1439 |
VFD 408/ 420 |
Sisa de coiros e saluagyna Iten, ordenaron que qual quer persona, asy da çibdade como de fora parte, que conprar coyros pera os leuar fora da dita çibdade, que page o conprador de cada coyro dous diñeiros, et se os levasen os vesiños da dita cibdade aos portos ou a outras partes fora da dita çibdade, que pagen de cada coyro huun diñeiro et de cada duzia de pelicas de cabytras que foren mercadas ena dita çibdade, que page o conprador de cada duzia, huun diñeiro, et da duzia das pelicas dos carneiros, hua branca, et da duzia das pelicas de cabritas, duas brancas, e da pelica da marta, hua branca, et da lontra, dous diñeiros, et da raposa, hun diñeiro, et dende ajuso et dende arriba a este respeyto. |
[+] |