1413 |
SVP 81/ 141 |
Conuen a saber que uos aforamos (huna leira) de monte que jaz no Couoso sobre lo camino que uay de Riba de Sil para a Valariça, entre as viñas que trage Tareia Fernandes d ' Outeiro, et topa noutra viña que trage Gomes Rey; et as casas en que ora mora vosa madre, que estan en Çibrisqueyros, et dous leyros de vina et seys castineiros que andan con as ditas casas, et mays, se y mays feserdes; a tal pleito et condiçon que poñades de baçelos a dita leira en estes quatro annos primeiros seguentes, et moredes as ditas casaset lauredes et paredes ben todo conmo se non perga con mingoa de lauor et de bon paramento, et nos diades et a quen o deuer d ' auer por lo dito mosteiro en vosa vida a quinta parte do viño et diades terça do viño et castañas que Deus der nos ditos leyros, et castañas et viño a a bica do lagar e as castañas (a deçeda do caniço), et chamedes noso moordomo para o partir et proueelo edes de comer et de beber sen maliça, mentre meterdes o dito viño, et diades mays cada anno por dia de san Viçenço hun bon capon, quer huna bõã galiña, qual vos ante quiserdes. |
[+] |
1436 |
MSMDFP 168/ 208 |
Sabean quantos esta carta de foro viren commo nos, donna Costança Pereσ, abadessa do mosteiro de San Salvador de Ferreira, con outorgamento da priora e monjas et conbento do dito noso mosteiro, seendo todas en cabidõõ per canpãã tangida, por la nosa metade, e nos, a priora e monjas, con outorgamento da dita abadessa, por la outra metade do dito conbento, todas a hũa voσ fazemos carta e damos a foro a vos, Alvaro do Canpelo, e a outras tres persoãs pus vos suçesivelmente hũã pus outra e taes erdaren vosos bẽẽs con dereito, e cada persõã que nomee aa outra a seu finamento ata que fique a nos pus vos que veña de vossa liña dereita, conbén a saver que vos aforamos commo dito he o noso lugar de Outeiro de Pantón, segundo que o mandou Alonso Yaneσ, clérigo que foy de Deade, ao dito noso mosteiro, e noutra metade que perteẽçe a Aldara Fernandeσ, monja, por seu padre e madre, e a súa morte fica ao dito conbento, así o aforarado a vos o dito Alvaro e aas ditas vossas persõãs con todas suas casas e vinas e erdades e álvores e montes e devisos e pascos e entradas et seydas, a montes e a fontes per u quer que vãã su o signo de San Martino de Pantón, o qual vos aforamos a tal pleito e condiçon que o lavredes et paredes ben en tal maneira commo non falesca con mingoa de favor e bõõ paramento, e tenades as casas do dito lugar cubertas e ben reparadas, e nos diades a quarta de todo o viño e de todas las grããs que Deus der no dito lugar, a metade ao mosteiro e a metade ao conbento, e por nabos e liño e orto e froyta e castañas que díades quatro moravedís cada día de San Martino de nobembro, todo esto vos e as persõãs; et abedes de sementar cada anno á dita Aldara Fernandeσ en súa vida hũã tẽẽga de linaça no dito lugar en bõã erdade per vossa custa, e que día ela a linaça; e que non possades bender nen supinorar o dito foro sen nossa liçença, e a pasamento da pustromeira persõã que nos fique o dito lugar livre e quito con todo bõõ paramento que en el for feyto, novo alçado. |
[+] |