1438 |
MSCDR 546/ 666 |
Esta dita casa et moynos e vinas et herdades a montes et a fontes uos damos et outorgamos a foro en no dito tenpo et vozes, per tal pleito et su tal condiçon que tenades a dita casa ben cuberta et reparada et os ditos moynos ben cubertos et ããdereçados et moentes et correntes et conpridos de todos seus nenbros et con a leuada dã ãgoa dos ditos moyños ben adereçada, et que se moya a fornada do pan do dito moesteyro en nos ditos moyños sen maquia; et que diades de renda da dita casa et moynos en cada huun anno uos en uosas vidas et ãã primeyra voz a nos et ao noso çelleyro oyto fanegas de pan; et ãã outra voz pustromeyra que dia ao dito çeleyro des fanegas de pan, mididas por midida dereita da comarca, linpo et seco, o que auedes de pagar aos terços do anno. |
[+] |