logo usc Corpus Xelmírez - Resultados da consulta

Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval

Resultados da pescuda


Os resultados das buscas efectuadas no Corpus Xelmírez poden ser usados con fins educacionais e de investigación, sempre que se mencione a fonte. Se desexa consultar a referencia e o contexto dun exemplo, calque no símbolo [+] na cela da dereita. Para se referir ao corpus como un todo, cite: Corpus Xelmírez - Corpus lingüístico da Galicia medieval - http://sli.uvigo.gal/xelmirez/. Se desexa realizar outra pescuda no Corpus Xelmírez, pode calcar aquí.
Está a procurar contextos do uso de miud nos textos notariais do Corpus Xelmírez.

Número de contextos atopados: 30

1286 VFD 26/ 38 Conoçuda coussa seia a quantos esta carta viren como eu Lourenço Eans Garauito, con mia muler María Peres, vendemos a uos Maçia Núñez, procurador da abadesa e das donas de Santa Clara de Çamora, en nome e en uoz delas, con outorgamento de nosso señor El Rey, quanto erdamento auemos eno Ponbar, o qual está entre la uiña que foy de Johán Abade e da outra parte a de Giral Pérez e da outra parte a de Johán Mouro, con entradas e saydas e con todos seus jures e con todas suas perteenças, por u quer que as aia e as deua a auer, que o aian as donas da orden de Santa Clara e toda sua uoz por senpre, de jur e por erdade, pera fazeren y moesteiro elas e toda sua uoz por senpre, de jur e por erdade, por preço que de uos reçebemos, conuén a saber: dous mill mrs alfonsíes da moneda miuda da primeira guerra, a VIII soldos cada mr, que a nos e a uos aplougo e de que nos outorgamos que somos ia ben pagados e deuedes nolos a dar estos mrs sobreditos ata dia de San Miguell de setenbro este primeiro que ven, por los quaes destes a nos fiador Miguell Uidal, presente e outorgante, qué nolos dedes a este plazo sobredito e se nolos a este plazo non derdes, que os nouos deste ano deste erdamento que os aiamos nos, e dalí adeante dardes nos estes dous mill mrs ata día de Natal, este primeiro que ven. [+]
1286 VFD 27/ 40 E este Johán Eanes, con a cassa e con o lagar, o qual erdamento foy de Johán Abade, con entradas e con saydas e con todos seus jures e con todas sas perteenças, por u quer que as aia e as deua a auer, e que o aian as donas da orden de Santa Clara e toda sua uoz por senpre de jur e por erdade, pera fazeren y moesteiro, por preço que de uos reçebemos, conuén a saber: tres mill e quiñentos morauedís alfonsíes, a VIII soldos cada un, da moeda miuda da primeira guerra de Graada, que a nos e a uos aplougo, e deuedes nos a dar estos morauedís sobreditos ata día de San Miguell da vendimia, este primeiro que ven, por los quaes reçebemos de uos fiador Johán Miguélez, mercador, presente e outorgante, que nos las dedes a este plazo sobredito, e se no las a este plazo non derdes, que os nouos deste ano deste erdamento que os aiamos nos e dalí adeante dardes nos estes tres mil e quiñentos morauedís ata día de Natal, este primeiro que ven, e se no las non derdes a este plazo de Natal, que nos que possamos demandar estes morauedís sobreditos a Johán Miguélez, ou tomar o erdamento sobredito. [+]
1320 VIM 39/ 119 Et eu Fernan de Deus, chantre de Lugo, quitome a uos, o Cabidoo, da renda que de uos tinna feyta da dita iglesia de Santiago et outorgo et prometo de dar a uos, o dito Johan Eanes, logo desembargados, et aollados et pagados viinte tonees de vinno que en viueyro tenno deste anno que anda de dita iglesia et de uos pagar seysçentos mor. porque arrendey o miudo aos plasos a que era teudo de pagar ao Cabidoo; et outrosy para uos dar todo o al que eu ou outro por min ouuer deste anno que anda, saluo os dineyros que tiran do miudo do vinno de que se aueen a dineyros. [+]
1418 LCS [131]/ 95 Iten outros poonbos miudos et tortoras cada hũu hũa blanqua. [+]
1418 LCS [131]/ 95 Iten pasaros miudos et ouos a coroado. [+]
1418 LCS [143]/ 106 Sabean quantos esta carta viren, como nos o Conçello et alcalles et regidores jurados et omes bõos da çidade de Santiago, seendo juntados enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario da dita çidade por crida de anafil, segundo avemos de uso et de custume, presentes ende Juan Ares da Cana et Martin Galos, alcalles enna dita çidade et Martin Serpe, Fernan Gonçales do Preguntoiro, Gomes Rodriges, bachiller en decretos, Afonso Fernandes Abril, Afonso Juliate, regidores jurados enna dita çidade et Pero Leiteiro et Alvaro Gil, nosos procuradores et presentes outrosy Johan Duran et Juan Garçia de Vilarente et Migell Rodriges do Vilar vesiños da dita çidade, os quaes nos o dito conçello et alcalles et regidores sobreditos eligimos para que por parte dos mercadores et dos outros ofiçios et comunidade da dita çidade estevesen con nos os ditos alcalles et regidores et procuradores a as posturas et repartimentos de quaesquer contias de maravedis que enna dita çidade se ouvesen de dar et coller et repartir et derramar este dito anno et ao tomar das contas, outorgamos et connosçemos que reçebemos de vos Benald Yanes do Camiño et Gil Peres nosos procuradores que fostes o anno de mill et quatroçentos et des et seis annos que se começou a quinse dias do mes de mayo do dito anno et de fiinçeu enno mes de mayo do anno que pasou de mill et quatroçentos et des et septe annos, boa conta, çerta, leal et verdadeira, asi por lo graande como por lo miudo de contia de quoreenta et quatro mill et septeçentos et noveenta et dous maravedis moeda vella, contando blanqua a tres dineiros, os quaes ditos maravedis vos os sobreditos por nos et en noso nome et como nosos procuradores reçebestes et recabdastes o sobredito anno en esta guisa que se sigue: primeiramente que recadastes hũa terça de hũa renda de triinta mill maravedis que monta des mill maravedis da dita moeda en esta guisa: vos o dito Bernald Yanes, çinquo mill e tresentos et triinta et seis morabetinos et quatro coroados das çinquo colações de bayxo et vos o dito Gil Peres acadastes das çinquo colações de çima quatro mill et seisçentos et sessenta et tres morabedis et dous coroados, que fasen asy os ditos des mill morabedis. [+]
1418 LCS [143]/ 114 Iten que destes en conta vos o dito Gil Peres que gastarades en custos miudos por nos de que non escrivirades que eran seseenta moravedis et a vos o dito Bernald Yanes que gastarades en outros custos miudos que non escrivirades seseenta moravedis que monta çento et viinte moravedis. [+]
1419 LCS [230]/ 174 Sabean quantos esta carta viren como nos o conçello e alcalles e regidores jurados e omes bõos da çidade de Santiago seendo ajuntados enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario da dita çidade por crida de anafil segundo que avemos de uso e de costume, presentes ende Gomes Rodriges, bachiller en Decretos e Vaasco Fernandes Troquo, alcalles da dita çidade e Alvaro Afonso Juliate, Martin Galos, Fernan Gonçales do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril, Juan Ares da Cana jurados da dita çidade e Garçia Rodriges e Juan Dominges de Liñares, canbeadores, procuradores de nos o dito conçello, outorgamos e coñosçemos que reçebemos boa conta, çerta, leal e verdadeira asi por lo graande, como por lo miudo, de vos Alvaro Gil e Pero Leeteiro, canbeadores, nosos procuradores que fostes o anno que pasou de mill e quatroçentos e dez e septe annos que se comesçou a trese dias do mes de agosto do dito anno e se fiinçeu enno anno seginte de mill e quatroçentos e dez e oyto annos, de contia de triinta e nove mill e noveçentos e dez e nove maravedis e seis dineiros de moeda vella, contando blanqua a tres dineiros que vos por nos e en noso nome e asi como nosos procuradores reçebestes e recabdastes e ouvestes de reçeber e recabdar sobre dito anno segundo que aqui dira en esta guisa: [+]
1419 LCS [230]/ 178 Item Sueiro da Enfesta por yr por gia con o dito porteiro des maravedis, que monta esto, segundo vay contado ao miudo, çento e des e nove maravedis e medio, blanqua en tres dineiros. [+]
1419 LCS [230]/ 179 Item de custos miudos que vos foron contados seseenta maravedis, blanqua en tres dineiros, que monta todo esto que asi pagastes e destes e despendestes por mandado de nos o dito conçello triinta e nove mill e noveçentos e noveenta e nove maravedis e sete dineiros, contando blanqua a tres dineiros e descontando esto dos triinta e nove mill e noveçentos e des e nove maravedis e seis dineiros que por nos acadastes segundo en esta conta fan mençon asi fiqua que vos devemos nos o dito conçello oyteenta maravedis, blanqua en tres dineiros. [+]
1420 LCS [267]/ 212 Sabean quantos esta carta viren como nos o conçello e alcalle e regidores jurados e omes bõos da çidade de Santiago seendo juntados enno sobrado da notaria de Ruy Martines, notario da dita çidade por crida de anafil segundo que avemos de uso e de costume, presentes ende Juan Fernandes Abril e Vaasco Peres Abril, alcalles enna dita çidade e Martin Galos e Alvaro Afonso Juliate e Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, Afonso Fernandes Abril e Fernan Gonçales do Preguntoiro, regidores jurados enna dita çidade e Pero Leal e Juan de Vilaside e Goncalvo Yanes do Escurelo, mercadores vesiños da dita çidade, os quaes nos o dito conçello e alcalles e regidores sobreditos elegimos para que por parte dos mercadores e dos outros ofiçios e comunidade da dita çidade aas posturas e repartimentos de quaesquer contias de maravedis que enna dita çidade se ouvesen de dar e coller e repartir e encanavar este dito anno e ao tomar das contas, outorgamos e conoscemos que reçebemos de vos Garcia Rodriges, canbeador, e Juan Dominges de Liñares, mercador, nosos procuradores que fostes o anno pasado do naçemento de Noso Señor Ihesu Christo de mill e quatroçentos e des e nove annos que se começou a trese dias do mes de janeiro do dito anno e se fiinçeu e cabou en este anno da feita desta carta boa conta, çerta, leal e verdadeira, asi por lo graado como por lo miudo de contia de quoreenta e çinquo mill maravedis de moeda vella contando branqua en tres dineiros de hũa renda e media que fui posta enna dita çidade o dito anno de voso procuratorio os quaes maravedis vos os sobreditos Garcia Rodriges e Juan Dominges por nos e en noso nome e como nosos procuradores reçebestes e recabdastes o sobredito anno en esta maneira que se sige: primeiramente que recabdastes de Afonso Dominges da Peña, da renda do peso e portajẽe que de nos o dito conçello ten arendado tres mill e noveenta maravedis, branqua en tres dineiros da paga de tres terços fiinçidos por lo postromeiro dia do mes de janeiro deste anno da feita desta carta e en estes maravedis entran os çento e des maravedis que o dito Afonso Dominges pagou a Pero Rodriges Sopas por la renda que avian de aver enna casa da carniçaria do dito conçello. [+]
1420 LCS [267]/ 215 Iten de custos miudos que vos o dito Garcia Rodriges destes en conta que gastarades dusentos e cinquoeenta maravedis. [+]
1420 LCS [267]/ 215 Iten de custos miudos que vos o dito Juan Dominges destes en conta triinta e cinquo maravedis. [+]
1420 LCS [355]/ 289 Enno año do Nascemento do Noso Señor Ihesu Christo de mill e quatroçentos e viinte años, esta feira des e seis dias do mes de agosto, este dito dia seendo o Concello, alcalle e regidores jurados e omes boos da çidade de Santiago juntados por crida de anafil enno sobrado da notaria de Rui Martiis, notario publico jurado da dita çidade, presentes ende, Juan Fernades Abril, alcalle, e Martin Galos e Afonso Fernandes Abril, Alvaro Afonso Iuliate, Martin Serpe Gomes Rodrigues, bachiller, Juan Ares da Cana, regidores jurados e omes boos da dita çidade, en presença de mi Fernan Yanes, notario publico de noso señor el Rey enna sua Corte e en todos los seus reynos e escusador por lo dito Rui Martiis, notario e das testemoyas adeante escriptas, logo enton, pareçeron enno dito conçello Fernan Gonçales, de Oviedo vesiño de Abilles e Fernan Gomes de Outer de Fumos, vesiño da çidade de Leon, arrendadores e fasedores que se mostraron seer das alcavalas de noso señor el Rey enna dita çidade de Santiago con o seu Giro e de outras fiigrisias e lugares çerquanos da dita çidade este sobre dito año, e presentaron e feseron leer enno dito conçello hũa carta de noso señor el Rey, por la qual pareçe o dito Diego Fernandes seer seu recabdador mayor, este dito año, de suas alcavalas e alfolis e dereituras enno arçobispado de Santiago con o bispado de Tuy e en outras partes declarados enna dita carta traslado della e outra carta porque Afonso Fernandes de Leon, arrendador mayor das ditas alcavalas, traspasou a medade delas en Pedro Fariña de Noya criado de Diego Lopez de Toledo e presentaron mais outra carta en que se conten que o dito Pero Fariña traspasou a dita medade das ditas alcavalas enno dito Diego Fernandes, recabdador, e outro si presentaron mais hũa carta por que o dito Diego Fernandes, recabdador, e Afonso Fernandes de Leon dan poder a os sobre ditos Fernan Conçales de Oviedo e Fernan Gomes de Outer de Fumos, para que podesen arrendar por granado e por miudo as ditas alcavalas segundo que esto e outras cousas son contiudas e declaradas ennas ditas cartas, das quaes os thenores delas hũu en pos d ' outros son estes que se sige: [+]
1432 VFD 445/ 453 Et logo e o dito conçello miudo diseron que mandauan poer a talla. [+]
1433 FMST [10]/ 495 XI yten hordenamos que nenhun home nen moler, asy desta dita cibdade de Santiago, como do dito arçobispado ou de fora del, que non posa conprar nen poer tenda, nen vender ao miudo do dito oficio, salvo primeiramente ser confrade da dita confraría. [+]
1433 MNP 34/ 51 Sabean todos que eu Gonçalvo Mascato, barveiro, vezino da villa de Pontebedra, que soo presente et que faço, en nome de Maria, menor, filla de Domingo Bonome, forneiro, que Deus perdon, et de sua moller que foy Marina Peres, da qual dita Maria Peres eu soo tutor por carta de tutela dada por Afonso Gago, juis ordenario da villa de Pontebedra, en nome da dita Maria, menor, et en vertude da dita tutela, outorgo et conosco que resçebi de vos a dita Marina Peres, moller que fostes do dito Domingo Bonome, boa conta, çerta, leal et verdadeira por graano et por miudo et por volunta solene de todos los bees movles, conven a saber: dineiros, ouro, prata, panos asi de vestir como de cama, et preseas et alfayas de casa, et outros bẽes que foron et ficaron do dito Domingo Bonome et que aa dita Maria perteesçian et perteesçen de aver et herdar por herança do dito seu padre et de todo elo me contestastes et pagastes aa mĩa voontade ben et conpridamente et sen mingoa algũa, et renunçio a lei de non numerata pecunia , et toda outra rason et exençon de quanto eu pudiria ajudar por min et en nome da dita menor para contra esto que dito he viinr, et quero et outorgo que me non valla nen seja sobre elo nen sobre parte del oydo en juiso nen fora del; et por ende, en nome da dita menor et por vertude da dita tutela, dou por livre et quita a vos a dita Mariña Peres, sua madre, et a todos bosos bẽes para todo senpre et de todos los bẽes movles que aa dita menor asi pertesçia et perteesçen de aver et herdar por herança do dito seu padre, por quanto asi en nome dela me contentastes et pagastes et foy ontre min et vos contado et somado hũa cousa por outra, et outorgome de todo elo por bem pago et entrego, et douvos delo por livre et quita et anunçiada para todo senpre et a todos bosos bẽes, et prometo et outorgo de vos non viinr nen pasar contra esta dita nunçon et carta de pago que vos asi dou dos ditos bẽes en nome da dita menor en ningũu tenpo que seja, aa boa fe de Deus et sen mao enganno, et so pena de tres mill maravedis de boa moeda, que outorgo que vos peite por pena et en nome de jur se o asi non tever et conprir et contra elo ver, et a pena pagada ou non, esto como dito he este senpre firme. [+]
1433 VFD 84/ 96 Et despois desto, domingo, o primeiro dia do mes de março, do dito ano, ena orta de Garçía Dias d ' Espinosa, estando y presente o dito Garçía Dias e Gonçaluo Fernandes e Alvaro Afonso da Fonteyña e Estebo Fernandes e Gomes de Chantada, rejedores, e Johán Peres e Gonçaluo Ans, juises da dita çidade, et Pascoal Rodrigues, procurador do conçello da dita çidade, estando y presentes, logo feseron ordenança sobre rasón do pan trigo en esta maneira: que as paandeiras desta dita çidade et de fora parte que dían pan trigo cozido, que seja boo e linpo e de peso, segundo que está ordenado por lo conçello antigamente, so pena de perder o pan por la primeira vegada, et por la segunda, que perca o pan e a pena que sé seys mrs de pena, e por la terçeira vegada, que perca pan e a pena et que non use da paandaría; et que as paandeiras de fora, que vendan o pan á engroso e á miudo a quaes quer pesonas que llo quiseren mercar, cada e qual quer ora que quiseren, sen pena algua, dándoo de peso, segundo dito he. [+]
1434 MNP 98/ 134 Sabean todos que eu Fernan Gonçales d ' Ay, morador ẽna fiigresia de San Lourenço de Nogueira, que soo presente et que faço por mĩ et en nome de Pedro et Johan et Maria, fillos de Ares Fernandes d ' Ay et da sua moller que enton era Tereija Rodrigues, de que soo tutor deles et de seus bẽes por carta de tutela dada por Afonso Gonçales, juis da villa de Caldas de Rex, por mĩ et en nome deles, outorgo et conosco que reçeby de vos a dita Tareija Rodrigues boa conta, çerta, leal et verdadeira, por grãado et por miudo, de todos los bẽes movles que foron et ficaron do dito Ares Fernandes et que aos ditos menores perteesçen por sua herança en qualquer maneira et por qualquer rason, et de todo elo me contentastes et pagastes, et foi contado et somado ontre mĩ et vos por inventario solene que vos, a dita Tareija Rodrigues, fezestes por Gonçalvo Fernandes, notario de Nogueira; et de todo me outorgo por entrego et pago a toda mĩa vontade en nome dos ditos menores, por quanto pasaron et son ja en meu jur et poder ben et conpridamente, et renunçio a ley de non numerata pecunia et a toda outra enxençon que nunca ende diga o contrario en juiso nen fora del, et seo diser que me non balla, et por ende, desde aqui endeante, en nome dos ditos menores de que asi soo tutor, quito et anuçio et dou por quita et livre a vos a dita Tareija Rodrigues et a voso marido que agora he Rui da Margarida et a todos bosos bẽes et seus de todos los bẽes movles que aos ditos menores de que soo tutor asi perteesçen por herança do dito seu padre, et prometo et outorgo de vos non biir nen pasar contra esta dita nuçon et carta de pago que vos asi dou a boa fe et sen mao engano, et por mi et por meus bees que para elo obligo so pena de mill mrs. que vos peite etc. [+]
1435 VFD 103/ 116 ...o dito señor obispo e o dito cabídoo e conçello, rejedores et procurador, omees boos, que a dita feyra que se fesese et se começase a faser terçeiro dia ante de dia de San Martiño, et despois de dia de San Martiño, que durase fasta dose dias primeiros sigentes, que serían asy quinse dias, en que a dita feyra foyse feita e trayda e durase e non mays dos ditos quinse dias; facer dia ante de dia de San Martiño et despois de dia de San Martiño os ditos dose dias; et que os ditos merqadores que veesen á dita feira, que vendesen rayalmente eno dito término quaes quer merqadorías et panos, varas et á engrós, et pasado o dito término dos ditos dose dias despois de dia de San Martiño que dende endeante que non podesen mays vender ao myudo nen por varas, saluo se quisesen vender panos que os vendesen as peças enteiras e médeas peças e non varas nen retales, so pena de perderen os panos que vendesen ás varas, nen eso meesmo os outros merqadores das outra smerqadorías que non vendesen as ditas merqadorías á miudo, salvo á engrós et ás dusias, su a dita pena. [+]
1438 SVP 140/ 214 Outrosi vos e a dita vosa moller em vosa vida danbos daredes por espadoas, e por orta e por nabal, hun toucino sen maliça danbas las partes, con pan e con viño, segund custume da terra, e por dereitura dous marauedis de des dineiros o marauedi cada anno em dia de sant Andre; e despoys de vosa morte pagen as ditas pesoas todos los foros miudos e custumes de Poonbeiro e non pagen o dito toucino nen os ditos marauedis. [+]
1438 SVP 144/ 219 E he posto que despoys da morte de vos o dito Afonso Gomes, se a vosa moller ficar viua, que todos los fillos que de vos ficaren viuos dondequer que os ajades, se todos foren moradores en no couto do dito moesteiro, que todos partan de per medio con a dita vosa moller e herden logo con ela em nas ditas herdades, e que lle ajuden a pagar os foros sobreditos a ela e ao que ficar voz en no dito lugar; e se os ditos herdeiros labraren outras herdades, que non sejan deste dito lugar, que paguen os foros miudos ao dito maesteiro, e non sejan quitos, saluo o que morar o dito lugar; e os nouos deste dito lugar que se tiren e partan senpre em huun con o dito moesteiro en no dito lugar. [+]
1438 VFD 167/ 173 Que o dito Rodrigo Alamán encube e poña viño ena dita çidade ata viinte moyos de lagar e non mais, et, se mays encubar dos ditos viinte moyos de lagar, que page dez morauedís de cada moyo, alende da dita aviinça que ha de dar ao dito conçello, et que venda suas mercadorías de panos et de bufillas et outras quaes quer mercadorías que sejan ena dita çidade, en sua tenda ou casa, se a teuer, a portas abertas, ao miudo e ao engrós en esta maneira e por estes tenpos que se sigen: de dia de Santa Oufémea ata huum mes sigente, et de lo primeiro dia de San Martiño ata primeiro dia de qendas janeiras et dos domingos de Lázaro ata huun mes primeiro sigente, ou eno veraao que tome hum mes dante de dita de San Johán ou despois, qual él quiser, con tanto que tome hum mes e non mais, et que en estes ditos tenpos posa poer suas tendas con quaes quer mercadorías, á portas abertas, a vender a engrós e ao miudo, et que ena feira de San Martiño, en quanto durar a dita feira, que posa poer duas ou tres tendas con as ditas mercadorías, se quiser, et enos outros tenpos que non teña mays que hua tenda aberta et venda por los ditos tenpos, segundo dito he, et enos outros dias et tenpo e meses de mais dos ditos meses e dias nomeados que non posa vender suas mercadorías, saluo se as quiser vender ao engrós, que venda, e non en outra maneira. [+]
1440 LCP 135/ 150 Pero Falcon, juis, e Garçia Goterres e Juan Garçia Rouquo, alcaldes, e Afonso Basques, jurado, e Rui Brageiro e Juan de Sevilla, procuradores do dito Conçello, e Juan Farina, pedreiro, procurador da comunidades e pobõo miudo da dita vila, pareçeu y presente Johan Castelãao, scripvano de noso señor o arçebispo e presentou e per min dito notario, feso leer en presença dos sobreditos hũa carta de poder do dito señor arçebispo e hua carta de toma, as quaes ditas cartas de poder e toma eran scriptas en papel e firmadas do nome do dito señor arçebispo e seeladas enas espaldas de seu seelo, posto sobre çera colorada, segundo que por elas paresçia. [+]
1441 VFD 213/ 229 Ano Domini M.o CCCC XL e huun, quatorse dias do mes de jullio, en Ourense, ena orta de Lois Gonçalues, David, judío, se obrigou que por rasón que él tiña reçebido do dito conçello dous mill et quiñentos et noveenta e seys mrs vellos, branca en tres diñeiros, segundo que aquí está escripto, que está outra folla ao miudo, os quaes reçebeu por rasón dos mrs e toma que lle foron tomados en Purtugal, e agora o conçello os pagaría a Carrasco, judío, outra vez, por rasón da dita pínora, et o dito conçello agora lle quitara mill et noveenta et quatro mrs dos ditos dous mill et quiñentos et noveenta et quatro mrs, con condiçón que fasendo él pínora por os ditos mrs e por todo o que lle tomaron aos de Chaves, que lle avían tomado o seu, que o conçello que o acolla et enpare et defenda con elo et o dito David que torne ao dito conçello os ditos mill et noveenta e quatro mrs, avendo as ditas prendas, et os outros mill e quiñentos mrs que os page ao dito conçello en esta maneira: os seysçentos tres, em fin deste mes de jullio, et os outros noveçentos en fin do mes de agosto, primeiros práseos sigentes, pena dez mrs e ça. [+]
1448 VFD 276/ 296 Iten mays, que lle lleuaron huuas presas de prata, que valerían XXV mrs vellos et mays outras prendas miudas. [+]
1455 PSVD 155/ 394 Sabean todos quantos este estormento et carta de aforamento biren como nos Diego Afonso, prior do moesteiro de San Saluador de Bilar de Donas, con outorgamento de frey Rodrigo et de frey Ares et de frey Afonso Lopes et Afonso Peres, nosos freyres, estando en noso cabidoo iuntados por canpana tangida segun que abemos de uso et de custume, aforamos et aberbamos a bos Afonso Gomes Colmelo, dArmino, que he enna frigisia de San Johan de Lubre, et outras duas bozes depus bos subçesiue, huna qual bos nomeardes en bosa bida ou a tenpo de bosso finamento et a outra qual nomear aquela que bos asi nomeardes, et non seendo nomeadas que seia boz aquel ou aquela que con dereito herdar a mayor parte de bosos benes, conben a saber, que bos aforamos os çinco oytauos de todo o lugar hermida de San Pedro do Eyxo, que iaz enna Marina dos Condes, con todas suas pertenenças et dereitos a el perteesçentes, casas, casares, herdades, formaes, arbores, chantados, a montes et a fontes, entradas et saydas, con todas las outras dereituras et cousas a el perteesçentes; en caso que aqui todas non baan todas nomiadas todas porlo miudo, a tal pleyto et condiçon que bos aforamos os dictos çinquo oytauos do dicto lugar, segun dicto he, que labredes et reparedes as herdades del et tiredes donde iouberen ealladas et mal paradas, et nos dedes de foro et renda del bos et as dictas bosas bozes en cada hun anno quatorse marauedis de moneda bella, dez dineiros por marauedi, enna moeda que correr de udador a udador durante o dicto tenpo por dia de San Martino dentro, enna Bila de Betanços, a nos ou a noso recabdoçeiro; et mays nos abedes de dar a nos o dicto prior de cada hun anno et a aquelos que con nosco foren huna colleyta de hun dia, que ha de seer pan et bino et carne ou pescado et çeuada para nos et para aqueles que con nosco foren; et abedes de seer bos et as dictas bosas bozes basalos et obedientes a nos et a nosos subçesores et amardes honra et probeyto de nos et de nosa Orden; et abendo de bender, eallar ou sobpinorar que o non posades faser a menos de a Orden seer frontada et requerida, et non no querendo a Orden que o non posades bender nen sobpinorar a dona nen a cabaleiro, iglesia nen moesteiro nen a outra persona que seia de mayor estado et condiçon que bos, et fazendo o contrario do que dicto he por ese meesmo caso o dicto foro seia en sy bago et anulado et de ningun balor; et a fin de bosas bozes que o dicto lugar seia tornado ao moesteiro, cuio he, sen contradizimento de nihuna persona que seia et con todos los bonos paramentos et melloramentos que en el foren feitos. [+]
1457 SVP 183/ 258 He a saber que vos aforamos o noso lugar da Presa con suas casas et soutos et cortiñas et con o monte de Vçal, en quanto façades et avedes de faser dez cavaduras de viña ou mays, se mays poderdes faser que vos vãã en este foro en seys annos primeiros siguintes, con suas entradas et seydas, a tal pleito et condiçon que correjades as casas do dito lugar et moredes et labredes et reparedes todo ben en tal maneira que se non percan os nouos et proes per myngoa de lauor et de bõõ paramento, et nos diades et pagedes vos os sobreditos et as ditas vosas molleres et a primeyra voz en cada anno ao dito moesteiro et prior del foro de sebtima, et as outras bozes foro de quinta de todo viño puro que Deus der en a dita viña a vica do lagar, et terça de castañas secas a deçeda do caniço, todo per lo moordomo do prior do dito moesteiro, ao qual daredes de comer et de ueuer quando for medyr e reçeber o dito foro segundo vso do couto do dito moesteiro; et daredes mays por los foros miudos de Poonbeiro nonue marauedis de moneda vella e hun par de galynas por San Viçenço; et seeredes todos vasalos seruentes et obedientes ao dito moesteiro; et non venderedes nen deytaredes nen subpiñoraredes o dito foro sen mandado do dito moesteiro, nen viueredes con outro señor, nen tomaredes amadego sen mandado do prior do dito moesteiro, et vyyredes a seruir e onrrar a festa de san Viçenço con de aquelo que teuerdes. [+]
1464 SVP 217/ 289 Outrosy he posto que vos et as ditas pesoas que diades en cada o dito anno hun porco, sen maliça danbas partes, con tres marauedis de pan branco et con tres modios de viño, et por espadõãs et foros miudos de Poonbeiro, aforo, seara et canar daredes dose marauedis vellos de dez dineiros cada morauedi de dereitura et vn par de galiñas por dia de san Viçenço...etc. et seredes vasalos...etc., et viinredes onrrar nosa festa do san Viçenço con d ' aquelo que teuerdes...etc. Et a parte de nos que contra elo for et o non teuer et conprir et guardar que perga de pena mill marauedis a vos del Rey et a parte que o conprir...etc. [+]
1491 SVP 278/ 345 Conben a saber que vos aforamos todas las casas, viñas herdades, aruores, soutos, cortiñas e propiedades que foron e quedaron de Lourenço de Riba de Syl, voso abõõ, difunto, que Deus aja, segundo que as el trouxo e vos agora tragedes a jur e a mãão, su os synos do dito noso mosteiro e de san Juan de Moura, con mays duas cavaduras de monte de lo souto de Rodrigo para o rigueiro, e mays se mays poderdes poer; o qual todo vos aforamos con todas suas entradas e seydas, jures, dereitos e perteenças per ondequer que as aja e deva aver de dereito, con tal pleito e condiçon que moredes e labredes e reparedes todo ben e poñades o dito monte de viña nova e ponades a viña da esquerda de castineiros, e reparedes todo ben conmo non desfalesca por mingua de labor e de bõõ paramento, e damosvos liçençia que posades vendimar a dita viña que poserdes de novo en no dito monte cada e quando que quiserdes, e pagaredes de foro en cada vn anno vos e as ditas voses a quarta de todas las cousas que Deus y der, e da vina que poserdes de novo en no dito monte pagaredes a oytaba de todo o viño que Deus en ela der, to a a vica do lagar por noso mõõrdomo...etc., e pagaredes a quarta das castañas a a deçeda do caniço e hun bõõ touçiño, sen maliçia danbas las partes, con seu pan e con seu viño, segundo costume, e pagaredes por dereytura por orto e liño e nabal e por todos los outros foros miudos dous marauedis vellos; e daredes mays en cada vn anno ao conbento do dito mosteiro hun açunbre de viño por cada dia de san Viçenço; e seredes vasalos...etc. E qualquer de nos as ditas partes que contra esto for ou pasar e o non conprir e aguardar pague de pena a a parte agardante quinentos morauedis de moeda vella e a a vos del Rey outros tantos...etc. [+]




RILG - Recursos Integrados da Lingua Galega
Seminario de Lingüística Informática / Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2018
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL