1434 |
VFD 235/ 259 |
Sabean quantos esta presente procuraçón viren como eu Pero Dominges, morador que ora soo ena aldea de Seuerieroo, término da villa de Viñaes, e eu Lopo Gonçalues de Santa Crus do julgado de Val Paaçoo, anbos ensenbra, juntamente, fasemos, estabeleçemos por noso çerto procurador lydimo e abondoso e sufiçiente, o melor e mais conpridamente que él pode e deue a ser e por dereito mais valer, a Gonçaluo Rodrigues de Nosedo, término da dita villa de Viñayes, e portador desta presente procuraçón, ao qual nos damos e outorgamos todo noso libre e conprido poder e espeçial mandado que él por nos e en noso nome posa pedyr et demandar e reçeber de Gomes Çide e de seu jenrro e de Johán da Costa, dose fanegas de trigo e mays seys saqos, do dito Lopo Gonçalues e do dito Pero Domingues hua cuberta que lles tomaron á Ponte d ' Anbía, que he eno señorío de Galisia, terra de Diego Lopes o qual trigo estes feseron tornar á qas de Johán Coello, e do que delles reçeber posa dar quitaçón por maao de qual quer notario ou tabalión que esta procuraçón viir, ao qual nos mandamos e rogamos que as faça tantas quaes o dito noso procurador mandar faser, e posa sobre todo e en todo o que dél nacer et açender e desçender et conpridoyro for e o que nos faríasmos e diríasmos et procuraríamos, se a todo por nosas persoas presentes nos avemos, e prometemos pera senpre aver por rato e fyrme e estábele aquello que por lo dito noso procurador for feito, dito e procurado, reçibido e outorgado, sobre obrigaçón todos nosos bees, que pera elo obrigamos. |
[+] |
1473 |
HCIM 53bis/ 590 |
Sepan cuantos este escrito vieren como eu, Juan de Bribes, vecino e morador que soo en a cibdade da Cruña por min e por todas as miñas voces e heredeiros e sucesores; outorgo e anosco que bendo, dou, cedo e traspaso en juro de heredad para sienpre jamas a vos Fernan Caao, Clerigo, outrosi vecino de dita Cibdade, e a todas vosas voces, heredeyros e subcesores a miña octava parte das casas en que vos soiades morar, que son sitas dentro de esta dita Cibdade, a porta dos ayres; como se departe das casas de Afonso Garcia, sastre, e da outra parte das casas que agora levanta Leon, e Saais por sua rua publica; o cual dita otava parte das ditas casas, vos vendo segun dito hé, con todas suas entradas, he saídas, pedra, tella, e madeyra e ferro, o aguas vertentes, e magnantes, corrientes alto e bayxo, e con todos o seus jures, e pretestas, e dereitos, e dereytas que lle perteecen, e pertecer deben, ancho e longo da huna parte e da outra en calquer maneyra, e por calquer razon: a vos vendo como dito hé por precio e cuantia de novecentos maravedis de moeda bella que dez diñeyros facen un marco; os cuales ditos novecentos maravedis Vos a min destes e pagastes, he eu de vos oube recebidos e recibí que son e pasaron de voso jur ao meu realmente e con efecto ende me teño, e outorgo, de todos ellos por entregado, e ben pago a todo meu placer, e vountade; e renuncio sobre elo a Ley numerata pecunia , para que nunca posa decer, nin alegar que a dita paga me non foy feyta; e a Ley que por escrito dice: que o facedor da paga he tuido da provar en termino de cuatro años, se lle por la parte recebente for negada; salvo se o Notario o testigos da dita carta deron fee, que a viron facer en diñeiros, ou en outra cousa que a cantia valia; e a Ley do engaño mayor; e a Ley do engano de mais da metade do Justo precio; e pola presente carta vos fazo tradicion da Real e autual corporal e verdadeyra posición da dita otava parte da dita Casa que vos asi vendo dela; para que desde oje en este dia en adiante dela sejades o verdadeiro Señor, e verdadeyro propietario, posidor; e fazades dela renda vosa libre e conprida vountade, asi como de vosa herdade, e cousa propia; e todo juro e Señorio propiedad de posision, dereito, vos, e accion, que lo quito e parto e destuido; e en vos, lo dito Fernan Cááo, Clerigo, lo cedo, e traspaso, para que vos, e vosas voces desde aqui en diante fasades e posades facer de ela como segun todo dito hé; sen meu embargo, e das miñas voces, e doutro algun, toda a vosa e cunprida vountade; e pola presente escritura vos dou, outorgo todo o poderio e autoridade conprida para que vos o dito Fernan Cááo, clerigo, conprador posades entrar, recebir e tomar la posesion, jur, e senorio da dita octava parte das casas ditas, que vos asi vendo firmemente, por vosa propia actoridade, ou por mandamento de Alcalde, ou Justicia asi Eclesiastica como seglar, eu mesmo, e segundo vos quiseredes; e se pola tal entrada toma ou recebente ou Y, ouver pena e calunia, ou Injoria alguna eu me a elo obrigo, e esta que en tanto eu lo dito Juan de Bribes tober, o levar por min ou outro mi la dita octava parte de casa que vos asi vendo confeso, conosco, e outorgo que he, e ser por vos, e en voso nome de vos lo dito Fernan Caao conprante e en voso nome, e non por min nen en meu nome, nen por outro algun, con lo cual dita casa Que vos asi vendo, como estan feytas e edificadas en la dita Cibdade; vos prometo e otorgo de anparar, e defender a todo tenpo, e volas facer sáas, e de pad de toda demanda, e embargo, que sobre vos en elo nacer, e contescer, por todos meus béés, mobles e raices habidos e por haber, que vos para elo obligo, e só pena do dobro da dita contrata, e a pena pagada, ou non pagada esta escritura, e todo lo de suso en ela contuido, valle e fique firme, e cunplase en todo, e por todo: é eu o dito Fernan Cááo, Clerigo son presente, como parte por min, e polas demais miñas voces, así la recibo, sobre lo cual, todo lo que sobredito hé, e sobre calquer cousa, e parte de lo articulado de el, renuncio, e aparto de min e de outro algun para min todas las Leyes, e dereytos, e foros, e ordenamentos, pribilegios e libertades escritos, e non escritos, eclesiasticos e seglares, reales e inperiales, municipales, comunales, e en especial renuncio a Ley, e dereyto que dice que General renunciacion non valla: |
[+] |