a Juan de Deus e Juan Domingues das Travanquas, carniçeiros. ẽna alcavala do pescado, a Fernand Esteves e ao dito Afonso Gomes, criado do dito Pero Cruu. ẽna alcavala da froyta a Juan da Armada. ẽna alcavala dos panos, a Juan Afonso Gago, notario. ẽna alcavala do ferro, a Jacome Plateiro. ẽna alcavala da madeira, ao dito Jacome Plateiro e Pero das Donas. ẽna alcavala do groso e salvagina, a Pero Garçia de Galegos e a Pero das Donas. ẽna alcavala dos navyos, a Juan Basante e a Alfonso Chamorro, carpenteiros. ẽna alcavala das bestas, a Pero Vasques, ferrador. ẽna alcavala das herdades a Juan Rodriguez, criado de Juan Prego. ẽna alcavala do sal, ao dito Juan Afonso Gago, notario. ẽna alcavala dos coyros e çapatalia, a Juan Ferreiro, çinteiro, e Fernan de Monterroso, çapateiros. ẽna renta do alfoly, a Pero Farina e Gomes de Santiago. ẽnos disemos do mar da parte de noso señor el Rey, aos ditos Pero Farina e Gomes de Santiago. |
[+] |
1460 |
LCP 246/ 222 |
III. . mill CC. . mrs. groso e salvagina, posoa Jacome Plateiro en preço de IIII mill maravedis da dita moneda con as condiçõos sobreditas. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . |
[+] |
1460 |
LCP 247/ 224 |
Testigos que foron presentes e viron, aqui firmar este su nome ao dito Alvaro de Soutomayor, Gonçalvo Caleta e Gonçalvo Peres d ' Alvar e Juan Mourino, escudeiros do dito Alvaro de Soutomayor, e Jacome Plateiro, vesiño da dita vila de Pontevedra. |
[+] |
1460 |
LCP 248/ 224 |
Sepan quantos esta carta de pago viren, como eu Alvaro de Soutomayor, vasalo de noso señor el Rey, que presente soo contigo e conosco que soo entrego, contento e ben pago de vos os fiess e arrendadores e colledores das alcavalas da vila de Pontevedra deste año da feita desta carta, de quantia de oyto mill maravedis da moneda vsual, que duas branquas vellas ou tres novas fasen vn maravedi, de que eu fige toma ẽnas ditas alcavalas este dito año en esta guisa: de vos Rui Gonçalves de Lugo, fiel e colledor da alcavala do pan, tres mill e quinentos maravedis; de vos Gomes de Santiago fiel e colledor da alcavala do vino quatro mill maravedis; de vos Gonçalvo Esteves, fiel e colledor da alcavala do pescado tres mill e quinentos maravedis; de vos Pero Garçia de Galegos, fiel e colledor da alcavala da carne, mill e dusentos maravedis; de vos Pero de Sayoane, alfayate, fiel e colledor da alcavala dos panos, mill maravedis; de vos Jacome Plateiro, fiel e colledor da alcavala do groso e salvagina mill e dusentos maravedis; de vos Rui da Franceira, fiel e colledor da alcavala do ferro quinentos maravedis; de vos Juan Maçeyno fiel e colledor da alcavala da madeira, dusentos maravedis; de vos Juan Prego, fiel e colledor da alcavala das herdades çent maravedis; de vos, o dito Juan Maçeyno, fiel e colledor da alcavala dos coiros e çapataria, seysçentos maravedis; de vos o dito Rui da Françeira, fiel e colledor da alcavala da froyta, çent maravedis; de vos Pero Farina, fiel e colledor da alcavala do sal, dous mill maravedis; de vos Gonçalvo Carriço, fiel e colledor da alcavala das bestas çent maravedis; que son asi cunplidos os ditos des e oyto mill maravedis da dita moneda de que me outorgo por entrego, contento e ben pago a toda mĩa voontade e renunçio a toda eixençon que nunca ende diga o contrario e por ende vos dou por libres e quitos a vos e a todos vosos bẽes para senpre, por quanto mos destes e pagastes e os eu de vos resçeby ẽna maneira que dita he e en esta dita carta se conten E porque he verdade e non veña en dubda firmey esta carta de meu nome e por mais firmesa rogey a Afonso Yanes Jacob, notario do Conçello da dita vila de Pontevedra, que a signase de seu signo que foy feita ẽna dita vila de Pontevedra quinse dias do mes de sentenbre, año do Nasçemento de Noso Señor Christo de mill e quatroçentos e saseenta años. |
[+] |
1501 |
SMCP 39/ 132 |
Sabean todos quantos este publico ynstrumento vieren como nos Juan Fernandez Agulla notario de la villa de Pontevedra e vezino della e procurador que foy de la hermida et lazarados de Santa Maria do Camino jurdiçion della dicha vylla e Ares de Rial e Ruy Servino e Afonsso da Calda e Vidal Françes e Tareyja Oleyra e Juana de la Oeyna e Mayor de Lestan e Gonçalo Portugues et Juan Tacon e Antonio de San Domingo lazarados et lazaradas que somos moradores en la malataria de la dicha hermita que somos presentes que fazemos por nos e por nosos suçesores que despoys nos vieren entendiendo que esto adelante contenido es probecho y prol e onr(ad)o de la dicha hermita e lazarados dela otorgamos e conosçemos asensuamente e damos por razon de sensu prepetuo de o presente dicho dia endelante prepetuamente para senpre jamays a vos Alvaro Oanes plateyro que estays presente et vuestra muger Maria Rodrigues que es absente asy como se fuese presente y a todas vuestras vozes e herederos e suçesores conven a saber que os sensuamos para senpre segundo dito hes toda aquella nuestra huerta ansi como bay de longo y enpeça ena parede que esta enpeçada e bay ansy arriba junto de una pereyra e vay topar con una congrosta que vay a longo del hespital e de alli entesta en la parede e vina de Juan Lopez plateiro e vay con su valado segundo esta sobre sy marcada e debesoado y vay dar a la congosta que vay para el rio que dizen de los Gafos e asy torna a dar outra vez en la dicha parede. |
[+] |
1577 |
SMCP 52/ 164 |
Jaz a escriptura desto enna nota de VIIIo câs de vino Que paga en cada huun anno para sempre Juan Lopez plateiro por los fillos Alvaro Afonso Jacob seys canadas de vino limpo mosto aa dorna por la vina que esta tras las casas dos Gafos de Santa Maria do Camino que o dito Juan Lopez tiina aforada do dito Alvaro Afonso. |
[+] |
1577 |
SMCP 52/ 165 |
Que paga en cada huun anno para sempre Roy Perez toneleyro seys canadas de vino por la vina que ten en VI câs Que pagaba en cada huun ano Teresa Calvinna huna canada e media de vino por la herdade da Mimosa que esta en Taboas esta herdade vendeu seu filo Grigorio Sanches e agora dizen que a ouve del Antonio Gomes notario Que paga Alvaro Nunez plateiro en cada huun ano para sempre viinte e quatro mrs. vellos por la horta que ten cabo Santa Maria do Camino. |
[+] |