1336 |
MB 66ba/ 483 |
Porque avessa santa et loada religion por la qual Nosso Sennor he loado en todos los nossos lugares et moesteiros ennos quades byvedes en gran pobreza et en grande humyldade, partidas et privadas das dissoluçoes et praseres do mundo, conpridas de vertude de castidade et de linpidue et de obidiençia por la cual leiyastes a vossa propia voontade servindo a Nosso Sennor, por ende nos catando con razon a quantas cousas de suso ditas queremos et he nossa voontade de vos fazer graça speçial en quaesquer partes ou terras en que morades por la autoridade que avemos de San Pedro et de San Paulo et da Iglesia de Roma, conven a saber, que de todalas vossas possisoes, herdamentos et outras cousas quaesquer que agora avedes ou des aque endeante gaanardes non pagedes a ninhuun bispo nen prelado, nihuun juiz ordinario nen clerigo de nihua iglesia dezema nen primiça nen outrossy a legado ou mandadeiro que venna da iglesia de Roma nen a nihuun outro prinçipe seglar ou sennor ou a seu mandadeiro, nen pagedes contribuçon nen procuraçon das vosas posisoes et herdamentos sobreditos, nen talla nen colleyta nen poraves nen ninhua outra cousa que non devan a pagar aqueles que son exentos por la corte de Roma, nen nihuun home de qualquer estado que seia non vos possan enbargar nen constringer para pagar nihua cousa das de suso ditas. |
[+] |