1279 |
VFD 25/ 37 |
Saban todos quantos esta carta viren Como Nos Conçello e juiz e alcaydes de Maçaeda, auendo carta de nosso señor El Rey don Affonso, auoo de nosso señor El Rey Don Affonso, que agora é, e por que foy feyta pesquisa entre nos e os caualeyros de Soutello e de Seoane, et sobre todo aquesto fezeron con nosco conposiçón e canbio, en que nos deron mays do seu ca o que mandaua a carta de nosso señor El Rey, e posemos termios entre nos e elles que nunca les passásemos a mays nen elles a nos, e démosles herdamento e cousas asinaladas que iazían en seu termio per outro herdamento e outras cousas que iazían fora do termio que con elles pósseramos, e outorgamos esta conposiçón e este canbio e estes termios pera senpre, que foron postos entre nos e elles, e os termios sun postos por taes lugares, conuén a saber: pelos casares do Outeyro e pela fonte do Lubus ome e pelo freixeo que stá acima da viña que foy de Pay Arias e por cima do souto do lagar de Pay Rodríguez á dereyto e por cima da viña que foy de Miguel Fernández, e por cima do lagar do Pisco, e, dessí á fonte que stá ena carreyra que uen da Mata e por cima das viñas de Johán Martiz e de Domingo Martiz dos Aluaredos, e dessí por la carreyra que uay ferir eno Porto da Mirguleyra, e dessí pela agua affesto ata u toma agua do rio que leuan pera Seoane, e dessí vay ferir aos casares do Outeyro. |
[+] |