logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no Corpus Xelmírez poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Se desexa consultar a referencia e o contexto dun exemplo, calque no símbolo [+] na cela da dereita. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no Corpus Xelmírez, pode calcar aquí.
Está a procurar contextos do uso de levantar nos textos notariais do Corpus Xelmírez.

Número de contextos atopados: 17

935 SVP 1/ 53 Etiam sic testamus et confirmamus ipsa ecclesia Sancte Eulalie per ipsius terminus antiquos, non multum longincos, et quod modo illa comparavimus de Emisindus Petriz et dedimus ei kaballum, de Io boves et IIo boves pro cornumes Iter cum alia villa quos vozitant Fratelo, quod est site in terra Castelione prope ecclesie Sante Marie per suis terminos antiquos, quomodo se suos vallatos tanget atrium Santae Mariae de parte infesto et ascendit ille monte de ille signo, et inde tras petras ecclesie per illa casale de Verteda et inde retornat in prono per illa pareta antique et inde in villa de Spino et usque feriat in casale de Suare et illas alternas hereditates que contramutamus per nostros homines ascende Ia terra large levantare ad illas areas per sues parietes antiques, et inde de ...que ferunt in fonte Abolino. [+]
1416 LCS [45]/ 29 Sabean todos que nos o conçello, alcalles et regidores jurados et homes bõos da çidade de Santiago seendo juntados enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario da dita çidade por crida de anafil, segundo que avemos de uso et de costume, presentes enno dito conçello nos Martin Serpe et Vaasco Fernandes Troquo, alcalles enna dita çidade, Martin Galos, Alvaro Afonso Juliate et Afonso Fernandes Abril et Gomes Rodriges, bachiller en Decretos et Juan Ares da Canna, regidores jurados enna dita çidade por quanto nos somos çertos que o conçello derribou et mandou derribar hũas casas de vos Gil Peres, mercador, as quaes estavan feitas et edeficadas et levantadas ontre as casas en que agora mora Fernan Martines alfayate et outras casas de vos o dito Gil Peres que estan juntas con o muro da dita çidade, çerqua da Porta de Maçarelas ennas quaes agora mora Juan de Melide, çapateiro, et a qual casa o dito conçello mandou derribar para aver andameo et çerqua da dita çidade segundo que o agora han por ende nos o dito conçello, justiças jurados et omes bõos en comenda et correjemento da dita casa que asi fui derribada a vos o dito Gil Peres, damosvos et outorgamos en pura et livre doaçon por jur de herdade doje este dia endeante pra senpre o terratorio que jas enna praça de Maçarelas junto por parede con a casa de Diego de Ferreiro, caldereyro, et da outra parte ven topar enna rua publica que sal enna dita porta contra a porta de Maçarelas, o qual terratorio he de nos o dito conçello et o qual vos damos para que posades faser et façades en el hũa casa et para que posades faser et façades do dito terratorio et casa que asi en el edeficaredes et levantaredes toda vosa voontade para senpre asi como de vosas cousas propias et todo jur, señorio, posison, propiedade, vos, auçon et dereito que o dito conçello et nos avemos enno dito terratorio tiramoslo et quitamoslo de nos et de nosos subçesores et poemoslo et traspasamos en vos o dito Gil Peres et de vosos herdeiros et subçesores et daqui endeante façades de todo elo et de parte delo todo o que quiserdes et por ben toverdes asi como de vosas cousas propias libres, quitas et desenbargadas et por esta dita carta et con ela apoderamos en todo elo a vos o dito Gil Peres para que por vos mesmo cu por quen vos quiserdes posades entrar et tomar de vosa propia autoridade sen licençia et mandado de aguo juis nen alcallde nen outro ofiçial qualquer o sobre dito terratorio que vos asi damos en doaçon et a posison del. [+]
1433 FMST [10]/ 495 XII yten ordenamos que si algun confrade do dito oficio levantar Roydo eno cavidoo, ou conprando, ou vendendo, ou partindo obra do dito oficio, ou diser palabras injuriosas que non sejan de diser, ou sacar espada ou puñal eno dito cavidoo, ou mercando ou partindo a tal mercadoría que perteece ao dito oficio, que pague por pena por cada vegada que asy fezer seys libras de cera para a confraría. [+]
1433 MNP 1/ 17 Condiçon asosegada ontre as ditas partes, que querendo labrar ou levantar os ditos Maria Peres et seu fillo ou cada un deles o dito terratorio de forno ou casa para si mesmos, que o posan faser sen enbargo deste aforamento, pagando aos ditos Juan de Cabral e sua moller o custo que avian posto eno dito terratorio. [+]
1433 MNP 69/ 99 Sabean todos que nos o doutor frey Pedro de Salnes, prior do moesteiro de San Domingo da villa de Pontevedra, et frey Gonçalvo de Castro et frey Juan de Santa Fe et frey Gonçalvo Ferreiro et frey Roy de Utreira et frey Pedro de Montes, doutores et frey Juan de Ribadavia et frey Estevõo de Montes et frey Gonçalvo de Tui et frey Afonso Mansiño et frey Vaasco Afonso et frey Vaasco Caldelas et frey Juan de Morraço, fraires conventuaes do dito moesteiro de Santo Domingo, que a esto aqui adeante contiudo somos presentes, dentro no capitelo do dito moesteiro por tanjemento de canpaan, segundo que avemos de uso et de custume et que fesemos por nos et en nome do dito noso moesteiro et do convento del, et de nosos subçesores, aforamos et damos en aforo a vos, Gonçalvo de Camões, mercador, besiño da dita villa, que sodes presente, et a vosa moller Ynes Gomes, a nosa casa adega et do dito noso moesteiro de çima, que esta ẽna Rua Çega da dita villa et a qual adega ten hũa porta çarrada que sal ẽno eixido das vosas casas en que vos agora morades et a qual dita nosa casa adega se ten por parede, da hũa parte con os formaes que agora son do moesteiro de Leres et de Rui Vasques, escudeiro, et de sua moller Maria Lopes et con outra casa de Ynes de Ribadavia, et da outra parte se ten por parede con outra nosa casa adega, a qual parede que asi esta ontre las ditas adegas asi a nosa que a nos queda como esta que vos asi aforamos, vos o dito Gonçalvo de Camões et a dita vosa moller devedes de levantar et çarrar de parede ou tavoado por vosa custa et a nosa benvista, et aforamosvos a dita nosa adega con sua pedra, tella, ferro et medeira et pousos, jures et agoas vertentes et entradas et seydas et perteeenças et dereituras que lle perteesçen et perteesçer deven de dereito por tenpo da vida de vos o dito Gonçalvo de Camões et a dita bosa moller et mais non, con condiçon que vos que reparedes a dita adega de pedra, tella, ferro, madeira et a requireades de todo outro lavor et adubeiro que ouver mester, en maneira que se non perga por mingoa de lavor et reparamento, et que dedes a nos et ao convento do dito moesteiro et a nosos subçesores por renda, çenso, conosçemento da dita nosa adega vos et a dita bosa moller, por cada dia de San Migell do mes de setenbre, çinquoenta maravedis de moeda vella contando a branqua en tres dineiros et asi en cada un ano por lo dito tenpo das ditas bosas vidas de anbos, de que logo nos destes et nos de vos resçebemos quatroçentes maravedis da dita moeda que montan o foro dos primeiros oyto anos, dos quaes nos outorgamos por entregos et pagos a toda nosa voontade, et demais con esto que viindonos caso furtuyto por que leixemos o moesteiro et vaamos morar aa dita vila que nos leixedes et desenbargedes a dita adega o tenpo que asi estovermos na dita villa et non ẽno dito moesteiro, et o tenpo que a asi tovermos que non pagedes dela o dito foro et demas que en quanto nos et o convento do dito moesteiro venderemos viño ẽna outra nosa adega, que vos que non abrades porta ẽna dita adega que vos asi aforamos para por ela venderdes viño nen en ela cavalariça de bestas, et demais avendo vos et a dita bosa moller de vender ou sopẽnorar este dito foro, et eso mesmo avendo nos et convento do dito moesteiro de vender este dito trebuto que nos asi avedes de dar, que o façamos hũus aos outros tanto por tanto, segundo que nos outro por elo der, et sermos frontados sobre elo et seerdes anparados et defesos con este dito aforamento ẽno dito tenpo por los bees do dito noso moesteiro et convento del, que vos a elo obligamos. [+]
1433 MNP 79/ 111 Sabean todos que en Maria de Portas, moller que foi de Juan de Portas, cuja alma Deus aja, besiña et morador da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas vozes, non costrenguda por força nen por engãno deçebuda mas de mĩa livre et propia voontade, quero et outorgo que, por quanto eu soo vella et enferma de diversa infirmidade tal que me non poso levantar de cama salvo se me levanta outra persona, como quer que con esto temo mĩa raçon et por rason da dita infirmidade ninhũu meus bẽes movles et reyses, por rason delo et por mingoa de procuramente et aministraçon, se perden et van a delapitaçon, por lo qual ouve de faser conperamento firme por senpres convosco Rui Martis Touriño, barveiro, vesiño da dita villa, meu jenrro, que sodes presente, en este guisa: que vos o dito Rui Martis, por os ditos meus bẽes asy movles como reyses, et por vosa custa, me mantenades et governedes en toda mĩa vida de aquelo que a meu estado fose mester et que, ao tempo de mĩa morte, façades sepultar et enterrar meu corpo onrrosamente, et que por esto que vos podesedes aver et herdar os ditos meus bẽes asi movles como rayses et aministrarlos et procurarlos et fazer deles toda vosa libre boontade, como de bosa cousa propia, asi en satisfaçon do manteemento et procuramento que me asi avedes de faser como de çerta contia de mrs. que vos ja devo et soo obligada, que me destes et enprestastes para meu manteemento antes desto. [+]
1433 MNP 86/ 120 Et por quanto o dito moỹno jas en terra et dalipidado, que o ajades desimo a Deus estes primeiros quatro anos para ajuda de bosa custa et spensa et gasto que avedes de faser ẽno levantar et faser moente, et despos finamento de vos anbos, que as ditas tres vozes et o que tover os ditos viinte et nove anos, que den a nos et a nosos subçesores, por desimo et renda do dito moỹno et herdade susodita, o terço de todo pan que el render et lle Deus der en salvo sen desconto algũu; et outrosi devedes dar a mĩ et ao dito Juan de Burgos et nosos subçesores a quarta parte da fruyta que Deus der ẽnas arvores que feserdes en herdade da dita igllesia, et por esto seerdes anparados et defesos de todo enbargo por los bẽes da dita igllesia que vos a elo obligo. [+]
1434 MNP 114/ 156 Sabean todos que eu Fernan Estevees de Tui et mĩa moller Tareija Fariña, besiños da villa de Pontevedra que somos presentes et que fasemos por nos et por todas nosas boses, aforamos et damos aforo a vos Gonçalo Esteves, morador ẽna fiigresia de San Johan de Tirana que he en terra de Morraço et que sodes presente, et a vosa moller Maria Martines et a vosas voses, a metade entregamente de todo o noso lugar, casas, casares et plantados et viñas que disen de Paredes, que esta ẽno lugar que disen Avelendo que he ẽna dita fiigresia de San Juan de Tirana, con todas suas perteesças et dereituras que Ile perteesçen et perteesçer deven de dereito et segundo et por la via que vos por nos tevestes et usastes et pesuystes ata oje este dito dia, et aforamos vos asi a dita metade do dito lugar por tempo doje este dia ata dez et nove anos compridos primeiros seguintes, ẽnos quaes ditos dez et nove anos et en cada un deles vos devedes de morar ẽnas casas da dita metade do dito lugar et teerlas cubertas et levantadas et asi as leixar ao fin do dito tenpo con quanto perfeitio et boo paramento en elas foi feito, et outrosi levedes de faser et leveantar de novo hũa casa no dito lugar por vosa custa semitavell et atamaña como a casa en que teemos o lagar no dito lugar, et et madeirarla para se cubrir cíe tella et devedes la dar coberta de colmo, et nos devemos vos de dar para ajuda de a faser et levantar çento et çincoenta mrs. de moeda vella contando a branqua en tres dineiros, et outrosi devedes de lavrar todas las herdades da dita meatade do dito lugar et teerlas çertas et manifestas et quaes et quantas son, et eso mesmo lavrar et procurar todas as viñas da dita meatade do dito lugar de poda, cava, arrenda, rodriga et esquerquarlas et murarlas et valarlas et requerirlas de todos los outros lavores que ouveren mester en maneira que se non pergan por mingoa de lavor et chousura, et devedes de dar a nos et a nosas boses, en cada un ano por lo dito tenpo dos ditos des et nove anos, por foro, renda, conosçemento da dita meatade do dito lugar, casas, casares plantados et viñas, o quarto de todo o pan que lavrardes ẽnas herdades do dito lugar et o terço do viño que Deus der nas ditas viñas da dita meatade do dito lugar, o pan aa eira et o biño mosto aa dorna, o desimo a deus pago de consũu, et vendimar et coller o dito pan et viño por nos ou por noso mandado, et proveer de comer et de beber a nos ou ao que por nos estever a coller o dito pan et viño, et outrosi nos devedes de dar mais por foros por cada dia de natal da naçença de Deus seys mrs. de moeda vela contando a branqua en tres dinieros en pan blanco cosido et mais hũa marraa çevada et dous açunbres de viño branco, et asi en cada un ano por lo dito tenpo dos ditos dez et nove anos; et nos, por esto que dito he et nosas boses, non vos devemos de toller nen tirar este dito aforamento a vos nen a vosas vozes por mas nen por menos nen por al tanto que nos outro de nen por outra rason algũa, ante prometemos et outorgamos de vos defender et anparar con elo de todo enbargo ẽno dito tenpo por nos et por nosos bẽes que vos a elo obligamos, et so pena de mili mrs. da dita moeda que outorgamos de vos dar et pagar por pena nos ou nosas vozes seo asi non tovermos, conpriremos et contra elo vieremos. [+]
1435 MNP 123/ 163 Et os ditos Pero de Touron et Juan de Pinoo hanlle de levantar as casas que lles feseren mester no dito lugar et desde ali eles teerenas cubertas et levantadas, et eso mesmo lavraren todas las herdades do dito lugar os ditos Domingos Yanes et Rodrigo Afonso et teerlas çertas et manifestas et dar aos ditos Pero de Touron et a sua moller et aos ditos Juan de Pinoo et sua moller o quarto de todo o pan que Deus der nas ditas herdades, o desimo ante a Deus pago de consũu, et partir por mandado dos sobre ditos; et os ditos Pero de Touron et sua moller halles de dar çinco vaquas femeas et o dito Juan de Pinoo quatro vaquas, et deven andar os cabos por los señores et das crianças deven ser o quarto dos lavradores; outrosi lles deven de dar dous bois mansos para labrar et outrosi lles deven dar des ovellas et des cabras et quatro porquos, os cabos por los señores et o quarto para os labradores; et anparar etc. [+]
1444 LCP 199/ 183 Outrosi aconteçendose que per la ventura algũus homẽes, asi de cavalo como de pee de min o dito Sueiro Gomes, levantaren roido ou alvoroço con algũu ou algũus vesiños da dita vila que eu seja obligado de os prender e poer ẽna cadea do dito Conçello para que se façan deles conprimento de justiça, e absentandose ou encorrendose eles por via que non posan seer avidos que dende endeante que os non reçebte nen faça reçebtar en mia casa nen en toda mia terra e señorio. [+]
1455 GHCD 67/ 284 E mandamos qe todos los qe benieren a bender sus mercadorias a la dicha nra. billa en las dichas ferias e mercado qe sean seguros de yda e benida e estada e tornada ellos e todas sus cosas que troxiere e llevare e qe qualesquier persona o personas qe biniere a las dichas dos ferias del año no puedan ser acusados de malefisio nin omesio de muerte de omes nin debda nin fiadoria nin por otra cosa alguna en quanto durare el tiempo de las dichas dos ferias e por benida e estada e tornada fasta sus casas e qualquier que levantare ruido en las dichas ferias e mercado que lo prendan e este a lo qe fuere fallado por justicia asi como a qualquier qe quebranta seguro puesto por su señor e justicia e mandamos a las justicias de la dicha nra. billa que les guarden e fagan guardar este seguro e libertad qe les facemos. [+]
1458 VFD 349/ 358 Ena çidade d ' Ourense, des e oyto dias do mes de desenbro, ano do naçemento do noso señor Ihuo Xpo de mill e quatroçentos et çincoenta et oyto anos, ena capela de San Johán Bautista da iglesia d ' Ourense, estando y presentes Iohán Gonçalues de Deça, arçediano de Baronçelle, ena dita iglesia, et Vaasco Gomes et Martín do Cabo et Johán Cortydo, rejedores da dita çidade, Gonçaluo Peres de Reqeixo et Pero Lopes da Barreyra, juis da dita çidade, Nuno d ' Ousende, procurador jeeral do conçello da dita çidade, Afonso Anrriques, Gomes de Mugares et eu o dito Aluaro Afonso, notario dos nagocios do dito conçello, outrosy estando y çelebrando et disendo minsa o gordián frey ---, eno dito altar de San Johán et acabando o dito gardián de levantar o Corpo de Deus sobre la maao ante de diser "Anos dey", o dito gardián tomou o Corpo de Deus ena patena et mostrou a todos en suas personas. [+]
1484 VFD 195/ 197 Que o dito Afonso do Cobo se obligou de faser ao dito Aluaro Peres e de lle levantar as suas casas da rúa dos Çapateyros, em qual agora mora, des la parede que está eno medio das ditas casas, de longo á longo de la dita parede, contra as casas do chantre, fasta a rúa, e des la rúa fasta a traseyra das ditas casas, de lla levantar de outro sobrado de madeira, asy de trabes como pontóos e sollado e peytoril, e cangada e rypiada e tellada, e que o dito Afonso do Cobo poña á suas custas toda a madeira e clauaçón que menester for, e que coma á suas custas,, asy él como os ofiçiáas e serventes que consigo tover, e se falesçer algua tella que a page e poña ena dita obra o dito Aluaro Peres. [+]
1528 SHIG Tui, 6/ 521 Item descomulgamos, maldezimos y anatematizamos a todos y aquellos que fueren en el dicho, hecho, y consejo de matar hombre o muger por asechanza, o haziendole hechizos, o dandole a comer o a bever con que muera; y a qualquier que lo supiere y no se lo revellare. Item descomulgamos, maldizimos y anatematizamos a todos aquellos y aquellas que maliciosamente llevantaren testimonio falso a muger moça, o biuda, o soltera, porque no se case ni halle casamiento, o a muger casada para que haga mala vida con su marido; y qualquier que lo supiere y no lo ravelare, haya la misma pena. [+]
1529 GHCD 111-50/ 584 Dice q.e "tiene mandamiento p.a levantar el "coro de la igl.a de Cecebre y esta casy acabada" y por eso "los detiene". [+]
1595 MERS 320/ 439 Primeramente se declara que el maestro que esta obra hiçiere ha de hacer una puerta arrimada al quarto del general que pase desde el claustro mayor al menor que al presente se ha de haçer, la qual puerta como en la planta primera se ve ha de tener de ancho seis pies y de alto diez; esta puerta se eligirá tres pies apartada de la pared del quarto del general y se asentará sobre una solera que está al nibel de la solera de la puerta del general que está allí junto, y el piederecho que arrima al quarto se hará subirá muy bien ligado con la pared del dicho quarto, y el piederecho del dicho lado subira de cinco pies de ancho por lo menos y en este piederecho debajo de once pies de alto asentará la repisa o jarjamento del arco arbotante del claustro que el sobretecho de ella esté a los once pies de alto y subydos los dos dichos pies derechos muy vien ligados con las paredes viejas a donde arriman en altor de diez pies asentará un dintel si le hubiere tal qual conbenga y sinó hará un arco a regla con tres dobelas sin los salmeres que tengan de dobelaje de diente atardos dos pies y medio y por detras haia un capialzado escarzano o de más punto; toda la qual puerta ha de hacer de muy buena piedra de grano sana sin pelos y que sea dura y de la cantera de Román y será bien labrada y trinchada y bien asentada afijada y ahorrada y a plomo y nibel, la qual yrá adornada con una faxa en la delantera que tenga un pie y un quinto de ancho y un sesto de pie de esporto o salida y ha de ser asentada con muy buena mezcla a partes iguales con buena arena; para hacer esta puerta ha de apoyar y cimbriar asegurando las dos capillas del corredor a el claustro principal que están sentadas, y se declara que si por descuido o poca diligencia o mal apoyado se caen las dichas capillas las ha de levantar y tornar a hacer el dicho maestro con todo lo demás que en ellas se arruinare. [+]
1595 MERS 320/ 440 6.a Yten es condiçión que las paredes deste claustro las ha de levantar el dicho maestro de manpostería y lo que lebantare tenga de grueso tres pies o lo menos dos y medio y suban quarenta pies de alto contando desde el pavimento del claustro vajo ezeto la pared que está en medio de los claustros que lo que quedare della por haçer nuebo no se debe cargar enzima hasta que de nuevo se haga porque está esta pared mal segura y no combiene cargar y edificar sobre falso y así se tabicará. [+]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL