1304 |
MPR 51/ 168 |
Cunuçuda cousa seia a quantos esta carta viren como nos Lourenço Esthéveez, prior do moesteiro de Sam Pedro de Rochas, e o convento desse meesmo luguar, damos a vos Martín Anes de Sam Gees e a vossa moler Dominge Anes, e a vossos filos e a vossos netos, a quarta toda dos nabaes e da froita que nos avemos con os de San Gees, que vos de suso dictos que a aiades assí como a nos avemos daver, aa tal preito que nos dedes cada ano por día de pascoa hun boo carneiro e hua quarta de boo vino, e hun seia sempre pessoeiro para nos pagar o dicto foro; octrosí vos octorgamos as compras todas que conprastes en Sam Gees de vossa germandade, ca foron conpradas por nosso mandado, aa tal preito que nos façades ben e compridamente os foros assí como nolo eles avían a fazer; e pust morte dos netos de suso dictos fique a quarta dos nabaes e da froita em paz ao moesteiro sobre dicto. |
[+] |
1310 |
MPR 55/ 170 |
Saban quantos esta carta virem como nos Lourenço Esthévez, prior do moesteyro de Sam Pedro de Rocas e o convento dese meesmo lugar, damos a vos Maçía Pérez a pust morte de Iohan Anes dicto Bordom o noso casar de Bueyros, o qual casar vos agora morades, a monte e a fonte con todas suas pertiiças quanto a octre non e dado, a tal preyto que o moredes e o lavredes e o pobredes e o paredes ben que non defalesca por lavor, e nos dedes del cada ano por noso moordomo terça do que Deus y der salvo de nabal e dárvores porque daredes cada ano por dereytura por Sam Martino XL soldos de brancos dos dineiros de rey don Fernando ou a quantía deles, e daredes cada ano hun quarteiro deyradigo, e daredes cada ano por Sam Martino hua porcala, e seredes vasalo obediente do dito moesteyro; e pust vosa morte fique o dito casar a IIIes pessoas quaes vos nomeardes pelo preyto de suso dicto, e as pessoas seyam vosos filos ou vosos netos, e hua delas seya pessoeyro para poboar o dito casar e pagar os ditos foros e dereyturas como sobredito é; e de pust morte destas pessoas de suso ditas fique o dito casar em paz ao moesteyro sobredito. |
[+] |
1313 |
MPR 58/ 172 |
Saban quantos esta carta virem como nos Domingo Anes, prior do moesteiro de Sam Pedro de Rochas, e o convento desse meesmo luguar, damos a vos Johan Domínguez de Veer, e a vossa moler María Fernández, e a vossos filos e a vossos netos, toda a nossa herdade que avemos u chaman o Peagoo, que e suu signo de Sam Cristhovoo dArmariz, quanto y est de Sam Pedro, e dámosvos o que a octre non e dado, aa tal preito que a dita herdade levredes e paredes ben, que non mingue por lavor, e nos dedes dela quarta de pan, por nosso moordomo, e dardes dela cada ano por dereitura por Sam Martino V paes e hun almude de vino, e hun de vos seia pessoeiro para pagar ben o foro e a dereitura ao dito moesteiro, e depús morte de vos de suso dictos fique a dita herdade em paz ao moesteiro sobre dito. |
[+] |
1315 |
MPR 59/ 173 |
Os herdamentos de suso ditos vos damos assí como os nos agora avemos e como os nos podermos provar por nossos, a monte e a fonte, con todas suas pertiiças, quanto a octre non e dato ata o día da era desta carta, por tal preito que os lavredes e os paredes ben que non minguem por lavor, e nos dedes cada ano por posso moordomo quarta de paan, e ergeredes as casas que y estám e as façades morar, e darnos edes cada ano por día de Sam Martino polas dictas casas e polas castanas e polas octras cousas por dereitura hua boa porcala e hun cabrito, e non dedes ende octra dereitura; dizemos einda que estes herdamentos de suso dictos non vendades nen empegnoredes senón ao dicto moesteiro, e se o dicto moesteiro non quiser comprar entonçe o vendede ou empegnorade por conselo do dicto moesteiro en tal luguar onde aya todo seu dereito assí como o de vos deve a aver; e octrosí que non mandedes pelo dicto herdamento oniversario senón ao dicto moesteiro sobre dicto; dizemos einda que hun de vos seya pessoeiro de poboar as ditas casas e as morar e teer os sobre ditos herdamentos, e aquel que todo esto tever seia vassalo obediente do dicto moesteiro. |
[+] |
1318 |
MPR 60/ 174 |
Sabean quantos esta carta virem como nos Martín Fernández, prior do moesteiro de Sam Pedro de Rocas, con octorgamento do convento desse meesmo luguar, damos a vos María López e a vossos filos e filas a pust morte de Johan Domínguez, un noso casar que avemos en Loonoaa a Grande, o qual casar ora Pedro Anes de nos e de nosso moesteiro tem, que e suu signo de San Çibrao [de Triós]; damos a monte e a fonte, con todas suas pertiiças, quanto a octre non e dado, por tal preito que o moredes e o lavredes e o paredes ben, enos dedes del cada ano por nosso moordomo terça do que Deus y der, salvo de nabal e dárvores, e se semeardes y hua teega de lignaça non dedes ende quinón ao moesteiro, por que daredes cada ano por día de Sam Martino por dereitura XXV soldos dos dineiros del rey don Fernando que fazem quatro dineiros IIIes soldos ou a quantía deles, e daredes cada ano por día de Sam Martino hua porcala e hun mr. en pan blanco da dita moeda e hun almude de vino, e daredes cada ano por eyradigo VI teegas, as IIIes teegas de çenteo e as IIIes teegas de millo, e seredes vasallos obedientes do dito moesteiro; dizemos einda que a pust morte da dicta María López que os filos que ficarem que façan de si sempre hun pessoeiro que pague os seus dereitos todos ao dicto moesteiro, e depust morte de vos de suso dictos fique o dicto casar em paz ao moesteiro sobre dicto. |
[+] |
1326 |
MERS 69/ 302 |
Conusçuda cousa seia a quantos esta carta viren como nos don D(oming)o Eanes abbade do mosteiro de Sant Estevoo de Riba de Sil e o convento desse meesmo lugar, damos e arrandamos a foro a vos Johan Bravo, criado de nosso senor don Gonçalvo Núnes pola graçia de Deus bispo dOurense, e a vossa muller Oufémea Pérez, o nosso casar de Sabadelle o qual chaman Sabadelle o Vello, con todas suas perteenças a montes e a fontes hu quer que vaan e con os forus de Lagoços que o foro que ende an de façer deles ao dito mosteiro que o façan a vos, damosvos o dito casar apus morte de nosso sennor o bispo sobredito, por tal preyto que o façades lavrar e morar e parar ben como se non percan ende as novidades por mingoa de lavor e de boo paramento, et nos diades ende cada anno por todalas cousas que Deus der no dito casar e forus sobreditos por dia de Santo André trezentos soldos de brancus da moeda del rey don Fernando ao abbade do dito mosteiro, e dardes cada anno polo dia sobredito ao oveençal que tever a nossa vistiaria çento e oytenta soldos da moeda sobredita, e vos esto comprindo aiadelo dito casar en todus vossus dias danbus, e apus vossas mortes fique o dito casar a vossus fillus que ouverdes anbos de consuu, e paguen esta renda cada anno ao praço sobredito, e apus morte dos fillus fique a vossus netos e peguen cada anno esta renda sobredita ao dia sobredito assy como a vos avedes a pagar, e o mayor fillo ou o mayor neto seia senpre pessoeyro do casar sobredito para pagar cada anno a dita renda e todolus seus dereytus ao dito mosteiro, e se pela ventura vos non ouverdes fillus fique o dito casar a duas vossas vozes huas depús huas que non seyan mayores pessoas ca vos e paguen a renda sobredita cada anno ao praço sobredito; e assy vos como sos vossos fillus e netus ou vozes sobreditos seerdes todus vassalus do dito mosteiro serventes e obidientes, e do mosteiro defenderen vos a dereyto con o dito casar; e non venderdes nen doardes nen enpenorardes o dito casar nen parte delo a nengún sen mandado do dito mosteiro. |
[+] |
1336 |
MPR 70/ 182 |
Outrosí poemos que a herdade non se partea e seia senpre hun pessoeiro que pague ben e conpridamente o dito çenteo ao dito mosteiro. |
[+] |
1346 |
MPR 79/ 189 |
E seerdes vassalos obedientes do dito moesteiro vos e as ditas vozes; e pagardes loitosa sigundo he huso e costume de terra dAguiar; e seia senpre huun pessoeiro do dito casar, e non se parta a herdade del, e pague todos los foros e direitos ao dito moesteiro sigundo dito he. |
[+] |
1347 |
MPR 84/ 193 |
Et he posto que destes fillos que seia hun pessoeiro, e a herdade que se non parta, e se a partiren que o moesteiro que a tome por sua outoridade. |
[+] |
1394 |
MPR 128/ 223 |
Sabean quantos esta carta viren como nos don Johan Fernández, prior do moesteiro de San Pedro de Rocas, et o convento desse lugar, damos e outorgamos a foro a vos Gonçalvo Eanes, morador en San Pedro de Trioos, e a vossa muller Moor Eanes, en toda vossa vida danbos, e a tres voses apús vossa morte, quaes herdaren vossos bees de dereito, que seja hua vos en pus outra, convén a saber, o nosso lugar de Çyma de Villa e o da Cassa herma, que som su o sino de Sam Pedro de Trioos; esses dous lugares vos damos a montes e a fontes, con entradas e seidas e pertiiças, por hu quer que as ajan et de dereito deven aver, a tal pleito que lavredes e moredes e paredes bem os ditos lugares, que non falescan por mingua de lavor e de boo paramento, e nos dedes deles de quada hun anno, todo por nosso moordomo, quarta de todo pan que Deus y der, o pan na aira, e por nabal e por froita daredes quada hun anno por día de San Martino de novenbro quatro libras de dineiros brancos por dereitura, que montan des dineiros por hun mor ou a contiia deles, e a finamento de quada hun de vos e das ditas voses daredes por loitosa des soldos da boa moeda, e a herdade non se parta e seja senpre hun pessoeiro, e seerdes vasalos e obidientes do dito moesteiro vos e as ditas voses. |
[+] |