1417 |
VFD 69b/ 110 |
Sabean quantos esta carta de testamento viren como eu Afonso García de Seabra, estando doente de tal door que me Deus quiso dar, e teméndome de morte, que é cousa natural, renego ó diabro e todas suas obras e tentaçoes, outórgome por vasalo de meu Señor Ihu Xpo e de Santa María, sua madre, et rogo a San Miguell o Ango que resçiba a miña alma pera o meu señor Ihu Xpo, quando me de o corpo sayr, et mando meu corpo sepultar eno çimiterio de Sta Ma de Monte Ramo, hu jaz meu aboo Afonso Lopes, et mando y conmigo hun rocín dos da sela, et mando a Santa María d ' Avelenda toda quanta herdade eu ajo eno dito lugar d ' Avelenda, et mando ao mosteyro de Torbeo o casar de Sant Xstouoo, en que mora Juan Ferrandes e outro casar en Penapetada, os quaes le leixou meu padre, eu outórgollos de miña parte que os aja, según ja está posto entre min e o abade en raçón da encomenda, et mando ao mosteyro de Sant ' Croyo toda quanta herdade eu ajo eno couto de Sant ' Croyo, e mando que me canten dous anaás e dous trintanarios por miña alma, et mando pera miña sepultura que tomen quantos clérigos podesen aver que digan misas por miña alma e que lles dían dous mrs a cada hun e pan e viño e carne ou pescado por qual dia for, e que dían sobre miña coba çinquenta mrs, e outrosy mando que me façan boos terços de misas e de pan e de viño e de carne e que me oferenden de pan e de viño hun ano e dia, et mando ao mosteyro de Sant ' Payo d ' Avelenda hun casar que eu ajo en Felgoso, en que mora Vasco, fillo de Fernán Peres de Felgoso, et mándole mays o meu casar de Castidón, et mando a miña égoa facuda que a vendan e a dían por la alma de Afonso Martiins, abade que foy de Sant Bréximo, et edefico eno dito mosteyro de Santa María de Monte de Ramo vna capela perpetua pera senpre que se syrua y por miña alma, et leixo pera ela todas quantas herdades eu ajo eno couto de Bustelos, en Fonteita e en Paredes, en Sant ' Xristouoo, a saluo a que ja mandey a Torueo, e léixole mays o que eu ajo en Queyja e en Chandeyglesia de Riba de Sil, con todo o couto e señorío do dito couto, si for merçed do conde de mo leixar. |
[+] |
1417 |
VFD 69b/ 112 |
Outrosy, dí Ares Fernández, clérigo de Maçenda, hua poldra ruçia e hun porco çebado, que disesen hun trintanario por la alma d ' Aluaro e que o disese en Castelligo, hu él jaz, e se o non teuo, mando que llo façan teer e conprir, et fican entre Paiço Fançisco e Pena Petada ata veynte e Vo moyos, entre trigo e çenteo. |
[+] |