1431 |
DGS13-16 65/ 141 |
Aparesçeu enton ante el de presente Pedro Botas por sy et en nome de Afonso Botas que estam presentes veziños et moradores ẽna çiudade de Astorga estando y presente Fernan Perez juiz et portageyro de Outeiro de Rey Et logo os sobre ditos presentaron et fezeron leer ante o dito alcallde por mjn o dito notario hun trasllado de hũa carta et preujlegio de noso señor elrrey scripta en pergameo de coyro. et signada de signo de Aluar Rodriguez notario publico que se dizia de noso señor elrrey ẽna dita çiudade de Astorga eno qual dito preujlegio se contiña entre as outras cousas que exentaua et daua por exemptos et franqueados a todos los viziños et moradores da dita çiudade de Astorga em todo seu Regno et señorio detodo oportadego et peage et pasage et rondage et castelagem Et de todo outro tributo qual quer que nomen aya de portadego que en qual quer maneyra seja pidido o demandado segundo que se paresçia porlo dito preuilegio et o traslado delo qual leuarõ en seu poder para guarda de seu dereyto por virtude do qual dito preujlegio diseron que pidiam Et pidiron ao dito alcallde et lle rrequiriam et Requirirõ da parte do dito señor rrey que o conprise et guardase et mandase conprir et guardar segundo que se en el contiña. |
[+] |