1434 |
VFD 235/ 259 |
Sabean quantos esta presente procuraçón viren como eu Pero Dominges, morador que ora soo ena aldea de Seuerieroo, término da villa de Viñaes, e eu Lopo Gonçalues de Santa Crus do julgado de Val Paaçoo, anbos ensenbra, juntamente, fasemos, estabeleçemos por noso çerto procurador lydimo e abondoso e sufiçiente, o melor e mais conpridamente que él pode e deue a ser e por dereito mais valer, a Gonçaluo Rodrigues de Nosedo, término da dita villa de Viñayes, e portador desta presente procuraçón, ao qual nos damos e outorgamos todo noso libre e conprido poder e espeçial mandado que él por nos e en noso nome posa pedyr et demandar e reçeber de Gomes Çide e de seu jenrro e de Johán da Costa, dose fanegas de trigo e mays seys saqos, do dito Lopo Gonçalues e do dito Pero Domingues hua cuberta que lles tomaron á Ponte d ' Anbía, que he eno señorío de Galisia, terra de Diego Lopes o qual trigo estes feseron tornar á qas de Johán Coello, e do que delles reçeber posa dar quitaçón por maao de qual quer notario ou tabalión que esta procuraçón viir, ao qual nos mandamos e rogamos que as faça tantas quaes o dito noso procurador mandar faser, e posa sobre todo e en todo o que dél nacer et açender e desçender et conpridoyro for e o que nos faríasmos e diríasmos et procuraríamos, se a todo por nosas persoas presentes nos avemos, e prometemos pera senpre aver por rato e fyrme e estábele aquello que por lo dito noso procurador for feito, dito e procurado, reçibido e outorgado, sobre obrigaçón todos nosos bees, que pera elo obrigamos. |
[+] |
1436 |
FDUSC 303/ 374 |
Sabean todos que eu Costança Afonso, morador enna villa de Noya, filla que sôô de Fernan Afonso da Corredoira, que presente sôô, por min et por todas minas vozes aforo et dou en foro et por razon et nome de foro a vos Gomes Afonso, notario da dita vila de Muro, que presente estades, et a vosa moller, que ahora he Clara Dominges, que he absente, ben asi conmo se fose presente, moradores que sodes enna dita villa de Muro, et a todas vosas vozes et herdeiros, conven a saber, a meadade entregamente do paaço que esta enno lugar de Quinteela, en que agora mora Meçia Lopes de Quintela, et en suas herdaduras, que he enna fregresia de santo Ourente, ondequer que vââ a montes et a fontes; et mays a leira de herdade que jaz ao longo da viña da dita Meçia Lopes et de seus yrmââos, ena qual leira Pay Marino de Lobeira começou de preparar baçelos para fazer viña, o qual paaço et casas et herdades et chantados et deuesas et arrôôs sobreditos a min perteesçen por herança de Vasco Peres, meu avôô, et do dito meu padre Fernan Afonso da Corredoira, a que Deus perdon, et por conpras et gaanças et por outra qualquer razon que a min perteesçan; a qual meeetade do dito paaçoo, et mays parte se a en el el mays ey, et todas las outras cousas et herdades et chantados et deuesas et arrôôs, et a dita leira sobreditos vos aforo con todos seus dereitos, quantos han et lles perteesça a aver asi de vso et de custume, conmo de feito et de dereito doje este dito dia endeante para todo senpre, para que façades delas et en elas, et de parte delas de aqui endeante para todo senpre todo o que vos prouuer et toda vosa voontade conmo de vosa cousa propia sen meu enbargo et de minas vozes et doutro algun; por la qual meadade do dito paaço et mays parte, se a e en el eu mays ey et por las sobreditas casas et herdades et chantados et deuesas et arrôôs sobreditos et por la sobredita leira, que vos asi aforo, vos o dito Gomes Afonso et a dita vosa moller Clara Dominges et vosas voses et herdeiros deuedes de dar et pagar por foro et renda et conosçemento delo a min a dita Costança Afonso et a minas vozes et herdeiros en cada uun anno et por cada uun dia de san Migell de setenbre triinta morauedis da moeda do regno de Castella que se agora vsa branqua en tres dineiros, et dez dineiros por hun morauedil, ou moeda corrente per los tenpos, que os valla, forros et quitos et exentos sen en eles seer feito desconto algun. |
[+] |
1473 |
LTP [5]/ 73 |
Item aforam Suares et a duas vozes o lugar de Paaçoos, a de dar em salvo en Agoada fanega et medea de pam et tres maravedis de dereytura. |
[+] |
1473 |
LTP [5]/ 91 |
Item aforam a Joan d ' Anllo et a vossa moller et a huna voz o nosso lugar de Paaçoos con seu muyno, et darnos edes çinquo quarteyros de çenteo postos por vosa custa en a nossa tulla de Veyga; por dia de Sam Johan hum boo carneyro con seu pam et vino, et por Natal doze maravedis de foros et tres capoos çebados. |
[+] |
1473 |
LTP [5]/ 121 |
Conpra de huna leyra en Corvelaas et jaz entre a herdade d ' Oseyra et a herdade de Pedrayo. - Conpra de herdade a lagoa do Mollom commo parte por Rioseco, et por Fonte de Çepos, et por lo camino que vay para Paaçoos et por lo padron entre Covas et Calvelle, et parte con a herdade de Covas et por Fonte Vella et por la herdade dos frades d ' Oseyra. - Aforou dom frey Ares, abbade, un lugar en Covas a Domingo Peres et a sua moller, Maria Ferrandes, su sino de Sam Cloyo de Paaços. - Item avemos un lugar de Sorveyra a que chamam Casdeyrigo. - Item conpra de duas leyras de vina en Golpellaas. - Conpra de herdades en o lugar do Parladeyro en o lugar que se chama Lagoa et en o casal do Rial. - Item do lugar de Barreyros en Toram, foro que fezerom a un lavrador. - Item outro foro do casar da Casa do Monte su signo de Sam Cloyo. - Conpra doutras duas leyras de vina en Golpellaas, termino de Paaços. - Conpra de huna leyra en Modorra onde chamam Fonte Vella. - Manda de huna leyra en Elvello. - Conpra de mais herdade en Rioseco. |
[+] |