|
SDV 56b/ 85 |
Iten mando a Alvaro Gomes, clerigo de Milleiroos, todas las minnas casas e vinnas e lagar e herdades e horta e arbores e soutos que eu tenno e ajo de Vilar de Miroos et en toda a frigelia et sub o signo de Santiago de Viveiro, segundo que as eu compley por carta feita por notario e cinquo tonees e pipas que y tenno e per tal modo que el dia a Juan Gonsalves, fillo de Gonsalvo Peres de Castroverde por en toda sua vida do dito Joahan Gonsalves todas las rendas e novidades e froitos que ellas renderen para seu manteemento. |
[+] |
1332 |
FDUSC 122/ 118 |
Sabean todos que ante min Bernal de la Roqua, juyz ordinario de Santiago, vêô Maria Bernaldes, moller que foy de Pero Eanes de Uillarchâô, que he en frigresia de san Migel de Pereyra e disome que o dito seu marido era finado et que ficara del huun seu fillo Garçia, pequeno et sen ydade, o qual disso que tîîna en seu poder, et o qual seu fillo disso que pereçia por mingoa de manteemento por razon que non tîîna ella nen podia auer que lle dar de comer, nen o dito seu fillo que o non podia buscar; et pediome que eu de meu offiçio lle desse outoridade per que podesse vender alguna parte dos herdamentos et bêês que ao dito seu fillo perteeçian por parte do dito seu padre para manteemento et gouerno do dito seu fillo. |
[+] |
1332 |
FDUSC 122/ 118 |
Et eu reçebi juramento da dita Maria Bernaldes, se era asy segundo ella dizia, ou se ao dito seu fillo ficaran bêês do dito seu padre, saluo herdamentos, et ella per lo dito juramento disso que esto que ella pedia que o non pedia se non para manteemento do dito seu fillo, et que ao dito seu fillo non ficaran outros bêês do dito seu padre per que se podesse mantéér, se non a herdade. |
[+] |
1332 |
FDUSC 122/ 118 |
Et eu per lo dito moço non pereçer per mingoa de gouerno, dou outoridade et liure et conprido poder que ella possa vender tanto de herdamento que ao dito seu fillo pertêêçe por parte do dito seu padre a huna parte ata quantia de quinze libras pequenas desta moneda del rey don Fernando, para manteemento do dito moço en tenpo de tres annos. |
[+] |
1332 |
FDUSC 131/ 125 |
Et eu per que soube per uerdade da dita sua madre Maria Bernaldes que lle non ficara auer mouil de parte do dito seu padre per que se o dito moço podesse mantêêr, et porque este anno he muy graue et as gentes morren con mingoa que non teen de comer, et por o dito Garçia non despereçer en este anno con mingoa de non auer que comer, dou liure et conprido poder a a dita Maria Bernaldes sua madre, que ella possa vender tanto do herdamento et chantado que ao dito Garçia pertêêçe et pertêêçer deue enna dita villa de Uillachââ por parte do dito seu padre Pero Eanes ata quantia de dez libras pequenas desta moneda del rey dom Fernando, para manteemento et gouerno do dito Garçia en este anno. |
[+] |
1333 |
GHCD 73/ 311 |
Et que esto era por quanto os bees Reizes et posisoes que aa dita capella perteescian eran danificados et delapidados em tal maneyra que por las Rendas que agora rrendan o capellan que fose da dita capella non podia auer manteemento para se manteer et sosteer dous meses do ano. |
[+] |
1333 |
GHCD 73/ 311 |
Por ende quelle pedia que encomendase a aministraçon dos bees do dito espital et da dita capela aas ditas tareiga aras et mayor peres freiras et aas outras freyras suas compañeiras que en ela morauan que eran molleres de boa vida por los froitos et rrendas que agora rrendian et podian rrender as posisoes da dita capella elas fosem obligadas para fazer dizer aquelas misas que o dito thesoureyro et vigario achase que por eles se podian dizer ena dita capella en cada huun ano fazendo contentas aas ditas thareyga aras et mayor peres de algua parte de sus rrendas et froytos para ajuda de seu manteemento por tal que elas fosen tiudas et obligadas de Rogar a deus por la alma da dita marina fernandes. |
[+] |
1333 |
GHCD 73/ 315 |
Recebudo en min o dito poder do dito señor arcibispo et visto o pedemento do dito frey afonso e porque aprendi et soube a verdade por lo dito arcidiano et por las ditas freyras et por outras personas dignas de fe en como os bees da dita capellania eran todos dapnificados et delapidados et despobrados em tal maneira que o capellan non auya manteemento, nin se podia y manteer segundo que a dita marina fernandes mandar. |
[+] |
1337 |
MB 13/ 409 |
Et esta doaçom faço aa dita priora et convento para manteemento de minna filla Tareyia Martinez por que a dita priora et convento reçeben ontre si en paçiençia a dita mina filla por serviço de Deus et de Santa Maria. |
[+] |
1384 |
GHCD 78/ 350 |
Sabean todos que eu frey Pay Maryno fraire do moesteyro de santa Maria de Bonaval da ordee dos preegadores da cidade de Santiago por auctoridade que para esto teño de frey Nicolas provinçial da dita orde et con liçençia et outorgamento et consentimento outrosi de frey Pedro Garcia prior do convento do dito moesteyro que están presentes et outorgantes juntados en seu cabidoo enos balcoes do dito moesteyro por tanjemento de campaa, segun do que am de costume et como quer que eu non seia professo, et eu doña Sancha moller de vos o dicto frey Paayo veendo en como as fortalezas et casas fortes de Peñafiel et de Vimianço et de Broono et o castellar de myron et o lugar de olueyroa et auilla de finisterra co seu couto de duyo et as casas que nos avemos ena cidade de Santiago que nos compramos et foron de Rodrigo rodriguez coego que foy de Santiago et todos los outros bees raizes casas casares et chantados asy coutos como terras chaas como encomendas que nos os dictos frey paayo et doña Sancha suyamos teer et posoyr et nos perteeçian asy por heranza como por gaanza como por outra qualquier maneira et que Rui soga noso fillo de nos et por nos teuo en tempo de sua vida foron confiscados, obligados et deputados para a camara de noso señor el Rey Por razon de cento et seteenta et cinquo vezes mill moravedis que os contadores et recabdadores de noso señor el Rey alcançaron sobre los dictos bees por acasiom et por deueda que nos et o dicto Ruy soga noso fillo fezemos por quanto tomamos et despendemos et ocupamos tantos dos bees et renda do dicto señor Rey que somauan et montauan os dictos cento et seteenta et cinquo vezes mill moravedis et como o dicto señor Rey por fazer ben et mercee amin o dicto frey paayo me outorgou et dou por sua carta que eu ouuese et cobrase os ditos bees et me mandou apoderar asy eñas fortoleças como en todos los outros bees et terras chaas con entençon que ata çerto termiño le pagase as ditas quantias de moravedis et dou outra sua carta a pedro rruyz sarmento seu endeantado mayor en galliça que vendese todos los ditos bees non pagando en o dito frey paayo os ditos moravedis a o dito termiño para que se por eles pagase o dito senor rrey et odito pedro sarmento en seu nome. et por quanto nos os ditos frey paayo mariño et doña Sancha nen auemos nen podemos auer as ditas contias de moravedis para as pagar segundo que o dito señor rrey manda Porque outrosi entendemos que somos moy teudos et muy obligados por nos et por toda nosa linagee a yglesia de santiago por moytas mercedes que dela reçebemos et por moitas cousas que dela et de seus vasallos et terras tomamos como non deuiamos, por desencarregar a nos et anosas conçiençias non constrenidos por.... nen decebudos por engano de nosa propia et liure voontade libremente et firmemente por nos et por toda nosa voz para sempre vendemos auos o moyto onrrado padre et señor don iohan arçibispo de Santiago chanceller mayor del Rey para uos et para avosa mesa arçibispal et para uosos subcesores conprante con consentimento et ::::: de Pedro diaz et gonçaluo perez coegos de Santiago et procuradores do dayan e cabidoo da iglesia de santiago que estan presentes et outorgantes en nome do cabidoo da dita iglesia por poder speçial que para ello teen do dito cabidoo por hua procuraçon feyta por este notario de que o thenor aadeante se conten todas las ditas nosas casas fortes conuen asaber peñafiel, vimianzo, broono o lugar de myron et a nosa parte de olueyroa et as nosas casas que estan ena cidade de santiago que compramos do dayan et cabido de Santiago as quaes casas foron de Rodrigo rrodriguez coengo que foy de santiago et todos los outros bees et coutos et comendas et herdades et terras chaas et aforamentos et padroadgos de iglesias et de moesteyros et os ditos lugares de finisterra et do couto de duyo que nos auemos et nos perteescia de auer en qualquer maneira et por qualquer titulo que nos pesoyamos et pesoymos e por nos noso fillo Ruy soga peseyo Por contia de çento et seteenta et çinquo vezes mill morabedis desta moneda vsaull que ora corre que fazen de dez dineiros hun morabedi, que deuemos ao dito señor rrey et por çertas contias de moneda et manteença aadeante declarada et specificada que uos auedes de dar en cada hun año en tempo de nossas vidas et de cada hun de nos a cada hum en sua parte as quaes contias et moneda et manteenzas son esto que se sigue conuen asaber que uos o dito señor arçibispo auedes a dar a min o dito frey paayo quinze mill morabedis de dita moeda en cada hum ano por tempo de miña vida et depois de miña morte auedes de pagar por quatro años primeiros seguentes quinze mill morauedis en cada hun dos ditos anos a aquellas personas et ali hu eu ordenar et mandar en meu inuentario et postrimeyra voontade et asignar me ena vosa parte das rrendas do altar de santiago que eu aia os ditos moravedis polos ditos tenpos en paz et en saluo ben pago et ben parados aqui eño dito moesteyro ou en outro lugar do dito arcibispado hu miña voontade for et demays auedesme de leyxar ousse froyto en toda miña vida que a min et a dita miña moller nos perteescia aauer en estes lugares que se siguen conuen asaber de santiago de olueyroa et de s. saluador de colluns et de santiago darquos et de s. mamede de carnota et de san giao de beba, et de santa ougea de mazariquos et de santa marina de maroñas et de san cosmado dantes et de san mamede dar :::: et de santomé dos vaos et de san martiño de olueyra et de santo antonyo de baynas et de santa vaya donbria et de santa maria dospital de logrosa et de santa ougea de esere ::::: de ameneeda et de san johan de lousame et de santa maria de rroo et de santa maria de sarantes o qual uso frooyto he conuen asaber todas rrendas et dereyturas que nos suyamos auer nos ditos lugares et fiigresias por rrazon de patrimonio ou de compras, ou de gaanças et de señorio non prendo? pedido et ficando con vosa? ::::: todauia o señorio e propiedade et amin adita doña Sancha auedes de dar uos o dito señor arçibispo et uosos subcesores en toda miña bida cinquo mill morauedis en cada hun año et asignarme lugar eño mayordomadgo de noya onde os aja et depois de miña morte auedes de pagar por espaço de seis anos os ditos cinquo mill morauedis en cada hun dos ditos años aaquellas personas et aly hu eu ordenar en meu testamento et postrimeyra voontade et ajo de teer de uos et de uosos subcesores en toda miña vida ouso froyto de certos coutos et fygresias dos ditos bees et auer as rrendas et dereyturas que das ditas fygresias et coutos et lugares perteescen et a uos perteesçian de auer et tener por rrazon delles segundo que de suso he declarado eñas outras fiigresias de que dades ovso froyto a frey paayo et aio de teer en toda miña vida o lugar de fiinsterra con seu couto de duyo et con toda sua jurisdiçon et senorio et fazendo me enbargo o cabidoo dourees ou outro algun sobre lo vso froyto et posison del que vos odito senor arçibispo et vosos subçesores me defendades con o dito vso froyto et posison do dito lugar et teença et usso por vosa custa et vencendo o dito cabidoo et rremouendome da dita posison que uos traballedes por auer o dito lugar por concanbeo et cobrandoo por concambeo ou por outra qualquer maneyra que eu que o tena en mina bida segundo dito he et non no podendo uos cobrar ou uosos subçesores queme dedes et paguedes tres mill morauedis en cada hun año por en toda miña bida por rrazon dos ditos lugares et couto des aquel dia que eu da teença for remouuda et auedes de pagar os ditos cento. et seteenta et cinquo veces mill morauedis ao dito señor rrey ou ao dito endeantado ou aaquel que os ouuer dauer por el Por los quaes morauedis sobreditos uos o dito señor arçibispo auedes de obligar auos et avosos bees et da uossa messa para os pagar ena maneyra sobredita et de nos quitar a saluo et sen perda et sen dapño do dito sehor rrey et do dito pero rryz sarmento et doutras quaes quer demandas ou demanda en quanto tange aa vosa iglesia et aa vosa justiça et aos moesteyros et villas et lugares do voso arçibispado et fazendo nos uos adita obligaçon nos uos outorgamos por entregos et ben pagos dos ditos morauedis et demays uos o dito señor arçibispo ou uosos subçesores auedes nos de dar deste dia ata huun año conprido primeyro seguente confirmaçon de noso señor opapa clemente ou de seu sucesor por que confirma et ha por firme este dito contrauto et as obligaçoes que nos fazedes et auedes de fazer por las ditas contias de morauedis que nos auedes de pagar en cada huun año et por los ditos vso froyto et manteemento et por que pon sentença descomoyon en todos aquelles que contra este coutrauto veeren et demais auedes de fazer que se obligue o dito cabidoo. et sua messa asy como fiadores et principaes pagadores por las ditas contias de morauedis que nos auedes de pagar en cada huun año et por los ditos vso froyto et manteemento et nos non seian contraditos nen enbargados enos ditos tenpos et auedes uos et os procuradores dos ditos dayan et cabidoo jurar aos santos auangeos de nunca yrdes contra este contrauto por uos nen por outros. et que o gardedes uos et vosos subçesores segundo se en el conten et se os bees et cousas sobreditas mays valen que esta contia sobredita Nos de bon coraçon et de boa voontade fazemos pura doaçon inter biuos daquello que mais uallen ou poderian ualler auos o dito señor arçibispo et aa mesa arçibispal et rrenunciamos a toda excepçon et allegaçon ley et dereyto canonico ou ceuil que por uos podesemos alegar para en contrario desto que dito he que o non aleguemos et alegandoo que nos non ualla nen uos posamos delo aproveytar en alguun tenpo que seia por nos nen por outro Et todo dereyto et auçon et señorio et posison et propiedade que nos auemos et poderiamos auer enos ditos bees de nos et de nosa voz o tiramos et partimos et en uos et en vosos subçesores opoemos et traspasamos por esta presente carta que façades delles et en elles toda uosa voontade asy como de uossa cousa propia et mandamos aos castelleyros de peña fiel et de broono et de bimianço que tenan as ditas fortelezas por uos et por vosos subçesores asy como cousa propria as quaes eu odito frey paayo ia outra vegada et por outros rrecados mandey entregar auos odito señor arçibispo Et Nos odito señor arçibispo por nos et en nome da dita nosa iglesia et de nosos subçesores con consintimento dos ditos procuradores do dito cabidoo que son presentes et outorgantes asy consentimos ena dita venda que nos fazedes et outorgades a dita conpra que nos fazemos dos ditos bees et de cada huus deles et obligamos anos et atodos nosos bees et da mesa de pagar por uos os ditos frey paayo mariño et doña sancha os ditos çento et seteenta et cinquo vezes mill morauedis a o dito señor rrey ou ao dito pero sarmento ou a outro qualquer que os aia de auer et deuos quitar a todo tenpo ssen perda et sen dapño da dita deueda et da obligaçon dos ditos morauedis et rreleuamos auos et a toda vosa voz de todo dapño et peligro que uos rrequeceria ou rrequecer poderia por rrazon da dita deueda et sobre nos et sobre nosos bees et da nosa mesa os tomamos et obligamos o dito frey paayo para pagar uos os ditos quinçe mill morauedis sobreditos en cada huun año eno dito tenpo segundo dito he as rrendas que nos auemos et auer deuemos porlo altar de santiago A qual rrenda agora de nos ten arrendada johan rrodriguez dandamo afonso sanchez e johan miguellez seus parceyros ena dita rrenda Et queremos et outorgamos que uos seiades prouidamente pago dos ditos quinze mill morauedis en cada ano de todo aquello que aanosa parte veer ante que nos nen outro seia Et que uos paguen en cada huun ano os ditos rrendeyros ou outros que por nos colleren as rrendas do dito altar os dez mill morauedis por san iohan et os cinquo mill morauedis por nauidade et esa meesma paga outorgamos et queremos que se faça por nos et por nosos subcesores depois de vosa morte en cada huun dos ditos quatro anos segundo que de suso he declarado aaquelles que uos leixardes ordenado en uoso inuentario et postromeyra voontade et non avondando as rrendas do dito altar para pagar os ditos quinze mill morauedis en cada huun dos ditos anos et obligamos nos et os bees da nosa mesa para comprimento de todo aquelo que falescer da dita paga Et demais queremos et outorgamos por nos et por nosos subcesores que tenades et aiades en toda vosa bida o vso froyto et as rrendas et dereituras dos ditos dez e noue lugares et fiigrisias de suso declaradas et nomeadas. |
[+] |
1384 |
GHCD 78/ 355 |
Et por uos speçialmente pedidas ficando toda bia connosco et con nosos subcesores o señorio dos ditos lugares et que uos non ponades pedido por uos nen por outros nen leuedes may dos ditos lugares do que podiades leuar de dereyto ante desta dita venda Et outrosy obligamos auos adita doña sancha todas las rrendas et dereituras que perteesçen et perteescer deuen a odito uoso mayordomadego por nos et por nosos subçesores que por las ditas rrendas do dito mayordomadego aiades os ditos cinquo mill morauedis en cada huun ano en todo tenpo de vosa vida Et depois en cada huun ano por espaço dos ditos seys anos en tal maneyra que os primeyros et mellor parados morauedis que veeren aodito mayordomadego que seian vosos et os rrecadedes et aiades Et queremos et outorgamos que aquelles que ora por nos teen odito mayordomadego ou teueren daquiendeante por nos et por nosos subçesores que paguen auos adita doña sancha os ditos cinquo mill morauedis en cada huun ano por en tenpo de vosa vida por san johan de juyo et depois en cada huun ano por espaço dos ditos seys anos aly hu uos mandardes et uos façan adita paga en noya ou en outro lugar do arcibispado qual uos quiserdes Et obligamos nos outrosy deuos pagar por nos et por los bees da nosa mesa todo o que desfalquen dos ditos cinquo mill morauedis non avondando o dito mayordomadego para pagar deles Et queremos et outorgamos que tenades para voso manteemento de nos et de nosos subcesores en toda vosa vida ovso froyto das direyturas dos coutos de tallo et desteyro et de veraño et de san cosmade et de san johan de rroo et de san pedro doutes es de santa maria dentiins et de san giao de taraes et de san miguel de valladares et de horro et de portoo et dous casares en bornalle con seu moyno ficando toda bia o señorio et propriedade con nosco et con nosos subcesores Et que leuedes tan solamente deles aquelo que de dereyto uos perteesçeria de leuar ante da dita venda sen poer pedido con todas las cousas que ao señorio perteescen Outrosy queremos et outorgamos por nos et por nosos subçesores que tenades en toda uosa vida o lugar de fiinsterra con o couto de duyo con sua juridiçon et señorio Et obligamos nos sobrelo segundo que nos he pedido et declarado Et obligamos nos por nos et por nosos subcesores deuos defender con todas aquellas cousas que uos asy asinamos et damos por en todo tenpo de vosas vidas segundo do dito he Et que non seiades uos teudos de fazer esta venda saa, mays acontescendo que algua persona aia auçon algua contra estos ditos bees ou contra parte deles que por esto nos nen nosos subcesores nos uos tiremos nen desfalquemos das ditas cousas que nos auemos a dar que nos tomamos os ditos bees a toda nosa ventura et de nosos subcesores Et para conprir as ditas cousas et cada hua delas damos nos con nosco por fiadores et principaes pagadores os ditos dayan et cabidoo da dita iglesia en persona dos ditos seus procuradores os quaes obligan os bees da mesa do dito cabidoo para conprir as cousas sobreditas et cada hua dellas por poder special que para ello an por juramento que nos et elles fazemos aos santos auangeos Et aalende desto nos odito señor arçobispo obligamosnos por lo dito juramento et por nos et por nosos bees et da dita nosa mesa que ao dito tenpo do dito ano uos demos adita confirmaçon de noso señor o papa Clemente por uos pedida et requerida Et non uos dando a dita confirmaçon nenna gaanando ou non gardando nos ou nosos subçesores as cousas sobreditas ou cada hua delas que uos uos posades tornar libremente atodos los ditos vosos bees fazendo se esto por culpa de uos ou de uosos subcesores todabia queaquelles que as fortalezas por uos ou por uossos subçesores teueren que fazan o pleito et omenagee por las ditas fortalezas anos et a nosos subçesores con esta condiçon que seendo achado por dereyto que nos ou nosos subcesores yrmos contra as cousas ou contra parte dellas que os ditos castelleyros que foren entreguen auos o dito frey paayo et doña sancha ou aaquel que ficar depois biuo as ditas fortalezas Et demais que de nos et de uos aquel ou aquelles que foren contra odito contrauto et o non conpriren que peyten por nome de peña et interee viinte mill dobras douro cruçadas da moeda del Rey de castella a meadade delas para a camara do dito señor rrey et a outra meadade para aquela parte que teuer et conprir o dito contrauto a qual peña et interee queremos que se estenda tan ben por las contias de morauedis que auedes dauer enos ditos quatro anos despois de vosa morte de uos o dito frey paayo et enos ditos seys anos depois do finamento de uos a dita doña sancha et de cada huun segundo dito como por las outras cousas contiudas eno dito contrauto Et nos os ditos procuradores asi outorgamos adita fiadoria et fazemos o dito juramento por nos et en nome do dito cabidoo Et Nos odito señor arçibispo por nos et nosos subcesores obligamos nos auos os ditos dayan et cabidoo en persona dos ditos vosos procuradores et os bees da uosa mesa et por lo dito juramento de uos quitar auos e a vosa mesa sen perda et sen dapño da dita fiadoria et obligaçon et de rreleuar uos della a todo tempo Et nos os ditos frey paayo et doña sancha asi uos outorgamos adita venda et rrecebemos de uos adita conpra con todas las stipullaços et obligaçoes sobreditas con as quaes obligaçoes nos outorgamos por entregos et pagos de todas las ditas contias por que uos auemos vendudo os ditos bees Et as quaes obligaçoes poemos en lugar das ditas pagas. feito et outorgado por las sobreditas partes enos balcoes do dito moesteyro de san domingo nos ditos dia et era estando presentes por testigos fernan loppez de medin et fernan cao de cordido scudeyros et frey afonso de mellide et outros et othenor da dita procuraçon he este que se sigue. |
[+] |
1384 |
SMCP 24b/ 99 |
Sabean quantos esta carta de sentençia viren como ante min Pero Eans clerigo de Santa Maria d -Agoas Santas juiz en a abdiençia de don Pascual Fernandes arçediago de Salnes vieron ante mi en juizo Fernand Afonso clerigo en nome dos lazerados de Santa Maria do Camino de que he procurador por huna procuraçion feyta e signada por notario a qual era abastante para esto da huna parte et Pero de Santa Maria maestre do baixel que dizen da çibdade do Porto de Portugal aa outra et enton o dito Fernand Afonso sua demanda por palabra fiz ante o dito Pero de Santa Maria en esta maneira dezia que como avia gran tempo con memoria de homens non he ende que posan acordar coontrario con o conçello e homes boos da villa de Pontevedra deran por razon de esmola aa dita iglesia de Santa Maria do Camino para os lazerados dela para seu manteemento as medidas de sal porque meden o sal en as naos e en os baixees e en os outros navios que a esta villa viesen con que son conven a saber duas faneigas grandes e outras duas faneigas pequenas as quaes faneigas os ditos lazerados por seu procurador aa sua custa avian de fazer et marcarla por la marca do dito conçello por las quaes faneigas meden o sal que vina en os navios a esta villa et tan ben median por elas en o alfoz da dita villa e non por outras medidas et por razon das ditas medidas e esmola estabeleçen nao ou baixel ou outro navio que a esta villa viesen que trouxese sal des huun milleyro e medio de sal arriba que lles desen tres faneigas grandes de sal aos ditos lazerados et dende ajuso se mays pouco trouxesen que se aviesen con o procurador dos ditos lazerados et como o dito Pero de Santa Maria trouxese a esta villa huun baixel de sal e o medise por las ditas fanegas et lle pedise e demandase que lle dese para os ditos lazerados as ditas tres fanegas de sal grandes et el recusara e recusava de llas dar pedia a min que por mina sentençia julgando mandase ao dito Pero de Santa Maria maestre que lle dese e pagase as ditas tres faneigas grandes de sal con as custas que sobrelo fezese contra a qual demanda o dito Pero de Santa Maria pleito entrado diso que lle negava a dita demanda segundo que era posta e que non sabia nen cria que era asi e o dito Fernand Afonso en nome dos ditos lazerados diso que o queria provar et pedeu a min que lle asignase terminos e produçoos a que dese e presentase ante min suas testemoyas e sobre esto resçebi juramento de conomes das partes e cada huna por su juramento afirmou sua entençon et esto feyto asigney terminos e produçoos ao dito Fernand Afonso a que ante min presentase sua testemoya et ao termino que lle para esto asigney o dito Femand Afonso en nome do procuratorio presentou ante min suas testemoyas aquelas que ven que lle conpran das quaes testemoyas e de cada huna delas eu ajuramentey sobre los santos evangeos Deus que ben e verdadeiramente disesen verdade sobre la dita razon e eles asy o prometeron estando presente o dito Pero de Santa Maria que as veu jurar et fige escripvir o dito delas e no proçeso do pleito et elas asy resçebidas asigney termino aas ditas partes a que viesen ante min para as publicar et ao termino que lles para esto asigney as diltas partes aparesçeron ante min e fige leer e publicar as ditas testemoyas ante eles et fige pregunta ao dito Pero de Santa Maria se queria contra elas dizer do seu dereito e que lle mandaran das o traslado delas el diso que non queria dizer contra as ditas testemoyas nen razoar nen dizer mays en o dito, feyto mays pedia a min dito juiz que librase o que achase por dereito et sobre esto as ditas partes concludiron e sarraron pleito sobre lo alegado e pediron sentencia et eu juis sobredito visto e examinado o dito pleito entre as ditas partes e quanto sobre esto ante min quiseron dizer e alegar ata que çerraron pleito e pediron sentença seendo eu juiz en lugar de julgar avido sobre esto meu consello e acordo con letrados en dereito vista a demanda do dito Fernand Afonso en nome dos ditos lazerados et a defenson do dito Pero de Santa Maria e asignado para dar sentença partes presentes sentença demandantes seendo en lugar de julgar dou esta esta sentença que se sigue. |
[+] |
1415 |
DGS13-16 62/ 132 |
Et prometemos et outorgamos de non yr contra esta dita doaçõ por nos nen por outro contrato nen escritura. | et se tentarmos de contra esto pasar outorgamos que nos non valla et que ẽno ponto et ora que o pensarmos que en esse ponto et ora eno dito mosteyro et uoz do dito abbade e conuento et suçesores del seia traspasado osenorio et posyson et propiedade dos ditos herdamentos et chantados et casas et casares et formaes et vinas et omudamento que sobre elo fazeremos et pensaremos que non valla nen aproueyte anos nen aoutro por nos et que pagemos ao dito mosteyro et auos o dito abbade et conuento por pena et pustura et jnteresse dez mill moravedis et adita doaçõ este firme et valla para senpre. et nos o dito Don Frey Ioham Lourenço abbade et Frey Lopo soprior et Frey Roy Gonzalez bacheller et Frey Pedro Marinao enfermeyro et Frey Iohan vistiaro et Frey Fernando de Dureyxa et Frey Afomso Lopez et Frey Aras Perez et Frey Fernan Aras monges do dito mosteyro que somos presentes rreçebemos para nos et para o dito mosteyro et suçesores del adita doaçõ et casas et casares et herdamentos et chantados et vinas segundo de suso son declaradas et outorgamos de dizer et fazer dizer adita mjssa. et por fazer graça ao dito Fernan dObre et Mayor Pááz damos uos para uoso manteemento o huso et froyto das ditas herdades et nouidade dellas en vida de uos o dito Fernan dObre dos ditos herdamentos que asy de uos rreçebemos por la dita doaçõ et amorte de uos o dito Fernan dObre que as ditas noujdades et rrendas et froytos fiquen adita Mayor Pááz en sua vida asaluo as vinas que am de fìcar liures et desenbargadas ao dito mosteyro amorte de uos o dito Fernan dObre saluo hũa leyra de vina que a de ficar sen malaçia auos adita Mayor Pááz en uosa vida tirando asaluo avina que chaman do lagar et que das outras que ajades hũa leyra de vina en vosa vida et auosa morte fique aodito mosteyro con todollos outros herdamentos chantados casas et casares et vinas et con as rrendas et froytos et noujdade dellas. |
[+] |
1415 |
DGS13-16 62/ 133 |
Iten uos damos para uoso manteemento en uosas uidas danbos as noujdades et rrendas das herdades caluas et chantados de pereyras et maçeeyras et castineyros et nogeyras que nos auemos en Obre que anos dou Ioham Afonso dAranga et que agora de nos tẽ Pedro Lumes asaluo as vinas que forõ do dito Ioham Afon que fiquem anos asaluo. |
[+] |
1418 |
LCS [131]/ 93 |
Enna çidade de Santiago dia esta feira, honse dias do mes de fevereiro anno do naçemento de Noso Señor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et oyto annos, este dito dia, seendo o conçello, alcalles et regidores jurados et omes bõos da dita çidade de Santiago juntados enno sobrado da notaria de min Rui Martines, notario da dita çidade, por crida de anafil, segundo que han de uso et de costume, presentes ende Martin Galos et Juan Ares da Cana, alcalles enna dita çidade et Martin Serpe, Afonso Fernandes Abril, Fernan Gonçalves do Preguntoiro, jurados et regidores enna dita çidade et en presença de min o dito Rui Martines, notario et das testemoyas infra escritas, logo enton o dito conçello et alcalles et regidores et omes bõos sobreditos diseron que por quanto entendian que esto adeante contiudo era feito et ordenado en proveito da dita çidade et dos vesiños et moradores dela, que agora eran et fosen de aqui adeante et eso mesmo porque esta dita çidade se mantiiña de acarreo et de cada dia ocurrian et viina a ela moytas personas de diversas parte que viiña a vesitar o corpo do ben aventuradi Apostollo Santiago; por ende et porque as taes personas ouvesen ygoal mercado de todas las cousas que a ela se viesen a vender et vendesen para proveemento et manteemento de todos, que acordavan et acordaron de poẽr regimento et regla çerqua das ditas vendições et cousas, porque as personas que as vendesen et trouxesen a vender non encargasen suas conçiençias por las vender por mayores preços do que valiesen et os que as conprasen ouvesen ygoal mercado, a qual ordenança diseron que feseran et fasian por mandado de noso señor o arçobispo de Santiago don Lopo de Mendoça et con acordo de Vaasco Marques, cardeal de Santiago et de Juan Davila, coengo enna dita iglesia, justiças clerigas este dito anno, que presentes estavan, as quaes ordenanças logo deron en escritura a min o dito notario et das quaes o thenor he este que se sige: |
[+] |
1424 |
CSMVV 1/ 362 |
Et o meu casal de Ferreira de Juso, que jais enna frigrisia Codesido, para senpre para manteemento das donas et frairas do dito moesteiro. |
[+] |
1433 |
MNP 79/ 111 |
Sabean todos que en Maria de Portas, moller que foi de Juan de Portas, cuja alma Deus aja, besiña et morador da villa de Pontevedra, que soo presente et que faço por mĩ et por todas mĩas vozes, non costrenguda por força nen por engãno deçebuda mas de mĩa livre et propia voontade, quero et outorgo que, por quanto eu soo vella et enferma de diversa infirmidade tal que me non poso levantar de cama salvo se me levanta outra persona, como quer que con esto temo mĩa raçon et por rason da dita infirmidade ninhũu meus bẽes movles et reyses, por rason delo et por mingoa de procuramente et aministraçon, se perden et van a delapitaçon, por lo qual ouve de faser conperamento firme por senpres convosco Rui Martis Touriño, barveiro, vesiño da dita villa, meu jenrro, que sodes presente, en este guisa: que vos o dito Rui Martis, por os ditos meus bẽes asy movles como reyses, et por vosa custa, me mantenades et governedes en toda mĩa vida de aquelo que a meu estado fose mester et que, ao tempo de mĩa morte, façades sepultar et enterrar meu corpo onrrosamente, et que por esto que vos podesedes aver et herdar os ditos meus bẽes asi movles como rayses et aministrarlos et procurarlos et fazer deles toda vosa libre boontade, como de bosa cousa propia, asi en satisfaçon do manteemento et procuramento que me asi avedes de faser como de çerta contia de mrs. que vos ja devo et soo obligada, que me destes et enprestastes para meu manteemento antes desto. |
[+] |
1433 |
MNP 79/ 112 |
Et eu o dito Rui Martis, que asi soo presente, asi o resçebo, et prometo et outorgo que eu procure et aministre a vos, a dita Maria de Portas, et bos de manteemento segundo boso estado por lo dito tenpo da dita bosa vida et, ao tenpo da dita bosa morte, que honrrosamente faça sepultar et enterrar o voso corpo donde bos mandardes, et susuba et page as misas et esequias que vos de meu consentimento mandardes dizer por vosa alma como dito he deve de seer conprido et agardado ontre nos os ditos Maria de Portas et Rui Martis et nosas vozes aa boa fe de Deus et sen mao engãno, et por nos et por todos nosos bẽes movles et reises que a elo obligamos, et por juramento que ende fasemos en este signal de crus en lugar de Santos avangeos de Deus, et so pena de dez mill mrs. de boa moeda, que peite a parte de nos que o asi non tover et conprir et agardar aa outra parte ou partes de nos que o asi toveren, conpriren et agardaren; et, a pena pagada ou non, esto como dito he este senpre firme. |
[+] |
1433 |
OMOM 238/ 360 |
[Et esta] doaçon vos fago et outorgo para senpre jur de herdade commo dito he, porque son vella, inpotente et viuda, et non tenno outra aiuda [. . ] senon o manteemento que me vos, o dito frey Afonso, fesestes et fasedes et entendo que faredes ao adeante. |
[+] |
1434 |
OMOM 243/ 365 |
Item mando et aboo a minna muller, Costança Eanes, do meu casal de Sabugos con suas herdades segundo que as agora labra Aluaro de Sabugos et mandolle mays dos cadros de vinna que eu labro en nas Calçadas, et este lle mando para seu manteemento en sua vida et a sua morte que fique o dito casal con suas herdades et vinna aos meus fillos et seus. |
[+] |
1436 |
OMOM 250/ 387 |
O qual asi leydo et presentado ante o dito Juan de Villar, alcallde, o dito frey Diego Ferrandes levoulo en seu poder et diso que por quanto en esta dita villa demandauan portaje et outros trebutos a las personas que aqui venian con azemilas et bestias por las cousas que eran neçesarias para prouison et manteemento de dito moesteyro et frayres del et outrosi que enpadroauan et repartian morabetinos en los frayres que en esta villa veuian da dita orden, lo qual fazian por lles quebrantar et amenguar o dito seu preuillejo et franquea. |
[+] |
1438 |
SHIG Mond. , 9b/ 30 |
Constituiçon commo os clerigos poden retornar a si os benefiçios que arrendan a outros Nos, Don Pedro, por la graça de Deus et da Santa Iglesia de Roma, obispo de Mondonedo, con consello et acordo do noso dean et personas et benefiçiados et cabildo da nosa iglesia cathedral de Mondonedo et de toda a clerisia, juntada enno sinado et capitulo geeral que acostumamos de faser tres dias depois de Santa Maria dAgosto en cada un anno enna dita iglesia, por proveito dos ditos benefiçiados et clerisia et avida deliberaçon, por modo de constituiçon, estableçemos et ordenamos et, de aqui adeante pera senpre jamais enteiramente, mandamos gardar et conplir en esta nosa iglesia et en todo o dito noso obispado, conven a saber: que si algun clerigo do dito noso obispado, reuctor ou benefiçiado de algua parte de benefiçio, rendar o seu benefiçio a algua persona eclesiastica ou seglar, qualquer que seja, que si este tal clerigo arrendante ouver mester o dito seu benefiçio pera seu manteemento propio de sua casa de morada, si ha tever et morar enno dito obispado, que a tal renta que a posa aver et demandar et retornar pera si mesmo, con tanto que o dito clerigo demandante et retornante asi a dita renta que pague et restituya primeiramente aa tal persona seglar ou eclesiastica todo aquelo que tever et ouver ja dante pago por la dita renta et por rata de tenpo. |
[+] |
1438 |
SHIG Mond. , 9b/ 31 |
Et que todo aquel que a tal renda pera si queser demandar et aveer et retornar, que faça logo primeyramente por si mesmo juramento solenpne, en forma de dereyto, aos santos evangeos que el quer et demanda a dita renta pera seu propio manteemento de sua casa et morada et que a non ha escusada nin lo façe por outra codiçia nin maliçia algua nin por la dar nin arrendar a outro algun. |
[+] |
1444 |
VFD 267/ 285 |
Sabean quantos esta carta viren como eu Afonso Rodrigues de Rauilla, escudeiro de meu señor conde de Santa Marta et seu meyriño da casa do Formigeyro con as meirindades de terra d ' Amoeyro e Palmés con o Bolo de Senda, por razón que eu bou con o dito señor conde á seu seruiçio a Castela, por ende deyxo a vos Pero Lopes de Ramiráas, escudeyro, a dita casa de Formigeyro con a dita meyrindade de Amoeyro e Palmés e Bolo de Senda e vos dou todo meu poder conplido, segundo que o eu teño do dito señor conde pera que posades teer a dita fortaleza e usar da dita meyrindade et coller, demandar, reçeber e recabdadar e lebar pera vos e pera voso manteemento et prouisón da dita fortaleza e merindade todo o pan e carneyros e mrs e seruiços, dereitos e dereituras, que eu ey et me pertesçen de dereito con a dita meryndade et fortaleza ena iglesia de Santa Marya d ' Amoeyro et enas ditas terras e merindades e pera que posades todo reçeber e recabdadar e dar cartas de pago, pera o qual vos dou todo meu poder conplido, segundo que eu teño, et obligo todos meus bees pera ho abeer todo por firme e estábele. |
[+] |
1468 |
DGS13-16 68/ 152 |
E durante ho tempo dos vijnte e nove anos do dito foro que nõ vos lo possamos tirar nem toller nem quitar por mays foro nem Renda que nos outro por el de nem prometa nem por dizermos e alegarmos que ha neel engano. nem que o avemos mester para noso manteemento nem per outra Razom alghũa que em dereyto se possa allegar. ante vos deue de seer feyto saão e de paz per los beẽs do dicto nosso moesteyro que para elo obrigamos. e parao mjllor teermos e guardarmos cada cousa e parte delo poemos sobre nos por pena e postura e jnteresse mill mrs. de moeda vella vsable que ora corre de tres brancas e hũ cornado cada marauedí que as peytemos por pena e postura se passarmos contra ho que dicto he. |
[+] |
1470 |
OMOM 284/ 433 |
Et logo os ditos frayres, por sy et en nome do dito moesteiro et frayres del, diseron que non consentian nen consentiron en na dita remataçon dos ditos bees feita por lo dito terreyro ao dito Pero de Viueiro nen en na dita renda dos ditos çento et dous morabetinos por quanto o dito Juan Caao prometera de dar de renda por los ditos bees cada hun ano a meatade do vynno que Deus der cada anno en nas vynnas que foron do dito frey Juan Rodrigues et o quarto da novidade que Deus dese en nas outras suas herdades calbas, et eso mesmo non seer ora conpetente para rematar os ditos bees por quanto non era dita a misa do dito dia en na dita iglesia segundo o custume do dito lugar, et que era mellor para os frayres do dito moesteiro et para seu manteemento a renda do pan et do vynno que a renda do dineiro. |
[+] |
1470 |
OMOM 284/ 435 |
Et os ditos frayres diseron que as ditas vynnas et herdades que as podia rendar et labrar por renda qual quer persona que por eles mays dese de renda, et pediron ao dito terreyro que rematase as ditas vynnas et herdades et bees en no dito Juan Doyran por la renda que daba et prometia dar delas por quanto daba mays renda delas que outro et mays proveyto para manteemento dos fraires do dito moesteiro, et que non perturbaban nen quitaban ao dito Juan Rebellon seu dereito segundo se continna en no testamento do dito frey Juan Rodrigues de Gillaade. |
[+] |
1470 |
OMOM 284/ 435 |
Et os ditos frayres diseron que o dito Juan Doyran daba mays renda dos ditos bees, et por quanto era seu rendo mays para manteemento dos frayres do dito moesteiro, que en el consentian, que eran contentos que o dito terreyro rematase en el os ditos bees por la dita renda et fesese en elo como fose de dereito faser. |
[+] |
1474 |
DGS13-16 69/ 156 |
As quaes dictas çinquo quortelas de pam nos avedes de dar et pagar ẽ cada año ẽ todo o mes de Setenbro enos dictos lugares Et non avendo vos os sobre dictos Gomez Correeyro et adicta vossa moller o dicto fillo legitimo que herde o dicto foro segundo que dicto he que ao falesçemento da vida do postremeyro de vos que os dictos lugares nos quedem libres et qujtos et desenbargados et ao dicto nosso monsteyro con todo o bõo Reparamento et perfeytos que ende forem feitos enos dictos lugares Et eso mesmo se ao falesçemento do postremeyro de vos quedar o dicto vosso fillo legitimo segundo que dicto he et ao ponto de sua morte non teuer fillo legitimo que seja vosso neto que os dictos lugares nos queden libres et desenbargados Et avendo o dicto vosso fillo legitimo que seja vosso neto que possa herdar et soçeder eno dicto foro et vsarlo em sua vida et non mays Et ao seu falesçemento que os dictos lugares sejam desenbargados et quedem ao dicto monsteyro Et vos o sobre dicto Gomez Correeyro nẽ adicta vossa moller et fillo et neto se erdarem o dicto foro que o non possades nẽ elles o possam vender nẽ sopeñorar a señor nẽ a señora nẽ aoutra persona poderosa nẽ poer ẽ el çenso nẽ trebuto a outra [pers]ona algũa sem primeyramente frontar anos ou anossos soçesores seo queremos tanto por tanto Et non ho querendo nos ou eles que entonçes o possades vos [ou] qual quer de uos fazer et atal persona que seja llana et abonada et semellauele de vos et nos seja obediente et nos de et pague a dicta Renda Et nos os dictos Frey Juã dAller sobprior ẽno sobredicto nome et prior et monjes et convento do dicto mosteyro non vos auemos de quitar o dito foro et lugares en el conteudos durante o tenpo del por dizermos et alegarmos que o queremos para nosso manteemento nẽ [por] dizermos que ay engano da meatade nẽ que o queremos canbear por outros lugares et herdades Antes prometemos de vos los fazer saãos et de paz de todo pleito et juizo et demanda que vos sobrelo ou sobre parte de lo mouerẽ ou demandarem Parao qual assy teer et conprir et guardar obrigamos anos mysmos et aos bẽes do dicto nosso mosteyro de conprir et guardar en todo et por todo sobrelo qual Renunçiamos et partimos de nos abçõ et exepçõ (?) de engano do mays ou do menos da meatade do justo preço et de justa pẽssyon canonico Et eu o dicto Gomez Correeyro que presente soo assy Reçebo o dicto foro por myn et en nome da dicta myña [moller] et fillo et neto que non estã presentes assy Reçebo o dicto foro por las maneyras et condições que ditas son et obrigo amyn mysmo et atodolos meus bẽes et da dicta [myña] moller et fillo et neto de teermos et conprirmos et guardarmos ẽ todo et por todo et de pagaremos a Renda contiuda ẽno dicto foro Et nos los sobre dictos prior sobprior et monjes assy vos lo oitorgamos et Rogamos et mandamos ao soescripto notario que o escriua ou faça escripujr et odea (?) firmado et signado de seu nome et signo Et por que seja mays firme nos hos sobre dictos prior et sobprior et monjes firmamos de nossos nomes este dicto foro. |
[+] |