1433 |
VFD 378/ 389 |
Domingo, VIII dias do mes de nouenbro, ano de XXXIII anos, en Ourense, enos paaços de Don Diego, obispo d ' Ourense, e en presença de min o notario e testemuyas de juso escriptas, estando y presente Martín Sanches, abade et prouisor do obispado d ' Ourense, paresçeu y ante él Garçía Dias d ' Aspinosa, rejedor da dita çidade, vasallo de noso señor El Rey, et diso que daua et deu querella ao dito abade et prouisor, disendo que en como oje, este dito dia, él sía ena almoeda das sisas con os outros omees boos eligidos por lo bispo d ' Ourense e cabíidoo e conçello, arrendando as sisas da ponte d ' Ourense, et enas seendo arrendando que chegara y Nuno Gonçalues da Praça, notario, vesiño da dita çidade, reynante ca, et sendo asy [arrendando] as ditas sisas e non fasendo nen disendo nojo nen sen rasón ao dito Nuno da Praça, por que dél podese ou deuese seer ynjuriado, saluo que se fose da dita almoeda e os non estoruase ça, que o dito Nuno da Praça que lle disera moitas maas palabras et desonrras et ynjurias, ontre las quaes diso que lle disera "vello royn, bébedo, louco, sandio, desuariado", et que sacara a espada contra él et que o ferira ou [matara] senón foran çertas personas que ende estauan et que lle ferira et dera duas feridas a seu criado [Die]go da Agoada. |
[+] |