1439 |
PSVD 137/ 360 |
Sabean quantos este estormento et carta de aforamento biren como nos Diego Alfonso, prior do moesterio de San Saluador de Bilar de Donas, et frey Rodrigo et frey Ares, et frey Afonso Lopes et frey Afonso Peres, freyres do dicto moesteiro, estando en noso cabido juntados por canpana tangida segund que abemos de uso et de custume, aforamos a bos Joan Madruga, morador en Arrona, et a uossa moller, por bida de anbos, et a outras duas personas, huna qual nomear o postrimeiro de bos a punto de seu finamento, conben a saber, que seia fillo ou filla que aiades anbos et dous de consuun, et non abendo fillo ou filla que seia boz aquela que nomear o postrimeiro de bos, et non seendo nomeada que seia aquela que con dereito herdar a maior parte de bosos benes, et a postrimeira boz que seia aquela ou aquel que nomear aquela persona que asi por bos for nomeada, asi bos aforamos, como dicto he, o nosso lugar et casal de Pera Forno, que esta enna frigisia et sub signo de Santiago de Lauandelo, con todas suas pertenenças, casas, formaes, herdades lauradas et por laurar, con todas suas entradas et saydas, montes et fontes, pascos, arbores, con todas as outras cousas ao dicto lugar pertenesçentes, asi bos aforamos o dicto lugar, como dicto he, con tal pleito et condiçon que lauredes et paredes ben as dictas herdades bos et as dictas bosas bozes; et tenades dictas casas cubertas et leuantadas; et tiredes as herdades donde iouueren enalladas et mal paradas a todo boso poder; et darnos de foro et renda do dicto lugar en cada hun anno durante bosso tenpo et de bossas bozes, a huna das maanos a donde iaz a mays herdade cinquo fanegas de pan et hun par de caponos ben ceuados et a outra mano da mays pouca herdade quatro fanegas de pan et dous caponos ceuados; o qual dicto pan nos daredes a nos et a nossos subçessores en todo o mes de agosto ou de setenbro enno dicto lugar de Pera Forno por teega do nosso celleyro seco et linpo do poluo et da palla, et os capones abedes nos los de trager por natal o nosso moesteiro bos et as dictas bossas bozes; et acontesçendo de non pagaren o dicto foro en dous annos que seia bago et sen enbargo dos dictos foreyros que o dicto prior o possa aforar a quen quiser et fazer del o que lle prouber; et a fin do postrimeiro de bos que o dicto lugar de Pera Forno fique ao dicto moesteiro libre et quito et desenbargado con todos los bonos paramentos et melloramentos que en el foren feitos; et demays bos et as dictas bossas bozes abedes de seer bassalos, seruentes et obedientes do dicto moesteyro durante boso tenpo; et he posta condiçon entre nos et bos que bos, o dicto Joan Madruga, nen bossas bozes non posades bender nen eneallar nen sobpinorar o dicto lugar a nihuna persona que seia por mester que aiades a menos de o dicto prior et freyres et moesteyro seren requeridos de o aberen et recobrar por lo justo preço, et non querendo o dicto prior et conuento que o non possades bender nen deytar nen eallar nen sobpinorar a cauallero nen a dona nen a escudeiro nen a outra persona nihuna que seia de mayor estado et condiçon que bos. |
[+] |
1439 |
PSVD 137/ 361 |
Et eu, o dicto Joan Madruga, que presente son, por mi et por mina moller et minas bozes sobredictas, asy reçebo de uos, o dicto prior et freyres sobredictos, o dicto lugar de Pera Forno et con todas las cousas a el pertesçentes et obligo mi et meus benes mobeles et rayses et das dictas minas bozes de teer et conprir et guardar et pagar todo foro et renda et condiçones sobredictas. |
[+] |