1252 |
MSXC 271/ 353 |
E con conssello de don Rodrigo e de don Diego Feo e de don Martiño, juyz del rey, e segundo a enquissa e a verdade que acharon e en privilegios que veron deron por mando e julgaron por dereito per sentença ontre las partes, convén a saber: que o prior e convento do moesteiro de Sayoane de Caaveyro que aian e husen commo departe per la coroa de Castro Reyriz, e commo se vay a dereito ao pescoço de Castro Mao, e ende commo diσ a dereito ao coytello vello de Soutullo, e ende a dereito ao Pousadoiro, e ende a dereito per ontre ambos montes, e ende commo diz a dereito ao porto de Hucedo, e ende a dereito ao couto de Gaadõẽ, e ende a dereito á anta de Pay Pardo. |
[+] |
1443 |
VFD 255/ 276 |
A XVI de feuereiro, en Ourense, Roy Caao et Johán Rodrigues, juises de Sobrado et Gonçaluo Jobín, juis de Moreiras, tolnaron testemuyo contra Afonso Anrriques que por rasón que elles prenderan a dous ladroes, que an nome Johán Meera et Roy Pescoço et os entregaran a Gomes Peres e Meendo de Seabra, juises, por ende que fesesen delles justiça, senón que lles fosen tiundos él e os juises a todo o mal et dano e morte que elles meresçían etc, et que elles avían feyto et fesesen etc. |
[+] |
1458 |
VFD 324/ 340 |
En este dia, ena dita çidade, Gonçaluo Rodrigues d ' Olueda deu querella do dito prouisor et de seus omes, que tragendo él en este dia ena sua sua viña de tras lo Castello seys omes arrendando e labrando sua viña que seyran a él do dito castello sete omes et que aderençaran a hun seu fillo, que á nome Pedro, et a hun seu criado que lle deran con asta tras lo pescoço et aos ditos labradores que deran hua ferrida ena testa con hua lança et a outro labrador que lle deran quatro feridas, de que entendía que non escaparía, et correran pos elles, et que o daua por queixa et que protestaua de o querellar etc. |
[+] |