| 1409 |
HGPg 44b/ 112 |
Et eſta concamba ſe ſe fezer ſeia cõ liçençia τ abtoridade do conuento τ frayres do dito moeſteyro de Santo Domj̃go para que saban per que han de auer a dita çenſuria, nẽ poſan seer ealleadas nẽ traſpaſadas nẽ obligadas por rrendas nen por fiadorias algũas nẽ en outra guisa nẽ maneyra que seer poſa nẽ voſa voσ nẽ outra por vos nẽ en voſo nomme, nẽ aqueles que as depois de vos ouuerẽ de auer τ herdar, mais que as teñades τ vſedes en toda voſa vida vos τ depois voſos ſuçeſores; et ao tenpo de voſa morte, avendo vos fillo ou fillos ou filla ou fillas, que fiquen todas eſtas herdades entregadas ao primeyro fillo ou filla legitima que vos Deus der ſen enbargo dos outros ſeus yrmaaos; et morrendo aquel sen fillo ou filla erdeyro que fique ao ſegũdo et morrendo o ſegundo ſen filla ou fillo erdeyro que fique ao terçeyro deſpois del et aſi de hũ enno outro commo dito he enna ljña deçendente; et morrendo vos en tenpo que aquel que ouuer de auer a dita heranca nõ aja quinze annos, que poſades leyxar titor que o crie τ enſigne per las noujdades ata que o herdeyro ouuer quinze annos et que nõ seja tjudo o titor que aſi leyxardes a dar conta das noujdades, mais que as aja τ leue libremente para laurar τ que laure as ditas herdades τ para deſinnar τ mantẽer o dito herdeyro τ pagar a dita ençenſoria ao dito moeſteyro τ conuento del. |
[+] |
| 1451 |
DMSBC 28/ 91 |
Sabean quantos este público jnstromẽto viren como eu, Gonçaluo Ferrnandes, capellán da capela de San Bieyto da çidade de Santiago, por mj̃ e em nome da dita mjña capelanj́a e de meus subçesores, veendo e entendendo como esto aquí a juso cõtiúdo he feito en prol e proueyto meu e de meus subçesores e dos bẽes e posisõos a ela perteesçentes, aforo e dou en aforamẽto e por rrazõ de foro, d ' oje este dito día emdeante, a vós, Rruj́ Peres de Neyro, labrador, morador ẽna flegresía de San Pedro de Busto, que presente sodes, e a vosa moller, María Afonso, que he absente, ben e asý como se fose presente, por todo tenpo de vosas vidas d ' anbos e de cada hũu de vós, e por máys aalende do postromeyro de vós dúas vozes, hũa en pos outro, e por máis tenpo aalende das ditas vozes vijnte e noue anos conpridos primeyros segintes, as quaes ditas vozes e anos deuen e han de seer nomeadas porlo postromeyro de vós en súa vida e soúde ou ao tenpo de seu finamento, en esta maneyra, que o tal postromeyro de vós posa nomear e nomẽe a primeyra voz e a tal primeyra voz posa nomear a segunda voz e a tal segũda voz posa nomear a persona ou personas que ouuerẽ de teer e auer este dito aforamẽto o dito tenpo de vijnte e noue anos, e nõ sendo asý nomeadas as ditas vozes e anos, como dito he, quero e outorgo que aquel que de dereito ouuer de auer e herdar os bẽes do postromeyro de vós, que ese seja a tal primeyra voz e posa nomear a segunda, e asý subçesiue hũa en pos outra, conuem a saber, que vos aforo e dou en este dito aforamento porlo dito tenpo de vidas, vozes e anos, como dito he, os dous casares que perteesçen aa dita mjña capelanj́a, que son sitos ẽno lugar de Figeyra, da dita flegresía de Sã Pedro de Busto, cõ tódaslas casas e formãas de casas e herdades labradías e mõtesías, áruores e chantados, jures, tẽenças e posisõs aos ditos casares perteesçentes, os quaes ditos dous casares de herdade aa dita mj̃a capelanj́a de San Bieito e ao capelã dela mãdou pera todo sempre Juã de Valença, carnjçeiro, porlos quaes ditos dous casares de herdade vós, o dito Rruý Peres de Neyro, e María Afonso, vosa moller, e as ditas vozes e o que ouuer de aver e teer este dito aforamẽto o dito tenpo de vijnte e noue anos, avedes e deuedes de dar e pagar de foro e pensón en cada hũu ano a mj̃, o dito capelán, e aos outros capelãas que despois de mj̃ foren da dita capela, septe rrapadas de trigo, limpo de poo e de palla, medidas porla medida dereita de Santiago, e máis hũu par de capõos e tres morauidís de moeda vella, todo pago em paz e en saluo en esta çibdade de Santiago, ẽno mes de agosto. |
[+] |